Mércores

O mércores, corta feira, ou cuarta feira[1] é o terceiro día da semana. O termo "mércores" vén do latín Mercurii (dies) ou día de Mercurio, deus romano do comercio e mensaxeiro dos deuses, e os termos "corta feira" e "cuarta feira" proceden do latín quarta feria (ou feria quarta).

Nomes noutras linguas

Word for Wednesday in European Languages
Mércores nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Mittwoch O medio da semana
Búlgaro Cpяда/Sriada O medio da semana
Catalán Dimecres Día de Mercurio
Checo Středa O medio da semana
Chinés Tradicional 星期三/Xīng Qī Sān Tres da semana
Español Miércoles Día de Mercurio
Éuscaro Asteazken O último da semana
Francés Mercredi Día de Mercurio
Holandés Woensdag Día de Woden
Inglés Wednesday Día de Woden
Irlandés Dé Chéadaoin O primeiro xaxún da semana
Islandés Miðvikudagur O medio da semana
Italiano Mercoledì Día de Mercurio
Noruegués Onsdag Día de Óðinn
Quechua Qoyllor P'unchay Día do luceiro
Portugués Quarta-feira Cuarto día
Romanés Miercuri Día de Mercurio
Ruso Среда/Sreda Día do medio
Xaponés 水曜日/Suiyoubi Día da auga

Notas

  1. "Feira". Dicionario Real Academia Galega.

Véxase tamén

Outros artigos

1108

O ano 1108 foi un ano bisesto, que comezou en mércores, segundo o Calendario Xuliano.

2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Asociación de Clubs de Baloncesto

Para a liga de baloncesto homónima véxase: Liga ACB.A Asociación de Clubs de Baloncesto, a miúdo coñecida polas súas siglas ACB é unha organización deportiva que aglutina e defende os intereses dos clubs profesionais do baloncesto español.

Atlántico Diario

Atlántico Diario é un xornal rexional da área metropolitana de Vigo.

Calendario hindú

O termo calendario hindú é confuso xa que se refire ao conxunto de calendarios rexionais da India, que se comportan de distintos xeitos, así como ao Calendario nacional indio.

Poden ser "calculados" (como o calendario gregoriano por exemplo), de tal maneira que o número de mes, días no mes etc. son sempre os mesmos, determinados por regras, mediante os cales inténtase que dean resultados conforme ao movemento real das estacións, o sol e os astros.

Poden ser "astronómicos", de tal maneira que a observación efectiva dos eventos astronómicos determinan o comezo dos anos e os meses. Así, o número de días por mes e ano pode variar, non é un calendario previamente fixado ou planeado: o ceo, as observacións astronómicas son o calendario, pero iso redunda nunha perfecta exactitude.

Poden ser solares, fundamentados no movemento do sol.

Poden ser lunares, fundamentados no movemento da lúa; pero como iso conduce a incongruencia co movemento solar (como acontece no calendario musulmán), os calendarios lunares son máis exactamente lunar-solares, porque tamén se considera o movemento solar e inténtase seguilo da maneira máis fiel posíbel.Tamén existen varias eras.

a Era Vikram.

a Era Saka: o ano 0 é o 78, o 79 é o ano 1, o 21 de marzo de 2000 comezou o ano 1922; véxase orixe da era Saka.Por decreto publicado na Gazette of India estableceuse en 1957 o Indian National Calender (calendario nacional indio), que é de tipo calculado e solar, e cuxa era é a Saka.

Estacións e meses nos calendarios hindús

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Coresma

A coresma (da expresión latina quadragesima dies 'día cuadraxésimo') son os corenta días de tempo litúrxico que observan a maioría das igrexas cristiás, antes da Pascua. Os corenta días representan o tempo que Xesús pasou no deserto, onde, segundo a Biblia, resistiu a tentación de Satanás; o obxectivo que se procura é establecer un período de reflexión e penitencia para que os cristiáns poidan preparase para a celebración pascual.

Nos primeiros anos do cristianismo, a duración da Coresma variaba, arredor do século IV estableceuse a súa duración en 40 días. Nos séculos VI e VII o xexún adquiriu grande importancia como práctica coresmal, como os domingos non se podía facer xexún por ser día de festa no século VII engadíronse catro días máis á coresma, antes do primeiro domingo, para imitar o xexún de Cristo no deserto, polo tanto o comezo da Coresma quedou establecido no Mércores de Cinsa na igrexa occidental mentres na oriental comezaba un luns. Na actualidade o mantemento da práctica do xexún relaxouse en moitas igrexas cristiáns, así na Igrexa Católica de rito latino só é obrigatoria a abstinencia o venres de coresma, pero na Idade Media era común a prohibición de comer carne e ovos e manter relacións sexuais; nas igrexas ortodoxas e na maioría das católicas de rito oriental a práctica da abstinencia mantense con máis forza.

