Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico[1] do noroeste da Península Ibérica.

Características

Son amoreamentos artificiais de terra e/ou pedras, habitualmente de forma circular (xa que ás veces presentan unha estrutura lixeiramente elíptica), que se presentan de forma brusca sobre o terreo que sinalan e conteñen un ou varios enterramentos[2]. Normalmente no seu interior agachan unha estrutura pétrea coñecida como dolmen ou anta, formando o conxunto un túmulo funerario característico da cultura megalítica. É habitual que presenten unha depresión na parte superior coñecida como cono de violación, resto dalgunha escavación ilegal na busca de materiais preciosos ou máis comunmente para aproveitar as pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Chousa-nova-lousa
A Chousa Nova, reconstruída.

A mámoa máis antiga datada en Galicia é A Chousa Nova I, en Silleda. Está datada hai 6350 anos, mil máis antiga que o dolmen de Dombate.

As mámoas forman grupos en campos chamados ás veces oleiros ou campo das olas, polos restos de cerámica que conteñen. Sinalouse restos de escritura hemisférica e talvez altares druídricos sospeitados por Obermayer.[3]

Arredor das mámoas hai lendas, como a que di que se aparece unha galiña con pitos debaixo dun dolmen na noite de san Xoán, convértense en ouro, ou que nelas hai escondidas pota que poden ter ouro ou veleno.

Denominacións

A denominación máis estendida para coñecer este tipo de monumentos é a de mámoa e procede do diminutivo latino mammula 'órgano glandular das femias dos mamíferos'[4]. Esta denominación aplícase metaforicamente a este tipo de monumentos pola similitude dos mesmos cun peito feminino. Tamén se usan diminutivos como mamoíña ou mamoela.

Outras denominacións teñen que ver coa voz latina meta (galego meda), obxecto de forma cónica ou marco de delimitación. Esta palabra unida a distintos sufixos deu á súa vez distintas verbas usadas para referirse a este tipo de túmulos:

META + ONEA > medoña
META + ORRA > medorra
META + ELA> medela

Outras denominacións utilizadas para este tipo de monumentos son mina ou petón.

Notas

  1. López Carreira, Anselmo (2013): Historia de Galicia. Vigo: Ed. Xerais, p.41
  2. Ana Romero Masiá, Ana; Arias Vila, Felipe: Diccionario de termos de arqueoloxía e prehistoria. Ir Indo Edicións, páxina 116, ISBN 84-7680-168-8
  3. Otero Pedrayo, Ramón (1926). Guía de Galicia. Galaxia.
  4. "Mámoa". Portal das Palabras. Consultado o 14 de novembro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

A Laracha

A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.

A Mámoa, Asados, Rianxo

A Mámoa é un lugar da parroquia de Asados no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 33 habitantes (16 homes e 17 mulleres).

A Mámoa, Carreira, Ribeira

A Mámoa é un lugar da parroquia de Carreira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

A Mámoa, Goiriz, Vilalba

A Mámoa é un lugar da parroquia de Goiriz, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

A Riba, A Baña

San Xoán da Riba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 266 habitantes (141 mulleres e 125 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 445 habitantes.

Abades, Silleda

Santa María de Abades é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal en 2011 tiña 140 habitantes (78 mulleres e 62 homes), 25 menos ca en 1999. Ten 5 entidades de poboación.

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Folgoso, Abegondo

Santa Dorotea de Folgoso é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 3,54 km². Segundo o IGE en 2016 tiña 103 habitantes (57 mulleres e 46 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 133 habitantes.

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Gándara, Zas

Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 369 habitantes, sendo 187 homes e 182 mulleres.

Illa Guidoiro Areoso

A Illa do Guidoiro Areoso é un illote galego situado no interior da Ría de Arousa a 1,4 quilómetros ao oeste da Illa de Arousa, illa e concello da Provincia de Pontevedra, á que pertence. É o maior dos illotes que conforman o arquipélago de Rúa e Os Guidoiros (O Areoso e O Pedregoso) a pesar de que apenas ten 600 m de longo de norte a sur por 200 m no seu punto máis largo e só acada 9 m sobre o nivel do mar no seu punto máis alto.

É un illote de case 9 hectáreas, baixo e constituído case completamente de area. A metade norte está ocupada por unha duna activa, mentres que na sur se mesturan afloramentos graníticos cunha duna vexetada. Toda a illa está rodeada de arrecifes á flor de auga, ata naquelas partes con máis presenza de area emerxida.

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, ordenados por provincias.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora formaban parte dunha mesma zona megalítica, con arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que hoxe estimamos relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só en Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Pantón

Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 2.539 habitantes (1.232 homes e 1.307 mulleres), o que supón unha diminución en 26 habitantes en relación co ano anterior.

Vilasantar

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.

Vizoño, Abegondo

San Pedro de Vizoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 185 habitantes (95 homes e 90 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.