Luís XVI de Francia

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado o 21 de xaneiro de 1793 en París, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).

Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este volveu a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

LouisXVIExecutionBig
A execución de Luís XVI.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa errada tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.

Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.

Luís XVI de Francia
Ludvig XVI av Frankrike porträtterad av AF Callet
Rei de Francia e Navarra
Período10 de maio de 1774 - 10 de outubro de 1789[1]
AntecesorLuís XV de Francia
SucesorConvención nacional
Napoléon Bonaparte
Rei dos franceses
Período10 de outubro de 1789[1] - 10 de setembro de 1792
Datos persoais
Nacemento23 de agosto de 1754
 Palacio de Versalles
Falecemento21 de xaneiro de 1793
 París
PaiLuís de Bourbon (1729-1765)
NaiMaria Josefa de Saxônia
CónxuxeMaría Antonieta de Austria
FillosMaria Teresa Carlota de França, Dauphin of France Louis-Joseph-Xavier, Luís XVII de Francia e Marie Sophie Hélène Béatrice de Bourbon
RelixiónIgrexa católica e catolicismo
Signature of Louis XVI

Descendencia

Do seu casamento con María Antonieta, arquiduquesa da Austria, tivo os seguintes fillos:

Véxase tamén

Rei de Francia

Segue a:
Luís XV de Francia
Luís XVI de Francia
Precede a:
Convención nacional
Napoléon Bonaparte (o 1804)
Dinastía Borbón

Notas

  1. 1,0 1,1 Le Moniteur
10 de maio

O 10 de maio é o 130º día do ano do calendario gregoriano e o 131º nos anos bisestos. Quedan 235 días para finalizar o ano.

16 de maio

O 16 de maio é o 136º día do ano do calendario gregoriano e o 137º nos anos bisestos. Quedan 229 días para finalizar o ano.

23 de agosto

O 23 de agosto e o 235º día do ano do calendario gregoriano e o 236º nos anos bisestos. Quedan 130 días para finalizar o ano.

27 de decembro

O 27 de decembro é o 361º día do ano do calendario gregoriano e o 362º nos anos bisestos. Quedan 4 días para finalizar o ano.

30 de setembro

O 30 de setembro é o 273º día do ano do calendario gregoriano e o 274º nos anos bisestos. Quedan 92 días para finalizar o ano.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Década de 1790

A década de 1790 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1790 e remata o 31 de decembro de 1799.

Estados Xerais de 1789

Os Estados Xerais de 1789 foron os Estados Xerais convocados o 5 de maio de 1789 polo rei Luís XVI de Francia. Foi a primeira reunión desde 1614.

Tratouse dunha asemblea xeral extraordinaria á que foron chamados representantes (deputados) de todos os segmentos da sociedade francesa (salvo os máis pobres) repartidos no tres estamentos tradicionais no Antigo Réxime:

o clero ou Primeiro Estado,

a nobreza ou Segundo Estado, e

o pobo ou Terceiro Estado.A independencia que demostraron os deputados do Terceiro Estado con respecto aos dous primeiros e á Coroa marcou o inicio da Revolución francesa.

Hugonotes

Hugonotes foi o nome que recibiron os protestantes calvinistas no Reino de Francia dende os primeiros anos da Reforma nese país.

Joseph Ducreux

Joseph, Baron Ducreux, nado o 26 de xuño 1735 en Nancy e finado o 24 de xullo de 1802, foi un retratista, miniaturista e gravador francés que traballo na corte de Luís XVI de Francia, continuando a súa carreira como pintor trala Revolución Francesa. Foi nomeado barón e premier peintre de la reine (Primeiro Pintor da Raíña), sendo o autor do último retrato feito de Luís XVI antes da súa execución. Os seus retratos menos formais reflicten a súa manifesta fascinación pola fisiognomonía, estendendo o rango de expresións faciais máis aló das habituais nos retratos oficiais.

Juan de García y Montenegro

Juan de García y Montenegro nado en Lugo en 1716 e finado en La Seu d'Urgell en 1783, foi un bispo católico español e copríncipe de Andorra[cando?] xunto a Luís XVI de Francia.

Louisville, Kentucky

Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699 827 habitantes. É considerada a 16ª ou 27ª cidade máis grande dos Estados Unidos de América dependendo de que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver nomenclatura, poboación e posición). O asentamento que despois se converteu na cidade de Louisville foi fundado por unha expedición de trece familias comandadas polo Coronel George Rogers Clark en 1778 e está nomeada en honra do rei Luís XVI de Francia.

Louisville está situada na parte central norte de Kentucky, na fronteira de Kentucky e Indiana situada no único obstáculo natural do río Ohio, as Fervenzas do Ohio. A súa área é de 172,6 km². É a cabeza do condado de Jefferson desde o 2003 e os límites da cidade son contiguos aos do condado debido á fusión entre o condado e a cidade. Aínda que se atopa situada ao sur dos Estados Unidos, Louisville está influenciada polas culturas do Medio Oeste e do sur; en ocasións refírese a ela como a cidade do sur máis "norteña" ou como a cidade do norte máis "sureña" dos Estados Unidos.A base da súa economía é a fabricación de whisky e o turismo. A maior fama de Louisville provén de "os dous minutos máis emocionantes no deporte": o Derby de Kentucky, a carreira de cabalos que é parte da Tripla Coroa de Cabalos Purasangue, que se leva a cabo anualmente nesta cidade, sendo un evento amplamente televisado.

Louisville é a cidade natal de Keno Don Hugo Rosa (conocido como Don Rosa), famoso ilustrador da Walt Disney Company. Tamén foi nesta cidade, onde creceu Nicole Scherzinger do grupo The Pussycat Dolls.

Marigot

Marigot é a cidade principal e capital da parte Francesa da illa caribeña de San Martiño.

Reino de Francia

O Reino de Francia é un período da historia moderna de Francia que abrangue desde o século XV ó XVIII, co estalido da Revolución Francesa e a instauración do Reino dos Franceses. Durante este período Francia evolucionou do feudalismo a un réxime moi centralizado na figura do rei, que se baseaba na Divindade Real e no apoio da Igrexa Católica.

Reino de Francia (1791-1792)

O Reino de Francia (en francés:Royaume de France) foi un curto período de monarquía constitucional que estivo vixente en Francia desde o 3 de setembro de 1791 ata o 21 de setembro de 1792. Luís XVI dos franceses (anteriormente Luís XVI de Francia) foi o único rei dos franceses desde a creación do estado ata a súa caída. O reino dos franceses foi a primeira monarquía constitucional que estivo vixente en Francia. O predecesor deste reino foi unha monarquía absoluta. A Asemblea Lexislativa suspendeu a monarquía o 11 de agosto un día despois de que se producira o asalto ó palacio das Tullerias. Esta Asemblea Lexislativa, puxo o destino da monarquía en mans da Asemblea Nacional Constituínte elixida por sufraxio universal masculino. A recentemente elixida Asemblea Nacional Constituínte aboliu a monarquía o 21 de setembro de 1792, poñendo fin a 203 anos de goberno da dinastía da Casa de Borbón en Francia.

Revolución Francesa

A Revolución Francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza no Reino de Francia. A Revolución Americana serviría de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.