Luís Pimentel

Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel[1][2], máis coñecido como Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda,[5] escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa.[6] Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959).

A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.[7]

Luís Pimentel
Luis Pimentel
Nome completoLuís Benigno Vázquez Fernández [1][2]
Nacemento18 de decembro de 1895 [3]
 Lugo
Falecemento13 de febreiro de 1958 (62 a.)
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUSC
Ocupaciónpoeta
CónxuxeM.ª del Pilar Cayón Fernández [4]
FillosRula
IrmánsCarlos Vázquez Fernández-Pimentel
Xénerospoesía
InfluenciasJ. R. Jiménez, Laforgue, Rilke, Rosalía, Jammes…[5]
Estudosmedicina
Profesiónmédico
Luis V. F. Pimentel, sinatura, detalle

Traxectoria

Foi fillo do matrimonio formado por Luís Vázquez Barreiro (1846-1908), mestre de obras, viúvo, que viñera á cidade de Lugo dende a parroquia de Calde, casado en segundas nupcias con Consuelo Fernández-Pimentel (nada en Mondoñedo).[8] O pai morreu tendo o pequeno Luís trece anos. A nai volveu casar aos dous anos de enviuvar, co médico Xermán Alonso Hortas.[9] Luís viviu case toda a súa vida na praza maior de Lugo. Rematou o bacharelato en 1914. Seguindo o exemplo do padrasto, Luís e os seus irmáns Carlos e Xosé, estudaron Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Os catro acabarían traballando xuntos no sanatorio Alonso-Pimentel da luguesa rúa Bispo Aguirre.

Luís licenciouse en 1922. Antes de dedicarse á poesía, fixo incursións na pintura e na música. Posteriormente realizou o doutoramento en Madrid, aloxándose na Residencia de Estudiantes, nunha época na que nesa cidade existía un grande ambiente cultural (residían daquela alí Federico García Lorca, Salvador Dalí, Luis Buñuel, Ramón María del Valle-Inclán e Pío Baroja), para volver xa definitivamente ao seu Lugo natal e exercer como médico. No 1927 entra a formar parte da directiva do Círculo das Artes de Lugo e máis tarde consegue unha praza como médico de garda no Hospital Municipal.[10] Trabou amizade persoal con Ánxel Fole, quen o animaba constantemente a publicar os seus versos, e estableceu correspondencia con outros poetas como Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre ou Jorge Guillén.[11]

Algúns colaboradores da revista Ronsel. 1924
Algúns colaboradores de Ronsel.

No 1924 publicou os seus primeiros poemas na revista Ronsel, dirixida por Evaristo Correa Calderón e Álvaro Cebreiro. Son poemas intimistas e sinxelos, pero moitas veces irónicos e mesmo burlescos.[10] Colaborou tamén no xornal vigués El Pueblo Gallego, na revista Nós, na madrileña La Gaceta Literaria, na lisboeta Descobrimento, nas luguesas Yunque e Vanguardia Gallega, na santiaguesa Resol, na viguesa Alba (que lle dedicou monograficamente o n.º 10, de 1960) e noutras publicacións literarias e poéticas.[12][13] A ferrolá Aturuxo foi a primeira en dedicarlle un monográfico (n.º 11, 1960).

Luís Pimentel, Pilar Cayón e Rula
Luís Pimentel, Pilar Cayón e Rula.

O 12 de outubro de 1930 casou en Mondoñedo con María del Pilar Cayón Fernández,[14] que coñecera en 1918 en Santiago e coa que terá unha filla, Rula.[4][15] Despois da guerra civil asistiu aos faladoiros de Ánxel Fole e Celestino Fernández de la Vega.[16]

Publicou en vida un opúsculo de oito poesías e vinte e dúas páxinas, Triscos (Pontevedra: Colección Benito Soto, 1950). Logo de moitos intentos de edición por parte do autor,[17] postumamente, ao ano do seu pasamento, saíu do prelo Sombra do aire na herba, con corenta e dous poemas (Vigo: Galaxia, 1959). En castelán escribiu Barco sin luces (Lugo: Celta, 1960), obra tamén póstuma, con limiar de Dámaso Alonso, que recolle 33 poemas, de 1927, dividido en tres partes: "Diario de un médico de guardia" (sete poemas), "Oraciones" (seis) e "Interior" (vinte). En todos eles as súas propias vivencias son a temática fundamental, ateigadas dunha constante tenrura para todo o fráxil e delicado.[10]

Influencias e estilo

Cadro de persoal da revista Ronsel. 1924
Cadro de persoal de Ronsel

As súas devocións líricas eran Teixeira de Pascoaes, Rainer Maria Rilke, Francis Jammes, Antonio Machado, Miguel de Unamuno, Rosalía de Castro e Jorge Guillén e sentía admiración polo estilo de Valle-Inclán e Joan Miró. Apaixonábao a música de Claude Debussy.[13]

Na súa poesía obsérvanse influencias do modernismo, de ismos vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. Canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas.

