Lourizán, Pontevedra

Santo André de Lourizán é unha parroquia do concello de Pontevedra. En 2014 tiña 3.151 habitantes (1.534 homes e 1.617 mulleres), repartidos en 16 entidades de poboación.

Linda ao norte con Salcedo e a ría de Pontevedra, ao sur con Salcedo e San Xián de Marín, ao leste outra volta con Salcedo e ao oeste con San Xián de Marín e a ría. A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña. Lourizán dista catro quilómetros da capital do concello, coa que se comunica por medio da autovía PO-11 e a estrada PO-546.

Capelalourizán
Capela de Santo André, antiga igrexa parroquial.
Lourizán
Pontevedra. Igrexa de Placeres
Igrexa dos Praceres
ConcelloPontevedra
Poboación3.151 hab. (2014)
Entidades de poboación17

Patrimonio

Atopáronse dúas aras romanas adicadas ao deus Vestio Alonieco, e un relevo tamén asociado a este deus galaico nunha parede do terreo do pazo de Montero Ríos.[Cómpre referencia]

O lugar de maior interese é o Pazo de Lourizán, leira da veraneo da familia Montero Ríos e hoxe Centro de Investigacións Forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres (deseñada a finais do século XIX por Alejandro Sesmero)[Cómpre referencia] e a capela de Santo André.

Nesta parroquia sitúase o complexo Ence-Elnosa, formado pola maior planta produtora de pasta de papel da empresa Ence[Cómpre referencia], construída en 1957, e a planta electroquímica de Elnosa, ambas as dúas altamente contaminantes[Cómpre referencia] e condenadas en reiteradas ocasións por delitos medioambientais[Cómpre referencia]. Malia que por lei deben abandonar eses terreos, propiedade do estado[Cómpre referencia][1], no ano 2018, a Asociación Pola Defensa da Ría procura a súa marcha canto antes, pola mellora do medio ambiente.[Cómpre referencia]

A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Lourizán, Pontevedra.
Lourizán. Pontevedra

Edificio

Ence2

Factoría de Ence

Reitoral Lourizán

Vella casa reitoral.

Lugares e parroquias

Parroquias de Pontevedra

Documentais sobre Lourizán

  • Paraíso roubado
  • Fóra[2]

Notas

  1. "El contestado cierre de Ence Huelva, espejo para el futuro de Pontevedra". La Voz de Galicia.
  2. Cultura Galega (ed.). "Documentar as voces caladas (II)". Consultado o 15 de marzo de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Abel Bouhier

Abel Marcel Bouhier, nado en Sables d'Olonne en 1921 e finado en Poitiers en 1997, foi un xeógrafo francés, coñecido especialmente no mundo galego pola súa obra de investigación sobre Galicia, presentada en 1977 como tese de Estado no seu país e titulada La Galice, essai géographique d'analyse d'interpretation d'un vieux complexe agraire.

As árbores na cultura popular galega

As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes.

Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

Cruceiro

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores).

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña), Alemaña e Gran Bretaña.

Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".

como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño,, 118 en Rianxo "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra.. Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.

Elisardo Becoña Iglesias

Elisardo Manuel Ignacio Becoña Iglesias, nado en Lourizán (Pontevedra) o 15 de outubro de 1957, é un psicólogo e antropólogo galego.

Elnosa

Elnosa (acrónimo de Electroquímica del Noroeste, SAU) é unha empresa química galega adicada á produción de cloro e os seus derivados.

Estribela, Lourizán, Pontevedra

Estribela é un barrio situado ao sur da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra, lindando co veciño concello de Marín.

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil e a Lei do Matrimonio Civil.

Galería de imaxes de Ence, Galicia

ENCE S.A. (Empresa Nacional de Celulosas de España) é un grupo empresarial forestal español que posúe tres plantas en Galicia, a máis antiga en Lourizán, Pontevedra.

José Búa

José Búa Laredo, nado en Cambados e finado en Estribela (Lourizán, Pontevedra) o 4 de decembro de 1936, foi un político galego.

Pazo

Un pazo (paço en portugués) é un tipo de casa señorial tradicional galega, grande para o seu tempo, posuidora de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do hábitat rural da zona. Eran a residencia de persoas importantes na súa comunidade (baixa nobreza galegae s fidalgos, e antes, de reis ou nobres). Estes posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico. Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase fidalga, que retrataron nas súas novelas escritores coma Otero Pedrayo, Emilia Pardo Bazán e Valle-Inclán.

Ao pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de foros, que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en portugués: paço) é un cognado de palacio, pois procede do latín palatiu(m). Os pazos de Galiza son un excelente exemplo de arquitectura civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha capela propia para celebracións relixiosas.

Sitúanse sempre no rural, en zonas de microclima benigno e solos fértiles. Erguíanse nas abas dunha ladeira ou nun outeiro, sempre en locais estratéxicos dende onde o señor puidese ollar as súas posesións.

A orixe dos pazos son castelos da Idade Media, polo que soen ir asociados a unha antiga torre, que os seus donos ampliaron para facer unha estancia máis confortábel na época moderna. Non se coñecen os nomes dos arquitectos, polo que debían ser simples canteiros ou arquitectos que copiaban outros modelos de arquitectura culta, como igrexas; é por iso que a súa arquitectura está a medio camiño entre a culta (influencias renacentistas, barrocas e neoclásicas) e a vernácula.

Os pazos salientan hoxe en día, ademais dende o punto de vista arquitectónico, pola súa xardinaxe, con bos exemplos de formacións de buxos e plantas e árbores senlleiras exóticas coma palmeiras, camelias etc.

Retrincos

Retrincos é un libro de 61 páxinas, publicado en 1934 por Nós, consistente nunha colección de relatos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, composta por cinco narracións autobiográficas ("O segredo", "O inglés", "Peito de lobo", "O retrato" e "Sabela"), ordenadas cronoloxicamente e escritas cun mesmo criterio.

Ría de Pontevedra

A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2. Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Sabugueiro

O sabugueiro (provén de sabugo, e este do latín sabucus, -i) ou bieiteiro (Sambucus nigra) é unha planta arbustiva e medicinal, de 2 a 4 metros, da familia das adoxáceas. Común en Galiza, tamén recibe os nomes de sabugueiro negro e sabugo bieito ou biouteiro.

Sambucus

Sambucus, os sabugueiros, é un xénero dunhas 5-30 especies pertencente á familia Adoxaceae, orixinario das rexións temperadas a subtropicais de ambos os dous hemisferios, aínda que máis estendido no Hemisferio Norte, mentres que no Hemisferio Sur queda restrinxido a Oceanía e América do Sur. En Galiza atopamos bravas dúas especies: Sambucus nigra (o sabugueiro negro ou bieiteiro, de porte arbustivo e moi común) e Sambucus ebulus (o engo ou sabugueiriño, de porte herbáceo e menos común).

Xosé Cerviño García

Xosé Cerviño García, tamén coñecido como o Mestre Cerviño ou, máis popularmente, como Pepe da Pena nado en Aguasantas, Cerdedo-Cotobade, o 23 de maio de 1843 e falecido no mesmo concello o 4 de xaneiro de 1922, foi un canteiro e escultor galego.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.