Lugar de importancia comunitaria

Artigo principal: Zona especial de conservación.
Esteiro do río Baxoi
Esteiro do río Baxoi é un LIC da provincia da Coruña.

Os Lugares de importancia comunitaria (LIC)[1] son espazos naturais europeos que foron designados polos estados membros europeos como candidatos a ser declarados zona especial de conservación da Rede Natura 2000.[2][3]

Estes lugares, seguindo a directiva 92/43/CEE da Unión Europea, foron propostos polos estados membros perante un comité científico avaliador. O comité avalía o interese de conservación do espazo, polas súas características dos seus ecosistemas ou a súa biodiversidade, fauna ou flora silvestres; ou do se potencial contribuíndo a restaurar hábitats. Se o proceso de avaliación finaliza de xeito positivo, os lugares de importancia comunitaria poden ser declarados polo estado membro onde se atopa como zonas especiais de conservación (ZEC), o cal significa a súa entrada na Rede Natura 2000.[2][3] Desde o momento de aprobación polo comité europeo ata a declaración de ZEC polo estado membro non poden pasar máis de seis anos. Unha vez declarado ZEC, a Unión Europea realizará un seguimento continuo do cumprimento de conservación dese espazo natural.[2][3]

Notas

  1. En inglés Site of Community Importante (SCI).
  2. 2,0 2,1 2,2 EUR-Lex, Unión Europea (eds.). "Directiva 92/43/CEE do Conselho, de 21 de Maio de 1992, relativa à preservação dos habitats naturais e da fauna e da flora selvagens" (en portugués).
  3. 3,0 3,1 3,2 European Commision, Natura 2000 (eds.). "Natura 2000 sites designation" (en inglés).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Marronda

A Marronda, ou fraga ou bosque da Marronda, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe aos montes da Marronda e dos Valiños e varios afluentes das cuncas altas do río Eo. Esta área de conservación ocupa 1.239 ha. dos concellos de Baleira e a Fonsagrada (Lugo) entre as entidades da Braña, Mendreiras, Martín e a estrada que une o Cádavo con Martín.As fragas da Marronda son bosques fundamentalmente autóctonos galegos cun alto estado de conservación.

Betanzos - Mandeo

Betanzos-Mandeo é un espazo protexido galego é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 1.020 ha dos concellos de Aranga, Abegondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-Cesuras. Acolle a boa parte do río Mandeo e o río Mendo, rexión onde se conservan as tradicionais fragas de ribeira e as marismas na desembocadura do río, na ría de Betanzos. A importancia da súa conservación reside na súa flora de ribeira e da vexetación da marisma, típica do Cantábrico e do Atlántico meridional. Tamén, por ser un hábitat onde se conserva o salmón atlántico.É tamén unha zona de especial protección dos valores naturais.

Carnota - Monte Pindo

Carnota-Monte Pindo é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que ocupa unha área de 4674 ha. dos Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos.Nel están as praias de Carnota e Caldebarcos entre as cales hai un sistema de marisma-lagoon, a lagoa de Caldebarcos. Na súa parte posterior existe un sistema de dunas móbiles e semimóbiles. Ao fondo do litoral están as penedas do macizo granítico que é o Monte Pindo. As marismas teñen especies como as xunqueiras Juncus maritimus e a Scirpus maritimus e son un lugar onde se crían aves como Charadrius alexandrinus, dándolle valor de conservación. Ademais do sistema costeiro e vexetación holítica, ou as dunas, destacan especialmente as turbeiras altas e activas que ten este espazo natural. No espazo están a a fervenza do Ézaro e as illas de Lobeira grande e Lobeira chica e as augas que as rodean.

Costa de Dexo-Serantes

A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros. É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa. É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas.Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas.

Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000, e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004.A zona viuse afectada polo desastre do Prestige (2002).

Cruzul - Agüeira

Cruzul - Agüeira é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que se atopa nos concellos de Becerreá e das Nogais, e que é parte da reserva da biosfera dos Ancares.

Encoro de Abegondo - Cecebre

O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade.

O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e ao Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC). Este espazo natural protexe unha superficie de 529 ha. e discorre entre ademais de polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza-Cesuras.

O valor da súa conservación é que ten 8 hábitats de interese comunitario e 10 especies de interese de protección. O 35% da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación.

Esteiro do Tambre

O Esteiro do río Tambre é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que ampara ao o tramo final do río Tambre e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia.Esta zona protexida é o esteiro do interior da ría e a ílla de Meán. É unha zona intermareal de lama e area con vexetación de carrizos de Phragmites australis e Zostera noltii e onde no inverso se concentran moitas aves na súa migración. Neste espazo hai dunas móbiles en formación e algunhas xa fixas, onde medra a vexetación, como Malcolmietalia. Neste esteiro hai lagoas costeiras, furnas, calas e baías de pouca profundidade. Rodeando a cabeza do esteiro hai bosques de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e carballos, o Quercus robur e Quercus pyrenaica.

