Loyola de Palacio

Ignacia de Loyola de Palacio y del Valle Lersundi, nada en Madrid o 16 de setembro de 1950 e finada na mesma cidade o 13 de decembro de 2006, foi unha política española. Foi a primeira muller Ministra de Agricultura de España e a primeira española en ser vicepresidenta da Comisión Europea. A súa irmá é a tamén ex-ministra Ana Palacio.

Loyola de Palacio
Loyola de Palacio State
Nome completoIgnacia de Loyola de Palacio del Valle-Lersundi
Nacemento16 de setembro de 1950
 Madrid
Falecemento13 de decembro de 2006
 Madrid
CausaCancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítica e avogada
PaiLuis María de Palacio y Palacio
NaiLuisa Mariana del Valle-Lersundi y del Valle
IrmánsAna de Palacio y del Valle-Lersundi
PremiosRobert Schuman Medal

Honras

No ano 2003 recibiu a Medalla de Galicia.[1]

Notas

  1. "Medallas de Galicia. 2003". Consultado o 12 de decembro de 2018.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
13 de decembro

O 13 de decembro é o 347º día do ano do calendario gregoriano e o 348º nos anos bisestos. Quedan 18 días para finalizar o ano.

Agustín Sixto Seco

Agustín Sixto Seco, nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 2004, foi un médico e intelectual galeguista.

Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Ceferino Díaz

Manuel Ceferino Díaz Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 1 de abril de 1947 e finado o 23 de decembro de 2012, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Centro Gallego de Buenos Aires

Co nome Centro Gallego de Buenos Aires denomínanse dous centros galegos da capital da Arxentina. Primeiramente o fundado en 1879, desaparecido en 1892, e posteriormente o fundado en 1907.

O centro é a única institución correspondente da Real Academia Galega.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Emilio Pérez Touriño

Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é un economista e político galego. Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Fundación Penzol

A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

Julio María Sanguinetti

Julio María Sanguinetti Coirolo (nado o 6 de xaneiro de 1936 en Montevideo) é un avogado, historiador, xornalista e político uruguaio. Foi tres veces deputado, dúas veces ministro, senador e Presidente da República en dous períodos, 1985-1990 e 1995-2000. É membro do sector "Foro Batllista" do Partido Colorado, do cal foi Secretario Xeral de 1983 a 1985 e de 2004 a 2009. É autor dunha extensa biografía do pintor Pedro Figari.

Manuel Cordo Boullosa

Manuel Cordo Boullosa, nado en Lisboa o 5 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1998, foi un magnate galego.

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación é o departamento ministerial do Goberno de España competente para a proposta e execución da política do Goberno en materia de recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, de industria agroalimentaria, de desenvolvemento rural e de alimentación. O seu actual titular é Luís Planas.

Novas Xeracións do Partido Popular

Novas Xeracións do Partido Popular -coñecida orixinalmente como Novas Xeracións de Alianza Popular ou, máis abreviadamente, como Novas Xeracións (NNGG)- é a organización xuvenil do Partido Popular español. O seu ámbito de actuación é toda España, existindo estruturas en todas as comunidades e cidades autónomas, provincias e illas. Ten tamén estruturas noutros países como NNGG de Bélxica, Arxentina, Uruguai etc. Comparte os postulados ideolóxicos do Partido Popular (en terminoloxía do propio partido centro reformista.).

A súa misión primordial é promover a participación dos mozos na vida política a través do partido, defendendo e impulsando os seus valores e principios, e contribuíndo ao desenvolvemento do artigo 48 da Constitución EspañolaConta con máis de 100.000 afiliados en toda España. Nos seus comezos, a idade para formar parte da organización estaba comprendida entre 18 e 28 anos, aínda que posteriormente se ampliou ao intervalo de 16 a 28 anos. O Partido Popular establece que os afiliados menores de idade só son membros das NNGG mentres que os maiores de 18 o son tamén daquel. No XIII Congreso Nacional aprobouse aumentar un ano o límite máximo de idade para pertencer á organización, pasando a estar comprendida entre os 16 e 29 anos. Unha vez chegado ao límite de idade, se non se ocupa ningún cargo dentro dalgunha estrutura local, provincial, autonómica ou nacional da organización, os afiliados pasarán directamente ao partido propiamente dito.

ONCE

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) é unha entidade de Dereito Público de carácter social e democrático sen ánimo de lucro que ten o propósito fundamental de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais de toda España.

Real Coro Toxos e Froles

O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.

Rodolfo Martín Villa

Rodolfo Martín Villa, nado en Santa María del Páramo, León o 3 de outubro de 1934, é un político español.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.