Luís XIII de Francia

Luís XIII de Francia, chamado o Xusto, nado en Fontainebleau o 27 de setembro de 1601 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 14 de maio de 1643, Rei de Francia e de Navarra[1] (16101643), co-príncipe de Andorra (1610-1643) e conde de Barcelona (Luís I) (1641-43). En 1641, trala sublevación de Cataluña, o principado púxose baixo a protección de Francia e nomeou conde de Barcelona a Luís XIII. Era fillo de Henrique IV de Francia e III de Navarra e de María de Médici[3] e foi o pai de Luís XIV, alcumado como o «Rei Sol».[4]

Luís XIII de Francia
Rei de Francia e de Navarra
Luis XIII, rey de Francia (Philippe de Champaigne)
Grand Royal Coat of Arms of France & Navarre.svg
Rei de Francia e de Navarra[1]
Copríncipe de Andorra
14 de maio de 1610 - 14 de maio de 1643
PredecesorHenrique IV
SucesorLuís XIV

Reinado14 de maio de 1610-14 de maio de 1643
Coroación17 de outubro de 1610
Catedral de Reims, Reims, Francia
Outros títulosCopríncipe de Andorra (1610-1643)
Nacemento27 de setembro de 1601
Fontainebleau, Francia
Falecemento14 de maio de 1643
(41 anos)
Saint-Germain-en-Laye, Francia
RexenteMaría de Médici (1610-1617)
HerdeiroNicolás de Francia (1610-1611)
Gastón de Orleáns (1611-1638)
Luís de Francia (1638-1643)
ConsorteAna de Austria
DescendenciaLuis XIV
Filipe I de Orleáns
Casa realCasa de Borbón
Himno realVive Henri IV (de facto)
ProxenitoresHenrique IV
María de Médici

Escudo de Luís XIII de Francia

Traxectoria

0 Louis XIII en costume de deuil - Frans Pourbus le Jeune (2)
Retrato de Luís XIII en 1611 por Frans Pourbus o Mozo, (Palacio Pitti).

A infancia de Luís XIII é coñecida grazas ao protocolo deixado polo seu médico persoal, o cal anotaba non só os detalles da saúde do seu paciente, senón que tamén chegou a escribir apartes sobre a súa vida íntima.

Luís XIII creceu cos seus irmáns no castelo de Saint-Germain-en-Laye. Foi criado á beira dos fillos bastardos do seu pai, nunha atmosfera que segundo parece era algo disoluta.[5] Un diplomático italiano, escribiría en 1608 non ver unha desorde máis grande que a da corte de Francia. O futuro rei concibiu unha gran aversión pola desorde e a depravación. O delfín non saíu de Saint-Germain ata 1609, cando partiu para vivir no Louvre á beira do seu pai para aprender sobre o seu futuro cargo como rei.[5]

O novo rei recibe unha educación superficial por parte do seu preceptor, Gilles de Souvré. Pouco interesado no latín e as letras, o novo rei interésase máis que nada na caza e a música. Luís XIII é tamén un bo debuxante e un bo cabaleiro, grazas aos ensinos do seu sub-gobernante, Antoine de Pluvinel, pero como confesa a súa tartamudez, é tímido e non ten confianza en si mesmo. Moitos dos seus biógrafos atribúenlle un carácter violento, nervioso, inquedo, agresivo.[6] Algúns testemuños fan referencia aos malos tratos[7] aos que foi sometido o delfín polo seu pai Henrique IV para modelar a súa personalidade e dotala da virilidade que cría lle faltaba.

En 1610, cando morre Henrique IV, Luís XIII accede ao trono con tan só nove anos. O poder é entón asegurado pola súa nai María de Médici, quen asume a rexencia no reino. A maioría de idade do rei é proclamada en 1614, pero María declara que Luís é demasiado débil de corpo e alma para asumir os deberes do seu cargo, apártao do consello e deixa que gobernen os seus favoritos Concino Concini e Leonora Dori, quen acaparan os cargos máis altos e importantes do reino.

