Lourenzá

Lourenzá é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.259 habitantes (2. 338 no 2014, 2.629 no 2006, 2.677 no 2005, 2.700 no 2004, 2.730 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «laurentino».

Coordenadas: 43°25′59.88″N 7°13′0.12″O / 43.4333000, -7.2167000

Lourenzá
Bandeira de Lourenzá
---
Escudo de Lourenzá
Monasterio de San Salvador de Lourenzá
Situacion Lourenzá
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Central
Poboación2.181 hab. (2018)
Área62,6 km²
Densidade34,84 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias
Capital do concelloVilanova
Política (2019[2])
AlcaldesaRocío López García (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Lourenzá
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes85,96%
Na rede
www.concellodelourenza.es

Xeografía

O concello sitúase na comarca da Mariña Central, ao norte da provincia de Lugo. Limita ao norte con Foz, ao sur con Riotorto, ao leste con Trabada e Barreiros, e ao oeste con Mondoñedo. Abrangue catro parroquias: Santa María, San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao.

Estas tres últimas conforman o Val de Lourenzá, cun clima idóneo para a produción hortícola, desenvolvida nos últimos tempos coa plantación masiva da faba de Lourenzá. Debido á proximidade á costa Cantábrica, o clima destaca pola suavidade térmica e a alta humidade ambiental.

O río Baos, que nace no concello de Mondoñedo, atravesa o concello de suroeste a noroeste. No lugar de Mazúa úneselle o río Batán, que nace en Riotorto, e xa na parroquia de Santa María desemboca no río Masma.

Historia

A historia destas terras está fortemente vencellada á do mosteiro de San Salvador de Lourenzá, creado no século X por Osorio Gutiérrez. Foi de carácter familiar até o século XII, cando pasou a pertencer á orde de San Bieito. Acadou o seu maior esplendor cara ao século XVII, e en 1642 Filipe IV concedeulle a Álvaro Quiñones o marquesado de Lourenzá. O mosteiro pechou en 1835 por mor da desamortización de Mendizábal.

No antigo réxime había dúas xurisdicións, O Val de Lourenzá e Vilanova de Lourenzá, pertencentes á provincia de Mondoñedo. Coa creación dos primeiros concellos mantívose a división. En 1835 O Val incluía as parroquias de San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao, e Vilanova as de Santa María, Masma, Oirán e Couboeira. En 1840 creouse o concello de Lourenzá, e malia que en 1844 as parroquias do Val reclamaron a segregación, a Deputación de Lugo non aceptou.

A comezos do século XX minguou moito a poboación por mor da emigración, especialmente cara a Cuba. Alí creouse a sociedade Hijos de Lorenzana, que posteriormente fixo doazóns ao concello para a construción de escolas e a compra do reloxo da Torre.

Poboación

Censo total 2014 2.338 habitantes
Menores de 15 anos 221 (9.45 %)
Entre 15 e 64 anos 1.368 (58.51 %)
Maiores de 65 anos 749 (32.04 %)
Evolución da poboación de Lourenzá   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.105 4.443 4.348 3.379 2.700 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Mosteiro de San Salvador

Artigo principal: Mosteiro de San Salvador de Lourenzá.

As primeiras referencias sobre a súa existencia son do ano 947. No século XII pasou a pertencer á orde de San Bieito, e en 1505 integrouse na congregación de San Benito de Valladolid. O 18 de outubro de 1835 desmantelouse a biblioteca do mosteiro, pechándose o mosteiro debido á desamortización de Mendizábal. En 1878 o claustro principal viuse afectado por un incendio, e en 1910 as estancias foron ocupadas de novo por unha comunidade de monxes, pasando a ser un priorato dependente do mosteiro de Samos. O priorato disolveuse en 1942, sendo traspasadas as dependencias ao bispado de Mondoñedo, funcionando como Seminario Menor Diocesano até 1970.

