México

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.

Coordenadas: 23°N 102°O / 23, -102

Estados Unidos Mexicanos
Bandeira de México
Escudo de México
BandeiraEscudo
MEX orthographic
Capital
 • Poboación
Cidade de México
8 720 916
Cidade máis poboadaCidade de México
Linguas oficiaisNingún a nivel federal1
Forma de gobernoRepública federal democrática
Presidente
Andrés Manuel López Obrador
 • Iniciada
 • Declarada
16 de setembro de 1810
27 de setembro de 1821
SuperficiePosto 14º
 • Total1 984 375 km²
 • % auga2,5
Fronteiras4 301 km
PoboaciónPosto 11º
 • Total (2008[1])106 682 500 hab.
 • Densidade52,3 hab./km²
PIB (nominal)Posto 10º
 • Total (2006)840 012 mill. US$
 • per cápita8 066 US$
PIB (PPA)Posto 10º
 • Total (2006)1 171 506 mill. US$2
 • per cápita11 249 US$
MoedaPeso mexicano ($, MXN)
IDHn/d
Xentiliciomexicano/a
Fuso horarioUTC-6 a UTC-8
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.mx
Prefixo telefónico+52
Prefixo radiofónico4AA-4CZ, 6DA-6JZ, XAA-XIZ
Código ISO484 / MX / MEX
Membro de: TLCAN, ONU, OEA, OCDE, APEC, G.3
1 Non existe declaratoria constitucional de lingua oficial. O español e 62 lenguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano
2 Fonte: FMI.

Toponimia

CodexMendoza01
Páxina do Códice Mendoza, onde se representa o glifo de México no centro do Anáhuac.

México é unha entidade política que naceu no século XIX. Desde a súa conformación como Estado federal, o nome oficial do país é Estados Unidos Mexicanos, aínda que a Constitución de 1824 usaba indistintamente as expresións Nación Mexicana e Estados Unidos Mexicanos.[2] A Constitución de 1857 fai oficial o uso do nome República Mexicana, pero no texto emprégase tamén a expresión Estados Unidos Mexicanos.[3] A Constitución vixente, promulgada en 1917, establece que o nome oficial do país é Estados Unidos Mexicanos.

O xentilicio mexicano empregouse na lingua española desde o contacto entre europeos e americanos con diferentes sentidos. Para os españois do século XVI, os mexicanos eran os habitantes de México-Tenochtitlan e a súa lingua. Durante a colonia, algúns crioulos e peninsulares avecindados na Nova España usaron o xentilicio para denominarse a si mesmos.[4] Os líderes da guerra de independencia vacilaron tanto na denominación do país como dos seus habitantes. A partir do Plan de Iguala, o país adoptará definitivamente o nome de México e os seus habitantes foron todos mexicanos.

México é un topónimo de orixe náhuatl cuxo significado é discutido. Deriva do vocábulo náhuatl Mēxihco [me:ʃiʔko], que designaba a capital dos mexicas. De acordo con Bernardino de Sahagún, o vocábulo significaría 'o embigo da lúa',[5] suxestión que logo fixeron súa Cecilio Robelo, Alfonso Caso e Gutierre Tibón e que se popularizou a través dos libros de texto gratuítos. Con todo, esta hipótese non é sustentable porque a morfoloxía do náhuatl non admite unha derivación do topónimo a partir das voces propostas.[nota 1] Clavijero suxeriu que o topónimo debía interpretarse como '[no] lugar de Mexihtli', é dicir, de Huitzilopochtli, pois Mexihtli era un dos seus nomes alternativos. No mesmo texto, Clavijero engade como nota que creu por algún tempo que o vocábulo significaba 'No centro do maguey', pero que a través do coñecemento da historia dos mexicas chegou á conclusión de que o topónimo se refire ao deus tutelar dos aztecas.[nota 2]

Historia

México precolombiano

Os primeiros achados arqueolóxicos en México teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres, e de nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias arredor do 2500 a.C.

Entre o 1200 e o 400 a.C. desenvólvese a escrita, o calendario e os grandes centros cerimoniais da cultura olmeca, localizada na costa do Golfo de México, nas actuais Veracruz e Tabasco, difundindo unha sociedade xerarquizada noutros pobos de Mesoamérica.

Entre o 400 a.C. e o 200 d.c. produciuse un aumento demográfico e da produción agrícola, desenvolvéronse máis centros urbanos e aumentou o comercio. Destacan neste período Teotihuacán, Monte Albán e as cidades estado maias como Palenque, Uxmán ou Copán.

