Lucas de Tui

Lucas de Tui, chamado o Tudense, nado en León na segunda metade do século XII e finado en 1249, foi cóengo de Santo Isidoro de León, bispo da diocese de Tui e escritor.

Lucas de Tui
Nacementoséculo XIIxuliano
 León
Falecemento1249
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónclérigo, cronista e historiador

Traxectoria

Sendo cóengo en León (1221-1239), Lucas tivo que defender a causa de Isidoro de Sevilla (De Miraculis Sancti Isidori). Viaxou por Roma, Constantinopla, Chipre, Xerusalén, Armenia e Francia. Afirma ter visto os supostos catro cravos da crucifixión de Xesús Cristo, un en Francia, outro en Nazaret, outro en Tarso e o cuarto en Constantinopla. En 1233 ou 1234 pasou a Pascua en Roma e desde 1239 até a súa morte foi bispo de Tui.

En De altera vita fideique controversiis adversus Albigensium errores 1234 combate a herexía albixense inspirándose en santo Isidro e san Xerome. A petición da raíña Berenguela redactou en 1236 o Chronicon mundi, a súa mellor obra. Abarca desde as orixes do mundo até 1236 e presenta un dobre marco, universal e da Península Ibérica. Divídese en catro partes e as fontes principais son santo Isidoro, o Biclarense, Hidacio, Paulo Orosio, Afonso III o Silense e Sampiro. Pretendía ser unha réplica castelá ás grandes historias universais que tan populares eran na Europa do momento, ao tempo que actualizaba o labor histórico de santo Isidro. Ten importancia tamén para coñecer a épica medieval.

Predecesor:
Esteban Egea
 Bispo de Tui 
1239 - 1249
Sucesor:
Gil Pérez de Cerveira
Basílica de Santo Isidoro de León

A real colexiata basílica de Santo Isidoro ou, simplemente, Santo Isidoro de León, é un templo cristián situado na cidade de León, en España. É un dos conxuntos arquitectónicos de estilo románico máis destacados de España, pola súa historia, arquitectura, escultura, e polos obxectos suntuarios románicos que se puideron conservar. Presenta a particularidade de ter un Panteón Real situado ós pés da igrexa, con pintura mural románica e capiteis orixinais, todo o cal fai que sexa peza única do mundo románico da época. O conxunto foi construído e engrandecido durante os séculos XI e XII.

Na súa orixe foi un mosteiro dedicado a san Paio, aínda que se supón que anteriormente se asentaba nos seus cimentos un templo romano. Co traslado dos restos de santo Isidoro, bispo de Sevilla (doutor das Españas), a León, cambiouse a titularidade do templo.

O edificio da igrexa conserva algúns vestixios románicos da primeira construción de Fernando I e Sancha. O panteón e as dúas portas da súa fachada sur, chamadas Porta do Cordeiro e Porta do Perdón, máis a Porta Norte ou Capitular, son as primeiras manifestacións da arte románica nos territorios leoneses. Co transcurso do tempo fixéronse modificacións e engadidos góticos, renacentistas e barrocos.

É Monumento Histórico Artístico desde o 9 de febreiro de 1910.

Berenguela de León e Castela

Berenguela, ou Berengaria, de Castela, nada en Segovia, Reino de Castela en 1179, ou en 1180, e finada o 8 de novembro de 1246 no Mosteiro de las Huelgas, Burgos, Reino de Castela, foi raíña de Castela en 1217, e raíña consorte de León e Galicia entre 1197 e 1204, polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de León e Galicia.

Concilio de Lugo

O Concilio de Lugo (a. 569) foi un sínodo católico da Gallaecia convocado, segundo afirman os textos onde se conservou a noticia, polo rei suevo Teodomiro o 1 de xaneiro do ano 569 (era DCVIIª) "para confirmar a fe católica e por outras causas da Igrexa".

Esteban Egea

Esteban Egea foi bispo de Tui de 1218 a 1239. No ano 1225 consagrou o templo catedralicio.

