Lugares de importancia comunitaria en Galicia


En Galicia existen 21 novas propostas de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 28 de ampliación de zonas especiais de conservación (ZEC) desde 2011. Esta proposta da Xunta de Galicia, e por solicitude da Comisión Europea, suporía aumentar a Rede Natura 2000 galega en 154.174 ha. e acadar, se se aprobase, un total de 528.609 ha. protexidas polos ZEC e ZEPAs.[1][2][3]

Lugares de importancia comunitaria por localización

Véxase tamén: Zonas especiais de conservación en Galicia.

As novas propostas a lugares de interese comunitario (LIC) galegas, en espera a obter a denominación de zonas especiais de conservación (ZEC), son:

Nome Código? Modelo Provincia Coordenadas Superficie
(ha)
Categoría en
Wikimedia Commons
Imaxe
Serra da Cova da Serpe ES1110020 Natura2000
EEA
A Coruña 43°04′11″N 7°56′54″O / 43.0697208, -7.9483606 4.063,4 Image of nothingUpload image
Esteiro do río Baxoi ES1110018 Natura2000
EEA
A Coruña 43°21′31″N 8°12′18″O / 43.358714, -8.204919 93,0
Esteiro do río Baxoi
Upload image
Brañas do Deo ES1110021 Natura2000
EEA
A Coruña 43°09′55″N 8°04′14″O / 43.165383, -8.0704497 3.385,1 Image of nothingUpload image
Brañas do Xallas ES1110017 Natura2000
EEA
A Coruña 43°00′09″N 8°57′19″O / 43.002376, -8.9553867 333,6 Image of nothingUpload image
Río Baleo ES1110019 Natura2000
EEA
A Coruña 43°37′35″N 7°48′36″O / 43.6264802, -7.8100043 849,8
Río Baleo
Upload image
Río do Castro ES1110022 Natura2000
EEA
A Coruña 43°01′24″N 9°09′31″O / 43.023382, -9.1587084 76,9
Río do Castro
Upload image
Río Grande ES1110023 Natura2000
EEA
A Coruña 43°07′44″N 9°09′16″O / 43.128974, -9.1545298 385,8
Río Grande
Upload image
Río Belelle ES1110024 Natura2000
EEA
A Coruña 43°28′53″N 8°05′55″O / 43.481434, -8.098593 291,2
Río Belelle
Upload image
Río Sor ES1120018 Natura2000
EEA
A Coruña, Lugo 43°32′44″N 7°44′26″O / 43.545506, -7.7405047 7.932,8
Río Sor
Upload image
Río Miño-Neira ES1120019 Natura2000
EEA
Lugo 42°52′27″N 7°32′22″O / 42.874194, -7.5393067 842,2 Image of nothingUpload image
Serra de Foncuberta ES1120020 Natura2000
EEA
Lugo 43°04′28″N 7°07′54″O / 43.074462, -7.131625 15.523,2 Image of nothingUpload image
Penas Libres ES1110010 Natura2000
EEA
Ourense 41°54′48″N 7°16′45″O / 41.9132229, -7.2792204 Image of nothingUpload image
Videferre ES1110011 Natura2000
EEA
Ourense 41°51′49″N 7°35′46″O / 41.8635067, -7.5962465 1.955,8 Image of nothingUpload image
Río Arnoia ES1130012 Natura2000
EEA
Ourense 42°11′14″N 7°50′35″O / 42.18732, -7.8431817 3.552,3
Río Arnoia
Upload image
Brañas do río Calvos ES1130013 Natura2000
EEA
Ourense 41°55′54″N 7°53′34″O / 41.931631, -7.8926482 229,2 Image of nothingUpload image
Veigas do río Salas ES1130014 Natura2000
EEA
Ourense 41°55′21″N 7°48′54″O / 41.9224934, -7.8149864 723,1 Image of nothingUpload image
Brañas do Golpellás ES1130015 Natura2000
EEA
Ourense 41°58′03″N 7°53′06″O / 41.9674453, -7.8850567 824,2 Image of nothingUpload image
Serras do Suído ES1140017 Natura2000
EEA
Pontevedra, Ourense 42°20′50″N 8°19′15″O / 42.34716, -8.3207507 10.751,4
Serras do Suído
Upload image
Serra da Groba e Monte de Valga ES1140018 Natura2000
EEA
Pontevedra 42°03′14″N 8°50′39″O / 42.0540252, -8.844305 1.158,2 Image of nothingUpload image
Costa de Oia ES1140019 Natura2000
EEA
Pontevedra 42°00′07″N 8°53′17″O / 42.0019867, -8.8879939 2.056,6 Image of nothingUpload image
Illa de Cortegada ES1140020 Natura2000
EEA
Pontevedra 42°37′06″N 8°47′20″O / 42.6181983, -8.788756 193,5
Illa de Cortegada
Upload image

