Málaga

Málaga é unha cidade do sur de España, capital da provincia de Málaga, en Andalucía. Está situada no extremo oeste do litoral meridional do mar Mediterráneo, a pouco máis de 100 km ao leste do estreito de Xibraltar.

Coordenadas: 36°43′10″N 4°25′12″O / 36.71944, -4.42000

Málaga
Flag of Málaga, Spain
Escudo de Málaga
Málaga desde o monte Gibralfaro
Cuartos de Granada Xardín botánico histórico La Concepción Rúa Marqués de Larios
Praia da Malagueta Festival de Málaga de Cine Español
Alcazaba
Málaga
Localización
Málaga en España

Málaga
Málaga
Málaga en Provincia de Málaga

Málaga
Málaga
PaísEspaña
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaMálaga
ComarcaMálaga-Costa del Sol
Xeografía
Altitude8 msnm
Superficie398,25 km²
Demografía
Poboación566.447 hab. (2008)
Densidade1.434,04
Xentiliciomalagueño
malacitano
Outros datos
Código postal29001-29018
AlcaldeFrancisco de la Torre Prados (PP)
www.malaga.eu

Localización e características

Cos seus 560.631 habitantes en 2006, a cidade de Málaga é a sexta en poboación de toda España. A súa área metropolitana ten 1.099.004 hab., sendo a quinta máis populosa do estado. Demograficamente é a zona urbana máis densamente poboada (ademais de ser a capital) do conxunto de localidades que se localizan ao longo de 180 km da costa mediterránea, coñecidos como a Costa do Sol. Málaga é candidata a «Cidade Europea da Cultura» para o ano 2016.

A cidade de Málaga encóntrase rodeada de sistemas montañosos (Montes de Málaga). Dous ríos, o Guadalmedina e o Guadalhorce, pasan pola urbe, desembocando no Mediterráneo.

Historia

A cidade foi fundada por fenicios, procedentes de Tiro, co nome de Malaka, entre os séculos VIII e VI a.C. O nome parece que significou "porto de refuxio", segundo Nieto Ballester.

Cerca de seis séculos despois, os romanos ocuparon a cidade, xunto co resto de Hispania.

No século VIII, sería ocupada polos musulmáns, que converteron a cidade nun importante centro comercial. Málaga pertenceu primeiro ao Califato de Córdoba. Mais logo da caída da dinastía Omeia (Umayyad), foi capital do seu propio reino, entre 1026 e 1238, ata que pasou a depender do reino de Granada. Durante o período islámico, fo denominada Mālaqah (árabe مالقة).

Málaga pasou a dominio cristián en 1487, durante a guerra contra Granada emprendida polos Reis Católicos.

Durante a sublevación militar contra a IIª República, Málaga foi ocupada por tropas italianas e, logo, sufriría unha forte represión. O boom turístico dos anos 1960, axudou ao impulso económico da cidade e as áreas próximas da Costa do Sol.

Economía

Cidade comercial, ten ademais no turismo unha das súas principais fontes de ingresos, fomentado polo importante aeroporto, ademais da crecente importancia do turismo de buques de cruceiro. O porto de Málaga está nun proceso de gran transformación para se converter en porto base de cruceiros, así como nun importante nodo de tráfico de contedores.

Tamén hai que destacar o pulo da cidade en industrias de novas tecnoloxías, localizadas principalmente no Parque Tecnolóxico de Andalucía, así como no sector da construción. A cidade é sede da Asociación Internacional de Parques Tecnolóxicos IASP, do proxecto Málaga Valley e27 e da principal entidade bancaria de Andalucía, a Caixa de Aforros Unicaja; así como das empresas malagueñas de moda infantil Mayoral e Charanga, da construtora Sando, do líder europeo en placas solares Isofotón ou a fabricante de teléfonos móbeis Vitelcom e outras multinacionais como Fujitsu España, Epcos (Siemens) ou as cervexas San Miguel.

Turismo e sitios de interese

Tras o devir histórico de varias civilizacións, a cidade conta co Teatro Romano, construído no século siglo I d.C. Así como o castelo de Gibralfaro de base fenicia, construído polo rei Yusuf I na época árabe, e a Alcazaba, belo palacio-fortaleza, da mesma época.

Logo da conquista cristiá da cidade, edificouse a Catedral de Málaga ou Catedral da Encarnación, que ten como característica máis coñecida a de estar inacabada. A falla dunha das súas torres fai que os malacitanos a alcuñen, cariñosamente, como "La Manquita".