Fernando Afonso

Fernando Afonso foi fillo e herdeiro de Afonso VIII, rei de Galiza e León, e da súa primeira esposa a raíña Teresa de Portugal.

Descendia por liña directa de Raimundo de Borgoña, Conde de Galiza, iniciador da dinastía borgoñona na península ibérica. Por vía paterna era bisneto do emperador Afonso VII e neto do rei Fernando II de Galiza e León; por vía materna era bisneto de Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, e neto do fillo deste Sancho I.

García II de Galicia

García II de Galicia tamén coñecido por García de Galiza, ou simplemente Don García, nado en 1042 e finado o 21 de marzo de 1090, foi un monarca galego que reinou entre os anos 1065 e 1071.

Fillo de Fernando I e Sancha I, herdou o Reino de Galiza, co condado de Portugal, e a protección e parias das taifas de Badaxoz e Sevilla. Educouse desde 1053 en Galiza co bispo Cresconio de Iria. En 1071 tivo que se enfrontar ó alzamento da nobreza portuguesa, derrotando a Nuno Mendes, conde de Portugal, na batalla de Pedroso. Pouco despois foi atacado e vencido polo seu irmán Sancho II de Castela, tendo que se exiliar en Sevilla. Trala morte de Sancho o ano seguinte, regresou, mais foi apreixado mediante engano polo seu irmán Afonso VI de León, pasando o resto da súa vida encadeado no castelo de Luna, preto de León.

A súa historia fixo que fose tratado coma un rei inepto e perdedor pola historiografía, á parte de ter un importante desenvolvemento na literatura.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

Panteón Real da Catedral de Santiago

O Panteón Real é o lugar, dentro da catedral de Santiago, que contén os sepulcros de dous reis e outras destacadas personalidades do Reino de Galiza.

Iniciouse no ano 1107 co soterramento de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza, e coa promesa do seu fillo o emperador Afonso VII de levar tamén os seus restos á Catedral. Este compromiso non foi cumprido por Afonso VII mais si pola súa esposa a emperatriz Berenguela, e continuado polo seu fillo Fernando II e polo seu neto Afonso VIII, reis de Galiza e León. No ano 1211, Afonso VIII oficializou definitivamente a capela rexia na cerimonia de consagración da Catedral que presidiu xunto ao seu herdeiro Fernando Afonso, sepultado tamén no panteón.

O espazo funerario foi instalado na "capella dos reis", hoxe capela de Santa Catarina, e permaneceu alí até o ano 1535, momento no que foi trasladado á Capela das Reliquias. Durante este traslado mudouse o acomodo de cinco sarcófagos que foron atribuídos naquel momento a Raimundo de Borgoña (†1107), Berenguela de Barcelona (†1149), Fernando II (†1188), Afonso VIII (†1230) e Xoana de Castro (†1374). A documentación histórica confirma a inhumación na catedral destes cinco persoeiros mais só no caso da raíña Xoana existen ademais testemuños epigráficos e heráldicos da mesma época que confirmen a súa identidade. No ano 1926 incorporouse ao panteón unha última sepultura contendo os restos do conde Pedro Froilaz de Traba (†1126).

Pedro González Telmo

Non confundir con Santo Elmo ou Santelmo: Erasmo de Formia.

Pedro González Telmo ou Elmo, coñecido como San Telmo, nado quizais en Frómista, quizais en Astorga antes de 1190 e falecido o 14 de abril de 1246 en Tui, foi un relixioso católico latino español.

Pedro Muñiz (arcebispo)

Pedro Muñiz, nado en Brión e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1224, alcumado O Nigromántico, foi un relixioso e canonista galego que ocupou varios cargos eclesiásticos, sendo arcebispo de Santiago de Compostela entre 1207 e 1224. En 1211 consagrou a Catedral de Santiago de Compostela. En torno á súa figura xurdiron varias lendas arredor das supostas prácticas nigrománticas que levaba a cabo. Porén, non existe proba ningunha que demostre a súa práctica da nigromancia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.