Santa María

A igrexa parroquial de Santa María comezou a construírse en 1732 da man de Frei Juan de Samos, sendo rematada por Fernando de Casas Novoa (fachada e parte alta do interior), como ensaio da fachada do Obradoiro da catedral de Compostela. Ten tres naves, con planta de cruz latina e cúpula sobre pendente. O retablo neoclásico é de Ventura Rodríguez, e inclúe imaxes de Xosé Ferreiro.

Entre o seu patrimonio hai un retablo renacentista de San Xosé, o de Santa Xertrude, coa Virxe de Monserrat, unha tapa do sepulcro dun cabaleiro e a lápida de Villaroel. Hai dúas capelas: a da Nosa Señora da Valvanera e a da Nosa Señora de Valdeflores, na que se atopa un sartego paleocristián de mármore do século V. Segundo a tradición, o sartego foi traído polo Conde Santo dunha viaxe a Terra Santa. Nel repousaron os restos de Osorio Gutierres até 1968.

O museo de Arte Sacra foi creado en 1964. Alberga unha importante colección de pinturas en táboa, con escenas dos milagres do Conde Santo, pezas escultóricas dos séculos XVII e XVIII e un rico e variado número de pezas de ourivería. Destaca un relicario barroco do século XVII, situado na sancristía da igrexa. Na sala que acollera a biblioteca monacal consérvanse interesantes volumes.

A capela de San Pedro Fiz da Cazolga foi construída en 1940, substituíndo a antiga de San Fiz, situada no fondo do val e supervivente do mosteiro de San Fiz e os Macabeos, mandada construír segundo a tradición polo pai do Conde Santo. Ten un sinxelo retablo barroco popular sen imaxes.

A capela de Santa Cruz, no no barrio da Tilleira, ten planta rectangular cuberta de madeira cunha rústica anteportada. Sobre a porta, o "signo paz", como indicador de pertenza ao mosteiro. Retablo sinxelo e moi popular cunha fornela e nela un crucifixo do século XVII. Aos lados, Virxe de vestir e talla popular de San Roque, do século XVI. Segundo a tradición, o Conde Santo, fundador do mosteiro de San Salvador, tirou desde este lugar unha pedra que rodou ata o lugar onde está hoxe situado o mosteiro.

A capela de Nosa Señora da Gracia foi creada no século XVIII, ten planta cadrada e está cuberta por unha cúpula vaída. Ten pórtico rústico á entrada e, xunto a el, púlpito de pedra sostido por columnas románicas. Loce o escudo de pedra policromado, cos símbolos do mosteiro de San Salvador. Os retablos do interior son neoclásicos, e a imaxe de Nosa Señora da Gracia é barroca do século XVIII.

San Xurxo

O templo parroquial foi construído no século XVIII sobre edificacións anteriores, encol dun antigo poboado castrexo, sobre o val de de Lourenzá. Ten planta de cruz latina, con nave, capela maior e sancristía á esquerda desta. A comezos do século XX anexionáronse dúas capelas laterais. Ante a fachada principal hai un pórtico rústico, e sobre esta unha espadana dun corpo con dous vans. A porta principal ten arco carpanel, coa inscrición Es iglesia de refugio. O presbiterio ten un retablo maior neoclásico do século XIX, feito en Mondoñedo.

San Tomé

O templo parroquial, do século XVI, foi reformado no século XVIII e nos últimos tempos. Ten tres naves separadas por arcos semicirculares con cuberta de madeira. A capela maior é cadrada con bóveda de catro nervios, do século XVI, apoiados en ménsulas. Catro contrafortes na capela maior e, no muro dereito unha pequena espadana dun só van. No alto da fachada, ten gran frontispicio con imaxe de pedra de San Tomé Apóstolo.

O presbiterio ten un retablo maior de estilo renacentista, con tres corpos, todos de orde corintia. Unha cartela do retablo sinala o ano de 1667. Nave lateral dereita: retablo de estilo barroco, século XVIII, procedente da igrexa de San Pedro de Alcántara de Mondoñedo. Columnas barrocas, salomónicas, de notable influencia colonial. Outro retablo barroco rexional, cun só corpo de dúas columnas salomónicas do século XVII.