O colapso das grandes cidades produciuse entre o 650 e o 900, é un período caracterizado pola inestabilidade política, a mobilidade social, estes cambios acentuaronse dende o século XI, cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.

No centro de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV

Conquista e colonización española

Cortes-Hernan-LOC
Hernán Cortés, capitán da expedición española, chamado posteriormente capitán xeral do Vicerreinado de Nova España.

As primeiras expedicións españolas á área que agora é México realizounas Francisco Hernández de Córdoba en 1517. En 1518 Juan de Grijalva explorou o sur de México. Pero foi Hernán Cortés en 1519 o que dende a actual Veracruz deu comezo á conquista española, obtivo a primeira vitoria militar nas costas de Tabasco e entre o botín de guerra estaba Malitzin que lle serviu de intérprete e foi vitar para coñecer as rivalidades entre os pobos mexicanos. Trala conquista de Texcoclo por Cortés diversas poboacións indíxenas, como os zapotecos aliánronse con el contra dos aztecas, e tras unha serie de batallas os españois sitiaron a súa capital Tenochtitlán, conquistada en 1521. Tres factores contribuíron á rápida vitoria española, a superioridade do armamento e a utilización do cabalo, a expansión das novas enfermidades que traían os europeos e a axuda doutros pobos indíxenas que vían aos aztecas como opresores.

Os conquistadores eran poucos, uns 2.000 arredor de 1530 e 10.000 en 1550, e o seu avance cara o norte foi lento, pola resistencia dos pobos nómades que alí habitaban, a guerra do Mixtón (1540-42) supuxo a conquista do territorio chichimeca e o descubrimento das minas de prata de Zacatecas (1546).

Cos conquistadores chegaron tamén os evanxelizadores cristiáns, organizouse a Inquisición e as fundacións relixiosas multiplicáronse en toda Nova España, en 1559 había uns 160 conventos e 800 relixiosos no territorio.

A conquista provocou tamén unha forte diminución da poboación indíxena, consecuencia non só das guerras, senón da expansión de novas enfermidades, os traslados de poboación, traballos obrigatorios para os indíxenas e unha mala alimentación, así a poboación pasou de 25.000.000 en 1519 a 2.600.000 en 1550.

Nos séculos XVII e XVIII houbo un aumento demográfico, ao tempo que aparecían poboacións mestizas, mulatas e creoulas. A expansión da minería e a comercialización da agricultura e a gandería reforzaron a economía da colonia. Grandes extensións de terra eran propiedade dos brancos, que tamén dominaban a economía e a política colonial

A independencia

Logo da invasión de España por Napoleón I os liberais e conservadores concordan en pedir máis autonomía para Nova España. A guerra de independencia de México comeza o 16 de setembro de 1810 dirixida por Miguel Hidalgo, un sacerdote crioulo e de ideas progresistas. Os sublevados apoderáronse de San Miguel el Grande e ao pouco tempo tiñan un exército de 25.000 homes, que en outubro eran xa 80.000. Entre os líderes independentistas sobresaían José María Morelos, Vicente Guerrero, Agustín de Iturbide e Antonio López de Santa Anna. A guerra durou once anos ata que os independentistas entraron na cidade de México en 1821. En agosto dese ano asinouse o Tratado de Córdoba en Veracruz entre o vicerrei español, Juan de O'Donojú, e Agustín de Iturbide que ratificaba o Plan de Iguala.

En 1821 Iturbide, un antigo xeneral español que cambiara de bando para loitar pola independencia, proclamouse emperador; oficialmente unha medida temporal ata que un membro da realeza europea asumira o posto. En 1823 unha revolta contra Iturbide estableceu a República de México e Guadalupe Victoria converteuse no primeiro presidente do país.

O século XIX estivo caracterizado pola inestabilidade política. A figura dominante no segundo cuarto do século foi o ditador Antonio López de Santa Anna. Neste período México perdeu os seus territorios máis ao norte. En 1836 Texas declarouse independente. Entre 1846 e 1848 estalou a guerra mexicano-americana que significou non só a perda dos territorios do norte, senón unha maior intervención norteamericana na política mexicana.

X-Large Portrait of Maximiliano
O segundo Imperio, Maximiliano I de México.

