Mércores de Cinsa

O Mércores de Cinsa ou Cinza é o primeiro día da Coresma no calendario católico, protestante, e anglicano. Sucede 46 días antes da Pascua cristiá, aínda que se considera que a Coresma ten 40 días de duración, xa que non se contan os domingos.

Este día cae en diferentes datas ano a ano, de acordo á data móbil de Pascua. Pode acontecer entre o 4 de febreiro e o 10 de marzo.

Carl Spitzweg - Aschermittwoch
Mércores de Cinza de Carl Spitzweg: o fin do Entroido.

Datas do Mércores de cinsa do 2000 ao 2020

Liturxia do Mércores de Cinsa

Este día, que é para os católicos día de xaxún e abstinencia, igual que o Venres Santo, realízase a colocación da cinza aos fieis que asisten a Misa. Estas cinzas elabóranse a partir de quéimaa dos ramos do Domingo de Ramos do ano anterior, e son bendicidas e colocadas sobre a cabeza ou a fronte dos fieis como signo da caducidade da condición humana, como signo penitencial (xa usado desde o Antigo Testamento) e de conversión, que debe ser a nota dominante durante toda a Coresma.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Calendario romano xeral

O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.

Consonte o ano litúrxico católico o calendario estrutúrase en dous ciclos, o temporal e o santoral, o primeiro concirne a Cristo e ao segundo concirne aos días dedicados a lembrar e venerar a algúns santos e beatos.

Coresma

A coresma (da expresión latina quadragesima dies 'día cuadraxésimo') son os corenta días de tempo litúrxico que observan a maioría das igrexas cristiás, antes da Pascua. Os corenta días representan o tempo que Xesús pasou no deserto, onde, segundo a Biblia, resistiu a tentación de Satanás; o obxectivo que se procura é establecer un período de reflexión e penitencia para que os cristiáns poidan preparase para a celebración pascual.

Nos primeiros anos do cristianismo, a duración da Coresma variaba, arredor do século IV estableceuse a súa duración en 40 días. Nos séculos VI e VII o xexún adquiriu grande importancia como práctica coresmal, como os domingos non se podía facer xexún por ser día de festa no século VII engadíronse catro días máis á coresma, antes do primeiro domingo, para imitar o xexún de Cristo no deserto, polo tanto o comezo da Coresma quedou establecido no Mércores de Cinsa na igrexa occidental mentres na oriental comezaba un luns. Na actualidade o mantemento da práctica do xexún relaxouse en moitas igrexas cristiáns, así na Igrexa Católica de rito latino só é obrigatoria a abstinencia o venres de coresma, pero na Idade Media era común a prohibición de comer carne e ovos e manter relacións sexuais; nas igrexas ortodoxas e na maioría das católicas de rito oriental a práctica da abstinencia mantense con máis forza.

Festas de interese turístico internacional de España

A declaración de Festa de interese turístico internacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, ás festas ou acontecementos que supoñan manifestacións de valores culturais e de tradición popular, con especial consideración ás súas características etnolóxicas e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.

Festas de interese turístico nacional de España

A declaración de Festa de interese turístico nacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, a festexos ou acontecementos que se celebran en España e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico.

Garavanzo

O garavanzo (Cicer arietinum) é unha planta da familia das leguminosas, igual que o chícharo. Cultívase nas rexións mediterráneas e produce un gran comestíbel. Presenta unha dobre vantaxe: alto contido de glícidos asimilábeis e unha porcentaxe elevada en proteínas vexetais.

A planta do garavanzo mide de 20 a 50 cm de altura. O gran, tamén chamado de garavanzo, é redondo e acaba nunha punta. Ao cociñalo (sobre unha hora) conserva a súa forma.

Os seus principais constituíntes son: lípidos, amidón, azucres, sales minerais (fósforo, potasio, magnesio, calcio, sodio, silicio, ferro), arsénico, asparaxina e vitaminas C e B.

A produción mundial de garavanzo está cerca dos oito millóns de toneladas. O garavanzo está ben adaptado aos climas de tipo mediterráneo, como España, Turquía, o Magreb e o sur da Francia. En Galicia pode cultivarse mais non é tan común coma en zonas máis secas coma Castela e o mediterráneo español. O seu cultivo mellora os solos secos e é excelente en rotación, principalmente ao terceiro ano despois do trigo duro.