A capela da Nosa Señora da O está situada no antigo Real Coto de Canedo, reconstruída na súa totalidade en 1962. Conserva un retablo renacentista do século XVII, con dous corpos, e nela destaca a imaxe da Virxe da Expectación do Parto, repintada, de finais do século XVII. Da mesma época son as esculturas de Santo Antonio de Padua e San Miguel Arcanxo, o Pai Eterno. Talla de Santa Catarina de Alexandría, de finais do século XVI.

A capela de San Xosé, situada no barrio de Oural, é anterior a 1646, se ben sufriu un mínimo de tres reformas. Ten planta rectangular, espadana dun só corpo e pórtico rústico, ademais da sancristía detrás do presbiterio. Cuberta de madeira a dúas vertentes, pavimento de lastras e pila de auga bendita de gallóns, do século XVII. Retablo moderno cun San Xosé, do século XVII, e un curioso grupo da Virxe impoñendo a casula de San Ildefonso, da mesma época; Santa Bárbara, popular; Santa Magdalena; un Santo monxe, século XVII. Dous floreiros de opalina do século XIX. Talla do Neno Xesús, século XVIII. Na sancristía, fermosa casula do século XVI.

Santo Adrao

A igrexa parroquial data do século XVI, sendo restaurada en diferentes ocasións. Ten nave principal e nave lateral á dereita, separada por arcos de medio punto. Sancristía detrás do testeiro. A fachada principal leva espadana de dous corpos e tres vans, e nun lado reloxo de sol de lousa. No atrio, pía bautismal de pedra con tres cruces gravadas e dise que foi da primitiva igrexa. No lado esquerdo do presbiterio, un arco de medio punto que comunicaba coa derrubada capela dos Sarmiento.

A capela de Santo Estevo é unha rústica construción de madeira na cuberta, precedida dun pórtico. Porta con lintel e, enriba arco que foi triunfal do primitivo edificio. Ten unha imaxe popular e policromada con Cristo no anverso e Santo Estevo no reverso. A pía de auga bendita é un miliario romano dun metro de altura.

A Capela de San Sebastián de Vilar foi construída en 1947, substituíndo a antiga capela situada a uns 300 metros.

Pazo de Tovar

Artigo principal: Pazo de Tovar.

É unha mansión señorial fortificada, mandada construír por Antonio de Tovar en 1530. De estilo gótico isabelino, non se chegou a rematar. Unha inscrición na pedra de armas que decora a súa fachada certifica estes feitos: DN ANTONIOUS DE: DOMO KA IS: HANC: FE NA BLANCA M D XXX DE TOVAR ROLI: CÉSAR CIT: CUM: CO: SVA: VXORE (No ano do señor de 1530 Antonio de Tovar da Casa do César: Carlos fixo esta casa con dona Branca, e a súa muller).

A fortaleza ten dúas torres cadradas, coroadas con ameas e dous pavillóns e o comezo doutro. A entrada posúe un arco gótico isabelino con dous bustos en baixorrelevo. A torre principal ten uns fermosos ventanais góticos, un grande escudo e lápida con inscrición. No patio hai dous arcos isabelinos mixtilíneos.

Economía

O sector da madeira é fundamental, existindo empresas que completan todo o ciclo de produción desde a corta até a conversión en mobles e útiles. A industria da pedra tamén ten importancia, con canteiras e empresas que transforman a pedra. No sector primario destaca o cultivo da faba e produtos de horta.

Festas

O último sábado de agosto celébrase a Festa do Conde Santo. A comezos de outubro celébrase a festa da faba de Lourenzá. O 9 de outubro celébrase a feira de San Marcial.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Lourenzá.
Lourenzapombal

Pombal na traseira do Mosteiro de Lourenzá.

Lourenzatemplete

Templete da música no parque de Vilanova de Lourenzá.

Lourenzaconcello

Casa do concello no parque de Vilanova de Lourenzá, antigo mosteiro.

Lugares de Lourenzá

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lourenzá vexa: Lugares de Lourenzá.

