Luz Casal

María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.

Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.[1]

Luz Casal
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Luz Casal con la Banda Sinfónica Municipal de Madrid en un concierto benéfico de Reyes (2018)
Nome completoMaría Luz Casal Paz
Nacemento11 de novembro de 1958
OrixeBoimorto
Ocupacióncantante, compositora e produtora
XéneroPop, Rock e Balada
Instrumento(s)voz
Tipo de vozContralto
Selo(s) discográfico(s)Zafiro
Hispavox
Capitol Records
EMI Music
Tempo en activo1977 - actualidade
Na rede
luzcasal.es

Traxectoria

Estudou piano e solfexo, ademais de recibir cursos de ballet. Fixo coros para diversos artistas, entre eles Juan Pardo, e entrou a formar parte de 'Los Fannys', un grupo de rock que interpretaba versións de temas coñecidos. Cando deixa o grupo, interésase pola ópera e comeza a estudar bel canto.

En 1982 ve a luz o seu primeiro álbum, co que comezou unha carreira de éxitos. Ten cantado maioritariamente en castelán, se ben ten feito incursións noutras linguas, entre elas o galego, co que interpretou o tema Negra sombra para un disco de Carlos Núñez. Entre as súas cancións máis coñecidas destacan temas como No me importa nada, Entre mis recuerdos, Negra Sombra ou Piensa en mí ou Un año de amor, entre outras.

Estivo retirada da música entre 1995 e 1999.

En xaneiro de 2007 diagnosticóuselle cancro de mama, do que foi operada en Madrid nese mesmo mes. En novembro de 2007, recuperada da doenza, presentou un novo traballo, titulado Vida tóxica, e onde fai referencia, entre outros temas, ao proceso da quimioterapia.

O 17 de maio de 2010 publica na súa páxina:

O 23 e 24 de setembro de 2012 organizou en Boimorto un festival solidario chamado Festival de la Luz para recadar cartos para a Asociación Española contra o Cancro[2]. A seguinte edición foi nas datas 14 e 15 de setembro de 2013.

Discografía

Luz Casal setembro de 2014
Luz Casal en setembro de 2014, Festival de la Luz.

Luz Casal vendeu en total máis de 5 millóns de discos.[3]

  • El ascensor (1980), single
  • Luz (1982), tamén chamado No aguanto más.
  • Los ojos del gato (1984)
  • Luz III (1985)
  • Quiéreme aunque te duela (1987)
  • Luz V (1989)
  • A contraluz (1991), onde están incluídos os temas que formaron parte da banda sonora de Tacones Lejanos, o filme de Pedro Almodóvar.
  • Como la flor prometida (1995)
  • Pequeños y grandes éxitos (1996)
  • Best of Luz Casal (1998). Presentouse unicamente no mercado francés, con cancións tamén nese idioma.
  • Un mar de confianza (1999). Disco de platino.
  • Con otra mirada (2002). Disco de platino.
  • Sencilla alegría (2004). Disco de platino.
  • Pequeños, medianos y grandes (2006), recompilatorio. Disco de platino.
  • Vida tóxica (2007). Disco de ouro[4].
  • La pasión (2009)
  • Almas gemelas (2013)

Participou nas bandas sonoras de filmes como Tacones Lejanos, Solo Mía ou O bosque animado.

Recoñecementos

Notas

  1. Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina Arquivado 28 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
  2. "Festival de la Luz". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012.
  3. El Mundo Entregan el galardon de 5 000 000 de copias vendidas a luz casal
  4. "Luz Casal consigue un disco de oro por 'Vida Tóxica'" Arquivado 19 de decembro de 2007 en Wayback Machine., ADN, 18 de decembro de 2007 (en castelán).
  5. Luz Casal, Premio Nacional das Músicas Actuais
  6. "A artista Luz Casal recibe o XXXI Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia". Galicia Confidencial. 5 de novembro de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

11 de novembro

O 11 de novembro é o tricentésimo décimo quinto (315º) día do ano do calendario gregoriano e número 316 nos anos bisestos. Quedan 50 días para rematar o ano.

Andavao, Boimorto

San Martiño de Andavao é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 221 habitantes (111 mulleres e 110 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 230 habitantes.

Neste lugar a finais de setembro Luz Casal organiza o Festival de la Luz.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Carlos Núñez

Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa, whistle e low whistle.

César Antonio Molina

César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

XVI edición dos Premios Goya

A cerimonia de entrega da XVI edición dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos de Madrid o 2 de febreiro de 2002. Rosa María Sardà dirixiu e presentou a gala por terceira vez. A película Sin noticias de Dios tiña 11 nominacións, pero non gañou ningún Goya.

Mellor película: Os outros.

Mellor director: Alejandro Amenábar por Os outros.

Mellor director novel: Juan Carlos Fresnadillo (Intacto).

Mellor interpretación feminina protagonista: Pilar López de Ayala por Juana la Loca.

Mellor interpretación masculina protagonista: Eduard Fernández por Fausto 5.0.

Mellor interpretación feminina secundaria: Rosa María Sardá por Sin vergüenza.

Mellor interpretación masculina secundaria: Emilio Gutiérrez Caba por El cielo abierto.

Mellor actriz revelación: Paz Vega por Lucía y el sexo.

Mellor actor revelación: Leonardo Sbaraglia por Intacto.

Mellor guión orixinal: Os outros (Alejandro Amenábar).

Mellor guión adaptado: Salvajes (Jorge Juan Martínez, Juan Carlos Molinero, Clara Pérez Escrivá e Salvador Maldonado).

Mellor dirección de produción: Os outros (Emiliano Otegui e Miguel Ángel González).

Mellor fotografía: Os outros (Javier Aguirresarobe).

Mellor montaxe: Os outros (Nacho Ruiz Capillas).

Mejor música original: Lucía y el sexo (Alberto Iglesias).

Mellor canción orixinal: Luz Casal e Pablo Guerrero por "Tu Bosque animado" (d' O bosque animado).

Mellor dirección artística: Os outros (Benjamín Fernández).

Mellor deseño de vestiario: Juana la Loca (Javier Artiñano).

Mellor maquillaxe e peiteado: Juana la Loca (Miguel Sesé e Mercedes Guillot).

Mellor son: Os outros (Ricardo Steinberg, Tim Cavagin, Alfonso Raposo e Daniel Goldstein).

Mellores efectos especiais: Buñuel y la mesa del Rey Salomón (Reyes Abades, José Mª Aragonés, Carlos Martínez, Ana Núñez e Antonio Ojeda).

Mellor película de animación: O bosque animado (Dygra Films / Megatrix).

Mellor curtametraxe de animación: Pollo (Manuel Sirgo).

Mellor curtametraxe de ficción: Desaliñada (Gustavo Salmerón).

Mellor película europea: Amèlie (Jean Pierre Jaunet).

Mellor película documental: En construcción (José Luis Guerín).

Mellor película estranxeira de fala hispana: La fuga (Eduardo Mignogna).

Goya de honra: Juan Antonio Bardem (director).

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.