As actuais ZEC con proposta LIC que supoñen a súa ampliación en área son:

ZEC a ampliar Provincia
Costa Ártabra A Coruña
Fragas do Eume A Coruña
Costa da Morte A Coruña
Complexo Húmido de Corrubedo A Coruña
Betanzos-Mandeo A Coruña
Carnota-Monte Pindo A Coruña
Monte e Lagoa de Louro A Coruña
Xubia-Castro A Coruña
Serra do Careón A Coruña
Rio Anllóns A Coruña
Río Tambre A Coruña
Parga-Ladra-Támoga Lugo
As Catedrais Lugo
Carballido Lugo
Monte Maior Lugo
Negueira Lugo
Río Ouro Lugo
Serra do Xistral Lugo
Río Cabe Lugo
Costa da Mariña Occidental Lugo
Baixa Limia Ourense
Macizo Central Ourense
Pena Maseira Ourense
Serra da Enciña da Lastra Ourense
Sistema fluvial Ulla-Deza Ourense
A Ramallosa Pontevedra
Brañas de Xestoso Pontevedra
Serra do Cando Pontevedra

Notas

  1. Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Rede Natura 2000". Consultado o 27 de outubro de 2017.
  2. Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia (eds.). "A Consellería do Medio Rural dálle un pulo definitivo á conformación da Rede Natura 2000 de Galicia". Consultado o 27 de outubro de 2017.
  3. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Goberno de España (eds.). "Red Natura 2000, Galicia".

Véxase tamén

Outros artigos

Lugar de importancia comunitaria

Os Lugares de importancia comunitaria (LIC) son espazos naturais europeos que foron designados polos estados membros europeos como candidatos a ser declarados zona especial de conservación da Rede Natura 2000.Estes lugares, seguindo a directiva 92/43/CEE da Unión Europea, foron propostos polos estados membros perante un comité científico avaliador. O comité avalía o interese de conservación do espazo, polas súas características dos seus ecosistemas ou a súa biodiversidade, fauna ou flora silvestres; ou do se potencial contribuíndo a restaurar hábitats. Se o proceso de avaliación finaliza de xeito positivo, os lugares de importancia comunitaria poden ser declarados polo estado membro onde se atopa como zonas especiais de conservación (ZEC), o cal significa a súa entrada na Rede Natura 2000. Desde o momento de aprobación polo comité europeo ata a declaración de ZEC polo estado membro non poden pasar máis de seis anos. Unha vez declarado ZEC, a Unión Europea realizará un seguimento continuo do cumprimento de conservación dese espazo natural.

Rede Natura 2000

A Rede Natura 2000 é o proxecto de conservación de hábitats naturais e de especies raras ou en risco de extinción da Unión Europea. A rede creouse para protexer hábitats e especies coñecendo que a cantidade de especies animais en perigo de extinción ou en retroceso eran arredor do 25% do total de especies existentes. No 2017 esta rede compoñíase de 27 mil espazos e 1 millón de km2 protexidos, chegando a ser o 18,4% do territorio terrestre e o 6% do espazo mariño da Unión Europea. Con iso, é a maior rede coordinada de espazos naturais protexidos do planeta.A Rede Natura componse de zonas especial de conservación (ZEC) e de zonas de especial protección para as aves (ZEPA). Inicialmente, logo de ser propostos polos gobernos rexionais, decláranse lugares de importancia comunitaria (LIC) que a Unión Europea avalía e acepta. Unha vez que esa avaliación inicial remata os gobernos locais proceden a lexislar e converter os lugares de importancia comunitaria en zonas de especial conservación.Os espazos da Rede Natura están en estados iniciais de planificación da súa conservación e son polo xeral de áreas protexidas pequenas e con alta presión agrícola, de medios de transporte ou urbanización. Os espazos varían tanto en extensión que van só da protección dunha árbore, como o espazo Kačja smreka esloveno ata rexión como a de 97 millóns de ha. de Groenlandia. A Rede Natura non pretende só illar aos espazos da sociedade senón darlle outro valor produtivo ao entorno, desde o aproveitamento de terras tradicional ata o turismo só que son de xeito sustentable para o entorno natural, e evitar riscos derivados dun mal asentamento das poboacións no territorio como son as inundacións ou as secas.

Río Arnoia

O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Río Baleo

O río Baleo é un curso fluvial galego, pertence á vertente cantábrica.

