Luciano García Alén

Luciano García Alén, nado na Seca de Mourente (Pontevedra) o 25 de maio de 1928 e finado o 16 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, foi un médico, investigador etnográfico galego e profesor na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

Luciano García Alén
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Luciano García Alén
Nome completoLuciano García Alén
Nacemento1928
 Mourente, Pontevedra, Galicia Galicia
Falecemento2015
 Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia Galicia
CausaDoenza infecciosa
NacionalidadeEspaña
OcupaciónMédico, profesor e investigador etnográfico
PaiAlfredo García Hermida
NaiMaría Alén Solla
CónxuxeMaría García Ayaso
FillosFrancisco, Luciano e María
IrmánsAlfredo García Alén
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Fillo de Alfredo García Hermida e María Alén Solla, mestres ambos en Pontevedra, que tiveron dez fillos, entre eles o historiador e mestre Alfredo García Alén. Cursou a primeira ensinanza da man dos seus pais, e o bacharelato nun instituto público durante o período de 1940 a 1946. Xa nesta primeira época manifestou inquedanzas culturais. Foi alumno colaborador do Museo de Pontevedra e obtivo un premio da Deputación Provincial por un traballo sobre a flora espontánea de Galicia.

Cursou, seguindo a tradición familiar, a carreira de Maxisterio. Concluída esta, comezou a carreira de Medicina e a finalizou no 1952, ano no que se adscribiu ao Hospital Clínico da Facultade de Medicina na que chegou a alcanzar o grao de mestre titular de Obstetricia e Xinecoloxía. Estudou Citoloxía en Bruxelas e Diagnóstico precoz do cáncer en Xenebra. Foi fundador, entre outros, do hospital La Rosaleda, en Santiago, e membro honorífico da Sociedade Española de Fertilidade, da Sociedade Española de Citoloxía e da Sociedade Galega de Citoloxía. Tamén foi nomeado "galego do mes" por El Correo Gallego en 1990.

Paralelamente dedicou gran parte da súa vida a percorrer Galiza estudando a olaría popular, sobre a que publicou diversas monografías, especialmente a obra La alfarería de Galicia, editada en dous tomos pola Fundación Pedro Barrié de la Maza coa colaboración do fotógrafo e debuxante Xosé Manuel Gómez Vilasó no 1983.

Tamén escribiu libros de investigación sobre a olaría como: A olería tradicional de Gundivós. As formas, A olería da Terra Chá. As formas e a cultura da olería tradicional, e un conto para nenos, O castelo da Rocha Vella, que conta a historia do castelo da Rocha Forte con tres animais: un can, unha toupa e un corvo (Oca, Federico e Manú).

No empeño por dignificar a cultura popular foi patrón fundador e presidente da xunta reitora do Museo do Pobo Galego e membro do padroado do Museo de Pontevedra. En 1986, cun grupo de profesionais e empresarios, fundou e presidiu durante a súa primeira etapa o grupo de opinión Clube Nacionalista Alén Nós, tribuna pola que desfilaron a práctica totalidade das personalidades da vida cultural e política galega, así como destacados personaxes de fóra de Galicia. [Cómpre referencia]

Obras

  • La alfarería de Galicia. (con Alfredo García Alén e Xosé M. Gómez Vilasó); A Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0
  • Contribución al estudio de la alfarería popular en Galicia. Ediciós do Castro, 1979. ISBN 84-7492-006-X
  • Os oleiros. A Coruña : Museo do Pobo Galego, 1981. ISBN 84-600-2182-3
  • La alfarería de Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0
  • A alfarería tradicional de Buño. Carpeta de debuxos. Deputación Provincial de A Coruña. Imprenta Provincial, 1986. ISBN 84-398-7361-1
  • O señor das olas. Crónica de viaxes e outras historias.
  • A alfarería tradicional de Niñodaguia. Deseños.
  • A olería da Terra Chá. Vigo : Ir Indo, 2005. ISBN 84-7680-517-9

Recoñecementos

16 de outubro

O 16 de outubro é o 289º día do ano do calendario gregoriano (290º nos anos bisestos). Quedan 76 días para finalizar o ano.

Alfredo García Alén

Alfredo García Alén, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1981, foi un historiador e mestre galego. Irmán de Luciano García Alén.

Alfredo García Hermida

Alfredo García Hermida, nado en 1894 e finado en Pontevedra o 30 de decembro de 1962, foi un mestre galego.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.