Do século XIX é o monumento a José María Torrijos, liberal español, que foi executado na cidade xunto a seus compañeiros, descansando os seus restos sob o grande obelisco, erguido, na súa honra, na céntrica Praza da Mercé.

Spain Andalusia Malaga BW 2015-10-24 13-13-30
Casa natal de Picasso

A cidade é tamén coñecida por ser o lugar de nacemento do famoso pintor Pablo Ruiz Picasso, contando cun dos tres museos de maior importancia no mundo sobre o artista, así como a súa casa natal, sita tamén na Praza da Mercé, onde se conservan obxectos da infancia do artista máis célebre do século XX. O Museo Picasso de Málaga e mais o Centro de Arte Contemporáneo, CAC Málaga, reciben unha grande afluencia de visitantes. Esta oferta cultural levou a que Málaga optase por solicitar a candidatura de Capital Europea da Cultura para o ano 2016.

Ademais, os picos de afluencia turística prodúcense en Semana Santa e durante a Feira de Málaga, no mes de agosto, mes no que acrecentan a visitas dada a calidade das praias malagueñas.

Festas

A destacar:

  • Semana Santa, con vistosas procesións. Está declarada de interese turístico internacional.
  • Desde o segundo venres de agosto até o domingo da semana seguinte celebra a Feira de Agosto. Desde días previos ata o final da semana festiva, ten lugar tamén a Feira Taurina de Agosto de Málaga, con sede en La Malagueta, o seu coso taurino.

Clima

Puerto de Málaga 01
Vista do porto e da cidade

O clima de Málaga é mediterráneo subtropical húmido. A temperatura media anual é de 18 °C, sendo a máxima media de 25.4 °C en agosto e a mínima media de 11.9 °C en xaneiro. A suavidade domina o clima invernal, sendo moi excepcionais as xeadas, mentres os veráns son calorosos, normalmente húmidos excepto cando sopra o terral, un vento seco do interior, que eleva as temperaturas. Nestas situacións Málaga ten superado os 44 °C (1978 e 1994).

A humidade media é de 66 %, con 43 días de chuvia anuais, concentrados nos meses máis fríos, de feito entre os meses de novembro e xaneiro cai o 50% da precipitación media anual, que é de 524 mm. A irregularidade das chuvias evidénciase en episodios torrenciais de grande virulencia, sendo o récord de Málaga os 313 mm rexistrados no observatorio do aeroporto o 27 de setembro de 1957, e a chea do 14 de novembro de 1989. Anualmente hai 2.815 h de sol.

Nuvola apps kweather.png Parámetros climáticos promedio no Observatorio do Aeroporto de Málaga (1971-2000)
xan feb mar abr mai xun xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 16,6 17,7 19,1 20,9 23,8 27,3 29,9 30,3 27,9 23,7 19,9 17,4 22,9
Temp. mínima (°C) 7,3 7,9 9,0 10,4 13,4 17,1 19,7 20,5 18,2 14,3 10,8 8,4 13,1
Precipitacións (mm) 81 55 49 41 25 12 2 6 16 56 95 88 524

Con todo os valores referidos ao aeroporto, sito a 10 km de distancia da cidade, son só indicativos, pois a propia Málaga ten un clima algo diferente.

Distritos

A cidade de Málaga está organizada en once distritos.

Distrito Distrito Mapa da cidade
1 Centro 7 Carretera de Cádiz Distritos Málaga
2 Este 8 Churriana
3 Ciudad Jardín 9 Campanillas
4 Bailén-Miraflores 10 Puerto de la Torre
5 Palma-Palmilla 11 Teatinos-Universidad
6 Cruz de Humilladero

Galería de Imaxes

Artigo principal: Galería de Imaxes de Málaga.
Malaga manquita
Málaga porto

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Gran Canaria

O Aeroporto de Gran Canaria (IATA: LPA, OACI: GCLP) é un aeroporto español da rede de AENA situado na illa de Gran Canaria, na baía de Gando, ocupando superficie dos municipios de Ingenio e Telde. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Gran Canaria/Gando xunto coa base aérea do Exército do Aire de Gando.

Ocupa o quinto lugar na rede aeroportuaria española por número de pasaxeiros, tralos aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga. Está igualmente entre os 25 máis importantes de Europa e entre os 100 primeiros do mundo. Tamén nas proximidades do Aeroporto de Gran Canaria atópase o Centro de Control de Tránsito Aéreo de Canarias.

O aeroporto está situado a 18 km da capital da illa, As Palmas de Gran Canaria, e a 25 km dos centros turísticos.