Festival de Eurovisión 2004

O XLIX Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 12 de maio de 2004 e 15 de maio de 2004, en Istambul, Turquía. Os presentadores da gala foron Meltem Cumbul e Korhan Abay, coa colaboración especial da gañadora do certame anterior, Sertab Erener. O escenario simbolizaba a arte turca, á vez que facía alarde do lema do festival "Under the same sky" (Baixo o mesmo ceo).

Un total de 36 países competiron no festival, o que supoñía o récord de participantes nese momento. Foi o primeiro festival que contou cunha semifinal e polo tanto organizouse en dous días: unha rolda eliminatoria (mércores) e a gran final (sábado). Baixo este novo formato, os países diretos á final foron Reino Unido, Francia, Alemaña e España (Big Four, como maiores contribuíntes financeiros da UER), Turquía (como gañadora do Festival de Eurovisión 2003) e os nove países restantes con maior puntuación en 2003.

Foi o primeiro festival en empregar o logotipo xenérico consistente na verba Eurovisión coa V convertida nun corazón, en cuxo interior figura a bandeira do país organizador.

Guerra dos Cen Anos

A expresión guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante os séculos XIV e XV, que durou en realidade 116 anos (mércores 1 de xaneiro de 1337 - mércores 17 de outubro de 1453) entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.

A longa duración dese conflito explícase polo grande poderío dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o peor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.

Larpeiros

Larpeiros é un programa de cociña emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo, de trinta minutos de duración, emítese os martes e mércores ás 22:00 h, e os sábados con dobre episodio ás 16:15 e 19:15.

Marca TV

Marca TV foi unha canle de televisión temática española, que emitía información deportiva case todo o día en aberto. Tivo a súa orixe no xornal de información deportiva Marca e na emisora de radio Radio Marca. Anteriormente formaba parte do Mundo Marca xunto ó periódico, a radio e a páxina web www.marca.com. A cadea de televisión pertencía ó Grupo Unidad Editorial e a Mediapro.Finalmente, tras cerca de tres anos de emisións, a canle cesou as súas emisións o mércores 31 de xullo de 2013, tras varios meses nos que a súa continuidade estivo no aire. A canle establecera como data límite para o seu peche o 30 de xuño, aínda que logrou unha prórroga do seu contrato para un mes máis.

Mércores Santo

O Mércores Santo acaba a primeira parte da Semana Santa cristiá para dar paso ó Xoves Santo e á celebración da Última Cea. O Mércores Santo ten lugar a traizón de Xudas Iscariote.

Mércores de Cinsa

O Mércores de Cinsa ou Cinza é o primeiro día da Coresma no calendario católico, protestante, e anglicano. Sucede 46 días antes da Pascua cristiá, aínda que se considera que a Coresma ten 40 días de duración, xa que non se contan os domingos.

Este día cae en diferentes datas ano a ano, de acordo á data móbil de Pascua. Pode acontecer entre o 4 de febreiro e o 10 de marzo.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

Venres de Dores

Sábado de Paixón

Domingo de Ramos

Luns Santo

Martes Santo

Mércores Santo

Xoves Santo, celébrase A Última Cea.

Venres Santo, recorda a crucifixión.

Sábado Santo

Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.

Luns de Pascua

Martes de Pascua

Mércores de PascuaA Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Semana Tráxica

A Semana Tráxica é o nome co que se coñecen os acontecementos desenvolvidos en Barcelona e outras cidades de Cataluña, entre o 26 de xullo e o 2 de agosto de 1909.

Villafranca de Duero

Villafranca de Duero é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Como o seu nome indica, o lugar foi repoboado polos francos cara ao século XI.

Atópase na marxe esquerda do río Douro, preto do encoro de San José. Limita ao norte con Toro e ao oeste con Villabuena del Puente, os dous concellos na provincia de Zamora; ao sur con Castronuño e ao leste con San Román de Hornija.

A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras. Produce viños brancos con DO Rueda e viños tintos con DO Toro.

Entre os seus monumentos destaca a Igrexa de Santa María Magdalena. As súas festividades máis importantes son as festas patronais de Santa María Magdalena (22 de xullo), San Isidro Labrador (15 de maio), San José Obrero (1 de maio), Santa Águeda (5 de febreiro), o Carnaval e o Mércores de Cinsa.

Xenitivo

O xenitivo é o nome dun caso que nas linguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento do Nome ou Modificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo, Complemento Circunstancial etc: polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")

Proceden do xenitivo frases pettrificadas que en galego xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE > fregués, AURI FRESU > ourive, COMITE STAB(U)LI > condestable, os días da semana: (DIES) MARTIS > martes, (DIES) IOVIS > xoves, (DIES) VENERIS > venres, (DIES) LUNAE > luns, (DIES) MERCURII > mércores .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.