Mártires de Carral

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

Coordenadas: 43°13′47″N 8°21′19″O / 43.22966, -8.35532

Monumento aos Mártires de Carral
Monumento aos Mártires de Carral, inaugurado en 1905, obra de Juan Álvarez Mendoza.

A revolta

Artigo principal: Revolución de 1846.

Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril constituíuse en Santiago de Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia, que os sublevados consideraban literalmente tratada como "verdadeira colonia da corte". Unha vez declarada a revolta, Solís dirixiu unha arenga aos seus soldados. Nesta alocución a intención do alzamento atópase claramente expresada no final do discurso:

Gallegos: españoles todos: viva la reina libre, viva la Constitución, fuera estranjeros, abajo el dictador Narvaez, abajo el sistema tributario.

— Lugo 2 de abril de 1846. El comandante general interino. Miguel Solís y Cuetos, [1]

A represión da revolta

2010-07-18. San Martiño Pinario-Santiago Compostela-Galicia (Spain)
Fachada da igrexa do Mosteiro de San Martiño Pinario.

O goberno[2] enviou tropas baixo o mando do xeneral José Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, na localidade homónima (concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto),[3] entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas.[4] A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral De la Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.

Solís refuxiouse nun primeiro momento no Mosteiro de San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.

Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo, sen que se escribise sobre as súas tumbas inscrición ningunha. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria".

Recoñecemento

Placa dos mártires
Placa do monumento onde se citan ós fusilados.

Dez anos despois, un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, se erixiu o actual, construído no centro de Carral con granito das canteiras do Illó (Barro) e deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ver o escudo de Galicia e unha inscrición que di: "Mártires da liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846". Este monumento, aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estrutura da obra ten forma de cruz. Este recordatorio físico sería escenario de varias homenaxes, como a celebrada o 26 de abril de 1931 e da que se conserva unha fotografía na que se ve a Manuel Lugrís Freire dirixíndose aos asistentes.

Segundo conta Manuel Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galicia cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Antolín Faraldo.

Notas

  1. Porto, Juan do (1846). Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia (en castelán). Madrid: Imprenta de la Viuda de Burgos. p. 253.[1]
  2. Narváez foi Presidente (do Consello de Ministros) de 16 de marzo de 1846 ó 5 de abril de 1846 e Francisco Javier de Istúriz dende o 5 de abril ata o 28 de xaneiro de 1847. Non era a primeira vez que Narváez exercía (e deixaba) a presidencia, e non sería a última: en total houbo 7 gobernos Narváez entre 1844 e 1868.
  3. A batalla de Cacheiras Arquivado 03 de maio de 2008 en Wayback Machine., páxina do concello de Teo.
  4. López Carreira (2013). Historia de Galicia, p. 221: "En Cacheiras [...] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela."

Véxase tamén

Bibliografía

Los mártires de Carral 1912 Francisco Tettamancy Gastón.pdf
Tettamancy, 1912, Los mártires de Carral.

Outros artigos

Ligazóns externas

23 de abril

O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.

26 de abril

O 26 de abril é o 116º día do ano do calendario gregoriano (117º nos anos bisestos). Quedan 249 días para finalizar o ano.

Batalla de Cacheiras

A batalla de Cacheiras, ou escaramuza de Cacheiras, foi un conflito armado que aconteceu o 23 de abril de 1846 na parroquia de Cacheiras, Teo, entre as tropas liberais galegas e provincialistas ao mando do comandante Miguel Solís e as tropas militares españolas ao mando do mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que chega dende Castela, designado polo gobernodesignado polo goberno para apagar o levantamento galego.O conflito situouse concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto entre as tropas de Madrid e as de Solís, que foron derrotadas.As tropas mandadas por Solís foron derrotadas e fuxiron cara a Santiago de Compostela, refuxiándose no interior do Mosteiro de San Martiño Pinario. Posteriormente entregáronse e foron fusilados en Carral. Foi un dos feitos máis importantes e que máis marcaron a historia contemporánea de Galicia.

Carral

Carral é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca homónima. Segundo o IGE a súa poboación en 2014 era de 6.118 habitantes (5.770 no 2009, 5.647 no 2007, 5.579 no 2006, 5.527 no 2005, 5.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carralés.

Carral, Paleo, Carral

Carral é un lugar da parroquia de Paleo no concello coruñés de Carral na comarca da Coruña e a capital administrativa do concello. Tiña 2.497 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE dos cales 1.219 eran homes e 1.278 eran mulleres.

