Lousame

Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 3.447 habitantes (1.681 homes e 1.766 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lousamán[4].

É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.

Coordenadas: 42°47′7.12″N 8°51′56.92″O / 42.7853111, -8.8658111

Lousame
Escudo de Lousame
Ayuntamiento de Lousame
Casa do concello.
Situacion Lousame
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Noia
Poboación3.386 hab. (2018)
Área93,6 km²
Densidade36,18 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloPortobravo
Política (2019[2])
AlcaldesaTeresa Villaverde Pais (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Lousame
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes84,91%
Na rede
www.concellodelousame.gal
secretaria@concellodelousame.com

Etimoloxía

O nome de Lousame consérvase dende a época romana. Provén da palabra latina lausia, que corresponde ás lousas que tanto abundan no concello.

Xeografía

O concello ten unha superficie de 93 km², e abrangue 7 parroquias. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur con Boiro e Rianxo, ao leste con Rois e Dodro e ao oeste con Porto do Son. É un territorio cun relevo abrupto, con fortes contrastes entre o fondo dos vales (20 msnm) e cumios de altitude media (monte Iroite, de 685 m, e a Muralla, de 674 m).

Historia

Nos terreos ocupados polo concello consérvanse restos prehistóricos (mámoas), da Idade de Bronce (petróglifo de Lesende) e da época castrexa. De feito, no propio escudo do concello aparecen reflectidos sete castros (Coto do Castro, Castro de Comparada, Castro de Servia, Castelo de Fruíme, Castelo de San Lourenzo, Castro de Berrimes e Castro do Lourido).

Da época da romanización consérvase o topónimo do concello, procedente da palabra celtolatina lausia, que corresponde aos xistos ou lousas que tanto abundan nesa parroquia (montes de Aldeagrande, Seoane e Cruído).

Na Idade Media fundouse o mosteiro de Toxos Outos, na beira dereita do río de San Xusto. No tombo de san Xusto, do século XII, aparece reflectida moita documentación da época medieval. No século XVII o mosteiro foi anexionado ao de Sobrado dos Monxes, converténdose en priorado do mesmo. Xa coa desamortización de Mendizábal desintegrouse por completo, converténdose na igrexa parroquial de San Xusto de Toxos Outos e perdendo a autonomía xurisdicional que tivera na Idade Media.

Entre 1730 e 1777 viviu na aldea de Fruíme Diego Antonio Cernadas de Castro, escritor e defensor de Galicia, que exerceu o cargo de cura nesta aldea, aínda que neste época a parroquia de Fruíme non era de Lousame.

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

Durante a segunda metade do século XIX chegou a haber 5 fábricas de papel en Lousame na riveira de varios ríos. A máis importante foi a de Diego Fontán, na riveira do río Vilacova.

A casa consistorial está na aldea de Portobravo desde a década de 1950, se ben ata entón estivera no lugar de Cruído. Nesa época acadouse o período de máxima poboación (6.555 habitantes) debido ao auxe das explotacións mineiras de Finx.

Poboación

Censo total 2014 3.513 habitantes
Menores de 15 anos 400 (11.39 %)
Entre 15 e 64 anos 2.047 (58.27 %)
Maiores de 65 anos 1.066 (30.34 %)
Evolución da poboación de Lousame   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.543 5.857 6.555 5.014 3.912 3.621 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos

Artigo principal: Mosteiro de Toxos Outos.

Minas de Finx

Artigo principal: Minas de San Fins.

Fábrica de papel de Fontán

Chegou a haber cinco fábricas de papel á beira dos ríos Vilacoba e San Xusto, sendo a máis importante a fundada en 1863 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Estaba situada na ribeira esquerda do Vilacoba, á altura do lugar do Castro. O edificio, de planta rectangular, tiña cuberta a dúas augas e gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico. Esta arquitectura era funcional, pois as fiestras servían para ventilar o interior para o secado do papel. Había dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegaba a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recollía a auga río arriba.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Lousame.
San Xusto. Lousame. Galicia 1

Igrexa de San Xusto

San Xusto. Lousame. Galicia 2

Antiga casa parroquial de San Xusto. Hoxe albergue.

Río San Xusto. San Xusto. Lousame. Galicia 20

Río San Xusto

Fervenza en toxosoutos

Fervenza en Toxos Outos

Moasdosmuíños

Moas dos muíños en Toxos Outos

Restosdomosteiro

Restos do antigo mosteiro en Toxos Outos

Lugares de Lousame

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lousame vexa: Lugares de Lousame.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 50. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Bibliografía

GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio (2014): Concello de Lousame. Patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico e arquitectónico, Ed. Toxosoutos - Concello de Lousame, ISBN 978-84-943014-4-5

A Silva, Lousame, Lousame

A Silva é un lugar da parroquia de Lousame no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres).

Aldea Grande de Lousame, Lousame, Lousame

Aldea Grande de Lousame é un lugar da parroquia de Lousame no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 185 habitantes (93 homes e 92 mulleres).

Berrimes, Lousame, Lousame

Berrimes é un lugar da parroquia de Lousame no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 56 habitantes (23 homes e 33 mulleres).

Brandia, Lousame, Lousame

Brandia é un lugar da parroquia de Lousame no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña seis habitantes (un home e cinco mulleres).

Camboño, Lousame

San Xoán de Camboño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Lousame. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 200 habitantes (99 homes e 101 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.

Castelo de Monte Muralla

O castelo de Monte Muralla é unha fortificación sita no Monte Muralla, entre as aldeas de Campelo (Rianxo) e Aldarís (Lousame) a 660 m de altitude, dominando a Serra do Barbanza e as desembocaduras dos ríos Ulla e Tambre. Na actualidade só quedan restos de muros esborrallados entre as instalacións dun parque eólico.

Comarca de Noia

A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia. Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

Editorial Toxosoutos

Para o artigo sobre a parroquia de Lousame, vexa Toxos Outos

A editorial Toxosoutos é unha casa editorial nacida en 1988 no Obre (Noia) con fortes vencellos con Gráficas Sementeira. É un dos membros da Asociación Galega de Editores.

Francisco Romero Blanco

Francisco Romero Blanco, nado en Tállara (Lousame) o 21 de outubro de 1838 e finado en Noia o 21 de novembro de 1918, foi un médico galego.

Fruíme, Lousame

San Mariño de Fruíme é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 358 habitantes (174 homes e 184 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Lesende, Lousame

San Martiño de Lesende é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 301 habitantes (143 homes e 158 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Lousame, Lousame

San Xoán de Lousame é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 1.072 habitantes (521 homes e 551 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación.

Maxide, Lousame, Lousame

Maxide é un lugar da parroquia de Lousame no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 41 habitantes (20 homes e 21 mulleres).

Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Sanguiñal, Tállara, Lousame

Sanguiñal é un lugar da parroquia de Tállara no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia.

Toxos Outos, Lousame

San Xusto de Toxos Outos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 182 habitantes (90 homes e 92 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Tállara, Lousame

San Pedro de Tállara é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 954 habitantes (467 homes e 487 mulleres).

Vilacova, Lousame

Santa Eulalia de Vilacova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 380 habitantes (187 homes e 193 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.