Henrique, duque de Viseu

O Infante Henrique, duque de Viseu, nado en Porto o 4 de marzo de 1394 e finado o 13 de novembro de 1460, foi un príncipe portugués e a máis importante figura do inicio da era dos Descubrimentos, tamén coñecido na historia como Infante de Sagres ou O Navegador.

Ludwig Boltzmann

Ludwig Eduard Boltzmann, nado en Viena o 20 de febreiro de 1844 e finado en Duino o 5 de setembro de 1906, foi un físico austríaco coñecido por ser, xunto con James Clerk Maxwell, pai da Distribución de Maxwell-Boltzmann na que se basea a Teoría cinética dos gases; a cal sería a primeira teoría enmarcada na disciplina da mecánica estatística.

Mércores

O mércores, corta feira, ou cuarta feira é o terceiro día da semana. O termo "mércores" vén do latín Mercurii (dies) ou día de Mercurio, deus romano do comercio e mensaxeiro dos deuses, e os termos "corta feira" e "cuarta feira" proceden do latín quarta feria (ou feria quarta).

Patriarcado ecuménico de Constantinopla

O patriarcado ecuménico de Constantinopla ou Igrexa ortodoxa grega de Constantinopla é unha das 14 igrexas autocéfalas que fan parte da Igrexa ortodoxa, en comuñón entre elas. Está dirixida polo patriarca ecuménico de Constantinopla, actualmente Modelo:Cargos da Igrexa ortodoxa.

Por mor da súa localización na capital do antigo Imperio Bizantino e o seu papel como Igrexa Nai da maioría das Igrexas ortodoxas modernas, o patriarca ten o rango de Primus inter pares 'o primeiro entre iguais' entre os prelados ortodoxos. A diferenza do oapa na Igrexa católica, non exerce control sobre as demais igrexas autocéfalas, que son completamente autónomas.

Rito romano

O rito romano é unha das formas nas que son celebrados na Igrexa Católica tanto a Eucaristía (misal romano) como os outros sacramentos (ritual romano), a liturxia das horas (breviario) e as outras cerimonias litúrxicas (ritual e Caeremoniale Episcoporum).

É o rito litúrxico orixinario da diocese de Roma da Igrexa Católica. É o rito máis estendido dos ritos litúrxicos latinos, empregados na Igrexa Latina, unha das 23 igrexas particulares autónomas en comuñón co Papa. Pasou a ser o rito padrón da Igrexa Latina dende a promulgación da bula Quo Primum Tempore de Pío V o 14 de xullo de 1570 en conformidade co espírito do Concilio de Trento. Como os demais ritos litúrxicos, ten sido adaptado e variado ao longo dos séculos. A súa liturxia eucarística pode dividirse en tres etapas históricas: pre-tridentina, tridentina e actual.

Co seu motu proprio Summorum Pontificum de 2007, o papa Bieito XVI aprobou que se puidera seguir a empregar a forma do Misal Romano de 1962, con certos límites nas misas celebradas co pobo, como forma extraordinaria do rito romano.

Viana do Bolo

Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.929 persoas (3.368 en 2008, 3.743 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vianés».

Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.

Villafranca de Duero

Villafranca de Duero é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Como o seu nome indica, o lugar foi repoboado polos francos cara ao século XI.

Atópase na marxe esquerda do río Douro, preto do encoro de San José. Limita ao norte con Toro e ao oeste con Villabuena del Puente, os dous concellos na provincia de Zamora; ao sur con Castronuño e ao leste con San Román de Hornija.

A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras. Produce viños brancos con DO Rueda e viños tintos con DO Toro.

Entre os seus monumentos destaca a Igrexa de Santa María Magdalena. As súas festividades máis importantes son as festas patronais de Santa María Magdalena (22 de xullo), San Isidro Labrador (15 de maio), San José Obrero (1 de maio), Santa Águeda (5 de febreiro), o Carnaval e o Mércores de Cinsa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.