Lourenzo de Medici

Lourenzo de Medici (italiano: Lorenzo di Piero de' Medici), nado en Florencia o 1 de xaneiro de 1449 e finado en Careggi o 9 de abril de 1492, tamén coñecido como Lourenzo o Magnífico polos seus contemporáneos, foi un estadista italiano e gobernante de facto[1] da República de Florencia durante o Renacemento italiano. Príncipe de Florencia, mecenas das artes, diplomático, banqueiro, poeta e filósofo renacentista, pertencente á familia dos Medici e tamén bisavó de Catarina de Medici.

A súa vida coincidiu coa cúspide do Renacemento italiano temperán; a súa morte marca o final da Idade de Ouro de Florencia. A fráxil paz que axudou a manter entre os distintos estados italianos terminou coa súa morte. Os restos de Lourenzo de Medici repousan na Capela dos Medici na Basílica de San Lourenzo (Florencia).

Lourenzo de Medici
O magnífico
Verrocchio Lorenzo de Medici
Busto de Lourenzo de Medici por Verrocchio (1480).

Nome completoLorenzo di Piero de' Medici
Outros títulosSeñor de Florencia
Nacemento1 de xaneiro de 1449
Florencia
Falecemento9 de abril de 1492 (43 anos)
Careggi
SepulturaCapela dos Medici
Basílica de San Lourenzo
PredecesorPedro de Cosme de Medici
HerdeiroPiero de Medici
SucesorPiero de Medici
Cónxuxe/sClarice Orsini
DescendenciaLucrecia
Pedro
Magdalena
Xoán (León X)
Luisa
Contessina
Xuliano
ProxenitoresPedro de Cosme de Medici
Lucrecia Tornabuoni

Escudo de Lourenzo de Medici

Le temps revient
O tempo volve
Lorenzo de' Medici

Traxectoria

Lourenzo foi considerado o máis intelixente dos cinco irmáns e tivo como titor un diplomático chamado Gentile Becchi. Participou en xustas, cetrería, caza e cría de cabalos para competir no Palio de Siena. O seu cabalo chamábase Morello.

Educouse primeiro en Venecia, máis tarde foi enviado a Milán con só dezanove anos en representación do seu pai, Pedro de Medici. Sendo Lourenzo aínda novo, Piero enviouno a numerosas misións diplomáticas, entre as que se contan viaxes a Roma para ver o Papa e a outras figuras políticas e relixiosas.

Con vinte anos, en 1469, a morte do seu pai obrigoulle a facerse cargo do Estado florentino baixo un pulso permanente co Reino de Nápoles. O seu carácter conciliador e diplomático permitiulle alcanzar a paz cos napolitanos en 1480 tras declararlle a guerra Fernando I de Nápoles. Os enfrontamentos entre os xefes de familia da república florentina mantiñan a cidade en tensión e Lourenzo debeu disputar a súa posición de forma permanente. Esta actitude levou a parte da historiografía a consideralo un déspota. Outros, con todo, considerárono un mantenedor da orde nun período moi convulso da historia da cidade italiana. O enfrontamento entre os Medici e os Pazzi -outra influente familia banqueira da cidade- mantívose durante todo o seu principado e sufriu, polo menos, dous atentados, o máis famoso dos cales sucedeu o 26 de abril de 1478, a conspiración dos Pazzi, que ocorreu fronte á Duomo de Florencia, un domingo en misa. Nesta descabelada operación os Pazzi acabaron coa vida do irmán de Lourenzo, Giuliano. Enfrontouse ao Papa Sisto IV no proceso de expansión dos Estados Pontificios.

Casado cunha das mulleres máis nobres da aristocracia, Clarice Orsini, conseguiu que o seu fillo fixese carreira como eclesiástico, de tal sorte que máis tarde chegaría a ser o Papa León X.

Como mecenas destacou no seu apoio a artistas do nivel de Sandro Botticelli, Leonardo da Vinci, Giuliano da Maiano e Michelangelo Buonarroti, entre outros. Estendeu a obra renacentista italiana polo resto das cortes europeas, grazas ás súas excelentes relacións.

Fundou, entre outras institucións, a Biblioteca Laurenciana. Enviados de Lourenzo recuperaron do leste de Europa gran cantidade de obras clásicas e montaron talleres para copiar os seus libros e difundir o seu contido a través de toda Europa. Apoiou o desenvolvemento do humanismo a través do seu círculo de amigos eruditos que estudaron os filósofos gregos e trataron de combinar as ideas de Platón co cristianismo. Neste grupo atopábanse os filósofos Marsilio Ficino, Poliziano e Giovanni Pico della Mirandola.