Luís Pimentel é, así, un destacado autor hispánico, que aínda que pode entrar a conformar esa xeración de vangarda galega do primeiro terzo do século XX, esa xeración do 25 da que falou xa no seu tempo Bal y Gay e despois Méndez Ferrín, tamén se pode recoñecer que compasa os homes do 27 cos que ademais de contacto epistolar, estableceu contacto literario e mesmo persoal… GEG.[3]

Obra

Escultura en Lugo. Galiza
Obra de Otero Besteiro dedicada a Pimentel. Praza Maior, Lugo.

En galego

En castelán

Compilacións

  • Poesía enteira (1981). Edicións Xerais de Galicia.[19]
  • Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada (1981). Celta. Araceli Herrero (ed.).[20]
  • Poesía galega (1989). Edicións Xerais de Galicia. Editada por Ramiro Fonte.[21]
  • Luís Pimentel, biografía da súa poesía. (1990). Pontevedra. Xesús Alonso Montero. Edicións do Cumio.[19]
  • Homenaxe a Luís Pimentel: Día das Letras Galegas 1990. (1990). Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións da USC.[19]
  • Luís Pimentel (1895-1958): Día das Letras Galegas 1990. (1990). Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, Consellería da Presidencia.[19]
  • Luís Pimentel: 1895-1958, unha fotobiografía. (1990). Santiago de Compostela. R. Piñeiro. Vigo. Editorial Xerais de Galicia.[19]
  • Poesías completas, de Luís Pimentel (1990). Comares. Granada. Luís Rei Núñez (ed.).
  • Luís Pimentel. Obra completa (2009). Editorial Galaxia. Editada por Araceli Herrero.[22]

Así mesmo, aparecen poemas de Pimentel en obras colectivas e antoloxías como 7 ensayos sobre Rosalía (1952) ou Antologia poética. Cancioneiro rosaliano (1985).

A obra de Pimentel foi traducida ao italiano, por Manuele Masini; ao catalán, polo mallorquino Josep Maria Llompart e ao ruso, por Elena Zernova.[23]

Recoñecementos

En 1958 tralo seu pasamento o Grupo Brais Pinto fai no Centro Galego de Madrid un acto de lembranza en honor do poeta e, dous anos máis tarde, organiza, na mesma institución, unha homenaxe.[24]

Poemas de Pimentel foron musicados nos discos Bule, berra, chora (1978) de Xosé Manuel Conde e Rapazas, rapaces e rapazadas (1997) de Suso Vaamonde.

A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.[7][16]

O CEIP Luís Pimentel de Lugo e rúas de varias vilas levan o seu nome (Burela, Cambre, Monforte de Lemos, Monterroso, Oleiros, Narón, Ourense, Ribeira…).

Notas

  1. 1,0 1,1 "Vázquez Fernández, Luís Benigno". Dicionario biográfico de Galicia 3. 2010-2011. pp. 293–294.
  2. 2,0 2,1 "Vázquez Fernández, Luís Benigno". Diccionario enciclopédico galego universal 59. 2003-2004. p. 17-18. ISBN 84-7680-429-6.
  3. 3,0 3,1 Herrero Figueroa, A. (2005). "Pimentel, Luis". Gran Enciclopedia Galega (DVD).
  4. 4,0 4,1 Couto, P. (2007). "Luis Pimentel: Oración incompleta". Cien años de poesía: Cincuenta y tres poemas en catalán, gallego y vasco: estructuras poéticas, pautas críticas (en castelán). Peter Lang. pp. 221–237. ISBN 978-3-03910-765-0.
  5. 5,0 5,1 "Vázquez Fernández, Luís Benigno". Enciclopedia Galega Universal 16. 1999-2002. p. 298. ISBN 84-7680-288-9.
  6. Jaureguízar, Santiago (13/2/2008). "Se cumplen cincuenta años de la muerte de Luis Pimentel". El Progreso (en castelán).
  7. 7,0 7,1 Figuras homenaxeadas. Luís Pimentel RAG.
  8. Fernández de la Vega, C. (2009). "Vida e poesía de Luís Pimentel". Ensaios a proba do tempo. Galaxia. ISBN 978-84-9865-188-1.
  9. Nota necrolóxica no xornal ABC do venres 14/2/1958. Nótese que menciona a Germán como pai de Luís. Realmente era o padrasto.
  10. 10,0 10,1 10,2 Fernández de la Vega, C. (1983). "Vida e poesía de Luís Pimentel". Sombra do aire na herba. BBdCG.
  11. Alonso; Aleixandre e Guillén (1990). "Cartas inéditas a Luis Pimentel" (PDF). BGL (3): 111–120.
  12. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
  13. 13,0 13,1 Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). pp. 221–223.
  14. Céltiga Ano VII. n.º 141. p. 33-34. 10/11/1930 Buenos Aires.
  15. Herrero. A., ed. (1981). Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada. Celta.
  16. 16,0 16,1 Angueira, A. (1995). De Rosalía a Dieste 33 anos das letras. Xerais. pp. 151–156. ISBN 84-7507-878-8.
  17. Pozo, L. (1990). A bordo de "Barco sin luces" (ou o mundo poético de Luís Pimentel). Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-063-2. Reeditado en 2011 por Alvarellos.[1]
  18. Despois incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega (n.º 38) e na Biblioteca Galega 120 (n.º 37).
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Obra na ficha do autor na RAG
  20. Obra inédita o no recopilada. Imaxe da portada
  21. Poesía galega. Imaxe da portada
  22. Luís Pimentel. Obra completa, na páxina web de Galaxia
  23. Bitraga. Biblioteca de Tradución Galega
  24. "Ficha do autor" Biblioteca Virtual Galega, UdC.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

