Loureiro, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Loureiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 151 habitantes (65 homes e 86 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 181 habitantes.

Coordenadas: 42°27′41″N 8°28′53″O / 42.4613724, -8.4812506

Loureiro
Loureiro
Igrexa parroquial.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área8,2 km²
Poboación151 hab. (2015)
Densidade18,41 hab./km²
Entidades de poboación24

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Loureiro, Cerdedo-Cotobade.
VCLoureiro2

Restos do Vía Crucis.

CPILoureiro

Cruceiro no igrexario.

CNLoureiro

Cruceiro das Neves.

CBarreiros4

Detalle do cruceiro de Barreiros.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).

Véxase tamén

Outros artigos

A Chan, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

A Chan é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 19 habitantes (9 homes e 10 mulleres), o que supón a redución da poboación en tres habitantes con respecto a 2005 cando tiña 22 habitantes.

A Costa, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

A Costa é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres), o que supón a perda dun habitante con respecto a 2005.

A Vilalén, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

A Vilalén é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 23 habitantes (9 homes e 14 mulleres), o que supón un descenso con respecto ó 2005, cando había 25.

Neste lugar está o cruceiro de Barreiros, mandado facer en 1860 por Bernardo García Vidal.

Arufe, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

Arufe é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2011 estaba deshabitado. Só mantén restos de casas con hórreos e algunha fonte. A ruta de sendeirismo O Foxo de lobo pasa por aquí.

Galería de imaxes de Cerdedo-Cotobade

Galería de imaxes do concello Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de Loureiro, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Loureiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.

Insuela, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

Insuela é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2017 tiña 19 habitantes (7 homes e 12 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 20.

Neste lugar a celebración do magosto realízase no Coto do Outeiro de Moimenta, sobre unha pedra de forma especial, estimada como lugar ou cama de matrimonios que buscan un remedio para lograr descendencia.

Magosto

A palabra magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.

O Batán, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

O Batán é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 estaba habitado por 2 mulleres, ó igual que no ano 2005.

No lugar do Campo da Anta hai unha mámoa.

O Beseiro, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

O Beseiro é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 13 habitantes (5 homes e 8 mulleres), o que supón que a poboación diminuíu nun habitante con respecto a 2005.

O Frade, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

O Frade é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 35 habitantes (20 homes e 15 mulleres). Malia que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 41, segue sendo o lugar máis habitado da parroquia.

Neste lugar atópase o cruceiro da Porteliña, posiblemente anterior ó século XIX.

O Igrexario, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

O Igrexario é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 24 habitantes (8 homes e 16 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ó 2005, cando tiña 29.

Neste lugar, ademais da igrexa parroquial, atópanse o cruceiro pequeno do Igrexario, o cruceiro do Igrexario, o cruceiro do Adro, e os restos de catro cruces do via crucis.

O Pereiral, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

O Pereiral é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 persoas (4 homes e 7 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 12.

Ribalta, Loureiro, Cerdedo-Cotobade

Ribalta é un lugar da parroquia de Loureiro, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2005, cando tiña 7.

Neste lugar está a ermida da Virxe das Neves, e próxima a ela está a Cruz das Neves.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.