Luís I de Portugal

Luís I de Portugal, alcumado o Popular, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1838 e falecido en Cascais o 19 de outubro de 1889, foi rei de Portugal entre 1861 e 1889. Era ou segundo fillo da raíña María e do rei consorte Fernando, e foi Duque do Porto.

Luís I de Portugal
D.Luis I
Nacemento31 de outubro de 1838
 Lisboa
Falecemento19 de outubro de 1889 e 19 de outubro de 1889
 Cascais
SoterradoIgrexa de São Vicente de Fora
NacionalidadePortugal
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónrei e fotógrafo
PaiFernando II de Portugal
NaiMaría II de Portugal
CónxuxeMaria Pia de Saboia
FillosCarlos I de Portugal e Afonso de Bragança, Duque do Porto
IrmánsAntónia de Bragança, Maria Ana de Bragança, Princesa da Saxónia, Pedro V de Portugal, Fernando Maria Luís de Bragança, Augusto de Bragança, Duque de Coimbra e João de Bragança, Duque de Beja
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Order of Saint Anna, 1st class, Order of the White Eagle, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Order of the Star of Romania, Ordem de Santo André, Grão-Mestre da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Grã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa e Grã-Cruz da Banda das Três Ordens
Luis I
Retrato de Luis I de Portugal.
Puente Don Luis I, Oporto, Portugal, 2012-05-09, DD 13
Ponte Don Luís I en Porto, Portugal

Traxectoria

Luís era un home culto, afeccionado a escribir poesía. Con todo, non posuía capacidades políticas, xa que se viu coroado trala morte dos seus dous irmáns Pedro e Fernando en 1861 como consecuencia dunha epidemia de cólera. O reinado de Luís caracterizouse por unha serie de cambios de goberno, formados en diversas ocasións polos liberais e outras polos conservadores. Durante o seu goberno, Portugal devaluouse en relación con outros países europeos en termos de educación, política, estabilidade, progreso tecnolóxico e estabilidade económica. En temas coloniais, a baía de Delgoa confirmouse como posesión portuguesa en 1875 mentres que as actividades belgas no Congo negaban a Portugal un terreo entre Angola e Mozambique.

A pesar dunha filtración coa sucesión española antes da Guerra franco-prusiana de 1870-1871, Luís foi sobre todo un home de ciencia, cunha especial paixón pola oceanografía. Investiu gran parte da súa fortuna en financiar barcos de investigación dedicados a recoller espécimes nos océanos do mundo. Foi o responsable da creación dun dos primeiros acuario do mundo, o Vasco da Gama en Lisboa, que segue aínda aberto ao público, incluíndo unha lura de 10 metros de longo. O seu amor polas ciencias e cousas novas foi pasado aos seus dous fillos.

O matrimonio de Luís e os seus descendentes

Luís I contraeu matrimonio o 6 de outubro de 1862 con María Pía de Savoia (16 de outubro de 1847 - 5 de xullo de 1911), filla de Víctor Manuel II de Italia e María Adelaida de Habsburgo. Eles tiveron dous fillos.

Nome Nacemento Morte Notas
O Príncipe Carlos 28 de setembro de 1863 1 de febreiro de 1908 Sucedeuno como Carlos I, o 33º (ou segundo algúns historiadores 34º) Rei de Portugal, asasinado en 1908 polos republicanos.
Príncipe Afonso Henriques 31 de xullo de 1865 21 de febreiro de 1920 Duque do Porto.
Predecesor:
Pedro V
Rei de Portugal
1861 - 1889
Sucesor:
Carlos I

Véxase tamén

Outros artigos

19 de outubro

O 19 de outubro é o 292º día do ano do calendario gregoriano (293º nos anos bisestos). Quedan 73 días para finalizar o ano.

Augusto Carlos Teixeira de Aragão

Augusto Carlos Teixeira de Aragão, nado en Lisboa o 15 de xuño de 1823 e finado na mesma cidade o 29 de abril de 1903, foi un militar, médico, numismático, arqueólogo e historiador portugués. Como oficial do exército portugués, xubilouse co rango de xeneral. Está considerado como un dos pais da numismática en Portugal.

Braga

Braga (do latín bracara, topónimo procedente dos brácaros, que habitaban no convento de bracarense, e que fai alusión as brācae , bragas ou calzas que vestían. Despois foi chamada 'Bracara Augusta'.) é a cidade máis antiga de Portugal e unha das cidades cristiás máis antigas do mundo occidental, fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, ten máis de 2000 anos de historia como cidade. Está situada no Val do Cávado, no Norte de Portugal, e en 2011 tiña 181.474 habitantes. É a capital da provincia de Minho.

É unha cidade chea de cultura e tradicións, onde a Historia e a relixión conviven coa industria tecnolóxica e co ensino universitario. O Fórum Europeo da Xuventude elixiuna Capital Europea da Xuventude en 2012.

Carlos I de Portugal

Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança, coñecido como Carlos I de Portugal, alcumado o Martirizado ou o Mártir, nado en Lisboa o 28 de setembro de 1863 e falecido o 1 de febreiro de 1908, foi o penúltimo rei de Portugal.

Coroa

O termo coroa pode estar referido a:

Coroa (ornamento), un ornamento circular que se cingue a cabeza como sinal de dignidade ou de honor, desenvolveu ó longo da historia outros significados:

Coroa (tonsura), distintiva, entre outros dos sacerdotes católicos

Coroa (astro), auréola dun astro

Coroa (reloxo), rodiña que serve para darlle corda a un reloxio

Coroa dentaria, parte dos dentes dos vertebrados

Coroa (selos), selos das colonias portuguesas no reinado de Luís I de Portugal

Coroa de espiñas, propia da paixón de Cristo.