En 1855 un presidente moderado, Ignacio Comonfort, chega ao poder e en 1857 apróbase a nova constitución, que tentaba unha vía intermedia entre os conservadores e os liberais. Nesta carta magna, a Igrexa católica mantén a maioría dos privilexios que tiña dende a época colonial, pero deixa de ser a única da nación. Isto provoca unha dura reacción da igrexa, que excomunga ao goberno, e dos conservadores que se rebelan en armas contra o goberno. É a coñecida como Guerra de Reforma que dura ata xaneiro de 1861. Trátase unha guerra sanguenta e polariza politicamente ao país, de xeito que boa parte dos moderados únense aos liberais. Durante un tempo hai dous gobernos no país: o conservador na cidade de México e o liberal en Veracruz. A contenda remata coa vitoria dos liberais liderados por Benito Juárez.

En 1864 Maximiliano de Habsburgo convértese en emperador de México co apoio dos conservadores e dos franceses, interesados en explotar as ricas minas do noroeste do país. Porén, Maximiliano tentou seguir unha política liberal, o que provocou que os conservadores lle retirasen o seu apoio. Maximiliano foi, finalmente, capturado polas forzas leais a Benito Juárez e fusilado en Cerro de las Campanas, Querétaro en 1867. Restableceuse a república e redactouse unha nova constitución que confiscaba as enormes propiedades da Igrexa Católica e establecía a separación de Igrexa e Estado.

En 1876 o xeneral Porfirio Díaz rebelouse contra o goberno, co apoio dos conservadores, e mantívose no poder ata 1911, período que se coñece como o porfiriato. Foi un período de relativa prosperidade e paz, pero as condicións das clases máis baixas empeoraron ao desapareceren os "ejidos", as terras que os indios cultivaban de xeito comunal. Estas terras pasaron a engrosar os grandes latifundios. Porén, non se permitía a disidencia política, manténdose no poder un sistema político corrupto baseado na sistemática falsificación do sufraxio electoral.

En 1910 o xa ancián presidente decidiu presentarse para outro mandato. Aínda que pensaba non contar con ningún opositor serio, apareceu Francisco Madero, un académico de rica familia que decidiu presentarse. Madero rapidamente obtivo popularidade e Díaz ordenou metelo en prisión. As eleccións foron unha fraude enorme: oficialmente Madero só recibiu uns poucos centos de votos. Isto provocou revoltas populares por todo o país.

A Revolución mexicana

Francisco Villa Raul Madero
Pancho Villa e Raúl Madero

O 20 de novembro Madero redactou o coñecido como Plan de San Luis Potosí, no que chamaba a loitar contra do goberno ditatorial. Así deu comezo a chamada Revolución mexicana. O exército federal foi derrotado polas forzas revolucionarias dirixidas, entre outros, por Emiliano Zapata no sur, Pancho Villa e Pascual Orozco no norte e Venustiano Carranza. Porfirio Díaz dimitiu e marchou ao exilio a Francia.

Porén, cada un dos triunfantes líderes revolucionarios tiñan diferentes obxectivos políticos. Madero negábase a alterar a estrutura económica, o que lle supuxo a perda do apoio campesiño que frustrado se revolveu esixindo a repartición das terras. Consecuentemente, abriuse unha cruenta loita polo polo poder: Pancho Villa e Emiliano Zapata foron os líderes populares que encabezaron as revoltas en 1913. Carranza foi nomeado presidente o 5 de febreiro de 1917 e promulgouse unha nova constitución coa que se encetaba unha vasta reforma agraria. En 1920 Álvaro Obregón converteuse en presidente. Durante o seu mandato, mellorou a educación e déronse pasos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Obregón contou co apoio de case toda a sociedade mexicana. Só se opuñan a el os terratenentes e o clero máis conservador. Este último levantouse na coñecida como Guerra Cristera co obxectivo de loitar contra da separación entre a Igrexa e o Estado.

En 1929 formouse o Partido Nacional Mexicano (máis tarde denominado Partido Revolucionario Institucional) para servir ao presidente Plutarco Elías Calles. O PNM esparexeu as milicias dos xenerais revolucionarios.

En 1934 o presidente Lázaro Cárdenas del Río, que principou unha política de transformación do país, exiliou en Calles, o último xeneral con ambicións ditatoriais, conseguiu unir as diferentes tendencias no seo do PRI, nacionalizou a industria do pretróleo, deu asilo aos refuxiados da guerra civil española e comezou a reforma agraria.

O seu sucesor Manuel Ávila Camacho procurou crear un clima máis favorable para o capital internacional polo que reprimiu as folgas, perseguiu aos disidentes, e deu volta atrás na reforma agraria.