Traumatizado pola morte brutal do seu pai, o pequeno rei non tivo unha infancia moi alegre. Primeiro, non puido atopar ningún substituto ao amor paternal á beira da súa nai que non o consideraba para nada e sempre mostrou especial trato polo seu fillo pequeno, Gastón. Luís encérrase rápidamente en si mesmo. Ademais, o odio cara aos favoritos italianos da súa nai fai agrandar a súa tristeza. A medida que Luís crece, convértese nunha persoa taciturna e desconfiada.

Á beira de todos os seus defectos, Luís tiña os instintos dun rei digno como o seu pai. Indignábase de ver a Concino Concini, un estranxeiro incapaz, segundo el, de usurpar o goberno do seu reino, mentres que a el deixábano nun recuncho do Louvre. O rei sufría tamén de celos polo seu irmán Gastón, quen fora nomeado duque de Anjou e de Orleáns, e quen fose o favorito de Rexenta.

A rexencia de María de Médicis foi catastrófica. A terrible xestión dos asuntos por parte da raíña fai que se creen problemas no reino, e crea no pequeno rei un gran sentimento de amargura. En 1615, María casa ao seu fillo con Ana de Austria, infanta de España o 21 de novembro na cidade de Bordeos. Para Luís non é máis que outra humillación, pois segundo o recordo do seu pai, Luís ve en Ana unha simple española e polo tanto unha inimiga. O rei, que só tiña 14 anos, non consuma o seu matrimonio, e hai que esperar catro anos para que o rei, empuxado polo duque de Luynes, comparta os seus apousentos coa raíña.

Conflitos do reino

Ecu d'argent de Louis XIII le Juste
Escudo de prata coa efixie de Luís XIII.

Grazas a un golpe de forza, o 24 de abril de 1617 Luís XIII accede ao poder, ordenando a morte do favorito da súa nai, Concino Concini. Fai exiliar á súa nai a Blois co fin de poder ocupar o trono. En realidade, Luís XIII substituíu a Concini polo seu propio favorito, o duque de Luynes. Luynes acumula títulos e fortuna, o que crea un sentimento de discordia entre algúns, xa que o favorito do rei é ademais un pésimo home de estado.

Statue de Louis XIII à la Place des Vosges
Estatua de Luís XIII na Praza dos Vosgos, no barrio de Le Marais de París.

En 1619 a raíña-nai escápase do castelo de Blois e levanta un exército contra o seu fillo, quen decide reconciliarse con ela asinando o tratado de Angulema, no que Luís lle cede as cidades de Angers e Chinon, pero prohíbelle que volva ao consello. En 1620, María provoca unha guerra civil que concluíu coa súa derrota total na batalla de Ponts-de-Cé en agosto de 1620. Medorento de que a súa nai seguise maquinando para derrocalo, o rei decide aceptar o seu retorno á corte de Francia. Pouco despois de que se dese a paz, o rei viaxa a Pau en Navarra, lugar onde tamén é soberano, para restablecer o culto católico, prohibido polos protestantes desde facía xa máis de medio século. Desde entón Luís XIII quixo poñer fin aos privilexios políticos dos que se beneficiaban os protestantes desde as guerras relixiosas.

En 1621 leva a cabo unha primeira campaña contra os protestantes, o que permite a toma de Saint-Jean-d'Angély, pero perde ante Montauban en gran parte grazas á incompetencia de Luynes. Este último morre de escarlatina durante o sitio de Montheurt.

Luís XIII decide participar activamente nos negocios do estado e de vincularse a un só ministro, goberna con Brûlant de Sillery e o seu fillo, o marqués de Puisieux, así como con Vieuville que perderon rápidamente o favor pola súa incompetencia.

Louis XIII Richelieu devant La Rochelle
Luís XIII e o cardeal Richelieu vitoriosos no asedio de La Rochelle.

