Louza

Denomínase louza á terracota esmaltada ou vernizada, de pasta fina, porosa, absorbente e opaca. Esta pasta está composta de varias arxilas brancas mesturadas con terras silíceas calcinadas. Segundo sexa a clase de arxila así adquirirá a cor despois de cocida, que pode ser amarela, vermella, parda ou negra. Alcanza unha gran dureza e resistencia. O impermeabilizado da louza conséguese cun verniz fluído que contén sílice, minio, branco de chumbo e galena, todo isto moído en auga antes da súa cocción. É moi útil para os obxectos domésticos.

Louza - Alfarería
Artesanía en louza.
Agolada

Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é agoladés ou aqualatense.

Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés

Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en (Ferreirela de Baxo,Santalla de Ozcos o 17 de outubro de 1749 e linchado o 2 de febreiro de 1809 en Ribadeo, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.

Arxila

A arxila está constituída por agregados de silicatos de aluminio hidratados, procedentes da descomposición de minerais de aluminio. Presenta diversas coloracións segundo as impurezas que contén, sendo branca cando é pura. Xorde da descomposición de rochas que conteñen feldespato, orixinada nun proceso natural que dura decenas de miles de anos.

Bañeira

Unha bañeira é unha peza fixa de fontanaría utilizada para bañarse. A maior parte das bañeiras modernas están feitas de fibra de vidro ou acrílica, aínda que tamén as hai feitas de porcelana, louza, aceiro, ferro fundido e mesmo de madeira (tradicionalmente no Xapón). A bañeira atópase normalmente no cuarto de baño, xa sexa como unha peza autónoma ou en conxunción cunha cabina de ducha.

Tradicionalmente, a maioría das bañeiras eran aproximadamente rectangulares, aínda que coa chegada das bañeiras acrílicas, existen máis formas posíbeis. Case sempre son brancas, aínda que tamén as hai noutras cores. As bañeiras modernas contan cunha talla e poden ter ou non billas montadas sobre elas. Ademais, poden ser encaixadas, libres ou mergulladas sobre un habitáculo deseñado para tal efecto.

Carqueixa

A carqueixa (Genista tridentata ou Chamaespartium tridentatum) é unha especie fanerógama arbustiva da familia das fabáceas, con moito ramallo, rastreiro, de flores amarelas, e cunha especie de alas características que percorren o talo e que forman en cada nó tres pequenos dentes. Atribúenselle moitas propiedades medicinais en Galicia. Tamén recibe o nome popular de lavacuncas.

Cómpre non confundila coa chamada carqueixa boieira (Halimium alyssoides), especie de diferente xénero.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Cerámica

A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

Cerámica de Sargadelos

A cerámica de Sargadelos é unha famosa cerámica elaborada en Sargadelos (no municipio lucense de Cervo, Galicia, España). A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis.

O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.

De Delftse Pauw

De Delftse Pauw (en galego: "O pavo real de Delft") ou, na súa forma completa, Delft Pottery de Delftse Pauw, é unha fábrica de louza establecida no século XVII ao norte da cidade surholandesa de Delft, nos países Baixos.

Deusa das cobras

Chámase deusa das cobras a varias estatuas de louza vidriada atopadas en Cnosos. A máis famosa delas mide 29,5 centímetros de altura e supostamente representa unha deusa da civilización minoica, aínda que tamén se sinalou que en realidade podería representar a unha sacerdotisa. Foron datadas aproximadamente contra o 1600 a. C. Foron atopadas por un equipo de arqueólogos dirixidos por Arthur Evans en 1903, nunha estancia da á oeste do palacio de Cnosos chamada tesouraría sacra, e no presente áchanse no Museo Arqueolóxico de Heraclión (Creta).

A estatua máis coñecida é unha figura feminina ataviada cun vestido longo, de estreita cintura e cun corpiño que deixa o peito ó descuberto. En ambas as mans sostén senllas cobras e ten enriba da cabeza un felino.

Esta estatua nun principio era denominada Adoradora sen cabeza, por ser de menor tamaño que outra estatua tamén de louza vidriada á que denominaron Deusa das cobras. A estatua fora achada sen a cabeza e sen o brazo esquerdo e foi reconstruída polo equipo de Evans tomando como referencia estoutra estatua maior. A estatua maior ten tres serpes enroscadas na cintura e nas mans.