A oposición política medrou sobre todo dende a masacre de Tlatelolco de 1968 a economía entrou en recesión na década de 1970, o peso devaluouse. A crise de 1994 deixou provocou un clima de axitación política e a aparición en Chiapas do Exército Zapatista, polo que o presidente Ernesto Zedillo viuse obigado a reformar a lei electoral e reducir o poder do PRI e nas eleccións de 2000 venceu Vicente Fox Quesada, o candidato do Partido de Acción Nacional.

Política

Artigo principal: Política de México.

México é unha república representativa, democrática e federal, composta por 31 estados libres e soberanos no que concirne a seu réxime interno e un Distrito Federal, sede do Poder Executivo Federal, no cal se encontra a Cidade de México.

A constitución mexicana de 1917 criou unha república federal con separación de poderes entre ramos executivo, lexislativo e xudicial separados. Historicamente, o executivo é o ramo dominante, co poder investido no presidente, que promulga e executa as leis emanadas do parlamento, o congreso federal, ou Congreso de la Unión.

O Congreso Nacional é bicameral e composto por un Senado (Cámara de Senadores) e unha Cámara de Deputados (Cámara de Diputados). A reelección consecutiva está prohibida. Os senadores son electos para mandatos de 6 anos, e os deputados por 3 anos. Os ocupantes dos 128 lugares do Senado son escollidos a través dunha mistura de elección directa e de representación proporcional. Na Cámara (baixa) dos Deputados, 300 dos 500 deputados son electos directamente en círculos uninominais, e os restantes 200 lugares son electos a través dunha forma modificada de representación proporcional con base en cinco rexións electorais. Estes 200 lugares foron criados para axudar os partidos máis pequenos a ter acceso ao parlamento.

Dereitos humanos

Artigo principal: Dereitos humanos en México.

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), México firmou ou ratificou:

México UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[7]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[8] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[9] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[10] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[11]
Pertenza Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de México.
División política de México
States of Mexico
Estado Poboación (2010) Superficie (km²) Capital
Estados Unidos Mexicanos 103.088.000 1.959.248 Cidade de México
1. Aguascalientes 1.184.996 5.625 Aguascalientes
2. Baixa California 3.155.070 71.546 Mexicali
3. Baixa California Sur 637.026 73.943 La Paz
4. Campeche 899.931 57.727 Campeche
5. Chiapas 4.796.580 73.681 Tuxtla Gutiérrez
6. Chihuahua 3.406.465 247.487 Chihuahua
7. Coahuila de Zaragoza 2.742.029 151.571 Saltillo
8. Colima 650.555 5.627 Colima
9. Durango 1.632.934 123.367 Victoria de Durango
10. Guanajuato 5.486.372 30.621 Guanajuato
11. Guerrero 3.388.768 63.794 Chilpancingo
12. Hidalgo 2.665.018 20.856 Pachuca de Soto
13. Xalisco 8.079.782 78.630 Guadalaxara
14. México 15.175.862 22.333 Toluca
15. Michoacán 4.351.037 58.667 Morelia
16. Morelos 1.777.227 4.892 Cuernavaca
17. Nayarit 1.084.979 27.862 Tepic
18. Nuevo León 4.653.458 64.203 Monterrey
19. Oaxaca 3.801.962 93.343 Oaxaca de Juárez
20. Puebla 5.779.829 34.251 Puebla de Zaragoza
21. Querétaro 1.827.937 11.658 Santiago de Querétaro
22. Quintana Roo 1.325.578 42.535 Chetumal
23. San Luis Potosí 2.585.518 61.165 San Luis Potosí
24. Sinaloa 2.767.761 57.331 Culiacán Rosales
25. Sonora 2.662.480 184.946 Hermosillo
26. Tabasco 2.238.603 24.747 Villahermosa
27. Tamaulipas 3.268.554 80.148 Ciudad Victoria
28. Tlaxcala 1.169.936 4.016 Tlaxcala de Xicohténcatl
29. Veracruz Llave 7.643.194 71.856 Xalapa de Enriquez
30. Iucatán 1.955.577 39.671 Mérida
31. Zacatecas 1.490.668 75.416 Zacatecas
32. Cidade de México 8.851.080 1.479

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de México.
Mx-map
Mapa de México

Localizado na parte suroeste do continente norteamericano e de forma aproximadamente triangular, México esténdese por máis de 3 000 Km de noroeste a sueste. A súa longura varía entre máis de 2 000 km no norte e menos de 220 km no istmo de Tehuantepec, no sur. O México ten litorais en dúas grandes masas de auga: o océano Pacífico (co golfo de California entre o continente e maila península da Baixa California) a occidente e, a oriente, o golfo de México e mailo mar Caribe, que conduce ao océano Atlántico. Nos litorais atópanse planicies costeiras, ao paso que o México central consiste de planaltos elevados e montañas escarpadas, incluíndo volcáns, o máis elevado dos cales é o Pico de Orizaba, con 5610 m de altitude.