Monte Louro, Louro, Muros

Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do lugar de importancia comunitaria Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.

Ortigueira - Mera

Ortigueira-Mera é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) protexido desde 2001 que abrangue 3.868 ha dos concellos de Cariño, Cerdido, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas, ó carón da ría de Ortigueira e de Ladrido. Os seus lugares de referencia son Santa Marta de Ortigueira, Cariño e Moeche.É unha zona especial de protección de aves, gran número de aves acuáticas invernan na zona, en especial o mazarico curlí.

Praia de Carnota

A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota. Cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia. Con baixamar o areal supera os 500 metros de longo nalgúns tramos.

A súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha grande variedade de aves migratorias, o que fai especialmente perigoso a deterioración ecolóxica á que vén sendo sometida nos últimos anos -foi unha das afectadas pola marea negra do Prestige-.

A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo o boletín de novas rentalia.com, nunha sondaxe na que contaron máis de dúas mil opinións, sitúaa entre as tres mellores de Galicia.

Río Anllóns

O Anllóns, anteriormente chamado río Ber[Cómpre referencia], é un río galego da vertente atlántica que nace nos montes do Xalo entre Mantiñán, A Laracha, e a Ermida, Culleredo., a uns 400 metros de altitude. Outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha), e desemboca na ría de Corme e Laxe.

O tramo de río e as súas ribeiras que van desde Carballo e Coristanco ata case a ría de Corme e Laxe foi declarado lugar de importancia comunitaria e zona de especial conservación en 2004.

Río Barcés

O río Barcés é un curso fluvial da provincia da Coruña que nace nos concellos de Cerceda e Carral e traza un percorrido en dirección nordés. Conflúe co río Mero en Orto, Abegondo, a unha elevación de 80 metros sobre do nivel do mar, onde ambos chegan ao encoro de Cecebre. Alí dan lugar ao Lugar de importancia comunitaria do encoro de Abegondo - Cecebre

O Barcés é o principal dos colectores secundarios da conca do río Mero, e a cal recolle as augas da aba meridional dos montes do Xalo e das terras de Cerceda.

Río Termes

O río Termes é un río galego que transcorre polo concello pontevedrés das Neves. Afluente do río Miño pola súa marxe dereita, forma parte do lugar de importancia comunitaria do Baixo Miño.

Nace nos montes da Paradanta, na parroquia nevense de Cerdeira, a unha altitude aproximada de 800 metros. Ao longo dos seus 9 quilómetros de lonxitude percorre, ademais de Cerdeira, as parroquias de San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no río Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados.

Río da Groba

O río da Groba é un curso fluvial galego que discorre polo concello pontevedrés de Baiona. Nace e discorre pola serra da Groba, e desemboca no Lugar de importancia comunitaria da Ramallosa, xunto cos ríos Miñor e Guillade.

Xuvia - Castro

Xuvia-Castro é un espazo natural declarado zona de especial conservación (ZEC) que abrangue 2.074 ha dos concellos da Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez, percorridos polo río Xuvia e o seu afluente o Castro e que conserva gran parte dos bosques tradicionais de ribeira. Na parte alta do río Castro, na Serra do Forgoselo, localízase unha grande extensión de torgueiras ben conservadas. A altitude media é de 407 m. e pertence á rexión bioclimática atlántica.

Zona especial de conservación

As zonas especiais de conservación (ZEC) son, segundo a Directiva de Hábitats (92/43/EEC), espazos naturais con interese de conservación polos seus hábitats e especies de interese ou en risco e que declara a Comisión Europea. Protexen a máis de 220 hábitats e máis de 1000 especies catalogadas nos anexos I ou II da directiva.As zonas especiais de conservacións son espazos naturais escollidos polos estados membros da Unión Europea dentro das candidaturas de lugares de importancia comunitaria (LIC) que propuxeron os estados membros. Unha vez declarados, correspóndelle aos estados aplicar as medidas de conservación e protección dos hábitats.

As ZEC, e igual que as zonas ZEPAs para aves, están dentro da Rede Natura 2000 e poden complementar a outras áreas protexidas dentro das redes de conservación de cada estado membro. As ZEC forman parte doutro compromiso de "áreas de especial interese de conservación" da Rede Esmeralda dentro da Convención de Berna: "Convención de conservación da vida salvaxe e hábitats naturais".

Zona especial de conservación A Ramallosa

A Ramallosa é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA). Atópase na desembocadura do río Miñor, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona) e San Pedro da Ramallosa (Nigrán).

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Zona especial de conservación do Río Tambre

O espazo natural do río Tambre é un unha zona especial de conservación (ZEC) que ampara a cunca media e alta do río Tambre. O tramo do río protexido está nas comarcas de Ordes e Santiago: pasando por Tordoia, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso, Frades, Santiago de Compostela e O Pino. Pretende protexer a vexetación das áreas de ribeira do río.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.