En 1624, María de Médicis logra facer entrar ao cardeal Richelieu no consello do rei, prelado que fora representante do clero nos estados xerais de 1614 e ministro do gobernador Concini. A maior parte de historiadores resaltan a proximidade das relacións entre Luís XIII e o cardeal Richelieu, que escribiu: «Je soumets cette pensée comme toutes les autres à votre majesté» («Someto este pensamento como todos os outros á súa maxestade»), para dicir ao rei que non intentaría gobernar xamais no seu lugar.

Os dous homes comparten unha mesma concepción da grandeza de Francia e das prioridades que se impoñen no dominio político. O programa político de Richelieu maniféstase de varios xeitos: a racionalización do sistema administrativo, a loita contra a casa de Habsburgo no exterior e a submisión dos grandes señores feudais.[8]

Frecuentemente díxose que Richelieu combatera aos protestantes no interior, dunha forma planificada. Esta afirmación resulta errónea, xa que todas as guerras contra os Hugonotes[8] foron provocadas polas sublevacións dun dos seus xefes, (o duque de Rohan e príncipe de Soubise). Incluso o sitio de La Rochelle non se iniciou ata que Rohan comezou as hostilidades.

A rendición desta última cidade, logo dun longo sitio que terminou en 1628, é seguido pola promulgación do edicto de graza de Ales (28 de xuño de 1629), que prohibía as asembleas políticas e suprimía os sitios de seguridade protestante, pero mantiña a liberdade de culto en todo o reino, salvo en París.

Luís XIII debe plantar cara á hostilidade dunha parte da familia real cara a Richelieu. A xornada das Dupes (10 de novembro de 1630), durante a cal a corte fai caso ao cardeal (quen fora despedido) logo dun violento altercado entre o rei e a raíña nai, que termina co exilio da raíña en Moulins (o rei non a vería nunca máis), a prisión do chanceler Michel de Marillac e a ejecución do irmán deste, o mariscal de Marillac, por motivos falaces.

Querendo humillar o orgullo dos grandes do reino, o rei móstrase inflexible en varias ocasións logo da execución do conde de Montmorency-Bouteville por violar a prohibición de duelos e logo da execución do duque de Montmorency por rebelión. A lenda que fixo de Luís un fantoche sometido a Richelieu ten orixe no rexeitamento de numerosos contemporáneos que non aceptan que o rei estivese conforme coas numerosas execucións que tiveron lugar baixo o seu reinado.

Luís XIII debe someter varias revoltas organizadas por Gastón de Orleáns e facer encerrar a varios dos seus medio irmáns, como o duque de Vendôme. Consciente dos dilemas que axitaban ao rei, Pierre de Corneille dedícalle varias réplicas do Cid. A atención do rei é a partir de 1631 obnubilada pola guerra dos Trinta Anos. Logo da morte do seu pai, a guerra contra España fora en cada ocasión aprazada. O enderezamento de Francia feito por Richelieu levou ao crecemento das tensións franco-españolas. Durante varios anos, os dous países viven unha pequena guerra fría (pasaxe do paso de Susa e a liberación de Mantua). O ano 1635 marca un verdadeiro cambio: Francia declara a guerra aberta a España. En diante, ata o final do seu reinado, o rei comprométese nunha terrible guerra durante a cal, en varias ocasións, manda persoalmente o seu exército (sitio de Corbie). Tras algúns anos difíciles, o exército francés logra aos poucos a derrota do exército español.

Obra política

LouisXIII
Luís XIII por Philippe de Champaigne.

Luís XIII foi un rei que se preocupou polo benestar do seu pobo, foi el quen impuxo a obrigación dos bispos a dar unha remuneración aos oficiais do culto. Tamén axudou a San Vicente de Paul a fundar unha congregación relixiosa na que se buscaba axudar aos máis pobres. Terminou a construción do ponte Neuf (novo), fixo cavar a canle de Briare e creou a primeira oficina de censo de desempregados e inválidos.