O terreo e o clima varían dos desertos do norte á fraga húmida tropical no sur. Os principais ríos mexicanos son o Río Bravo del Norte (tamén coñecido como Río Grande), o Grijalva, o Balsas e o Yaqui.

Economía

Artigo principal: Economía de México.

Turismo

Artigo principal: Turismo en México.

O turismo en México é unha actividade económica importante para o país e é unha das maiores no mundo, colocada no oitavo lugar a nivel mundial de chegadas de turistas internacionais, co 21,4 millóns de visitantes en 2006, e o primeiro destino para turistas estranxeiros dentro de América Latina.[12]

Turismo de México
Cancunplaya Government Building In Puebla ChichenItza-Dic2004 Cabo San Lucas Los Arcos 2 Pirámide del Sol in Teotihuacán
Cancún
Quintana Roo
Puebla
Puebla
Chichén Itzá
Iucatán
Cabo San Lucas
Baixa California Sur
Teotihuacán
Estado de México
Tarahumara women at Arareco Lake 1063 Parroquia y relox Acapulco - Visto desde la Capilla Ecuménica de la Paz Monte Alban 2006 08 Ciudad De Mexico
Creel
Chihuahua
San Miguel de Allende
Guanajuato
Acapulco
Guerrero
Monte Albán
Oaxaca
Cidade de México
Distrito Federal
Tijuana-view San Cristóbal de Las Casas 18 Puerto Vallarta Bahia El Tajín, Nischenpyramide.fcm Palacio de gobierno de morelia
Tijuana
Baixa California
San Cristóbal de las Casas
Chiapas
Porto Vallarta
Xalisco
El Tajín
Veracruz
Morelia
Michoacán

Demografía

Artigo principal: Demografía de México.
Artigo principal: Inmigración en México.

México é o país máis populoso de lingua española do mundo e o segundo país máis populoso da América Latina, despois do Brasil. O país é predominantemente católico romano (89%), cun 6% de adhesión a varias fés protestantes e os restantes 5% ou a adherir a relixións máis pequenas ou sen relixión.

As diferenzas entre as estimacións oficiais e de organismos privados sobre o número de estranxeiros vivindo en México é significativa. A cifra de estranxeiros residindo en México é de aproximadamente 1,000,000.00, dos cales a maioría (86.9%) proveñen de Estados Unidos, Guatemala, España, O Salvador, Arxentina e Colombia (agás en Chiapas, onde a maioría dos inmigrantes son de Centroamérica). As entidades federais co maior número de inmigrantes estranxeiros son: Distrito Federal (12,1% de total de inmigrantes), Baixa California (11,4%), Xalisco (9,9%), Chihuahua (9%), Tamaulipas (7,3%), Chiapas (7.2%). Máis do 54% da poboación inmigrante ten menos de 15 anos de idade, e o 9% máis de cincuenta.

Cultura

Artigo principal: Cultura de México.
GEM corn
Mexico e a cultura do millo.
Jarabe Mixteco
O jarabe mixteco.

A construción da cultura mexicana é o resultado dun proceso histórico que inclúen as relacións de poder, os intercambios pacíficas, a asimilación de elementos culturais exógenos e reinterpretações de elementos culturais xa existentes. Como ocorre en todos os países de América Latina, cando o México se tornou libre do dominio español, os seus habitantes non tiñan o que se dá para chamar de identidade nacional. Quizais a única cousa que a maioría dos mexicanos partes no momento da independencia foi ter nacido nun territorio que era para ser un estado e da relixión católica. Ademais, os lazos inter-rexionais e comunidade eran escasos e as identidades étnicas estaban profundamente enraizadas.

