Luís XII de Francia

Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo,[1] foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor.

Luís XII
Rei de Francia
Rei de Nápoles
Louis-xii-roi-de-france
Luís XII de Francia
Rei de Francia
7 de abril de 1498 - 1 de xaneiro de 1515
PredecesorCarlos VIII
SucesorFrancisco I
Duque da Bretaña
(Xunto a Ana da Bretaña)
(Como Luís II)
1499 - 1514
PredecesorAna da Bretaña
SucesorClaudia de Francia

Nacemento27 de xuño de 1462
Blois
Falecemento1 de xaneiro de 1515
París
ConsorteXoana de Valois
Ana da Bretaña
María Tudor
DescendenciaCon Ana da Bretaña (ver Primeiro matrimonio)
  • Claudia * Renata
Casa realValois-Orleans
ProxenitoresCarlos I de Orleans - Adoptado por Luís XI os tres anos cando falece o seu proxenitor
María de Clèves

Traxectoria

Porc epic1
O seu símbolo, un porco espiño en Ruán.

Era fillo de Carlos I de Orleans (alcumado como príncipe poeta) e de María de Clèves neto do duque Luís de Valois (irmán menor do rei Carlos VI ), que foi asasinado en 1407 polo duque Xoán Sen Medo de Borgoña e bisneto de Carlos V de Francia. En 1465 ao quedar orfo foi adoptado polo rei Luís XI, ao mesmo tempo que recibía os títulos dos ducados de Valois e de Orleans. Casou por primeira vez en 1476 coa princesa Xoana de Valois, filla do rei Luís XI de Francia e de Carlota de Savoia. Con este matrimonio non tivo fillos polo que Luís consegue, en 1498, que o papa Alexandre VI anule o seu primeiro matrimonio (para iso deulle ao fillo de Alexandre, César Borgia o ducado de Valentinois) baseándose en que o casamento fora imposto por Luís XI. O matrimonio foi anulado a fin de permitir que casase coa viúva de Carlos, a ex reina consorte, Ana da Bretaña (1477-1514), que era a filla e herdeira de Francisco II de Bretaña, nunha estratexia destinada a integrar o ducado de Bretaña na monarquía francesa.

En 1484, descontento coa rexencia de Ana de Francia, participa na chamada Guerra tola e cae prisioneiro na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier, en xullo de 1488. Indultado tras tres anos de prisión, segue ao seu curmán o rei Carlos VIII a Italia onde fracasará nos seus plans de conquistar o ducado de Milán, para o seu propio beneficio, durante a que seria coñecida como primeira guerra de Italia.

Casou, en segundas nupcias, o 8 de xaneiro de 1499 en Nantes coa duquesa Ana da Bretaña, viúva do seu primo Carlos VIII de Francia. Desta unión naceron:

O 9 de outubro de 1514 casou en terceiras nupcias, en Abbeville coa princesa María Tudor, filla de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York. Desta unión non tivo fillos.

Morte

Luís morreu o 1 de xaneiro de 1515, e foi enterrado na Basílica de San Denis. Debido á tradición da lei sálica, que non permitía ás mulleres herdar o trono de Francia, foi sucedido polo fillo do seu primo irmán, Francisco I (que tamén era o seu xenro), quen fundou a súa propia liña dinástica de reis franceses.

Notas

  1. Alcume que que recibiu na xunta dos Estados Xerais de 1506

Véxase tamén

Bibliografía

  • André Maurois (1951): Historia de Francia. Editorial Surco. Madrid.
  • Hochner, Nicole (2006): Louis XII: Les dérèglements de l’image royale, collection «Époques» Seyssel: Champ Vallon
Rei de Francia

Segue a:
Carlos VIII
Luís XII de Francia
Precede a:
Francisco I
Dinastía de Valois
11 de novembro

O 11 de novembro é o tricentésimo décimo quinto (315º) día do ano do calendario gregoriano e número 316 nos anos bisestos. Quedan 50 días para rematar o ano.

27 de xuño

O 27 de xuño é o 178º día do ano do calendario gregoriano e o 179º nos anos bisestos. Quedan 187 días para finalizar o ano.

Ana da Bretaña

Ana da Bretaña (en bretón: Anna Breizh; francés: Anne de Bretagne), nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Carlos VIII de Francia

Carlos VIII de Francia, coñecido coma o afable, nado o 30 de xuño de 1470 en Amboise e finado o 7 de abril de 1498 na mesma cidade, foi rei de Francia desde 1483 ata a súa morte. Fillo de Luís XI de Francia e de Carlota de Savoia.

