Luis Caruncho

Luis María Caruncho Amat, nado na Coruña o 15 de xaneiro de 1929 e finado en Madrid o 7 de outubro de 2016, foi un escultor, pintor e xestor cultural galego.

Luis Caruncho
Alcalá de Henares - Madrid - 229 Luis Caruncho
Obra no Museo de Escultura al Aire Libre de Alcalá de Henares (1993).
Nacemento15 de xaneiro de 1929
 A Coruña
Falecemento7 de outubro de 2016
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Arte A Palma e Círculo de Belas Artes de Madrid
Ocupaciónpintor, escultor, artista, gravador, galerista, escenógrafo, crítico de arte e xestor cultural
PremiosMedalla Castelao e Premio Laxeiro

Traxectoria

Profesional

Naceu na casa familiar da rúa Fontán da Coruña e pasou a infancia na Coruña. Na mocidade trasladouse coa familia a Madrid ao terminar a guerra (1940). Aínda de mozo, e por mediación do seu pai, coñeceu outros artistas como Joaquín Vaquero Palacios e José Caballero. Empezou a construír pequenas pezas e achegouse aos centros artísticos da Escola de Artes e Oficios de Madrid e do Círculo de Bellas Artes.

Fixo o bacharelato en Madrid; aínda que tentou inicialmente entrar na Academia Xeral do Aire[1]., mudou a aviación polos estudos de enxeñería industrial, arquitectura e finalmente en arte. Naquela etapa de formación viaxou por Europa, fundamentalmente París e Aix-en-Provence. Finalmente diplomouse como arquitecto técnico. Á súa volta a Madrid comezou a traballar como aparellador no concello de Madrid, ata que obtén unha excedencia para poñerse como aparellador de xeito privado. Como tal, participou na obra de remodelación da Fundación Camilo José Cela, de Iria Flavia.

Mais tamén realizou traballos por mor da súa carreira artística no eido da xestión cultural: foi promotor e comisario artístico e tamén xestor cultural. Chegou a dirixir o Centro Cultural del Conde Duque, en Madrid, desde a súa inauguración en 1983 ata 1995, agás un breve período durante o que foi director expositivo do concello de Madrid[1]. Coa súa xubilación pasou a dirixir o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, entre 1995 e 2005. Tamén se dedicou á promoción artística como galerista privado, e foi o dono da galería Kandinsky en Madrid, un dos centros de arte importantes da capital española na década dos 70 e 80 (a partir de 1974). E mesmo chegou a desenvolver proxectos de escenografía para producións teatrais

Carreira artística

En paralelo desenvolveu a súa carreira artística, e cultivou a pintura, a arquitectura, o gravado e a escultura, que realizou e expuxo tanto en galerías como en espazos ao aire libre, de España e doutros lugares do mundo, a miúdo por encargo de embaixadas do goberno español. Tamén en representación de España participou nas bienais de São Paulo, Valparaíso ou Alexandría. Artisticamente cultivou a abstracción e o construtivismo, con referencias artísticas como Piet Mondrian, Kasimir Malevich, ou nun contexto español, Daniel Vázquez Díaz ou Pablo Palazuelo. Foi un dos promotores do construtivismo en España e da abstracción en Galicia nos anos 50 e 60, a canda os seus compañeiros de xeración Manuel Molezún, Manuel Mampaso e José María de Labra.

En 1971 asinou o "Manifesto do grupo aberto de Arte Construtiva Tridimensional" canda os artistas e críticos Feliciano Hernández, De Labra, Maribel Nazco, Salvador Soria, Senén Ubiña, Ricardo Ugarte e Carlos Areán. Anos máis tarde, xa na década dos oitenta, fundou o Grupo Ruedo Ibérico, inicialmente cos tamén artistas José Caballero e Álvaro Delgado, aos que se lles engadirían posteriormente José María Iglesias, Salvador Victoria, José Luis Fajardo, José Luis Morales y Marín e José Manuel Caballero Bonald.

Hai obra de Caruncho en coleccións de arte como a de Afundación, a do Palacio da Zarzuela, no Centro Galego de Arte Contemporánea, o Centro de Arte Reina Sofía, o Museo da Fundación Pilar y Joan Miró, Museo Maside e o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa.

Obra

Como comisario artístico prologou e curou catálogos, para os que tamén redactou textos artísticos, como de mostras sobre Laxeiro, María Antonia Dans ou outros artistas, galegos ou non.

Galardóns

Vida persoal

  • Casou en dúas ocasións.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 José Luis Morales y Marín. "Caruncho" (PDF). Caruncho.eu (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mon, Fernando: Caruncho. Madrid, Ministerio de Educación, 1979.
  • Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1981.
  • I e II Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1989 e 1991.
  • VV. AA.: Caruncho a París. Catálogo da Galería Urban. París, 1976.
  • Dorfles, Gillo: Ultimas tendencias del arte de hoy. Barcelona, Edit. Labor, 1976.

Ligazóns externas

15 de xaneiro

O 15 de xaneiro é o décimo quinto día do ano no calendario gregoriano. Quedan 350 días para rematar o ano e 351 nos anos bisestos.

Asociación Cultural Xermolos

A Asociación Cultural Xermolos é unha asociación nada en 1977 na comarca da Terra Chá (Guitiriz) co obxectivo de promover a cultura en numerosos ámbitos.

Canto de cego

Os cantos e romances de cego son cancións interpretados por unha persoa ‑muller ou home, cego ou non‑ que cantaba cun marcado acento gutural ou nasal e que, normalmente, posuía unha postura característica coa cabeza deitaba para un lado.

Fundación María José Jove

A Fundación María José Jove é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2003 en memoria de María José Jove Santos, filla de Manuel Jove e finada en marzo de 2002. Está orientada cara a infancia e persoas con diversidade funcional.

Foi declarada de interese galego pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o 14 de marzo de 2003. Ten establecida a súa sede no edificio WorkCenter, no polígono industrial da Grela.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

Mancomún (revista)

A revista Mancomún foi unha publicación mensual galega que comezou a editarse por Edicións do Rueiro en maio de 1980 e continuou publicándose ate o mesmo mes do ano seguinte. A impresión levouse a cabo pola Editorial Vizcaina en Euskadi por falta de medios económicos en Galiza. Xuntouse co semanario A Nosa Terra. Deixouse de publicar por cuestións económicas.

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC), antes coñecido como Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) é o museo que acolle a colección de arte da compañía eléctrica Unión-Fenosa, reunida a partir das achegas das bienais de arte contemporánea que dende 1989 promove a devandita entidade. Cómpre destacar unha importante mostra do denominado "movemento renovador" de artistas galegos. Comparte edificio co Museo da Electricidade.

En outubro de 2018 a Fundación Naturgy anunciou o peche do museo para o 30 de decembro do mesmo ano.

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.