Asociado ao triunfo da Revolución, novas formas de pensar sobre a identidade nacional. Un dos principais pensadores desta nova fase de reflexión sobre o que é mexicano José Vasconcelos Calderón. Para este avogado, o México era unha especie de "crisol" onde todas as razas se unir. Na construción da cultura e da historia do país había contribuído os europeos mesma indíxenas, africanos que os asiáticos. Polo tanto, por definición foron os mexicanos mestizos, culturalmente. Vasconcelos chamou o mestizo da raza cósmica, no que converxen o mellor de todos os pobos do mundo. A súa influencia foi sentido inmediatamente en todo o país a través do traballo da Secretaría de Educación Pública. En 1920-1940, a educación en México, foi usada como un dos mecanismos polos que estender a tese de mestizos de México.

Festivos

Data Festa local
1 de xaneiro Ano Novo
5 de febreiro Día da Constitución
21 de marzo Natalicio de Benito Juárez
1 de maio Día do Traballo
16 de setembro Día da Independencia
20 de novembro Revolución Mexicana
25 de decembro Nadal

Deporte

Artigo principal: México nos Xogos Olímpicos.

Deportes tradicionais

232901774 10376f0786
A charrería é considerado un deporte nacional en México.[13]
Tab-zona-09
Xogo de pelota purépecha en Michoacán.

Adóitase considerar a charrería como o deporte nacional dos mexicanos.[14] Este deporte derivou das tarefas dos caporais nas facendas gandeiras.[15] A súa orixe data da época colonial,[16] e atribúese a Maximiliano de Habsburgo a creación do traxe de charro na súa forma definitiva.[17]

Algúns deportes teñen unha orixe nas culturas prehispánicas de Mesoamérica. É o caso da pelota tarasca,[18] a pelota purépecha, a pelota mixteca de Oaxaca e o ulama de Sinaloa, todos eles vencellados co antigo xogo de pelota practicado polos pobos mesoamericanos.[19] Este xogo de pelota dramatizaba o movemento dos astros no firmamento, e en teoría os seus descendentes actuais tamén o fan; claro está que agora os equipos vencidos non son sacrificados ós deuses. En Chihuahua, os tarahumaras realizan carreiras rituais chamadas rarajípara e ariweta. A primeira é para varóns, e é xogada en equipos que se relevan para completar un percorrido de varios quilómetros pola serra pateando unha pequena pelota. A segunda é para mulleres, e elas deben facer o percorrido empurrando un aro.

Se ben a Secretaría de Educación Pública inclúe o ensino da educación física nas escolas ó seu cargo, como fan tamén as instancias estatais encargadas da instrución, o deporte organizado non é unha actividade común entre o pobo. O máis estendido é o fútbol, aínda que no norte do país teñen maior presenza o baloncesto, o béisbol e o sófbol, tendo estes dous últimos moi boa aceptación no sur do país. No sur da Cidade de México, a práctica afeccionada do frontón e a pelota vasca é moi importante, e deu lustre ó deporte mexicano a nivel internacional. A patinaxe artística sobre xeo e o hóckey sobre xeo son deportes practicados pola xuventude mexicana acomodada, amosando un constante crecemento. Outros deportes que gozan de gran popularidade en México son o voleibol que é practicado como un dos deportes básicos a nivel escolar, así como o fútbol americano que se practica de xeito organizado en diversas ligas integrantes da ONEFA.

Notas

  1. Karttunen (1983) sinala que a hipótese de Sahagún non é etimolóxicamente satisfactoria xa que non encaixa nin a cantidade vocálica da /?/ de x?c- 'embigo', nin o saltillo que precede ao locativo, ademais a derivación presenta unha caída irregular do grupo -tz- en mētz-.
  2. Á letra, Clavijero di:[6]
    Eu algún tempo crin que o nome verdadeiro era México, que quere dicir no centro do maguey ou a pita, ou o aloe mexicano; pero desenganoume o estudo da historia, e agora estou seguro de que México é o mesmo que o lugar de Mexitli ou Huitzilopochtli, é dicir, o Marte dos Mexicanos, á causa do santuario que naquel sitio construirón.
  1. INEGI,Consulta de resultados. Numeralia (Publicaciones de contenido general sobre el país), http://www.inegi.gob.mx/est/contenidos/espanol/proyectos/integracion/inegi324.asp?s=est&c=11722#tres
  2. Constitución de los Estados Unidos mexicanos (1824), passim
  3. Constitución de la República Mexicana (1857), passim
  4. Por exemplo, Francisco Xavier Clavijero comeza o seu Historia antiga de México e da súa conquista falando do país do Anáhuac no primeiro capítulo, pero ao longo del referirase indistintamente ao territorio mexicano ou reino dos mexicanos a unha ampla porción de Nova España que incluía non só os dominios dos mexicas, senón tamén territorios maias e purépechas.
  5. De Metzxico: metz(tli) (lúa), xic(tli) (embigo, centro) e -co (locativo). Sahagún, Historia xeral....
  6. Clavijero 1844, p. 74.
  7. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  8. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  9. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  10. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  11. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  12. Turismo en México
  13. Federación Mexicana de Charrería. "Historia de la Charrería". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011.
  14. Secretaría de Turismo (25 de agosto de 2004). "Celebración del Día Mundial del Turismo". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011.
  15. México Maxico. "La Charrería". Consultado o 18 de decembro de 2011.
  16. DeCharros. "Historia de la Charrería". Consultado o 18 de decembro de 2011.
  17. nuestraedad.com.mx. "Traje de Charro". Consultado o 18 de decembro de 2011.
  18. Jorge Arturo Olivares Benítez. "Pelota Tarasca: Una aportación de Tierra Caliente al deporte mundial". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011.
  19. Tabasco Hoy (11 de xuño de 2006). "Juego de pelota lúdico ritual prehispánico". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2011.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Agustín Lara