Ducado de Milán

O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.

O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.

Década de 1500

A década de 1500 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1500 e remata o 31 de decembro de 1509.

Década de 1510

A década de 1510 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1510 e remata o 31 de decembro de 1519.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Filipe I de Castela

Filipe de Habsburgo, alcumado o Fermoso, nado en Bruxas (Flandres) o 22 de xullo de 1478 e finado en Burgos o 25 de setembro de 1506, foi un nobre da casa de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, Habsburgo, Hainaut, Holanda, Zelandia, Tirol e Artois, señor de Antuerpen e Malinas, entre outras cidades (1482 - 1506), e rei de Castela e de León (1504 - 1506) polo seu matrimonio con Xoana, filla e herdeira dos Reis Católicos.

Foi quen trouxo a liñaxe dos Habsburgo nos territorios da actual España. O apelativo o Fermoso, deullo o rei Luís XII de Francia. En 1501, Filipe e Xoana viaxaban cara a Castela para seren coroados e detivéronse en Blois. Alí o rei francés recibiunos, a velo exclamou: Velaí un fermoso príncipe.

Era fillo de Maximiliano I, emperador de Alemaña e de María de Borgoña. O seu pai pactou o seu matrimonio con Xoana, filla dos Reis Católicos, no marco da Liga Santa que uniu a monarquía castelá-aragonesa co Sacro Imperio, Inglaterra, Nápoles, a república de Xénova e o ducado de Milán contra as pretensións hexemónicas de Francia na península italiana (1495).

Deste matrimonio naceran 6 fillos:

Leonor (Lovaina,1498 - Talavera,1558). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Manuel I de Portugal.

Carlos (Gante, 1500 - Mosteiro de Yuste, 1558). Rei de Castela, Aragón e emperador do Sacro Imperio.

Isabel (Bruxelas, 1501 - Zwijnaerde, Gante, 1526). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Cristián II de Dinamarca.

Fernando (Alcalá de Henares, - Viena,1564), emperador do Sacro Imperio.

María (Bruxelas, 1505 - Cigales, 1558). Archiduquesa de Austria. Casada con Luís II Xagellón, rei de Hungría, Bohemia e Croacia.

Catarina (Torquemada, 1507 - Lisboa, 1578). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Xoán III de Portugal.Nos Países Baixos borgoñóns (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) actuou como un administrador competente e un soberano popular e amado, que soubo unir os intereses dos seus diversos territorios, demostrando especial talento para planear reformas e para dar tranquilidade e paz logo de anos de turbulencias políticas.

Mortos os infantes Juan (1497) e Isabel (1498), así como o fillo desta última, o infante Miguel (1500), a súa esposa convértese na herdeira de Castela e Aragón. Morta a raíña Isabel a Católica (1504), ábrese o problema da sucesión nos reinos casteláns. Pola Concordia de Salamanca (1505), acórdase o goberno conxunto de Filipe, Fernando de Aragón e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre el (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, obrigaron a este a renunciar ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola Concordia de Villafáfila (1506), Fernando retírase aos seus estados de Aragón, como rei, e Filipe é proclamado rei de Castela. Hai pois catro monarquías na península neste momento: Portugal, Navarra, Castela-León, Aragón.

Entre tanto, Xoana mostra visos de loucura, segundo algúns polos celos que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as Cortes de Castela reunidas en Valladolid se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (mais non ata consideralo un valido) foi un escuro nobre, o señor de Belmonte, de nome Juan Manuel.

En xuño de 1506 desembarcou coa súa muller na Coruña para dirixirse á Pobra de Sanabria a reunirse co seu sogro, pasando a noite do día 15 na vila da Gudiña. A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos birlos, tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Porén, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.

Fernando o Católico aproveitou o débil estado mental da súa filla para encerrala no pazo de Tordesillas (Valladolid), do que xa no sairá ata a súa morte, para converterse en rexente dos reinos castelán-leoneses.

Francisco III da Bretaña

Francisco III da Bretaña, tamén coñecido como Francisco de Francia, nado no castelo de Amboise o 28 de febreiro de 1518 e finado no castelo de Tournon o 10 de agosto de 1536, foi o fillo máis vello do rei francés Francisco I de Francia e Claudia de Francia, duquesa da Bretaña e raíña consorte de Francia. Era neto do conde Carlos I de Angulema e Luísa de Savoia, e por liña materna do rei Luís XII de Francia e da duquesa Ana da Bretaña.

