Lousa

A lousa [1] é unha rocha metamórfica formada pola compactación de arxilas, aparece en cor escuro dividida en xistos, moi empregada nos tellados da provincia de Lugo. Está considerado como un dos materiais mais sostibles ambientalmente para as cubertas de edificios debido á súa mínima emisión de CO2 e consome menos auga que unha de cerámica.

España é o primeiro exportador do mundo desta pedra, obtidas nos xacementos de O Bierzo, Valdeorras, Zamora e Badaxoz. Aínda que é Gales o país que máis exporta, competindo con Portugal, Italia, Estados Unidos e Alemaña. Brasil exporta unha rocha similar (a metalutita) de peor calidade ao exfoliar trala súa colocación.

Fumayschistewiki
Fragmentos de lousa.
Zwaluwen op dakgoot schaliedak
Cuberta de lousa.
Arquitectura negra de Majaelrayo02
Edificios construídos con lousa. É característica principal da arquitectura negra.

Morfoloxía

Trátase dunha rocha homoxénea de gran fino formada no Carbonífero a partir de terras arxilosas que sufriron un proceso mixto de compresión litostática e logo unha compresión tectónica, isto fixo que sexan fáciles de dividir en láminas ou capas. Atópase formada á súa vez por varios minerais entre os que destacan o cuarzo e a moscovita, sendo de cor azulada ou negra agrisada, aínda que existen outros tons (verde, vermello etc) a súa brillantez débese á cantidade de cuarzo e mica, así como do nivel de puído, polo que é usada en decoración aínda que o seu uso mais prolongado foi no tellado das casas e menor no de paredes.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lousa.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Braña, Baleira

San Miguel da Braña é unha parroquia do concello lugués de Baleira. No ano 2013 tiña 61 habitantes, agrupados en 3 entidades de poboación (Abrairas, con 13 habitantes, A Braña con 16 e Millares con 32), cunha densidade media de 11 hab/km².

A Fontaneira, Baleira

Santiago da Fontaneira é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 102 habitantes distribúense en 8 entidades de poboación: O Estornín (9), A Fontaneira (25), Pandelo (8), A Pasada (14), O Sesto (6), O Trabeiro (7), O Vilar dos Adrios (21) e Xestoso (12) no 2013.

A Lastra, Baleira

San Xoán da Lastra é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 68 poboadores agrúpanse en dúas entidades: A Lastra (56) e O Sollío (12) no 2013.

A Lousa, Cambás, Aranga

A Lousa é un lugar da parroquia de Cambás no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña once habitantes (sete homes e catro mulleres).

Alba, Vilalba

San Xoán de Alba é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 336 habitantes (167 mulleres e 169 homes), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 478 habitantes.

Castromaior, Abadín

San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Candia, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba).

Pertence ó arciprestado de San Simón e ten 196 habitantes distribuídos en 10 entidades de poboación (2004): A Arnela (7), O Barral (33), Billetes (19), Celme (30), Egoeiras (22), Fontefeal (20), Fraga (13), As Paredes (35), Rega do Foxo (1) e Roxoa (16), sendo a súa densidade media de 16,4 hab/km2. A superficie da parroquia é de 11,93 km2. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 170 habitantes, sendo 73 homes e 97 mulleres.

Cuberta

Chámaselle cuberta ao elemento construtivo que protexe aos edificios pola parte superior e, por extensión, á estrutura sustentante de dito elemento. Tamén se lle pode chamar tellado, aínda que este termo se refire concretamente ás cubertas con cubrición de tella; coñecéndose as de lousa e as vexetais coma lousados e colmados respectivamente.

Cubilledo, Baleira

Santiago de Cubilledo é unha parroquia do concello lugués de Baleira. Limita coas parroquias da Braña, Fonteo, Librán, A Fontaneira e A Lastra, xunto co concello da Fonsagrada. Pertence ó arciprestado de Valdepedroso, e tiña 101 habitantes en 2013 agrupados en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 4 hab/km². A súa altitude media é de 530 m.

As entidades de poboación son as seguintes: A Andoriña (2), Cabreira (9), Castrelo (1), O Castro (13), Cubilledo (1), Esgrade (7), A Espiña (abandonada), Ladride (2), Padornelo (4), O Real de San Paio (3), San Paio (10), Suagranda (1), Trembedo (6), Os Vilares (3), Vilarín de Cubilledo (30) e Vilauriz (9).