Na súa condición de banqueiro desatendeu os negocios herdados da familia e tivo moitos problemas para manter as actividades mercantís no oeste de Europa, perdendo as filiais de Londres, Bruxas e Lión (creada en 1466).

Mecenado

Medici - Rappresentazione dei santi Giovanni e Paolo, circa 1485 - 2411117 Scan00017
Rappresentazione dei santi Giovanni e Paolo
Lorenzo de' Medici-ritratto
Retrato de Lourenzo de Medici por Girolamo Macchietti

O mecenado de Lourenzo de Medici non consistiu tanto en financiar obras, como fixera o seu avó Cosme o Vello, senón en mandar os artistas máis destacados de Florencia (Botticelli, os Pollaiolo a Roma, Maiano a Nápoles, Sansovino a Lisboa, Verrocchio a Venecia etc.) a diversas cortes, practicando a «política de prestixio artístico». O seu gusto e o seu criterio eran moi valorados posto que, dotado dunha gran sensibilidade demostrada polos seus poemas, gustou de rodearse de artistas, filósofos e científicos: amaba o contacto coa intelixencia e o talento, como para cultivar nel mesmo unha especie de artista universal, para adquirir ou presentir todas as virtualidades do xenio. Á xeración viril, a de Cosme que se compracía en construír en todas as ordes, seguiu a dos estetas, admirablemente dotados, que prefiren o goce e a especulación á actividade. Isto ademais ten a súa explicación no feito de que había que facer avanzar numerosos traballos xa emprendidos, que as vilas dos Medicis eran xa numerosas en 1469 e que estaban adornadas con cadros e estatuas, quedando pouco sitio libre. O que si é certo é que entre todas as anticaglie que conservaban en xardíns e no interior dos palacios, artistas como Michelangelo puideron entrar en contacto directo coas obras da antigüidade clásica -e reparar algunhas, como é o caso de Donatello-, sen esquecer por exemplo que no Camposanto monumental de Pisa hai unha magnífica colección de sarcófagos romanos, probablemente a primeira fonte de inspiración para os escultores florentinos do Quattrocento.

Algúns estudosos proclaman a Lourenzo de Medici como un dos «padriños do Renacemento». Destácase o chamado «xardín de escultura» que fundou, co cal pretendía revivir a arte da escultura, case extinta en Florencia. Neste xardín impartiuse ensino gratuíto no proceso de esculpir aos máis talentosos aprendices dos talleres do momento, entre eles a Michelangelo, e foi alí onde este realizou varias das súas primeiras obras en mármore, como a Virxe das Escaleiras e a Batalla dos centauros. Para encher a necesidade de ter un mestre no xardín de escultura, Lourenzo contratou a Bertoldo, antigo aprendiz do famoso escultor Donatello, quen á súa vez foi aprendiz de Ghiberti. Bertoldo, malia a súa avanzada idade, ensinou a arte de esculpir o mármore aos seus aprendices do xardín, o cal lles deu as bases necesarias para revivir a escultura en Florencia.

Na cultura popular

  • No videoxogo Assassin's Creed II, Lourenzo é amigo do protagonista, quen á súa vez o axuda a acabar coa Conspiración dos Pazzi.
  • Na serie de TV Da Vinci's Demons, Loruenzo contrata a Leonardo como artista e como enxeñeiro militar, sendo este quen o libra dos Pazzi.

Notas

  1. Kent, F.W. (2006). JHU Press, ed. Lorenzo De' Medici and the Art of Magnificence. USA. p. 248. ISBN 0801886279.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Eric Frattini, La Conjura, Matar a Lorenzo de Medici (2006) ISBN 978-84-670-2210-0

Ligazóns externas

1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

8 de abril

O 8 de abril é o 98º día do ano do calendario gregoriano e o 99º nos anos bisestos. Quedan 267 días para finalizar o ano.

A Última Cea (Leonardo)

A Última Cea (en italiano: Il cenacolo ou L'ultima cena) é unha pintura mural orixinal de Leonardo da Vinci executada entre 1495 e 1497, atópase na parede sobre a que se pintou orixinariamente, no refectorio (comedor) do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán (Italia). Este representa a escena da Última Cea de Xesús como se anuncia no Evanxeo de Xoán 13:21, cando Xesús anuncia que un dos seus Doce Discípulos traizoaríao. A pintura foi elaborada, para o seu patrón, o duque Ludovico Sforza de Milán. Non é un fresco tradicional, senón un mural executado ao témpera e óleo sobre dúas capas de preparación de xeso estendidas sobre enlucido. Mide 460 cm. de alto por 880 cm. de ancho. Moitos expertos e historiadores da arte, consideran a A Última Cea como unha das mellores obras pictóricas do mundo.

