Méixome, Lalín

Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao arciprestado do Deza e á diocese de Lugo.

Coordenadas: 42°42′31″N 8°10′13″O / 42.7085744, -8.1701606

Méixome
Igrexa de Santiago de Méixome, Lalín
Igrexa de Santiago de Méixome.
ConcelloLalín
Área3,9 km²
Poboación131 hab. (2011)
Densidade33,59 hab./km²
Entidades de poboación5

Xeografía

Limita ao norte coas parroquias de Bermés e Busto, ao sur con Santiso ao leste con Bermés e ao oeste con Madriñán e Noceda. Dista 9 km da capital municipal. Acada unha altitude máxima de 700 m e está bañada polo Rego de Freixo.

Méixome foi a primeira parroquia do concello de Lalín na que se fixo a concentración parcelaria.

Historia

O nome da parroquia figura nunha permuta feita co Mosteiro de Carboeiro en 1182, en pleno período románico, o que fai pensar na existencia dunha igrexa orixinaria desta época que foi substituída pola actual.

Patrimonio

O castro de Méixome, situado na aldea de Castro, xunto ao río en terreo de labranza, está conformado a partir dun recinto de planta lixeiramente ovalada en dirección nordés-suroeste. As súas dimensións son: eixo NL-SO mide 85 m no interior e uns 100 m ao exterior; eixo NO-SL mide 55 m no interior e 85 m no exterior. A altura máxima acadada pola coroa respecto ao exterior é duns 7 m no lado leste. No parapeto do sector setentrional apréciase un tramo de liña de muralla pétrea (nalgúns puntos vese claramente unha anchura de 3 m a 4 m) feita de xisto sen argamasa. Ten parapeto interior no sector setentrional, cuns 4 m ou 5 m de anchura, moi vertical cara ao exterior.[1]

A igrexa parroquial de Santiago de Méixome é de estilo barroco.

Festas

As súas festas parroquiais son o 16 e 17 de agosto na honra a San Roque. O primeiro fin de semana do mes de outubro toda a parroquia reúnese para realizar a chamada Festa dos Veciños no campo da festa.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Méixome, Lalín.
Santiago e San Roque na igrexa de Méixome

Imaxes de Santiago e San Roque na igrexa de Méixome.

Lugares e parroquias

Parroquias de Lalín

Notas

  1. Ficha arqueolóxica do castro de Meixome.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Mato, Méixome, Lalín

Mato é un lugar da parroquia de Méixome, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 17 habitantes (7 homes e 10 mulleres), o que supón unha diminución de 9 habitantes con respecto ao ano 2000.

Méixome, Méixome, Lalín

Méixome é un lugar da parroquia de Méixome, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

O Castiñeiro, Méixome, Lalín

O Castiñeiro é un lugar da parroquia de Méixome, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

O Castro, Méixome, Lalín

O Castro é un lugar da parroquia de Méixome, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Requeixo, Méixome, Lalín

Requeixo é un lugar da parroquia de Méixome, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.