Lucía Aldao

Lucía Aldao, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1982, é unha poetisa e artista galega.

Lucía Aldao
Lucía Aldao 2019
Nacemento20 de febreiro de 1982
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, artista e escritora
XénerosPoesía

Traxectoria

Lucia Aldao by Anton Lopez Bazarra
En 2009

Iniciada na poesía durante a adolescencia, o seu éxito levouna a estender as súas actividades, levando unha carreira paralela como cantante e guitarrista mutante, guionista e animadora cultural[1].

Desde o ano 1998, viaxou polo país ofrecendo recitais de poesía. En 2005, xuntouse coa tamén poetisa María Lado [2] para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. En 2006 chegou Poeta de mierda, xunto coa actriz Pepa Yáñez, e seguiu experimentando coa poesía ao vivo baixo o nome Moita poesía, pouca diversión, así como en recitais colectivos como A hostia en verso, Merendacea ou Vendo a miña alma (poxa de poetas). O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á María Lado co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)[3][4].

Colaborou xunto co actor Carlos Blanco no espectáculo Dillei, e no programa da TVG Somos unha potenzia, ambos dirixidos por este. Exerceu de presentadora para as galas Acústico feminino e Poesía e ciencia. Formou parte do proxecto musical alDDao, xunto co artista e músico Diego Delgado, que comezou coa gravación dunha versión do She's Lost Control, de Joy Division. Foi asidua colaboradora das performances de Maribolheras precárias.

Coordinou os certames literarios Curtis treme, Curtis mon amour e Happy Curtis para o Concello de Curtis. Participou tamén cunha colaboración poética os domingos no programa Tres peixes voando, da Radio Galega.

Ten colaborado en publicacións como A Xanela, O Ollo Público ou La Bella Varsovia. En 2019 colabora na publicación dixital Vinte con María Lado e Iria Pinheiro na sección Ti fai o que eu che diga.[5]

En 2018 publica o seu primeiro libro de poemas en solitario: Todo isto antes era noite.[6]

Obras

Poesía

  • Unha ducia máis un (2005). Con Luis Walter Muñoz Fontenla. Labirinto de paixóns. ISBN 978-8493228033.
  • Lucía Aldao Ismael Ramos
    Con Ismael Ramos na presentación de Todo isto antes era noite na Libraría Paz de Pontevedra, 16/03/2019
    Todo isto antes era noite (2018). Apiario. 64 páxs. ISBN 978-84-947389-2-0.
Lucía Aldao Ismael Ramos
Con Ismael Ramos na presentación de Todo isto antes era noite na Libraría Paz de Pontevedra, 16/03/2019

Antoloxías e obras colectivas

Premios literarios

  • Premio de poesía Tanxedoira (1996)[7]
  • Premio de poesía Tanxedoira (1997)[7]
  • Premio de poesía Francisco Fernández del Riego para Nuevos Autores (1997)[7]
  • IIº Premio Minerva (2000)[7] polo poema "Sen título"
  • Iº Premio Minerva (2001)[7]
  • Premio de poesía d'O Facho (2001) polo poema "Prostibularia", ex aequo con Daniel Salgado
  • Segundo Premio de poesía GZcrea (2006) polo poema "Así"

Espectáculos

Notas

  1. Lucia Aldao e María Lado no evento Poesía Alimentaria
  2. "María Lado y Lucía Aldao inauguran mañana el ciclo de poesía ´En femenino´" (en castelán). una pieza híbrida y poco convencional en la que se mezcla la poesía desenfada, la música y el performance
  3. La Voz de Galicia, de 31-3-2015.
  4. La Opinión, de 11-4-2015.
  5. "Ti fai o que che diga". Vinte. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
  6. "Todo isto antes era noite - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2019-03-16.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Casal González, César (23-6-2001). "«La gente cree que poesía aún es leer a Góngora o a Quevedo»". La Voz de Galicia (en castelán). «Me acuerdo de escribir toda la vida. Si tengo que escoger una fecha, fue a los 13 o 14 años. Entonces me empezaron a animar y llegaron los premios. Gané el Tanxedoira en el 96 y en el 97. En el 98 me llevé el Fernández del Riego. Todos de poesía. También he ganado el segundo premio del Minerva el año pasado y el primero y el accésit de este año.»

Véxase tamén

Ligazóns externas

20 de febreiro

O 20 de febreiro é o 51º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 314 días para finalizar o ano, 315 nos anos bisestos.

Aldaolado

Aldaolado é un dúo poético-musical composto por Lucía Aldao e María Lado. Realizan unha mestura de poesía con humor e música con carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa coa persoa espectadora. Uníronse en 2005, cando o Consello da Cultura Galega montou o proxecto Translítera dirixido por Rafa Xaneiro. Co fin de participar nel, ambas preparan o seu primeiro espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto. A súa intención foi dende ese momento ofrecer poesía dun xeito amable e divertido á vez que elas desfrutaban recitando.

Dende entón o grupo foi aumentando a audiencia destacando a súa presenza no Luar en dúas ocasións.

Daniel Landesa

Daniel Landesa é un escritor galego.

Iria Pinheiro

Iria Pinheiro, nada en Ourense en 1978, é unha actriz, cantante, cabareteira, presentadora de televisión, guionista, compositora e videocreadora galega.

Literatura galega do século XX

A literatura galega do século XX pode dividirse, grosso modo, en tres etapas: literatura de preguerra, literatura de posguerra (maioritariamente dende o exilio) e literatura dende a fin da ditadura até a fin de século.

María Lado

María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979, é unha escritora e actriz galega.

Narf

Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e máis de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Premios Fervenzas Literarias

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola páxina web Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de decembro e xaneiro. A participación entre 2011 e 2014 superou as 400 votacións.

Vinte (revista)

Vinte, tamén Vinte na Praza, é unha revista dixital galega lanzada o 11 de decembro de 2018. Está dirixida a un consumo totalmente dixital, cunha gran presenza de contidos multimedia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.