Agustín Lara, tamén coñecido co alcume El flaco de oro, nado en Tlacotalpan, no estado de Veracruz, o 30 de outubro de 1897 e finado o 6 de novembro de 1970, foi un compositor e intérprete de cancións populares e boleros mexicano. Foi unhas das figuras máis populares do seu tempo e do seu xénero. A súa obra é amplamente apreciada non só en México, senón en todo o mundo hispano. "Amor de mis amores" ou "Piensa en mí" son títulos da súa autoría.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

América do Norte

América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.

Arizona

Arizona é un estado dos Estados Unidos de América unido á Unión en 1912, só por diante de Hawaii e Alasca, sendo o derradeiro dos estados contiguos estadounidenses en adxuntarse. Sitúase na rexión do suroeste e limita ó S con México, cunha fronteira de 626 km cos estados de Sonora e Baixa California. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas", limitando con Novo México, Utah, Nevada e California, tocando Colorado.A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000), estando a maioría do territorio escasamente habitado. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.

O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.

Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona, repartidos por reservas indias do estado.

Nun principio, Arizona fora colonizada por España, e pasara a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.

Chavela Vargas

Isabel Vargas Lizano, nada en San Joaquín de Flores, Costa Rica, o 17 de abril de 1919, e falecida en Cuernavaca (México) o 5 de agosto de 2012, é unha cantante con nacionalidade mexicana, tendo residido no país norteamericano por máis de sete décadas. Artisticamente é coñecida como Chavela Vargas. Trátase dunha figura capital dentro dos xéneros musicais do bolero e mais da ranchera.

Cidade de México

Cidade de México (oficialmente e en castelán Ciudad de México ( pronunciación , antigamente chamada Distrito Federal; en náhuatl: Āltepētl Mēxihco) é a capital e cidade máis poboada dos Estados Unidos Mexicanos. Con case 9 millóns de habitantes no ano 2016 e unha área metropolitana de máis de 22 millóns de persoas, é unha das urbes máis grandes de América Latina e do mundo.

Sitúase no centro da república, sobre o altiplano mexicano a uns 2.600 metros de altitude, no leito do que foi un lago e rodeada de volcáns, sobre todo ao sueste, os Popocatépetl (5.452 m) e Iztaccíhuatl (5.286 m).

Na cidade atópanse catro dos 34 sitios Patrimonio da Humanidade cos que conta o país: o Centro Histórico, Xochimilco, o Campus Central da Cidade Universitaria da UNAM e a Casa e estudio de Luis Barragán.

Estados Unidos de América

Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) son un estado federal composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2 e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países. A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Os paleoindios migraron dende Eurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos, e a colonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das Trece Colonias Británicas localizadas na Costa Atlántica. As disputas entre o Reino de Gran Bretaña e as colonias levaron á Revolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron a Declaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 co recoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia exitosa contra un imperio colonial europeo. A actual Constitución foi adoptada o 17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente Declaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX. Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados. Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país. A finais dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o Océano Pacífico, e a súa economía comezou a evolucionar. A guerra hispano-estadounidense e a primeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron da segunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin da guerra fría e a disolución da Unión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficaran como a única superpotencia.Os Estados Unidos son un país desenvolvido e a meirande economía do mundo. A economía aliméntase da abundancia de recursos naturais e a produtividade da man de obra. Mentres a economía estadounidense está considerada como post-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo. O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar, sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.