Lourenzá na cultura popular

Dime, leiteira de Arroxo[5],
¿con que aleitas o teu xato,
traguendo sempre pra a vila
xarros de leite tamaños?

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Lourenzá". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Refírese ó lugar de Arroxo, na parroquia de Santa María de Lourenzá, próximo á linde co concello veciño de Mondoñedo.
Abadín

Abadín ( pronunciación ) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «abadinés» ou «abadinense» .

Comarca da Mariña Central

A comarca da Mariña Central é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Mondoñedo, que é a súa terceira cidade en poboación, tras Foz e Burela. A ela pertencen os concellos de Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Eleccións municipais en Lourenzá

Corporacións democráticas en Lourenzá desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José María López Noceda — IndependentesModelo:Lourenzá 1979

1983 Alcalde: José María López Noceda — CPModelo:Lourenzá 1983

1987 Alcalde: José María López Noceda — AP. Substituído en 1989 por Fe Rodríguez Rocha.Modelo:Lourenzá 1987

1991 Alcaldesa: Fe Rodríguez Rocha — PPdeG

1995 Alcaldesa: Fe Rodríguez Rocha — PPdeGModelo:Lourenzá 1995

1999 Alcalde: Vidal Martínez-Sierra López — PPdeG

2003 Alcalde: Vidal Martínez-Sierra López — PPdeG

2007 Alcalde: Vidal Martínez-Sierra López — PPdeG

2011 Alcalde: Vidal Martínez-Sierra López — PPdeG. En setembro de 2012 renuncia á alcaldía para presentarse nas listas provinciais do PP das eleccións ao Parlamento de Galicia, sendo substituído pola súa compañeira de partido Emma Álvarez Chao.

2015 Alcaldesa: Rocío López García — PSdeG-PSOE.Candidatos: Rocío López García (PSdeG-PSOE), María Emma Álvarez Chao (PP) e César Docampo Fernández (BNG).

Faba de Lourenzá

A faba de Lourenzá é unha variedade de feixón con Indicación Xeográfica Protexida da zona de Lourenzá.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Lavandeira

O termo lavandeira pode referirse a:

Motacilla, grupo de paxaros, da familia dos motacílidos, de cola longa e peteiro e patas finas:

Lavandeira branca (Motacilla alba);

Lavandeira real (Motacilla cinerea);

Lavandeira verdeal (Motacilla flava);

Lavandeira, ser fantástico da mitoloxía galega;O topónimo galego Lavandeira pode referirse a:

Lavandeira, lugar da parroquia de Andavao, no concello de Boimorto;

Lavandeira, lugar da parroquia de Soaserra, no concello de Cabanas;

Lavandeira, lugar da parroquia de Alcázar de Milmanda, no concello de Celanova;

Lavandeira, lugar da parroquia de Coles, no concello de Coles;

Lavandeira, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Guitiriz;

Lavandeira, lugar da parroquia do Lago, no concello de Maside;

Lavandeira, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

Lavandeira, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

Lavandeira, lugar da parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón;

Lavandeira, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son;

Lavandeira, lugar da parroquia de Leirado, no concello de Quintela de Leirado;

Lavandeira, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de San Amaro;

Lavandeira, lugar da parroquia de Biville, no concello de Sarria;

Lavandeira, lugar da parroquia de San Vicenzo de Froián, no concello de Sarria;

Lavandeira, lugar da parroquia de Fión, no concello do Saviñao;

Lavandeira, lugar da parroquia de Soutomaior, no concello de Taboadela;

Lavandeira, lugar da parroquia de Castrelo, no concello de Vimianzo;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Aldixe, no concello de Abadín;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Cabeiras, no concello de Arbo;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Bemil, no concello de Caldas de Reis;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Feás, no concello de Cariño;

A Lavandeira, lugar da parroquia de San Xurxo de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Lavandeira, lugar da parroquia de San Xoán de Pena, no concello de Lugo;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Trasancos, no concello de Narón;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Marentes, no concello de Negueira de Muñiz;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás;