Permite tamén o retorno das escolas dos xesuítas de Clermont en Parides, escolas que foron abertas aos fillos dos burgueses. É Luís XIII quen crea o corpo de Intendentes, quen substituíron aos bailios e senescais na administración do territorio; tamén baixo o seu reino acúñase o primeiro luís de ouro.

As dificultades atopadas en 1638, así como o seu temperamento piadoso, levárono a poñer a Francia baixo a protección da Virxe María. Tamén redacta co seu confesor, o pai Nicolás Caussin, un libro de rezos.

Sobre o plan territorial, Francia esténdese considerablemente baixo o seu reino. O Reino de Navarra (Baixa Navarra; Ultraportos) (englobando ao Bearn) foi incorporado á coroa, mentres que os protestantes deixaron de reivindicar un estado dentro do estado. Cataluña, a cal atopábase en revoltas contra o resto de España, é anexionada temporalmente a Francia (1640-1652), así como Savoia e o Piemonte. A cidade de Casale Monferrat en Lombardía corre a mesma sorte. Perpiñán e o condado do Rosellón foron definitivamente anexionados a Francia, na Paz dos Pireneos, reinando xa o seu fillo Luís XIV. Ao norte, unha gran parte de Hainaut foi conquistada coa toma de Arras. Ao leste, Lorena é integramente ocupada polas tropas francesas. Finalmente, o rei subvenciona as expedicións de Samuel de Champlain a Canadá e favorece o desenvolvemento da Nova Francia.

A súa relación con Richelieu foi complicada, e sen dúbida evolucionou co tempo cara a unha afección verdadeira. Á morte do cardeal, o rei decide reconciliarse con algúns dos antigos conspiradores, como o seu medio-irmán César de Vendôme e os seus fillos, o duque de Mercoeur e o duque de Beaufort, aínda que non o nomea primeiro ministro e continúa a política levada a cabo por Richelieu. Antes de morrer, con todo, o rei nomea como ministro principal a Mazarino, feitura e continuador de Richelieu, que habería de prolongar a súa política no reinado seguinte, no cal culminaría a tendencia absolutista de Luís XIV.

Personalidade

Luís XIII foi un rei-soldado como o seu pai. Desde pequeno estivo fascinado polos cabalos e as armas. Foi un excelente cabaleiro, bateuse frecuentemente no campo de batalla. En tempos de paz a caza era o seu pasatempo favorito.

Era un home moi piadoso e profundamente católico. Si respectaba aos protestantes era só por respecto ao traballo pacificador que fixo o seu pai. A súa nai, María de Médici sempre velou porque o seu fillo recibise unha estrita educación católica, ao momento que Luís XIII sentía horror do pecado. O seu rexeitamento das vaidades, fixeron que tivese unha gran desconfianza cara aos seus cortesáns e sobre todo das mulleres, as cales consideraba frívolas e viciosas.

A misoxinia do rei fixo correr algúns rumores sobre a súa posible homosexualidade.[9] Luís XIII tivo un certo número de favoritos (en orde: duque de Luynes, marqués de Toiras, Baradat, duque de San Simón e o marqués de Cinq-Mars[10]). Aínda que os seus contemporáneos parecen non ver nas súas amizades masculinas proba algunha de homosexualidade.[9] Algúns historiadores examinaron a teoría da posible homosexualidade de Luís XIII,[11] aínda que ningún logrou achegar probas tanxibles que permitan corroborar a teoría.

A sucesión do rei

Louis XIII et famille royale
Luís XIII, su esposa Ana de Austria e o pequeno Delfín Luis facendo ofrendas durante a natividade de 1639.

A maior preocupación de Luís XIII durante o seu reinado foi a ausencia dun herdeiro varón. Cunha saúde mediocre e sacudida por fortes enfermidades, o rei estivo a piques de morrer en varias ocasións. O feito de que o rei puidese morrer subitamente sen deixar herdeiro, fixo crecer unha grande esperanza nos pretendentes ao trono, entre os que se atopaban o seu irmán, os seus medio-irmáns e os seus sobriños. Ademais a dificultosa relación entre rei e a raíña facía que a esperanza dos príncipes aumentase, esperando que o rei non tivese un herdeiro.