Golfo de México

O golfo de México é o maior golfo do mundo, estando cercado por terras continentais de México e dos Estados Unidos de América, e insulares de Cuba. Ten unha superficie de aproximadamente 1 550 000 km2.

Huiringua

A huiringua ou quiringüicharo é un instrumento de percusión mexicano que consiste nun madeiro de árbore oco cos lados pechados, cunha rañura ao longo do instrumento. A armazón convértese na cámara de resonancia das vibracións de son creadas cando a rañura é batida con dous mazos de madeira.

Javier Solís

Gabriel Siria Levario, coñecido artisticamente como Javier Solís, nado en Nogueiras, estado de Sonora, o 1 de setembro de 1931 e finado o 19 de abril de 1966, foi un cantante e actor mexicano, denominado ás veces o «Rei do Bolero Ranchero».

Jorge Negrete

Jorge Alberto Negrete Moreno, nado en Guanajuato o 30 de novembro de 1911 e finado en Los Angeles (Estados Unidos) o 5 de decembro de 1953, foi un cantante mexicano formado en técnica de canto de ópera que revolucionou o xénero musical coñecida como ranchera, outorgándolle sona internacional. Foi, así mesmo, un sobranceiro actor da "Época de ouro" do cinema mexicano. Por outra banda, fundou o Sindicato de Traballadores da Produción Cinematográfica da República Mexicana e reestruturou a Asociación Nacional de Actores da que foi destacado líder.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Lola Beltrán

María Lucila Beltrán Ruiz, nada o 7 de marzo de 1932 en Rosario, Sinaloa, e finada o 24 de marzo de 1996 na Cidade de México, mellor coñecida como Lola Beltrán, foi unha cantante e actriz de filmes e telenovelas mexicana. É de destacar a súa contribución ao xénero denominado ranchera, na que salientou como intérprete.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Novo México

Novo México é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. Limita ao norte co Colorado, ao leste co Oklahoma e Texas, ao sur con Texas e México, e ao oeste co Arizona.

Novo México posúe a maior porcentaxe de hispanos do país: o 42,1% posúe orixe hispánica, sendo os dous maiores grupos étnicos - españois, que forman 24% da poboación do Estado, e mexicanos, 18%. Cerca do 41% da poboación é católica, e un 35% son protestantes. O Estado tamén posúe unha gran poboación indíxena.

En 2003, o produto interno bruto do Novo México foi de 57 000 millóns de dólares, e a renda per capita, de 24 995 dólares, antepenúltimo no país. A economía do Estado baséase no turismo, no comercio, e na pecuaria. A actual Constitución do Novo México foi aprobada en 1912.

Novo México foi inicialmente colonizado polos españois, pasando a control mexicano en 1821, coa independencia da mesma, como unha das provincias mexicanas. En 1848, co fin da Guerra mexicano-americana, Novo México foi anexionado polos Estados Unidos.

Os Ánxeles

Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9 km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.

Texas

Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración.

Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira. A palabra Texas deriva da palabra indíxena que significa "amigos".

Xeograficamente, Texas é un estado de contrastes. Mentres as partes norte e leste do estado están cubertas por varios ríos, lagos e bosques, que posúen un clima propicio á agricultura, as partes sur e oeste do estado posúen un clima máis árido, desértico en varias rexións. Foron nestas áreas, escasamente poboadas, onde xurdiron os cowboys, coa misión de coidar o gando da rexión e defendelo dos ataques da poboación nativa. Os cowboys tornáronse rapidamente un símbolo do estado, e ata hoxe aínda existen en varias áreas rurais do estado.

Texas foi explorado e colonizado inicialmente polos españois. Pasou ao control mexicano cando México se independizou de España, en 1821. A crecente migración de norteamericanos a Texas fixo que crecesen movementos pro-secesión de Texas do México. En 1836, unha rebelión en El Álamo foi extinguida polos mexicanos, que mataron a todos os norteamericanos participantes desta rebelión - con excepción de algunhas mulleres, meniños e escravos. Xa no mesmo ano, Texas independizouse de México, converténdose nunha república e, nove anos despois, nun estado norteamericano, sendo admitido como o vixésimo oitavo estado norteamericano da Unión en 29 de decembro de 1845.

Actualmente, a economía de Texas posúe un importante papel na economía norteamericana. Inicialmente un estado agropecuario, desde o inicio do século XX a economía do estado diversificouse, e hoxe son as industrias petrolífera e aerospacial, así como o sector financeiro, os que posúen maior importancia na economía de Texas.

Virtual International Authority File

O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.