Lugares de Ponte Caldelas

GaliciaParroquias de GaliciaLugares de GaliciaLugares de Ponte Caldelas

Lugares de Ponte Caldelas

Xustáns

Véxase tamén

Outros artigos

A Aluncía, Xustáns, Ponte Caldelas

A Aluncía é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello de Ponte Caldelas. Segundo o INE en 2008 tiña 93 habitantes, catro menos ca en 2007.

A Reigosa, Tourón, Ponte Caldelas

A Reigosa é un núcleo da parroquia de Tourón, no concello de Ponte Caldelas. Segundo o INE en 2008 tiña 200 habitantes, 3 máis ca en 2007.

No lugar está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. Neste lugar atópase a fábrica de Tafisa e as instalacións de Distribucións Arnoia e da conserveira Orbe entre outras empresas.

Na Reigosa hai un colexio de primaria, que dá servizo ás parroquias de Xustáns, Taboadelo e Tourón.

Baltar, Xustáns, Ponte Caldelas

Baltar é unha entidade de poboación situada na parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o INE no ano 2015 tiña 181 habitantes (85 homes e 96 mulleres). O que supón un aumento fronte a 2014, cando tiña 173 veciños.

Buchabade, Tourón, Ponte Caldelas

Buchabade é un lugar da parroquia de Tourón, no noroeste do concello pontevedrés de Ponte Caldelas, lindando cos lugares de Tourón, Vilarchán e Parada.

O barrio é máis coñecido polo nome de Santa Ana, debido á situación no lugar da capela de Santa Ana.

Buchabade atópase comunicada con Pontevedra e Ponte Caldelas a través da estrada autonómica PO-532.

Contixe, Tourón, Ponte Caldelas

Contixe é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, no ano 2007 contaban con 77 habitantes (43 homes e 34 mulleres), 3 menos ca en 2006.

Atópase situado a 8 quilómetros de Pontevedra e a 6 de Ponte Caldelas. Limita na parte norte e leste co lugar de Mirón, ao sur con Vilarchán e ao oeste co Salgueiral, lugar da parroquia de Bora (Pontevedra).

A festa de Contixe celébrase na primeira fin de semana do mes de maio. O patrón do lugar é San Miguel.

Cotas, Xustáns, Ponte Caldelas

Cotas é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello de Ponte Caldelas. Na actualidade está deshabitado.

Atópase a pouco máis de quilómetro e medio do lugar de Baltar.

Forzáns, Forzáns, Ponte Caldelas

Forzáns é un lugar da parroquia de Forzáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2018 tiña 123 habitantes (55 homes e 68 mulleres).

Laxoso de Abaixo, Ponte Caldelas, Ponte Caldelas

Laxoso de Abaixo é unha localidade que pertence a parroquia de Santa Eulalia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2009 tiña 135 habitantes (68 homes e 67 mulleres).

Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo-Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.

O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.

Por aquí discorre a ruta de sendeirismo das Almiñas e do Foxo do Lobo (Os pasos da Fraga).

Laxoso de Arriba, Ponte Caldelas, Ponte Caldelas

Laxoso de Arriba é unha localidade que pertence a parroquia de Santa Eulalia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2009 tiña 96 habitantes (54 mulleres e 42 homes).

Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo-Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.

O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.

Lugares de Galicia

Segundo o Nomenclátor de Galicia do ano 2019, existen 37.308 lugares de Galicia, con 21.169 formas toponímicas diferentes[Cómpre referencia]. Nesta páxina aparecen organizados por concello.

O Chan do Casal, Xustáns, Ponte Caldelas

O Chan do Casal é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, en 2015 tiña 189 habitantes (98 homes e 91 mulleres). Accédese pola estrada que comunica O Sobreiro e Parada, cruzando o río San Vicente.

O Sobreiro, Xustáns, Ponte Caldelas

O Sobreiro é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Ten 112 habitantes (53 homes e 59 mulleres).

Chégase a través da PO-206 que comunica A Reigosa con Taboadelo e Ponte Sampaio.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Ponte Caldelas, Ponte Caldelas

Santa Eulalia de Ponte Caldelas é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2017 tiña 2.167 habitantes (1.139 mulleres e 1.028 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.352 habitantes.

Ponte Caldelas, Ponte Caldelas, Ponte Caldelas

A vila de Ponte Caldelas na parroquia de Ponte Caldelas é a capital do concello do mesmo nome. Este lugar é a sede do concello e doutros edificios importantes. A poboación no 2008 segundo o INE era de 1.001 veciños. O que supón un aumento respecto a 2007, cando tiña 964 habitantes.

Rebordelo, A Insua, Ponte Caldelas

Rebordelo é un lugar da parroquia da Insua no concello pontevedrés de Ponte Caldelas na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2011 tiña 70 habitantes (37 homes e 33 mulleres).

Taboadelo, Taboadelo, Ponte Caldelas

Taboadelo é un lugar da parroquia de Taboadelo, no concello de Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra.

No ano 2008 tiña 223 habitantes, dos que 121 eran homes e 102 eran mullers, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior 2007.

Tourón, Ponte Caldelas

Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Vilarchán, Tourón, Ponte Caldelas

Vilarchán é unha aldea da parroquia de Santa María de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 292 habitantes (135 homes e 157 mulleres), o mesmo número que no ano anterior. Localízase a carón do alto do Pé da Moa (595 m).

Entre os seus edificios destaca a capela románica de San Miguel, do ano 1160. Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de Caroi (Cerdedo-Cotobade).

As súas festas celébranse na derradeira fin de semana do mes de xullo, na honra da súa patroa, a Virxe dos Remedios de Vilarchán.

Conta tamén cunha antiga e restaurada Casa da Sociedadade, construída polos habitantes de Vilarchán, e tamén das aldeas dos arredores (Contixe, Mirón e A Reigosa). Despois da guerra civil foi requisada polas autoridades franquistas e convertida en Casa-Escola de ensino primario. Na transición, xa en estado ruinoso, foi devolta á poboación. Foi reconstruída polos lugares e aldeas da parroquia que participaran na súa construción (agás A Reigosa, que renunciou), e na actualidade funciona como Casa do Pobo de Vilarchán, Mirón e Contixe.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.