Gonzalo Fernández de Córdoba

Gonzalo Fernández de Córdoba, nado en Montilla o 1 de setembro de 1453 e finado en Granada o 2 de decembro de 1515, foi un militar español, alcumado O Gran Capitán. Loitou na conquista de Granada e na Guerra de Nápoles ás ordes dos Reis Católicos, e está considerado o inventor da guerra moderna.

Henrique VII de Inglaterra

Henrique VII de Inglaterra, nado o 28 de xaneiro de 1457 e finado o 21 de abril de 1509, foi rei de Inglaterra e señor de Irlanda desde o 22 de agosto de 1485 ata a súa morte, fundou a Casa de Tudor.

Pío III, papa

Francesco Todeschini Piccolomini (Siena (Italia), 29 de maio 1439—Roma, 18 de outubro 1503), elixido papa o 22 de setembro 1503 co nome de de Pío III (en latín Pius III, en italiano Pio III).

O 18 de agosto de 1503, o papa Alexandre VI morría. O 16 de setembro abríanse as deliberacións do conclave para a elección do seu sucesor. Dous candidatos opoñíanse: o cardeal Georges de Amboise (1460-1510), ministro de Luís XII de Francia, sostido por César Borgia, e o cardeal Giuliano Della Rovere, o futuro Xulio II. Para evitar longas discusións, os electores puxéronse de acordo, dende o 22 de setembro, sobre o nome do cardeal Francesco Todeschini-Piccolomini, sobriño de Pío II, que tomou o nome de Pío III en recordo do seu tío materno.

Declarou axiña querer ser o papa da paz. Desexaba a reforma xeral da Igrexa e a pacificación de todo o Occidente, pero morreu, menos dun mes despois da súa elección, o 18 de outubro de 1503. Foi inhumado na basílica de San Pedro, despois os seus restos foron transferidos á igrexa San Andrea della Valle, ao lado dos de Pío II.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De parvo homine ('Do home pequeno'), cita que fai referencia ao seu apelido, Piccolomini (piccolo significa 'pequeno', e uomini significa 'homes').

República de Venecia

A Serenísima República de Venecia foi unha cidade-estado do norte de Italia, xunto ao mar Adriático, atopada en torno á cidade de Venecia. A república existiu como tal dende o século IX ata 1797. Tamén recibe o nome de Serenissima Repubblica di San Marco, xa que San Marcos é o seu santo patrono.

Xermana de Foix

Xermana de Foix, nada en Foix, Francia, no 1488 e finada en Liria, Valencia, 15 de outubro de 1536, foi esposa de Fernando II de Aragón, raíña consorte de Aragón (1505–1516) e vicerraíña de Valencia (1523–1536). Era filla de Xoán de Foix (conde de Etampes e vizconde de Narbona) e de María de Orleáns, irmá de Luís XII de Francia.

Xoana de Valois

Xoana de Valois é o nome que levaron, entre outras, as seguintes persoas:

Xoana de Valois (condesa de Hainaut) (1294-1352), filla de Carlos I de Valois e Margarida de Anjou, casada con Guillerme I de Hainaut.

Xoana de Valois (condesa de Beaumont) (1304-1363), filla de Carlos I de Valois e Catarina de Courtenay, casada con Roberto III de Artois.

Xoana Valois ou Xoana de Francia, filla de Filipe VI (1351-1371).

Xoana de Valois (raíña de Navarra), filla de Xoán II o Bo e de Bona de Luxemburgo, casada con Carlos II de Navarra.

Xoana de Valois (1391-1433), filla de Carlos VI de Francia, casada con Xoán V da Bretaña.

Santa Xoana de Valois (Nogent-le-Roi, 1464 - Bourges, 1505), santa, filla de Luís XI de Francia e Charlotte de Savoia, casada con Luís XII de Francia.

Xoana de Valois, filla de Henrique II de Francia e Catarina de Medici, nacida morta.

Xoana de Valois ou Xoana de Francia (duquesa da Bretaña) (1391-1433), filla de Carlos VI de Francia e Isabel de Baviera-Ingolstadt, duquesa consorte de Bretaña.

Outros títulos
1501 - 1504
Predecesor Federico IV
Sucesor Fernando III
Primeiro Reinado: 1499-1500
Segundo Reinado: 1500-1512
Predecesor Ludovico Sforza
Sucesor Ludovico Sforza (1500)
Maximiliano Sforza (1512)
Antigüidade
Idade Media
Época moderna
Época contemporánea
Artigos relacionados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.