Luns

O luns ou segunda feira[1] é o primeiro día da semana.

Etimoloxía

O termo luns vén do latín dies Lunae ‘día consagrado á Lúa’, que pasou no latín vulgar a dies Lunis.[2] O termo segunda feira procede do latín secunda feria (ou feria secunda).

Nomes noutras linguas

Word for Monday in European Languages
Luns nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Montag Día da Lúa
Búlgaro Понеделник/Ponedelnik O día despois do domingo
Catalán Dilluns Día da Lúa
Checo Pondělí O seguinte ó día de descanso
Chinés Tradicional 星期一/Xīng Qī Yī Un da semana
Español Lunes Día da Lúa
Éuscaro Astelehen Primeiro da semana
Francés Lundi Día da Lúa
Holandés Maandag Día da Lúa
Inglés Monday Día da Lúa
Irlandés De Lúain Día da Lúa
Islandés Mánudagur Día da Lúa
Italiano Lunedì Día da Lúa
Noruegués Mandag Día da Lúa
Quechua Killa P'unchay Día da Lúa
Polaco poniedziałek O día despois do domingo
Portugués Segunda-feira Segundo día
Romanés Luni Día da Lúa
Ruso Понедельник/Ponidelnik O día despois do domingo
Xaponés 月曜日/Getsuyoubi Día da Lúa

Notas

  1. "Feira". Dicionario Real Academia Galega.
  2. "Luns". Portal das Palabras. Consultado o 3 de outubro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

20 minutos

20 minutos é un xornal de información xeral e distribución gratuíta con edicións locais en 14 cidades españolas, que se publica de luns a venres.

Publícase baixo unha licenza de Creative Commons que permite a calquera libremente copiar, distribuír, amosar, facer traballos derivativos e facer uso comercial dos seus contidos, con algunhas condicións. Adicionalmente, o xornal pode ser descargado do seu sitio web.

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Bermudas

As illas Bermudas (en inglés: Bermuda) son un arquipélago de América do Norte no océano Atlántico que forman parte do Territorio Británico de Ultramar.

A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

Boa Noite

Boa Noite foi un programa de variedades da Televisión de Galicia.

Programado para o luns pola noite, a súa primeira emisión foi o 2 de setembro de 1985 presentado por Pepe Domingo Castaño, consistía en actuacións musicais e entrevistas a diversos personaxes. Logo da marcha do seu primeiro presentador asumiron o seu posto Xosé Ramón Gayoso e María José Goyanes, estivo en antena 36 semanas.

Calendario gregoriano

O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a. C.

Calendario hebreo

O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.

A forma "moderna" é o chamado calendario lunisolar, semellante ao calendario chinés, que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do calendario islámico puramente lunar e do calendario gregoriano case enteiramente solar. Pola diferenza de 11 días entre doce meses lunares e un ano solar, o calendario repítese nun ciclo de 19 anos de 235 meses lunares, cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do Mar Mediterráneo, as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do hemisferio norte.

Dominica

A Mancomunidade de Dominica é unha illa e un Estado do Mar Caribe, especificamente entre os territorios franceses de ultramar de Guadalupe ao norte e Martinica ao sur; pertence á Mancomunidade Británica de Nacións. Non debe ser confundida coa República Dominicana, outra nación caribeña.

Fernando León de Aranoa

Fernando León de Aranoa, nado en Madrid o 26 de maio de 1968, é un director de cine e guionista español.

Grupo El Progreso

O Grupo El Progreso é un grupo empresarial galego de medios de comunicación.

O grupo está presidido, dende 1993, pola luguesa Blanca García Montenegro.

Hai debate

Hai debate foi un programa informativo da TVG estreado o 13 de febreiro de 2006, que deixou de emitirse o 22 de xuño de 2009.

Tratouse dun debate semanal emitido na noite dos luns a cargo, nos comezos, de Sonia Vizoso, da que recolleu o relevo en outubro de 2006 a tamén xornalista galega Ana Rodríguez Martí, e finalmente Marga Pazos nas tres últimas entregas.

En cada programa, dunha hora de duración aproximadamente, recibíase a unha serie de invitados, xa foran políticos, analistas, comentaristas ou implicados, que expoñían os seus puntos de vista e defendían as súas posturas respecto a un ou varios temas de actualidade.

O programa, de produción propia, gravábase nos estudos da TVG en Santiago de Compostela en falso directo unhas horas antes da emisión e con público en plató. Adoitaban emitirse varios vídeos que complementaban a información sobre o tema que se estaba a abordar en cada caso.

A dirección corría a cargo de Xoaquín Pedrido, mentres que Gabriel Paz se encargaba da realización e Pilar de la Fuente da produción. Os guionistas deste espazo eran Mónica Ares, Charina Giráldez e Almudena Parrondo.

Leipzig

Leipzig ( son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².

Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.

A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.

O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.

Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Francfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.

En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.

Luís Tosar

Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás, concello de Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.

Os luns ó sol

Os luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros.

Esta produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.

Ponteceso

Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

Venres de Dores

Sábado de Paixón

Domingo de Ramos

Luns Santo

Martes Santo

Mércores Santo

Xoves Santo, celébrase A Última Cea.

Venres Santo, recorda a crucifixión.

Sábado Santo

Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.

Luns de Pascua

Martes de Pascua

Mércores de PascuaA Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Suíza

Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).

A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.

É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinte e seis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.

O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, ao parecer variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.

Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia, pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia.

The Guardian

The Guardian é un xornal británico propiedade de Guardian Media Group. Publícase de luns a sábado en formato Berliner. Ata 1959 foi chamado The Manchester Guardian, reflectindo as súas orixes locais. O xornal aínda segue sendo coñecido por este nome especialmente en América do Norte, aínda que ten a súa base en Londres desde 1964 (con servizos de imprenta tanto en Manchester como en Londres).

As editorais deste xornal adoitan ser normalmente de tendencias esquerdistas. Unha enquisa feita polo grupo MORI entre abril e xuño do 2000 mostrou que o 80% dos lectores de The Guardian eran votantes do partido Laborista. De acordo con outra enquisa feita en 2004, o 44% dos lectores deste xornal votaron ao partido laborista e un 37% aos liberal demócratasFoi o primeiro xornal británico en imprimir en formato Berliner. En novembro de 2005 The Guardian tivo unha media de 378.618 exemplares vendidos, comparado cos 904.955 exemplares de Daily Telegraph, os 692.581 de The Times e 261.193 de The Independent

O xornal coñécese ás veces como "The Grauniad" como resultado de frecuentes erros tipográficos.

Xenitivo

O xenitivo é o nome dun caso que nas linguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento do Nome ou Modificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo, Complemento Circunstancial etc: polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")

Proceden do xenitivo frases pettrificadas que en galego xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE > fregués, AURI FRESU > ourive, COMITE STAB(U)LI > condestable, os días da semana: (DIES) MARTIS > martes, (DIES) IOVIS > xoves, (DIES) VENERIS > venres, (DIES) LUNAE > luns, (DIES) MERCURII > mércores .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.