Lucas Labrada

Lucas José de los Dolores Labrada Romero, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1762 e falecido na Coruña en agosto de 1842, foi un ilustrado galego, autor dunha descrición económica de Galiza.

Lucas Labrada
Nacemento18 de outubro de 1762
 Ferrol
Falecementoagosto de 1842
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Descripción económica del Reyno de Galicia 1804 José Lucas Labrada.pdf
Descripcion económica del Reyno de Galicia, en PDF.

Traxectoria

En 1784 era empregado do Real Consulado da Coruña, obtendo en 1787 a praza de porteiro da mesma institución. En 1790 presenta un Plan de gobierno de los porteros e auxilia ao enxeñeiro de obras do Consulado. Despois ocupou durante catro anos a secretaría do organismo de xeito interino. Máis tarde intentou acceder, sen éxito, á cátedra de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. En 1802 accedeu ao posto, xa fixo, de secretario do Real Consulado.

Nos anos da ocupación napoleónica aparece como un afrancesado, prestando servizos de intérprete do Estado maior francés. Porén, en 1820 figura na Xunta de Censura dos liberais coruñeses, e pasa a ser favorecido coa praza de secretario da nova Deputación Provincial de Ourense, posto que non mantivo trala reposición absolutista de 1823, aínda que puido retornar como secretario do Consulado herculino, institución á que aparece ligado ata a súa morte en agosto de 1842.

A súa obra máis importante foi a Descripción económica del Reyno de Galicia, publicada en Ferrol en 1804. Nesa obra, valéndose en ocasións de correspondentes, levanta acta do estado económico do reino a fins do século XVIII. O libro constitúe unha preciosa fonte historiográfica, utilizada constantemente. A Editorial Galaxia fixo unha reedición en 1971.

Véxase tamén

Bibliografía

18 de outubro

O 18 de outubro é o 291º día do ano do calendario gregoriano (292º nos anos bisestos). Quedan 74 días para finalizar o ano.

A Illana, Fisteus, Curtis

A Illana é un lugar da parroquia de Fisteus no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres).

Antroponimia

A antroponimia é a rama da lingüística que se ocupa dos nomes propios e apelidos das persoas, como parte da onomástica, división que estuda os nomes propios en xeral.

As Cruces, Sobrado

As Cruces é un lugar do concello coruñés de Sobrado, que forma parte de dúas parroquias: Cumbraos e Grixalba. Segundo o IGE, en 2018 a parte de Cumbraos tiña 35 habitantes (18 homes e 17 mulleres), mentres a de Grixalba tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

Biblioteca 114

A Biblioteca 114 é un produto editorial formado por unha colección de 114 libros, tanto reedicións coma primeiras edicións, de autores galegos consagrados, en lingua galega e castelá, da Editorial Compostela-El Correo Gallego.

Cances, Carballo

San Martiño de Cances é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (334 mulleres e 311 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 597 habitantes, sendo 292 homes e 305 mulleres.

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

Ilustración

A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.

Ilustración en Galicia

O movemento da Ilustración en Galicia desenvolveuse, coma no resto de Europa, no século XVIII, e representou un novo interese polas ideas empíricas na filosofía, na política económica ou nas ciencia. Neste contexto comezou un proceso de construción e recuperación da conciencia da personalidade histórica, cultural e económica do reino de Galiza da man dos ilustrados galegos, persoeiros de letras que entendían a Galiza como unha sociedade diferenciada e como un reino cunhas necesidades específicas.

Labrada

O topónimo galego Labrada pode referirse a:

Labrada, parroquia do concello de Abadín;

Labrada, parroquia do concello de Guitiriz;

Labrada, lugar da parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón.

Labrada, lugar da parroquia de Bravos, no concello de Ourol;

Labrada, lugar da parroquia de Conforto, no concello da Pontenova;

A Labrada, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis;

A Labrada, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón;

A Labrada, lugar da parroquia de Meixente, no concello de Sarria;

A Labrada, lugar da parroquia de Ortoá, no concello de Sarria;

O río Labrada, afluente do río Abadín;

O río Labrada, afluente do río Ladra;

A Torre de Labrada, lugar da parroquia de Labrada, no concello de Guitiriz.Amais o apelido Labrada pode referirse a:

Lucas Labrada, ilustrado galego (1762-1842).

Lira, Salvaterra de Miño

San Simón de Lira é unha parroquia do concello de Salvaterra de Miño. En 2004 tiña 327 habitantes, distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 378 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 291 habitantes, sendo 147 homes e 144 mulleres.

Pataca

A pataca ( pronunciación ), baloca, batata ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel.

Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a.C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.

En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é a comarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Chá) e Coristanco (comarca de Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un produto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

Ponte Nafonso

Ponte Nafonso é unha ponte de pedra encol do río Tambre preto da súa desembocadura no fondo da ría de Muros-Noia, unindo os concellos de Noia e Outes.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Río Grande de Xuvia

O Grande de Xuvia, ou simplemente Xuvia e ás veces incorrectamente como Xubia, é un río galego na provincia da Coruña, que forma a ría de Ferrol.

Séculos Escuros

Denomínanse Séculos escuros a un período histórico que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. Esta entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do reino de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.