Luis Moure Mariño

Luis Moure Mariño ou Luis Moure-Mariño, nado en Escairón, O Saviñao, en 1915 e falecido na Coruña o 6 de novembro de 1999[1], foi un escritor galego.

Luis Moure Mariño
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento1915
 O Saviñao
Falecemento6 de novembro de 1999
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónautor e escritor
XénerosEnsaio, novela
EstudosDereito
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Estudante de Dereito en Madrid, cando estourou a guerra civil en xullo de 1936 Moure Mariño militaba na Falange Española[2] e incorporouse como propagandista do bando franquista, colaborando en Azul. Despois desprazouse a Burgos, onde Franco montara a capital dos sublevados. Ao remate da guerra seguiu estudando dereito, pero continuou tamén os seus labores como xornalista. Foi profesor axudante de dereito político en Madrid ata que regresou a Galicia como notario.

De ideoloxía conservadora, colaborou en numerosos xornais galegos como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Tamén foi cronista oficial da vila de Monforte.

En 1990 foi condecorado coa medalla Castelao.

Obra

En castelán

Como escritor publicou a maior parte da súa obra en castelán: ensaios como Perfil humano de Franco (1938), Galicia en la guerra (1939), La desigualdad humana (1983), La generación del 36: Memorias de Salamanca y Burgos (1989), Ultimas cartas de amor (1992), novelas como Fantasías reales: memorias de un protocolo (1961), traducido ao galego en 1983 como Fantasías reais : almas dun protocolo, e relatos como La corona de fuego y otras historias (1991).

En galego

En 1970 publicou o seu primeiro libro en galego, Sempre matinando ao que seguiron en 1980 Arredor da lareira (Edicións do Castro) e en 1990 Un feixe de contos.

Vida persoal

O seu irmán, Pablo Moure Mariño, foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1985.

Notas

  1. http://vello.vieiros.com/gterra/antiga.php?Ed=7&id=4643[Ligazón morta]
  2. Núñez Seixas, Xosé Manoel. ¿Fuera el invasor!, Marcial Pons, 2006
6 de novembro

O 6 de novembro é o 310º día do ano do calendario gregoriano (311º nos anos bisestos). Quedan 55 días para finalizar o ano.

Azul (Lugo)

Azul foi un periódico editado en Lugo en 1937.

Batalla de Cacheiras

A batalla de Cacheiras, ou escaramuza de Cacheiras, foi un conflito armado que aconteceu o 23 de abril de 1846 na parroquia de Cacheiras, Teo, entre as tropas liberais galegas e provincialistas ao mando do comandante Miguel Solís e as tropas militares españolas ao mando do mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que chega dende Castela, designado polo gobernodesignado polo goberno para apagar o levantamento galego.O conflito situouse concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto entre as tropas de Madrid e as de Solís, que foron derrotadas.As tropas mandadas por Solís foron derrotadas e fuxiron cara a Santiago de Compostela, refuxiándose no interior do Mosteiro de San Martiño Pinario. Posteriormente entregáronse e foron fusilados en Carral. Foi un dos feitos máis importantes e que máis marcaron a historia contemporánea de Galicia.

Biblioteca 114

A Biblioteca 114 é un produto editorial formado por unha colección de 114 libros, tanto reedicións coma primeiras edicións, de autores galegos consagrados, en lingua galega e castelá, da Editorial Compostela-El Correo Gallego.

Cipriano Torre Enciso

Cipriano Torre Enciso, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1902 e finado en Madrid o 26 de xaneiro de 1995, foi un xornalista e etnógrafo galego.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

Luís González Tosar

Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego, residente en Santiago de Compostela.

Miguel Solís

Miguel Solís Cuetos, nado en San Fernando (provincia de Cádiz) o 27 de marzo de 1816 e falecido en Carral o 26 de abril de 1846 foi un militar español.

Moure

O topónimo Moure pode referirse a:

En GaliciaMoure, lugar da parroquia de Gueral, no concello de Coles;

Moure Grande, lugar da parroquia de Campo, no concello de Taboada;

Moure Pequeno, lugar da parroquia de Campo, no concello de Taboada;

Cas de Moure, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo.En PortugalMoure, freguesía do concello de Barcelos;

Moure, freguesía do concello de Felgueiras;

Moure, freguesía do concello de Póvoa de Lanhoso;

Moure, freguesía do concello de Vila Verde.Amais, como apelido pode referirse a:

Francisco de Moure, escultor manierista e barroco galego (1576-1636);

Luis Moure Mariño, escritor galego (1915-1999);

Pablo Moure Mariño, político galego (1920-2009);

Gloria Moure, crítica de arte galega (n. 1946);

Antonio Dieter Moure, mestre e empresario galego (n. 1951);

Gonzalo Moure, escritor español (n. 1952);

Erín Moure, poeta canadense de orixe galega (n. 1955);

Teresa Moure, escritora galega (n. 1969).

O Irmandiño

O Irmandiño foi unha publicación editada en Montevideo entre 1934 e 1961.

Revolución de 1846

Revolución de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe o alzamento do coronel Miguel Solís o 2 de abril de 1846 en Lugo (ó que se uniron posteriormente A Coruña o día 5, Pontevedra o 9, e o día 10 Tui e Vigo) contra o goberno de Ramón María de Narváez. A conspiración foi dirixida desde A Coruña, impulsada por Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina e viúva do ministro Francisco Espoz y Mina; en Vigo foron Benigno Cid, Ramón Buch e Juan Nogueira, en contacto co exiliado Mártir Molíns; e en Ourense, algúns militares. Gerónimo Piñeiro de las Casas facía de correo entre eles, e fixaron a data do alzamento para o mes de abril.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.