Lyndon B. Johnson

Lyndon Baines Johnson, nado en Stonewall (Texas) o 27 de agosto de 1908 e finado na mesma vila o 22 de xaneiro de 1973, foi un político estadounidense, membro do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de 1963 a 1969.

Lyndon B. Johnson
Lbj2
Nome completo Lyndon Baines Johnson
Nacemento 27 de agosto de 1908
  Stonewall
Falecemento 22 de xaneiro de 1973
  Stonewall
Causa Infarto agudo de miocardio
Soterrado Lyndon B. Johnson National Historical Park
Nacionalidade Estados Unidos de América
Relixión Discípulos de Cristo e Restauracionismo
Educado en Texas State University
Ocupación político, mestre, pecuarista e estadista
Cónxuxe Lady Bird Johnson
Fillos Lynda Bird Johnson Robb e Luci Baines Johnson
Premios Medalla Presidencial da Liberdade e Estrela de Prata

Traxectoria

Chegou ao cargo presidencial por sucesión constitucional tras o asasinato de JFK. En 1964 aprobou a Lei de Dereitos Civís e ese mesmo ano presentouse e gañou as eleccións co Partido Demócrata. Foi o impulsor do sistema de axudas sociais (Medicare e Medicaid). durante o seu mandato a guerra do Vietnam acadou o punto culminante.

Premios e distincións

Foi nomeado doutor honoris causa en Leis pola Universidade Católica de América en 1965. Postumamente, en 1980, foi galardoado coa Medalla Presidencial da Liberdade.

Predecesor:
John Fitzgerald Kennedy
 USPresidentialSeal.jpg
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19631969
Sucesor:
Richard Nixon

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.