Córneas, Baleira

Santiago de Córneas é unha parroquia do concello lucense de Baleira.

Estación de Lugo-Mercadorías

Lugo-Mercadorías é unha estación de tren de Adif para tráfico de mercadorías, situada no concello de Lugo, na liña León - A Coruña. Foi posta en servizo no ano 2008, cun investimento superior aos 13 millóns de euros.Ocupa unha superificie de 100.000 metros cadrados que foron cedidos polo Concello. Polas súas características é posíbel atender até cen trens por semana. Dispón de vías de recepción, expedición y tratamento de trens, tanto de transporte intermodal como de carga directa de mercadorías sobre vagón. Unha das vías permite a entrada de composicións de até 750 metros de lonxitude. A lousa de carga e descarga ten capacidade para almacenar até 360 contedores.

Esta estación supuxo un incremento en 4,7 veces máis a superficie existente daquela, na propia estación de viaxeiros de Lugo; a lonxitude das vías de carga e descarga pasou de 230 a 1.335 m; as de estacionamento, de 1.620 a 2.069 m.Lugo-Mercadorías é canda Vigo-Guixar e Taboadela unha das tres estacións desde onde se despachan os trens cargados de lixo cara a planta de SOGAMA.

Fonteo, Baleira

Santa María de Fonteo é unha parroquia do concello de Baleira. Segundo o IGE en 2013 tiña 64 habitantes.

Librán, Baleira

Santa Mariña de Librán é unha parroquia do concello lugués de Baleira que pertence a comarca da Fonsagrada e ó arciprestado de Valdepedroso. No ano 2013 tiña 132 habitantes, distribuídos en 14 entidades de poboación.

Martín, Baleira

Santiago de Martín é unha parroquia do concello lugués de Baleira, pertencente ao arciprestado de Luaces. A súa altitude media é de 400 metros.

O Castro, Cervantes

Santa María do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 86 habitantes (50 homes e 36 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 90 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 62 habitantes, sendo 34 homes e 28 mulleres.

Nesta parroquia atópase o castro de Santa María de Cervantes.

A igrexa parroquial, feita con lousa en cachotería, foi encalada e pintada no 2011.

O Río da Lousa, Sedes, Narón

O Río da Lousa é un lugar da parroquia de Sedes no concello de Narón na provincia da Coruña. Tiña 11 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 6 homes e 5 mulleres.

Ribas Pequenas, Bóveda

Santiago de Ribas Pequenas é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 127 habitantes (73 homes e 54 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: A Áspera, Chorente, A Eirexa, A Gándara, O Souto e A Veiga, o que supón unha pequena diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 144 habitantes.

Limita coas parroquias de Ver e Mosteiro ao norte, Piño ao leste, A Parte e Valverde ao sur, e Vilalpape ao oeste.

Río Barba, O Vicedo

San Paulo de Río Barba é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 140 habitantes, 82 menos ca en 1991.

Limita ao norte coas Ribeiras do Sor (Mañón), As Negradas e Mosende; ao sur con Cabanas; ao leste con Mosende e Covas (Viveiro) e ao oeste con Mañón.

A igrexa parroquial foi mandada construír por Fernán Pérez de Andrade, O Boo a finais do século XIV, conservando aínda a insignia deste nobre medieval, o porco bravo, igual que ocorre na igrexa de Santa María de Cabanas, tamén no Vicedo. O pórtico é de data moi posterior. É de planta rectangular, fabricada con muros de cantería e lousa, e con cuberta de lousa.

Tuimil, Bóveda

Santa María de Tuimil é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Limita coas parroquias de San Fiz de Rubián e Vilasouto ao norte, Laiosa ao leste, Guntín e Bóveda ao sur e Rubián ao oeste.

Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 121 habitantes (60 homes e 61 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes.

Ver, Bóveda

San Vicenzo de Ver é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 87 habitantes (52 mulleres e 35 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Limita coas parroquias de Bóveda e Guntín ó norte, Vilalpape e Ribas Pequenas ó sur, Mosteiro ó leste, e Martín polo oeste.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.