Década de 1840

A década de 1840 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1840 e remata o 31 de decembro de 1849.

Francisco Javier de Istúriz

Francisco Javier de Istúriz Montero, nado en Cádiz o 31 de outubro de 1790 e finado en Madrid o 2 de abril de 1871, foi un político español.

Francisco Tettamancy

Francisco Tettamancy Gastón, nado na Coruña o 10 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 15 de maio de 1921, foi un escritor en lingua galega e castelá.

Julio Dávila

Julio Dávila Díaz, nado en Ortigueira o 26 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1971, foi un historiador, xeógrafo e escritor galego.

Liga Gallega (A Coruña)

A Liga Gallega foi un grupo político rexionalista liberal fundado en 1897 na Coruña por iniciativa dos participantes na tertulia rexionalista A Cova Céltica, e como esta tiña a súa sede na librería de Carré Aldao; presidido por Manuel Murguía e dirixido por un comité integrado por Manuel Lugrís Freire, Uxío Carré Aldao e Salvador Golpe que en 1898 redactaron o seu regulamento, integramente en galego. Waldo Álvarez Insua foi o presidente en 1899.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Murguía. A Liga Gallega da Coruña tivo unha inspiración liberal, fronte á Liga Gallega de Santiago de Compostela, máis conservadora.

Despois de 1900 tivo escasa actividade, aínda que sobreviviu ata 1907. O seu órgano de expresión foi ata mediados de 1898 Revista Gallega que dirixía Galo Salinas. Foi pola súa iniciativa que se ergueu en 1904 o monumento en memoria dos Mártires de Carral.

A Liga Gallega naceu en defensa dos intereses materiais, morais, políticos, económicos e sociais de Galicia. Pedía a constitución dunha autonomía para Galicia de igual xeito que se concedera a Cuba e Porto Rico e a fins de 1897 iniciou unha campaña de recollía de sinaturas.

Miguel Solís

Miguel Solís Cuetos, nado en San Fernando (provincia de Cádiz) o 27 de marzo de 1816 e falecido en Carral o 26 de abril de 1846 foi un militar español.

Noia

Noia é un concello costeiro da provincia da Coruña, capital da comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 14.571 habitantes e ten unha extensión de 37,2 km². O seu xentilicio é noiés.

Paleo, Carral

Santo Estevo de Paleo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral e contén a súa capital administrativa. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.937 habitantes (1.508 mulleres e 1.429 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.002 habitantes. Ten unha área de 8,17 km².

Provincialismo galego

O provincialismo foi un movemento político galeguista que naceu ao redor de 1840 e tivo en 1846 un levantamento a causa dunha insurrección militar. Tiña como obxectivo a recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica. Esta unidade rachárase coa división provincial de 1833, que rematara co reino de Galicia.

Revolución de 1846

Revolución de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe o alzamento do coronel Miguel Solís o 2 de abril de 1846 en Lugo (ó que se uniron posteriormente A Coruña o día 5, Pontevedra o 9, e o día 10 Tui e Vigo) contra o goberno de Ramón María de Narváez. A conspiración foi dirixida desde A Coruña, impulsada por Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina e viúva do ministro Francisco Espoz y Mina; en Vigo foron Benigno Cid, Ramón Buch e Juan Nogueira, en contacto co exiliado Mártir Molíns; e en Ourense, algúns militares. Gerónimo Piñeiro de las Casas facía de correo entre eles, e fixaron a data do alzamento para o mes de abril.

Xosé María García Rodríguez

Xosé María García Rodríguez, nado en Muros o 6 de febreiro de 1912 e finado en San Juan (Porto Rico) en 2006, foi un escritor, xornalista, xuíz e diplomático galego.

Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia

A Junta Superior Provisional de Gobierno de Galicia ou Xunta Superior do Reino de Galiza foi un órgano extraordinario de goberno proclamado o 15 de abril de 1846 que pretendía iniciar unha sublevación xeral contra o goberno de Ramón Narváez y Campos. Encabezados polo comandante Miguel Solís e provincialistas como Antolín Faraldo, os acontecementos desembocaron no fusilamento dos sublevados coñecidos como Mártires de Carral.

O seu presidente foi Pío Rodríguez Terrazo. Antolín Faraldo foi o secretario e o director do voceiro: La Revolución. Periódico oficial de la Junta Superior de Galicia.O programa da Xunta era exclusivamente progresista-español, non mencionaba ningunha medida descentralizadora e non cuestionaba a división provincial de 1833.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.