En 1626, a raíña, empuxada pola duquesa de Chevreuse, participa no complot do conde de Chalais, para asasinar ao rei. A partir da data, a parella vive separada. Logo de que Francia entrase na guerra dos Trinta Anos, Ana de Habsburgo trata de informar en segredo aos españois sobre as disposicións militares e políticas francesas. Unha vez que a traizón fose descuberta, falouse de divorcio e de repudio, pero o asunto foi finalmente sufocado polo rei mesmo.

Na mesma época, o rei está nunha posición difícil a nivel internacional xa que se atopa en conflito con dous soberanos Habsburgo: Fernando III do Sacro Imperio e Filipe IV de España. neste contexto, no 1638, e logo de 23 anos de matrimonio, naceu:

En 1640 os reis teñen un segundo fillo:

  • Filipe (1640-1701), futuro duque de Orleáns e fundador da colateral Casa de Orleáns.

Tres anos máis tarde, un 14 de maio (o mesmo día que o seu pai Henrique IV de Francia) con 42 anos de idade e exactamente 33 anos de reinado, morre da enfermidade de Crohn, logo de pasar seis semanas con cólicos e vómitos. O seu corpo foi levado ata a Basílica de Saint-Denis, sen ningunha cerimonia segundo os desexos do rei, que non quería angustiar o seu pobo cun gasto excesivo e inútil.

Notas

  1. 1,0 1,1 Enténdase Navarra ou Reino de Navarra, neste contexto, como o territorio transpirenaico (Baixa Navarra) do Reino de Navarra desintegrado en 1530.
  2. Proclamación como conde de Barcelona polas Cortes catalanas
  3. James 1897, pp. 421
  4. "Battle of Rocroi". Britannica.com. 2010. Consultado o 2012-08-23.
  5. 5,0 5,1 Pierre Chevalier Louis XIII, roi cornélien page 28
  6. Pierre Chevalier Louis XIII, roi cornélien page 39
  7. Pierre Chevalier Louis XIII, roi cornélien p. 40
  8. 8,0 8,1 "Schneider, Robert A. ''History 1450–1789: Louis XIII.''". Answers.com. Consultado o 2012-08-23.
  9. 9,0 9,1 Crompton 2006, pp. 338
  10. A Lloyd Moote, Louis XIII:The Just, University of California, 1991
  11. (en inglés) Fred Klein, The Bisexual Option, p. 136

Véxase tamén

Outros artigos

Precedido por:
Henrique IV de Francia e III de Navarra
Rei de Francia e de Navarra. Copríncipe de Andorra
1610 - 1643
Grand Royal Coat of Arms of France & Navarre
Sucedido por:
Luís XIV de Francia
Precedido por:
Filipe IV de España

República Catalá
(proclamación unilateral de Pau Claris)
Conde rival de Barcelona
(en guerra contra Filipe IV de España)
1641 - 1643
Armas de Aragón.svg
14 de maio

O 14 de maio é o 134º día do ano do calendario gregoriano e o 135º nos anos bisestos. Quedan 231 días para finalizar o ano.

4 de decembro

O 4 de decembro é o 338º día do ano do calendario gregoriano e o 339º nos anos bisestos. Quedan 27 días para finalizar o ano.

Academia Francesa

A Academia Francesa (en francés: Académie française) é unha institución encargada de regular e perfeccionar a lingua francesa. Foi fundada en 1635 polo cardeal Richelieu, durante o reinado de Luís XIII de Francia, feito que a converte nunha das máis antigas institucións do país galo. Está composta por un total de corenta membros, que son elixidos polos seus iguais.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Delfín de Francia

Delfín de Francia (en francés Dauphin) era o título do herdeiro da coroa francesa durante as dinastías de Valois e Borbón.