13 de febreiro

O 13 de febreiro é o 44º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano, 322 nos anos bisestos.

17 de decembro

O 17 de decembro é o día número 351 do ano no calendario gregoriano e o número 352 nos anos bisestos. Quedan 14 días para rematar o ano.

18 de decembro

O 18 de decembro é o 352º día do ano do calendario gregoriano e o 353º nos anos bisestos. Quedan 13 días para finalizar o ano.

Araceli Herrero Figueroa

Araceli Herrero Figueroa, nada en Lugo en 1948, é unha filóloga galega.

Arcadio López-Casanova

Arcadio López-Casanova, nado en Lugo o 20 de novembro de 1942, é un escritor e crítico literario galego.

Bule, berra, chora

Bule, berra, chora é o primeiro traballo musical de Xosé Manuel Conde. Neste disco, o autor ponlle música a obras de poetas diversos, como o estremeño Luis Álvarez Lencero, e os galegos Darío Xohán Cabana, Manuel Antonio ou Luís Pimentel. Precisamente un verso do poema Canzón pra que un neno non durma de Luís Pimentel, é o que dá título á obra.

O disco foi publicado no 1978 por Movieplay dentro da súa serie Xeira

Celestino Fernández de la Vega

Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado en Lugo en 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. Coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor de 1963.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Praza Maior de Lugo

A Praza Maior de Lugo é o centro vital da cidade de Lugo, e o principal lugar de encontro dos lucenses, é ademais a praza máis grande do centro histórico da cidade. Luís Pimentel chamouna "sala de visitas da miña vila". Nela pódese atopar a Casa do Concello, as estatuas adicadas aos fundadores da cidade, un pequeno paseo con placas e bustos adicados aos principais escritores do país, o "quiosco da música" e o edificio do Círculo das Artes.

Rapazas, rapaces e rapazadas

Rapazas, rapaces e rapazadas é o noveno álbum de estudio (e undécimo na discografía) do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1997 baixo o selo Produccións Trebón.

Trátase dun dobre CD para nenas e nenos con letras populares e máis dos poetas Pura Vázquez, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Antón Zapata, Dora Vázquez, Manuel Cuña Novás, Camilo José Cela, Luís Pimentel, Crecente Vega, Neira Vilas, Emilio Álvarez Blázquez, e Manuel María.

Residencia de Estudiantes

A Residencia de Estudiantes, localizada en Madrid, é un centro fundado en 1910 pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, produto directo das ideas renovadoras que iniciara en España o krausista Francisco Giner de los Ríos coa fundación en 1876 da Institución Libre de Enseñanza. Desde o primeiro momento quixo ser un complemento educativo á universidade no que se formasen os fillos das clases dirixentes liberais. Por ela pasaron figuras como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Jorge Guillén, Luis Buñuel, o ourensán Carlos Velo, a viguesa de orixe rusa Lydia Kúper ou o lugués Luís Pimentel.

Sombra do aire na herba

Sombra do aire na herba é un libro de corenta e dous poemas do lugués Luís Pimentel (1895-1958), no que aparece a súa obra fundamental. Publicouse postumamente, en 1959, pola Editorial Galaxia, ao ano seguinte do pasamento do autor,

Surrealismo humanista

O surrealismo humanista é o nome que Luciano Rodríguez Gómez deu a unha corrente literaria, cultivada case exclusivamente polo poeta lugués Luís Pimentel.

Vázquez Fernández

Os apelidos Vázquez Fernández poden referirse a:

Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel ("Luís Pimentel", 1895-1958), poeta galego.

Carlos Vázquez Fernández-Pimentel (? - ?), médico e político galego. Irmán do anterior.

Manuel Vázquez Fernández ("Casalta", ? - ), político galego do PPdeG.

Baltasar Vázquez Fernández (1902-1994), mestre e político galego.

Francisco Vázquez Fernández (1933 - ), filósofo galego.

Lois Vázquez Fernández (1938 - ), poeta e crítico literario galego.

Manuel Vázquez Fernández ("Pachi Vázquez", 1954 - ), político galego do PSdeG-PSOE.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Yunque

Yunque foi unha revista editada en Lugo entre 1931 e 1932.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.