Luís XVII de Francia

Luís Carlos de Francia (en francés Louis-Charles de France), nado no Palacio de Versalles o 27 de marzo de 1785 e finado o 8 de xuño de 1795, foi o segundo fillo do rei Luís XVI e a súa esposa María Antonieta, foi duque de Normandía, e delfín de Francia a partir de 1789, despois príncipe real de 1791 a 1792. Seguíndo a orde dinástica, foi recoñecido polos monárquicos franceses como rei baixo o nome de Luís XVII desde a morte do seu pai Luís XVI en 1793 e ata a súa propia morte na prisión do Temple en 1795 á idade de 10 anos. O seu tío o rei Luís XVIII respectaría a orde dinástica en memoria do seu sobriño.

Luís XVII de Francia
Louis Charles of France6
Nacemento27 de marzo de 1785
 Versalles
Falecemento8 de xuño de 1795
 París
Causatuberculose
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónartista plástico
PaiLuís XVI de Francia
NaiMaría Antonieta de Austria
IrmánsDauphin of France Louis-Joseph-Xavier, Maria Teresa Carlota de França e Marie Sophie Hélène Béatrice de Bourbon
PremiosOrdem do Espírito Santo
Signature of Louis Charles of France, Duke of Normandy later known as Louis XVII of France
Louis Charles of France5
Luís XVII de Francia.

Vida

Infancia

Ao ser o segundo fillo de Luís XVI de Francia, non estivo destinado nun principio a suceder o seu pai, pero á morte do seu irmán Luís Xosé de Francia o 4 de xuño de 1785 recibindo así o título de dauphin de Francia e prince royal en 1790.

Louis-Joseph, Dauphin de France - École française
Luís Carlos en 1790.

Pasou os seus primeiros anos en Versalles. O 10 de agosto de 1792, foi feito prisioneiro xunto cos seus pais na prisión do Temple e perdeu o seu título de Delfín de Francia. Confiado máis concretamente ó garda do seu pai, este prosegue a súa educación antes de ser separado do rei, cando este é executado o 21 de xaneiro de 1793.

Catividade na Prisión do Temple

Louis Charles of France2
Luís Carlos por Madame Vigée-Lebrun.

En virtude do principio segundo o cal a continuidade dinástica é automática en Francia (o Delfín sucede o rei anterior a partir do momento da morte deste último), ante os ollos dos monárquicos, Luís Carlos sucede ó seu pai, trala execución deste en 1793.

Baixo o nome de Luís XVII, é recoñecido como tal polo seu tío o futuro Luís XVIII de Francia que emigrara a Hamm, preto de Düsseldorf, Westfalia. A emperatriz Catarina II de Rusia expulsou do seu país a todos os franceses que non recoñeceran como rei a Luís XVII.

O neno é implicado no preito en contra da súa nai María Antonieta en 1793. Fíxoselle firmar unha declaración de recoñecemento de incesto, para engadir un cargo de acusación contra ela. O neno pediu ás mulleres que estaban presentes que axudaran a súa nai. Logo de ser guillotinada en outubro do mesmo ano, os revolucionarios mantivérono en prisión en condicións infrahumanas custodiado por un zapateiro chamado Antoine Simon. Morreu de tuberculose na prisión do Temple o 8 de xuño de 1795. O corpo foi soterrado dous días máis tarde nunha foxa sen nome no cemiterio de Santa Margarida de París, sen ningún sinal de que alí descansaba Luís XVII de Francia.

As misteriosas circunstancias da súa morte fixeron que ó longo do século aparecesen unha gran cantidade de falsos delfíns, dos cales o máis destacable foi Karl Wilhelm Naundorff.

O corazón de Luís XVII

Coeur-de-louis-XVII-abbaye-de-saint-denis
O corazón de Luís XVII na basílica de Saint-Denis.

Seguro de que asistía a un momento histórico, o médico encargado de realizarlle a autopsia, o convencido republicano Philipe-Jean Pelletan, extirpoulle o corazón e escondeuno na súa casa, metido dentro dun frasco con alcohol etílico dentro da súa ampla biblioteca. Tras o falecemento de Pelletan, o frasco foi requisado polo arcebispado de París e gardado dentro das súas dependencias. En 1830 durante a segunda revolución bonapartista, o palacio do arcebispado de París foi destruído e de entre os seus restos, o frasco foi rescatado polo fillo de Pelletan. O corazón de Luís XVII foi cambiando de lugar durante moitos anos e pasou por moi diversas manos ata que foi entregado a Carlos de Borbón, duque de Madrid, que a súa vez era pretendente ao trono francés e o gardou no seu castelo vienés de Frohsdorf. Durante a Segunda Guerra Mundial, a súa filla levouno a Italia e as fillas desta en 1975 entregáronllo ó Duque de Bauffremont, presidente do Memorial de Francia (os mesmos que organizan anualmente por outubro unha misa en honor e memoria dos pais de Luís XVII, Luís XVI e María Antonieta). Este, ao cabo dun tempo entregoullo ao Cabido de St. Denis de París, onde o corazón é exposto sen nome sobre unha capela do templo, ata que o grupo de investigación dos profesores Ernst Brinkmann da Universidade de Münster e Jean Jacques Cassiman, da Universidade de Lovaina puideron acceder a mechóns do cabelo de María Antonieta que foron atopados grazas ó envialos en vida a súa nai, a emperatriz de Austria, María Teresa I e ós mechóns de cabelo de dúas das irmás de María Antonieta. En abril de 2000 púidose comprobar que tanto o ADN de María Antonieta como o do corazón daquel rapaz morto no Temple coincidían plenamente.

O 8 de xuño do 2004 celebrouse na Saint Denis de París a misa funeral de Luís XVII, que foi enterrado ao rematar as cerimonias na cripta real da basílica xunto ós seus país Luís XVI e María Antonieta, dentro da capela dos reis Borbóns. Na basílica eran soterrados os reis franceses desde a Alta Idade Media.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Delfín de Francia

Delfín de Francia (en francés Dauphin) era o título do herdeiro da coroa francesa durante as dinastías de Valois e Borbón.

Luís XVI de Francia

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado o 21 de xaneiro de 1793 en París, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).

Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este volveu a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa errada tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.

Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.

María Antonieta de Austria

María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.