Fernando VI de España

Fernando VI de España, chamado «o Prudente» ou «o Xusto», nado en Madrid, España, o 23 de setembro de 1713 e finado en Villaviciosa de Odón, España, o 10 de agosto de 1759, foi rei de España desde 1746 ata 1759. Foi o cuarto fillo de Filipe V e da súa primeira esposa María Luísa Gabriela de Savoia. Casou na igrexa de San Juan Bautista de Badaxoz con Bárbara de Braganza en 1729, que foi raíña de España ata a súa morte en 1758. Autorizou a Gran Redada que procuraba o xenocidio dos xitanos.

Filipe III de España

Filipe III de España e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Franco francés

O franco (representado polo símbolo ₣ ou máis común F) foi a antiga moeda da Francia. Entre 1369 e 1641, foi o nome que recibía unha livre tournois ou libra de Tours. Foi reintroducida (en formato decimal) en 1975 e foi a moeda nacional ata a introdución do euro en 1999, para propósitos estatísticos e en 2002, de maneira oficial.

Gravata

A gravata ( pronunciación ) é un lenzo fino ou anaco de seda en forma de tira que se anoa arredor do colo da camisa ou directamente do pescozo como adorno ou a xeito de abrigo.

A orixe da gravata moderna data da terceira década do século XVII cando durante o reinado de Luís XIII de Francia se uniron ao exército de Richelieu que combatía á raíña nai María de Médicis mercenarios croatas que portaban ese complemento para adornar o seu uniforme.

A peza popularizouse na corte de Versalles ligada ao emprego da casaca, peza militar que se estendía cada volta máis entre os civís a mediados do século XVII. En 1670 o rei Luís XIV de Francia ordenou o uso obrigatorio do uniforme entre os seus soldados que incluía a gravata que levaban anoada e pendurada pero no mundo civil o seu deseño fíxose máis relambido.

En 1692 a batalla de Steenkerque deu orixe a un novo estilo de gravata cando Guillerme III de Orange atacou por sorpresa ás tropas francesas e estas non tiveron tempo de anoarse a gravata e simplemente a pasaron polo pescozo, suxeitando as puntas cun ollal da casaca, fíxose popular en París ao aparecer un personaxe nun teatro de ópera parisino, os homes levábana pasando as súas dúas puntas polo sexto ollal da casaca e as mulleres collían os cordóns do corpiño para atala, mantivo a súa popularidade ata 1720 para ser substituída por unha cinta de encaixe bordado, ata a Revolución Francesa a gravata queda reducida ao mínimo ou mesmo chega a desaparecer pero desde 1789 a desaparición do traxe de corte e a influencia británica orixinan unha moda máis igualitaria e a gravata aparece nos líderes da revolución, xeralmente unha gran gravata que dá voltas arredor do pescozo e que se anoa en forma de lazo.

O británico George Bryan Brummell prototipo do dandi inglés baseaba o seu concepto da elegancia en gran medida na gravata elixida e na súa colocación e Honoré de Balzac escribiu un pequeno tratado sobre a arte de anoarse a gravata correctamente. A partir da revolución de 1830 desaparecen as gravatas fantásticas e se pon de moda un lazo negro atado con despreocupación e comeza a difundirse a gravata de nó. A gravata segue a ser o atuendo formal dos homes occidentais ata a Primeira Guerra Mundial e en menor medida ata a Segunda Guerra Mundial.

Henrique IV de Francia

Henrique de Borbón, nado en Pau o 13 de decembro de 1553 e finado en París o 14 de maio de 1610, foi rei de Navarra co nome de Henrique III entre 1572 e 1610, e rei de Francia como Henrique IV entre 1589 e 1610, primeiro da casa de Borbón neste país, coñecido como Henrique o Grande (Henri le Grand) ou o Bo Rei (Le bon roi Henri) e copríncipe de Andorra (1572-1610).