Aeroporto de Málaga-Costa del Sol

O Aeroporto de Málaga–Costa del Sol é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no sur de Andalucía, a 8 km de Málaga. Dos tres que participaron na primeira ruta aérea (Tolosa-Barcelona-Alacant-Málaga-Casablanca), establecida en España en 1919 pola empresa francesa fundada por Pierre Latécoère, Lignes Aeriennes Latécoère, é o único que seguiu operando de forma continuada.

Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol

O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

Antequera

Antequera é un municipio de Andalucía, na Provincia de Málaga, España. A súa poboación é de 44.547 habitantes. Está situado na comarca do mesmo nome, a 45 km de Málaga e a 160 km de Sevilla.

Antonio Cánovas del Castillo

Antonio Cánovas del Castillo, nado en Málaga o 8 de febreiro de 1828 e finado en Arrasate (Guipúscoa) o 8 de agosto de 1897, foi un político e historiador español coñecido principalmente polo seu apoio á Restauración borbónica de 1874 e por converterse no máximo dirixente dos conservadores no "sistema de quendas" por el establecido. Foi presidente do goberno español nos períodos 1874-1875, 1875-1879, 1879-1881, 1884-1885, 1890-1892 e 1895-1897.

CB Málaga

O Club Baloncesto Málaga S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Unicaja Málaga, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Málaga (España) que actualmente compite na Liga ACB e na Euroliga.

Club Deportivo Málaga

O Club Deportivo Málaga foi un equipo de fútbol de España, establecido na cidade de Málaga, Andalucía.

Coñéceselle como Club Deportivo Málaga desde 1941, anteriormente denominábase Club Deportivo Malacitano, que naceu en 1933 tras a fusión dos entón equipos máis representativos da cidade: o Fútbol Club Malagueño (fundado en 1923 y mantenido en la fusión) e o Málaga Sport Club (desaparecido tras a fusión). O equipo militou en diferentes categorías da liga española de fútbol, pero desapareceu no verán de 1992 por mor da débeda económica que arrastraba. Tras a quebra do CD Málaga o equipo filial deste, o Club Atlético Malagueño -cuxa denominación pasou a ser Málaga Club de Fútbol- converteuse no novo representante malaguista.

Juan Arza

Juan Arza Iñigo, nado en Estella (Navarra) o 12 de xuño de 1923 e finado en Sevilla o 7 de xullo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Luis Urquiri

Luis Urquiri Urain, nado en Deba (Guipúscoa) o 1 de setembro de 1906 e finado en 1979, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Marbella

Marbella é unha cidade e concello do sur de España, que pertence á provincia de Málaga, en Andalucía. É a capital da comarca da Costa del Sol Occidental. Está situada á beira do Mediterráneo, entre Málaga e o estreito de Xibraltar e ó carón dos Picos Serra Blanca e Juanar. Segundo os datos do INE a poboación en 2005 era de 124.333 habitantes e a súa extensión de 114,3 km2, cunha lonxitude de costa de 26 km.

Málaga Club de Fútbol

O Málaga Club de Fútbol é un club de fútbol de España, establecido na cidade de Málaga, Andalucía. Actualmente milita na Segunda División Española. Desde xuño de 2010 o seu propietario é o qatarí Abdullah ben Nasser Al Thani, primeiro xeque en converterse en máximo accionista dun club español.

Aínda que o primeiro equipo da cidade de Málaga foi fundado en 1904, non é ata 1933 cando se funda o CD Málaga, do cal, o actual é herdeiro. Os mellores momentos do club céntranse na década dos 70, nos primeiros anos da década de 2000 e 2009.

Na tempada 2002/03 xogou a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia como gañador da Copa Intertoto en 2002. Na tempada 2011/12 o equipo acaba cuarto, clasificándose por primeira vez para a Liga de Campións, competición na que acadou os cuartos de final.

Primeira división española 2010/11

A tempada 2010/11 da Primeira División Española de fútbol foi a 80ª edición desta competición. Comezou o 28 de agosto de 2010 e finalizou o 22 de maio de 2011. O FC Barcelona proclamouse campión por terceira tempada consecutiva e logrou a 21ª liga da súa historia, con dúas xornadas aínda por disputarse. O único representante galego foi o Deportivo da Coruña, que acabou perdendo a categoría, e houbo un único árbitro galego, o ascendido ese mesmo ano Ignacio Iglesias Villanueva.