A Lavandeira, lugar da parroquia da Valboa, no concello de Trabada;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Rebordáns, no concello de Tui;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Oia, no concello de Vigo;

A Lavandeira, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro;

Lavandeira de Baixo, lugar da parroquia de Poulo, no concello de Ordes;

Lavandeira de Baixo, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

Lavandeira de Riba, lugar da parroquia de Poulo, no concello de Ordes;

Lavandeira de Riba, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá.Amais, como apelido pode referirse a:

F. R. Lavandeira, (1966-), escritor galego.

Lourenzá, Lourenzá

Santa María de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.232 habitantes (635 mulleres e 597 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 1.350 habitantes.

Luís Trigo Chao

Luís Trigo Chao, coñecido como O Gardarríos e O Chao, nado en San Pantaleón de Cabanas (Ourol) o 24 de decembro de 1889 e finado en Lourenzá o 25 de xuño de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Montes de Carracedo

Os montes de Carracedo limitan entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo e forma parte polo tanto das serras setentrionais de Galiza. Están cubertos por pasteiros, agás no litoral, onde aínda existen fragas en bos estado de conservación ou áreas de repoboación con piñeiro e eucalipto.

O punto máis elevado é O Carracedo, con 883 metros sobre o nivel do mar.

Mosteiro de San Salvador de Lourenzá

O mosteiro de San Salvador de Lourenzá é un mosteiro de orixe medieval situado en Lourenzá, no val do río Masma, a poucos quilómetros de Mondoñedo. Considérase fundador do mosteiro o conde Osorio Gutiérrez, que o ampliou, protexeu e actuou como mecenas, sobre un pequeno cenobio apenas sen vida. O complexo arquitectónico foi mudando a través dos séculos e as modas construtivas, de modo que o edificio actual data do século XVII, en estilo barroco.

En 1974 o conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural. Acolle a Casa Consistorial de Lourenzá.

Ramón Rodríguez Somoza

Ramón Rodríguez-Somoza López, nado en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) en 1899 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1994, foi un reputado médico neuropsiquiatra galego.

Río Masma

O río Masma é un río da provincia de Lugo. Pertence polo tanto á vertente cantábrica.

Nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro. Percorre os concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz. Despois de 46 km de percorrido desemboca na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira e á praia de Altar no mar Cantábrico.

A superficie da súa conca supera escasamente os 290 quilómetros cadrados.

San Tomé de Lourenzá, Lourenzá

San Tomé de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Tiña 386 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 178 homes e 208 mulleres. O que supón unha diminución de 91 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 477 habitantes (242 homes e 245 mulleres).

San Xurxo de Lourenzá, Lourenzá

San Xurxo de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Tiña 259 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 130 homes e 129 mulleres. O que supón unha diminución de 55 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 314 habitantes (153 homes e 161 mulleres).

Santo Adrao de Lourenzá, Lourenzá

Santo Adrao de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Tiña 413 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 195 homes e 218 mulleres. O que supón unha diminución de 109 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 522 habitantes (263 homes e 259 mulleres).

Serra da Cadeira

A serra da Cadeira é unha serra pertencente ás serras orientais de Galiza que está localizada ao leste do río Masma, entre o val de Lourenzá e mais o va do río Eo.

O punto de maior altura é Cerrochán, con 776 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Lourenzá

A serra de Lourenzá é unha cadea montañosa parte das serras setentrionais de Galiza que se estende polos concellos da Pastoriza e Mondoñedo. Limita ao leste co val do río Valiñadares, un afluente do río Masma.

O punto máis elevado é A Revolta, con 785 metros sobre o nivel do mar. Cabe destacar tamén o monte da Farrapa, con 746 m e mais O Padornelo, de 620 m.

Vilanova, Lourenzá, Lourenzá

Vilanova é unha vila da parroquia de Lourenzá, no concello lugués de Lourenzá, na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2013 tiña 915 habitantes (443 homes e 472 mulleres). É a capital do concello de Lourenzá.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.