A miúdo é considerado polos franceses como o mellor monarca que gobernou o seu país, sempre tentando mellorar as condicións de vida dos seus súbditos. Atribúeselle a frase: «Un pito nas potas de todos os campesiños, todos os domingos», que simplifica perfectamente a súa política de facer feliz ó seu pobo, non só con poder e conquistas, senón tamén con paz e prosperidade. É o referente dos monárquicos franceses, os cales realizan todos os anos unha homenaxe fronte á súa estatua do Pont Neuf (Ponte Nova) de París o día da súa entrada á cidade.

Foille dedicada a marcha «Vive Henri IV» («Viva Henrique IV»), que chegou a ser o himno de facto do reino e o de iure durante a Restauración, e é coñecida aínda hoxe día polos franceses.

Independentismo catalán

O independentismo catalán é a corrente política que propulsa a independencia de Cataluña, ou dos Países Cataláns, de España e Francia.

Luís XIV de Francia

Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.

Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Luís o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Luís XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.

Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").

Perpiñán

Perpiñán (en francés: Perpignan; en catalán: Perpinyà) é unha cidade francesa. É a capital da Cataluña do Norte e da comarca do Rosellón. É tamén a capital do departamento dos Pireneos Orientais. A súa poboación alcanzaba 116.700 habitantes en 2004, e a área metropolitana superaba os 300.000 en 2007.

República Catalá

A República Catalá (en catalán: República Catalana) é unha das denominacións que ao longo da historia tomou Cataluña cando se dotou dos mecanismos de decisión da súa forma política. Así mesmo, é o obxectivo simbólico da loita política dunha parte do movemento independentista catalán.

A República Catalá ou outras varias formas políticas de segregación respecto a España foron proclamadas, polo menos, en seis ocasións: no século XVII polos Brazos Xerais presididos por Pau Claris o ano 1641, no século XIX por Napoleón Bonaparte no ano 1810 e tamén no ano 1873 liderado por Baldomero Lostau, no século XX por Francesc Macià no ano 1931, por Lluís Companys, quen en 1934 proclamou o Estado Catalán, e polo Parlamento de Cataluña, presidido por Carles Puigdemont, en 2017.

Saint-Jean-Pied-de-Port

Sant-Jean-Pied-de-Port (en éuscaro: Donibane Garazi) é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. Forma parte do País Vasco Francés, e desde 1512 foi capital da Baixa Navarra. Os seus habitantes reciben o xentilicio de Saint-Jeannais en francés e garaztar ou Donibandar en éuscaro.

Saint-Simon

Saint-Simon é a forma francesa de San Simón. Pode referirse a:

Como topónimo:

Saint-Simon, cidade do departamento francés do Aisne;

Saint-Simon, cidade do departamento do Cantal;

Saint-Simon, cidade do departamento do Charente;Como Apelido:

Claude de Rouvroy de Saint-Simon, favorito do rei Luís XIII de Francia (1607-1693);

Louis de Rouvroy de Saint-Simon, memorialista na corte do rei Luís XIV de Francia, fillo do anterior (1675-1755);

Claude de Saint-Simon, bispo de Noyon e logo de Metz (1695-1760);

Charles-François de Saint-Simon Sandricourt, bispo e conde de Agde (1727-1794);

Antoine-Charles de Saint-Simon, oficial da mariña de Francia (1734-1785);

Henri de Saint-Simon, filósofo francés, fundador do Saint-simonismo (1760-1825).

Trois-Villes

Trois-Villes en francés, Iruri en éuscaro, é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania e no territorio histórico vascofrancés de Zuberoa.

Trois-Villes era no século XVII o feudo familiar de Jean-Armand du Peyrer, conde de Tréville ou de Troisville, coñecido como Monsieur de Tréville, oficial da compañía dos mosqueteiros de Luís XIII de Francia e un dos personaxes elixidos por Alexandre Dumas para a súa obra Os tres mosqueteiros.

Outros títulos
Armas de Aragón.svg
Conde rival de Barcelona

(en guerra contra Filipe IV de España)
23 de xaneiro de 1641[2] - 14 de maio de 1643
Predecesor República Catalá
Sucesor Luis XIV

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.