Os azulgrana sentenciaron o seu terceiro título consecutivo na xornada 36ª, conseguindo 96 puntos, a segunda mellor marca da súa historia. Barcelona, Real Madrid e Valencia clasifícanse de xeito directo para a Liga de Campións, e o Villarreal, que xogará a rolda previa. O Sevilla e o Athletic Club clasifícanse para a UEFA Europa League, que tamén xogou o Atlético de Madrid aínda que xogando unha rolda previa. Por outro lado, Deportivo da Coruña, Hércules e Almería perderon a categoría.

Primeira división española 2011/12

A tempada 2011/12 da Primeira División Española de fútbol foi a 81ª edición desta competición. Comezou o 27 de agosto de 2011 e finalizou o 13 de maio de 2012. Inicialmente estaba previsto que dese comezo o día 20 de agosto, pero a AFE, co apoio dos futbolistas, convocou unha folga como medida de presión para conseguir mellores condicións no convenio colectivo, polo que non se puido disputar a primeira xornada de liga na data fixada. Isto deu lugar a que se aprazase a xornada inaugural para o fin de semana do 22 de xaneiro de 2012 e, a vixésima, para o 2 de maio do mesmo ano.

O Deportivo da Coruña, por primeira vez en 20 anos, non participou na categoría; en cambio, regresou á mesma o Betis tras dous anos de ausencia, acompañado polo Rayo Vallecano, cuxa última participación produciuse na tempada 2002/03, e o Granada, que estivo presente por última vez na campaña 1975/76.

O Real Madrid coroouse campión cunha marca de 100 puntos, conseguindo así o seu 32º título de Liga. Ademais, tamén logrou bater outros rexistros históricos como o de equipo máis goleador, con 121 tantos, e o de maior número de vitorias nunha tempada, con 32. Por outra parte, o Málaga clasificouse, por primera vez na súa historia, para disputar a rolda previa da Liga de Campións, mentres que o Levante fixo o propio finalizando en postos de acceso á UEFA Europa League.

Barcelona e Valencia xogarán xunto co campión a Liga de Campións, mentres que Atlético de Madrid e Athletic Club, como subcampión de Copa, acompañarán ao Levante na UEFA Europa League. Finalmente, Villarreal, Sporting de Gijón e Racing de Santander perderon a categoría logo de 12, 4 e 10 tempadas consecutivas respectivamente na máxima categoría.

Provincia de Málaga

A provincia de Málaga está situada na parte oriental da Andalucía, sobre a costa mediterránea desa comunidade. Linda con as provincias de Cádiz e de Granada, polo Oeste e Leste, respectivamente; polo Norte con as provincias de Sevilla e de Córdoba. Ten unha superficie de 7.306 km² e unha poboación de 1.453.409 habitants (2005), distribuídos en 100 municipios; a densidade media demográfica é de cerca de 200 hab/km². A capital é a cidade homónima de Málaga, estando o goberno e a administración dos intereses provinciais encomendados á Deputación Provincial de Málaga.

Ata 1995 a provincia incluía Melilla.

Provincia de Sevilla

A provincia de Sevilla é unha das oito provincias de Andalucía. Limita coas provincias de Málaga, de Cádiz, de Huelva, de Córdoba, e con Extremadura. A súa capital é a cidade homónima de Sevilla.

Ten unha poboación de 1.811.177 habitantes (2005), repartidos en 105 concellos. Ocupa unha área de 14.001 km².

Segunda división española de fútbol

A Segunda División de España, oficialmente La Liga 2 e coñecida como La Liga SmartBank por razóns de patrocinio, é a segunda categoría da Liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Segunda División B.

En xogo dende a tempada 1928-1929, está organizada pola Liga de Fútbol Profesional, sendo unha das dúas ligas profesionais de fútbol existentes no Estado xunto coa Primeira.

Vélez-Málaga

Vélez-Málaga é un municipio da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía, España. É a capital da comarca da Axarquía, a sede da Mancomunidade de Municipios Costa do Sol-Axarquía e a cabeza do partido xudicial que leva o seu nome. Goza do título de cidade desde o ano 1487.

Con 78 890 habitantes segundo o censo de 2016 (INE), Vélez-Málaga é o terceiro municipio da provincia en canto a poboación. Esta atópase dispersa en varios núcleos urbanos, numerosas urbanizacións costeiras e casaríos no interior. O seu termo municipal abarca unha superficie de 158 km² que se estenden pola veiga do río Vélez e as montañas circundantes, abríndose cara ao Mediterráneo polo sur.

O nome de Vélez-Málaga aparece no Quixote da Mancha: ¡Grazas sexan dadas a Deus, señores, que a tan boa parte conduciunos!, porque, se eu non me engano, a terra que pisamos é a de Vélez Málaga.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.