Alexandre VI, papa

Alexandre VI, nado en Xàtiva (Reino de Valencia) o 1 de xaneiro de 1431 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 18 de agosto de 1503, foi o papa n.º 214 da Igrexa católica entre 1492 e 1503. Nado Roderic de Borja i Borja, italianizado en Borgia, máis coñecido como papa Borgia.

Roderic Borja alcanzou o poder grazas ao nepotismo e mantívoo por el, conseguindo o seu ascenso dentro da xerarquía da Igrexa católica grazas á súa relación co papa Calisto III, de quen era sobriño. Esta relación familiar facilitoulle o acceso a Cardeal diácono e o desempeño de numerosos cargos de grande importancia dentro e fóra da Curia Romana, que lle permitiron facerse coas influencias políticas e o prestixio que, finalmente, o levaron ao solio pontificio en 1492. Unha vez elixido papa como Alexandre VI, desencadeou e involucrouse en decenas de situacións políticas, envolvido en intrigas e nas tormentosas e traizoeiras relacións entre os poderes internacionais. Buscou a través de alianzas políticas e conspiracións facer que a súa familia se consolidase dentro da nobreza italiana e acrecentar en toda posible ocasión o seu poderío, tarefa que emprendeu en conxunto cos seus fillos, Xoán, César, Lucrezia e Jofre, os cales serviron como instrumentos das súas maquinacións políticas.A través da guerra italiana de 1494-1498 e a guerra de Nápoles (1501-1504) enxeñouse para non só asegurar o seu poderío, senón para acrecentalo, valéndose das rivalidades entre as potencias da época e as tensións políticas entre as familias da aristocracia europea, conseguindo durante os 11 anos que durou o seu papado impulsarse ata a cima do poder na península itálica.Traxicamente, as mesmas intrigas e poderes que lle serviron para levar á Casa de Borgia á cima, aseguraron a súa destrución, pois todo o poder que os Borgia obtiveran, inclusive o éxito militar de César Borgia, xiraba en torno aos Estados Pontificios e polo tanto dependía da permanencia de Alexandre VI no poder, polo cal a vasta rede de condados, principados e territorios que os Borgia puxeran aos seus pés, sucumbiu ipso facto coa súa morte, selando o destino de César Borgia, quen morrería catro anos despois en 1507, e sepultando a era dos Borgia e a súa dinastía.

Bartolomeo Platina

Bartolomeo Sacchi, coñecido coma «Bartolomeo Platina» (il Platina); nado en 1421 en Piadena, Cremona (de onde o nome latino, Platina, é a fonte do seu alcume) e finado en Roma o 21 de setembro de 1481, foi un humanista, escritor e gastrónomo do renacemento italiano.

Década de 1480

A década de 1480 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1480 e remata o 31 de decembro de 1489.

Fernando I de Nápoles

Fernando I de Nápoles (ou Ferrante I, nado seguramente en Nápoles o 2 de xuño de 1423 e finado en Nápoles o 25 de xaneiro de 1494, foi un fillo de Afonso V de Aragón e I de Nápoles e Sicilia (1396 - 1458) e da súa amante Giraldona de Carlino, que foi rei de Nápoles entre 1458 e 1494, ano da súa morte.

Girolamo Savonarola

Girolamo Maria Francesco Matteo Savonarola, nado en Ferrara, Italia o 21 de setembro de 1452 e finado en Florencia o 23 de maio de 1498, foi un relixioso dominico e predicador italiano, confesor do gobernador de Florencia, Lourenzo de Medici, organizador das soadas fogueiras das vaidades onde os florentinos estaban convidados a guindar os seus obxectos de luxo e os seus cosméticos, ademais de libros que consideraba licenciosos, como os de Giovanni Boccaccio. Predicou contra o luxo, o lucro, a depravación dos poderosos e a corrupción da Igrexa católica, contra a procura da gloria e contra a sodomía, sospeitando que estaba en toda a sociedade de Florencia, onde el viviu.

Predixo que un novo rei Ciro atravesaría o país para pór orde nos costumes dos sacerdotes e do pobo e a entrada do exército francés de Carlos VIII, en 1494, na Toscana confirmou a súa profecía. As súas críticas violentas contra a familia que gobernaba Florencia neses anos, os Medici, acusándoos de corruptos, contribuíron á expulsión do gobernador Piero de Medici polos florentinos en 1495. Os seus ataques contra o papa Alexandre VI valéronlle, primeiramente a excomuñón e a prisión, e máis tarde, tras ser liberado e conducido a Roma polos grandes comerciantes florentinos, a condena á fogueira por un tribunal da Inquisición e a inclusión da súa obra no Índice de libros prohibidos.

Leonardo da Vinci

Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano.

Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por Michelangelo.

A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o sfumato e o clarescuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.

Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable), xa que a maioría aínda non eran realizables nesa época. Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas da anatomía, a enxeñaría civil, a óptica e a hidrodinámica.

No ano 2008 foi elixido, nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos, o personaxe máis influente na sociedade europea actual. Nun estudo realizado en 1926 o seu cociente intelectual (CI) foi estimado en cerca de 180.

León X, papa

Giovanni di Lourenzo de Medici, nado en Florencia o 11 de decembro de 1475 e finado en Roma o 1 de decembro de 1521, foi Papa da Igrexa católica romana co nome de León X desde 1513.

Marsilio Ficino

Marsilio Ficino, nado en Figline Valdarno (preto de Florencia) o 19 de outubro de 1433 e finado en Florencia o 1 de outubro de 1499, foi un filósofo, filólogo e humanista italiano.

Medici

Os Medici ou Médici foron unha poderosa familia de Florencia, con tres papas, numerosos dirixentes da zona de Florencia, e membros na familia real de Francia e Inglaterra. Mais, sobre todo, é recoñecido o seu labor na arte do renacemento.

Michelangelo

Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo, nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo, un pequeno pobo da Toscana, e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente, tanto polas súas esculturas coma polas súas pinturas e a súa obra arquitectónica.Desenvolveu o seu labor artístico ao longo de máis de setenta anos entre Florencia e Roma, que era onde vivían os seus grandes mecenas, a familia Medici de Florencia, e os diferentes papas romanos.

Foi o primeiro artista occidental do que se publicaron dúas biografías en vida: Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, de Giorgio Vasari, publicada en 1550, onde foi o único artista vivo incluído, e a Vita de Michelangelo Buonarroti, escrita en 1553 por Ascanio Condivi, pintor e discípulo de Michelangelo, que recolle os datos facilitados polo mesmo Buonarroti. Foi moi admirado polos seus contemporáneos, que o chamaban "o Divino".

O historiador florentino Benedetto Varchi (1503-1565) envioulle unha carta o 12 de febreiro de 1560, no nome de todos os florentinos, dicíndolle:

Triunfou en todas as artes nas que traballou, caracterizándose polo seu perfeccionismo. A escultura, segundo declarara, era a súa arte predilecta e a primeira á que se dedicou. Entre as súas moitas esculturas cóntanse a Piedade e o David, tamén elas sublimes obras mestras, e maila Virxe, o Baco, o Moisés, a Raquel, a Lea, e estatuas de membros da familia Medici.

A continuación, a pintura, case como unha imposición por parte do papa Xulio II, e que se concretou nunha obra excepcional e magnífica: os frescos da bóveda da capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental; e tamén polo Xuízo final, e o A crucifixión de San Pedro e a Conversión de San Paulo na capela Paulina do Vaticano.

Xa nos seus últimos anos dedicouse a diversos proxectos arquitectónicos entre os que destaca a continuación dos traballos da Basílica de San Pedro do Vaticano e foi el quen concibiu a súa maxestuosa cúpula.

O príncipe

O príncipe é unha obra literaria de Niccolò Machiavelli, escrita en 1513 co título de Il principe e adicada a Lourenzo de Medici. Foi traducido ao galego por Isabel González e publicado pola Universidade de Santiago de Compostela en 2002.

Quattrocento

Quattrocento é a denominación que adopta o Renacemento italiano do século XV, por comeza-los anos en italiano como mile quattrocento, o primeiro en darlle este nome foi Giorgio Vasari por volta do 1570. O outro período do renacemento italiano é o Cinquecento, no século XVI.

No Quattrocento realízase a evolución das formas medievais ás reinterpretacións clásicas. A cidade de Florencia, eminentemente mercantil dominada pola alta buguesía converteuse no centro de gravidade dunha sociedade que abandonou o misticismo da Idade Media, na cal a orde viña establecida desde o alto, imprimindo unha dinámica humanizante laizante e unha volta ás fontes da civilización occidental, o mundo greco-romano; apareceu no mundo da arte unha figura nova, os mecenas, que xurdiron pola prosperidade económica, a arela cultural e o desexo de ostentación e presitixio, e que chamaban e protexían os artistas para realizaren as súas encargas, os primeiros foron Cosme e Lourenzo de Medici; o artista tamén sufriu un proceso de individualización e personalización como froito do culto humanista polo individuo.

Os novos valores estéticos requirían novos sistemas de representación, coa perspectiva e o estudo das proporcións nun primeiro plano para representar a figura humana, principal obxectivo da representación artística.

Sisto IV, papa

Sisto IV, nado en Albisola, Savona o 21 de xullo de 1414 e finado en Roma o 12 de agosto de 1484, foi un Papa da Igrexa católica entre 1471 e 1484.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.