Nace a uns 340 m de altitude, nas estribacións da Faladoira e na Serra do Pando. Desemboca na ría de Ortigueira.

Río Baxoi

O río Baxoi ou Baixoi é un río galego que nace na serra de Queixeiro e desemboca na ría de Betanzos atravesando de leste a oeste os concellos coruñeses de Monfero, Vilarmaior e Miño. A súa cunca abrangue tamén terras de Andrade, no concello de Pontedeume. Ten unha lonxitude aproximada duns 21 km. e recibe distintos nomes ao longo do seu percorrido.

Río Belelle

O río Belelle é un curso fluvial da provincia da Coruña, que transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda. Dá acobillo a distintas zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica. É coñecido pola súa fervenza (fervenza do río Belelle), e tamén pola súa idoneidade para a pesca da troita.

Río Castro, ría de Lires

O río Castro é un pequeno río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas no océano Atlántico, na pequena ría de Lires.

Río Grande, ría de Camariñas

O río Grande, río do Porto ou río da Ponte é un río galego da vertente atlántica que nace no Pico da Meda, na parroquia de Santa Sabiña.

Río Grande, río Rosende

O río Grande é un afluente do Rosende pola marxe esquerda. Discorre pola Depresión Meridiana.

Río Sor

O río Sor é un curso fluvial galego da vertente cantábrica, cuxo percorrido é fronteira natural das provincias de Lugo e A Coruña ata que desemboca na Ría do Barqueiro.

Fórmano dous pequenos ríos, o Tras da Serra que nace na Veiga da Nata, no concello das Pontes de García Rodríguez, e o Santar, que nace en terras de Muras. Os dous xúntanse na Ribeira da Señora en Ambosores, parroquia á que dan o nome.

A partir da súa formación, o río Sor baña terras do concello coruñés de Mañón pola súa esquerda, e dos concellos lugueses de Ourol e O Vicedo pola súa dereita.

Serra da Cova da Serpe

A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña, en Galiza. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.

Serra das Penas Libres

A serra das Penas Libres é unhas das serras do sur de Galiza, está orientada con sentido NO-SO, na comarca de Vilardevós, e limita con Portugal ao sur. Nesta cadea nacen polo sur afluentes do río Mente, e polo oeste afluentes do río Támega.

Está conformada por pedra de gra e granitos ao norte, lousas e cuarcitas ao leste, e materiais varios como xistos cara ao sur.

O punto de maior altura é o Mairos, con 1.083 metros sobre o nivel do mar, así como tamén o Salto do Cabalo, con 1.061 m.

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Zona de especial protección dos valores naturais

As zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) foron unha categoría de espazo natural protexido dentro dentro da lexislación galega cunha finalidade de conservación e protección ambiental. Esa categoría introduciuse coa da Lei 9/2001 de conservación da natureza para acoller a espazos como os da rede Rede Natura 2000. Porén, retirouse coa revisión desa lei, trala aprobación da Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, por coincidir todos os ZEPVN cos espazos da rede natura aprobados. Isto é, todos os espazos naturais galegos da Rede Natura 2000, que son as zonas especial de conservación e as zonas de especial protección para as aves, foron ata ese ano zonas de especial protección dos valores naturais.Esa categoría amparaba aos espazos naturais, culturais e de interese científico que non gozan dunha categoría superior na lexislación estatal. Nas áreas nomeadas como ZEPVN podíanse seguir levándose a cabo actividades tradicionais sempre e cando non poñan en risco o espazo natural ou patrimonio cultural protexido.

Zona especial de conservación

As zonas especiais de conservación (ZEC) son, segundo a Directiva de Hábitats (92/43/EEC), espazos naturais con interese de conservación polos seus hábitats e especies de interese ou en risco e que declara a Comisión Europea. Protexen a máis de 220 hábitats e máis de 1000 especies catalogadas nos anexos I ou II da directiva.As zonas especiais de conservacións son espazos naturais escollidos polos estados membros da Unión Europea dentro das candidaturas de lugares de importancia comunitaria (LIC) que propuxeron os estados membros. Unha vez declarados, correspóndelle aos estados aplicar as medidas de conservación e protección dos hábitats.

As ZEC, e igual que as zonas ZEPAs para aves, están dentro da Rede Natura 2000 e poden complementar a outras áreas protexidas dentro das redes de conservación de cada estado membro. As ZEC forman parte doutro compromiso de "áreas de especial interese de conservación" da Rede Esmeralda dentro da Convención de Berna: "Convención de conservación da vida salvaxe e hábitats naturais".

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.