Metonimia por Monarquía, institución propia dos países que teñen un monarca que exerce como Xefe de Estado

Coroa solar, a parte máis externa do Sol.

Duque do Porto

Duque do Porto é un título nobiliario de Portugal, creado en 1833 pola Raíña Maria II a favor de si mesma.[Cómpre referencia] O título está ligado á Familia Real Portuguesa, sendo normalmente atribuído ó segundo fillo do Xefe da Casa Real.

Actualmente, é posesión do Dinis o Duque do Porto, segundo fillo de Duarte Pio de Bragança. Porén, cómpre ter en conta que, desde 1910, Portugal é unha república que aboliu os privilexios nobiliarios.

Lista de panteóns e tumbas dos gobernantes en Portugal

Esta lista de lugares de sepultamento de gobernantes indica onde se atopan as tumbas dos monarcas, titulares e consortes de territorios soberanos e que se atopan en Portugal. Inclúense reis e condes soberanos de territorios independentes durante o tempo do reinado de estas persoas, ben como os seus cónxuxes.

María II de Portugal

María II de Portugal (nada en Río de Xaneiro o 4 de abril de 1819 e falecida en Lisboa o 15 de novembro de 1853) foi raíña de Portugal, alcumada a Educadora. Nacida en Brasil, foi a única americana xefe de estado dun estado europeo.

Era a filla do rei Pedro IV de Portugal, tamén emperador de Brasil co nome de Pedro I, e da súa primeira esposa a archiduquesa Maria Leopoldina Josefa Carolina de Austria. Foi a segunda e última muller que logrou acceder ao trono de Portugal.

Pedro V de Portugal

Pedro V de Portugal, alcumado o Esperanzado, (nado en Lisboa o 16 de setembro de 1837 e falecido o 11 de novembro de 1861), foi rei de Portugal entre 1853 e 1861.

Era o fillo maior da raíña María II e do rei consorte Fernando II. Pedro V foi un rei traballador que, guiado polo seu pai, realizou unha modernización radical no Estado portugués e nas súas infraestruturas. Durante o seu reinado, construíronse estradas, telégrafos e vías férreas; tamén se realizaron melloras na saúde pública.

Estas melloras, con todo, non serviron para salvar a vida do novo rei que morreu de cólera en 1861. Estaba casado coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen pero non tiveron fillos, así que o trono pasou ao seu irmán Luís.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Ponte Don Luís I

A ponte Don Luís I sobre o río Douro, une o Porto con Vila Nova de Gaia, en Portugal.

Porto, Portugal

O Porto é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país, capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama. O concello, com 41,42 km² de área, ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011) dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.É a cidade que deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c. -200), cando se chamaba Portus Cale, chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, dende onde se formou Portugal. É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o seu centro histórico, clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, pola calidade dos seus restaurantes e pola súa gastronomía, polo seu principal equipo de fútbol, o Futebol Clube do Porto, pola súa principal universidade pública: a Universidade do Porto, que se atopa entre as 200 mellores universidades do mundo e entre as 100 mellores universidades de Europa, ben como pola calidade dos seus centros hospitalarios.É a sede da Área Metropolitana do Porto, que agrupa 17 concellos con 1 757 413 habitantes en 2 089 km² de área, cunha densidade de poboación de 1 098 hab/km², o que sitúa a cidade na 13ª área urbana máis poboada da Unión Europea, sendo, polo tanto, a segunda maior zona urbana portuguesa. O Porto e a Área Metropolitana do Porto constitúen o núcleo estrutural da Rexión Norte, que ten unha área de 21 278 km² (24% do Continente) e unha poboación de 3 689 609 habitantes (censos de 2011). Comprende 8 subrexións ou unidades de nivel III (NUTS III).O Porto, xunto cos concellos veciños de Vila Nova de Gaia e de Matosinhos, forma a Fronte Atlántica do Porto, que constitúe o núcleo de poboación máis urbanizado da Área Metropolitana, situado no litoral, delimitado, no oeste, polo Océano Atlántico, coa influencia estrutural do estuario do río Douro, que une Gaia con Porto.

O Porto é a cidade máis importante da altamente industrializada zona litoral da Rexión Norte, onde se atopan grande parte dos grupos económicos do país, tales como a Altri, o Grupo Amorim/Corticeira Amorim, o Banco BPI, a BIAL, a EFACEC, a Frulact, a Lactogal, o Millennium BCP, a Porto Editora, a Sonae, a Unicer ou o Grupo RAR. A Associação Empresarial de Portugal ten sede no Porto. A Rexión Norte é a única rexión portuguesa que exporta máis do que importa.

Reino de Portugal

Reino de Portugal foi a denominación de Portugal baixo a gobernación dun réxime monárquico, e ao comezo aínda sen o Reino dos Algarves.

Este reino localizábase no oeste da Península Ibérica, Europa. Existiu de 1139 a 1910, tendo 771 anos de duración, 35 monarcas e 4 dinastías, tendo a primeira (Afonsina ou Borgonha): 9; a de Avis: 9; a Filipina: 3 e a de Bragança: 14.

Tras a proclamación da república portuguesa o 5 de outubro de 1910, foi substituído por unha república, pola Primeira República Portuguesa que tiña dato os primeiros pasos para a súa implantación co rexicidio de 1908 e, definitivamente implantada, tras a revolución do 5 de outubro de 1910.

Casa de Borgoña (1139–1383)
Casa de Avis (1385–1580)
Casa de Habsburgo (1581–1640)
Casa de Braganza (1640–1910)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.