Luís Bará

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego[1].

Xosé Luís Bará Torres
Luís Bará

Escudo de Pontevedra.svg
Concelleiro de Mobilidade e Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra
2011 – -
Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores

Escudo de Galicia.svg
Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
2005 – 2009
Presidente Emilio Pérez Touriño

Escudo de Pontevedra.svg
Concelleiro de Pontevedra
1995 – 2015
Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores

Datos persoais
Nacemento 9 de maio de 1965
Vilaboa, Pontevedra
Partido Bloque Nacionalista Galego
Profesión Filólogo, profesor, político
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela

Traxectoria

Estudou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, formando parte da 1ª promoción que estudou Lingua Galega e Literatura no curso 1979-1980. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Foi profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Torrente Ballester desde 1988 ata 1999 en que pediu a excedencia ao pasar a formar parte da corporación municipal trala elección de Miguel Anxo Fernández Lores coma alcalde de Pontevedra, se ben xa viña exercendo como concelleiro na oposición desde 1995. En 2005, ao formarse o Bipartito na Xunta de Galicia, foi designado Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. En 2009, ao non acadarse o suficiente número de escanos para manter o Goberno nas eleccións ao Parlamento, foi destituído do seu cargo, sendo nomeado concelleiro non electo en Pontevedra (2009-2011)[2]. Tralas eleccións municipais de 2011 continuou no goberno grazas á coalición do BNG e do PSdeG. Nas municipais de 2015 repetiu como concelleiro asumindo as áreas de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico, pero dende a súa elección coma deputado no Parlamento de Galicia polo BNG, tralos comicios de 2016, as súas competencias quedaron reducidas a Patrimonio e Memoria Histórica.

Impulsou a creación da Feira Franca de Pontevedra[3], apoiado polo traballo de documentación por parte do seu equipo de colaboradores. Tamén traballou na declaración do Ano Castelao (premio Voces de Pontevedra 2000), no Ano da Música (premio da Crítica de Galicia), no Salón do Libro infantil e Xuvenil e na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL)[4].

Colabora na recuperación da memoria histórica[5], primeiro desde o seu cargo de Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e despois continuou o labor a través do seu blog.

Colabora con artigos na publicación dixital Pontevedra Viva.

Publicacións

Carme Adán Malores Villanueva Luís Bará
Presentación de Feminicidio de Carme Adán na Casa das Campás o 31/01/2018. Coa autora e Malores Villanueva.

Limiar de: Cegoñas no fondo da ría (Manuel Lourenzo González, 2015)

Notas

  1. 1,0 1,1 Perfil Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. en Pontevedra Viva.
  2. "Luis Bará estrea a súa condición de concelleiro non electo visitando actuacións en Monte Porreiro", La Voz de Galicia, 20 de xuño de 2009.
  3. "Luis Bará: "O éxito da festa é que dura un día e medio. Ampliala pode ser un risco"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2015-11-28.
  4. co00889t. "I Conferencia sobre Politicas Culturales - Nueva publicación". www.kultura.ejgv.euskadi.eus (en castelán). Consultado o 2015-11-28.
  5. "Luís Bará: “Trato de transmitir o relato emocional da represión e a resistencia”". Sermos Galiza. Consultado o 2015-11-28.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Carme Adán

Carme Adán Villamarín, nada en Donostia (Guipúscoa) o 16 de decembro de 1966, é unha política e intelectual e profesora galega.

IES Gonzalo Torrente Ballester

O Instituto de Ensino Secundario Gonzalo Torrente Ballester é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do escritor Gonzalo Torrente Ballester. Está situado ao sur da cidade. Nel impártese Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e o ciclo superior de Proxectos de edificación.

IES Sánchez Cantón

O Instituto de Ensino Secundario Sánchez Cantón é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón. Está situado no Verxel, a carón do río dos Gafos.

Malores Villanueva

María Dolores Villanueva Gesteira, máis coñecida como Malores Villanueva, nada na Xesteira (Almofrei, Cerdedo-Cotobade) o 26 de xuño de 1982, é unha profesora e escritora galega.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.