Grupo Sargadelos

Este artigo refírese ao grupo empresarial Sargadelos. Para outros significados, vexa Sargadelos

O Grupo Sargadelos é unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. desde 1949. Actualmente, a sociedade Sargadelos ten dúas plantas de produción cuns 245 empregados. Unha está situada no Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e outra en Sargadelos, no concello mariñao de Cervo.

Xunto á súa actividade industrial e comercial, Sargadelos leva adiante un importante labor de difusión e promoción da cultura galega, principalmente, dos talentos máis novos da arte e da literatura.

Lavalouza

Unha lavalouza é un electrodoméstico, normalmente situado na cociña, que se emprega para lavar a louza.

Lineal B

O lineal B é o sistema de escritura utilizado para o micénico, unha forma antiga da lingua grega.

Louza de Delft

Coñécese como louza de Delft ou porcelana de Delft, ou mesmo azul de Delft a produción de obxectos nestes materiais levada a cabo na localidade holandesa de Delft e na súa área de influencia, fundamentalmente desde os inicios do século XVII.

A louza de Delft adquiriu a súa reputación grazas á finura das súas pezas, á calidade dos seus esmaltes e á delicadeza das pinturas que a decoran. O esmalte estannifero branco utiliado permitiu aos oleiros holandeses aproximarse ao aspecto da porcelana chinesa, amplamente divulgada no país naquelas épocas a través da Compañía Holandesa das Indias Orientais.

Museo Histórico do Tabaco (Delft)

O Museo Histórico do Tabaco (en neerlandés: Tabaks Historisch Museum) é unha institución museística sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que ofrece unha visión xeral da industria do tabaco nesa cidade desde o século XVII.A colección do Museo Histórico do Tabaco, que ten a súa orixe na colección privada de Louis Bracco Gartner, está composta por unha grande diversidade de artigos relacionados co mundo do tabaco, tales como cachimbas, puros, cuspideiras, caixas de tabaco, tarxetas postais, anuncios publicitarios, embalaxes e ferramentas.

Unha parte da colección amosa obxectos específicos da cidade de Delft, como as clásicas cachimbas do século XVII, frascos de tabaco feitos en "louza de Delft" e composicións de azulexos que representan personaxes fumando en cachimbas.

O museo localízase nunha antiga fábrica de cigarros e a súa visita só é posible cunha cita previa.

O Porriño

O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2018 tiña 19.740 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porriñés».

Royal Delft

Royal Delft (marca internacionalmente recoñecida da compañía De Koninklijke Porceleyne Fles, anteriormente De Porceleyne Fles), é, xunto con De Delftse Pauw, a única fábrica de louza que mantén a súa actividade das 32 que no século XVII se estableceron na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. É coñecida pola súa produción da sonada "louza de Delft", á que se dedica desde hai máis de 350 anos sen interrupción.Á parte da produción, a súa sede alberga tamén un museo onde se expoñen artigos fabricados ao longo da súa historia e unha tenda onde se poden adquirir os seus produtos. En 2015 contou con 128.000 visitantes.

Sargadelos, Cervo

Santiago de Sargadelos é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 159 habitantes (80 homes e 79 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 129 habitantes, sendo 58 homes e 71 mulleres.

As fábricas de Sargadelos, creadas por Antonio Raimundo Ibáñez, que chegou a ter o título de Marqués de Sargadelos, marcaron un fito de industrialización en toda a comarca, e asociar o seu nome coa cerámica.

Trasno

Para o artigo sobre o proxecto de tradución de software libre, véxase Proxecto Trasno.Un trasno ou trasgo (do latín "trans gradi" ou "transgredi", ir máis alá, cometer infraccións) é unha criatura imaxinaria, unha especie de demo invisíbel, propia da tradición popular galega e do norte de Portugal. Denomínase tamén diaño, entendido como ente distinto do demo e nunca tan maligno como este.

Adoita ser de hábitos nocturnos e serve para explicar sucesos de causa aparente descoñecida, sobre todo sucesos accidentais que comportan un dano non grave. Así, o trasno argalla para facer que rompa a louza, que se perdan as chaves, que caia un valado, que se leen os novelos que estea fiando unha moza etc. Pero o trasno tamén pode andar detrás dunha persoa e seguila a todas partes. Ás veces toma forma animal (coma un cabalo, un can abandonado etc.).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.