Loureiro

O loureiro (Laurus nobilis) é unha árbore do xénero Laurus da familia botánica das Lauraceae ou lauráceas. É orixinaria do Mediterráneo oriental, varía entre 5 e 10 metros de alto, mais pode atinxir até 20 m de altura. As súas follas son vistosas, coriáceas e cun recendo moi característico. Por iso son moi usadas en condimentos na culinaria en xeral. O seu froito é do tipo baga e cando está maduro ten cor negra. Alén diso, a madeira desta árbore é de excelente calidade. Hai aínda algunhas propiedades medicinais para reumatismo, estómago etc.

Na Grecia Antiga as coroas confeccionadas con ramos de loureiro eran o símbolo da vitoria para os atletas e heroes nacionais. Ese costume tamén se herdou na Roma na época dos Césares. Por iso o termo laureado deriva xustamente do xénero Laurus.

En Galicia ademais do seu cultivo forma parte da vexetación espontánea, xeralmente en lugares húmidos, noiros, socalcos e pretos dos regos. Recibe tamén o nome de gamallo[1]. Un estudo recente encontrou que as estacións nativas clasificadas como L. nobilis no norte de España (en Galicia por exemplo) estaban máis preto xenética e morfoloxicamente de L. azorica que da poboación de L. nobilis nativa en Francia e Italia[2] É certo que en Galicia os loureiros adoitan medrar en ambientes moi húmidos, moito máis ca nos que medra o loureiro común mediterráneo.

Loureiro
Ilustración do loureiro (Laurus nobilis).

Ilustración do loureiro (Laurus nobilis).
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Magnoliidae
Orde: Laurales
Familia: Lauraceae
Xénero: Laurus
Especie: L. nobilis
Nome binomial
Laurus nobilis
L.

Descrición

Laurier
Loureiro en flor.
Laurel berries
Froitos in situ.

O loureiro común é unha árbore dioica de folla persistente de 5–10 m de altura, de toro recto coa casca cinsenta e a copa mesta, escura. Ramallos ergueitos. Follas azuladas, alternas, lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, de consistencia algo coriácea, recendente, co borod en ocasións algo ondulado. As follas dos exemplares en Galiza acostuman ser menos coriáceas, máis claras e anchas, especialmente cando medran en locais húmidos e sombrizos. Ápice agudo e base atenuada. Miden uns 3–9 cm de lonxitude e posúen curto pecíolo. A face é de cor verde escura lustrosa, mentres que o envés é máis pálido. Flores dispostas en umbelas sésiles de 4-6 flores. As flores, de 4 pétalos aparecen en marzo-abril, e son amarelentas. Flores masculinas con 8-12 estames de arredor de 3 mm, case todos provistos de 2 nectarios opostos, subbaxilares; xineceo rudimentario. Flores femininas con 2-4 estaminodios apendiculados; ovario subsésil; estilo curto e groso con estigma trígono. O froito é unha baga, ovoide, de 10–15 mm, negra na madureza, suavemente acuminada con pericarpo delgado. Semente única de 9 por 6,5 mm, lisa. Madura a principios do outono.[3]

Cultivo

Illustration Laurus nobilis0
Loureiro en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz. 1885.

Pódese multiplicar por sementes e por esgallo, tanto de raíz como de talo (espeques). A multiplicación por sementes é moi amodo. Cómpre apañar a semente en zonas onde existan pés dos dous sexos, debéndose coller só os froitos que están na planta e non nos que fican no chan, pois adoitan estar fermentados. A semente limpa xermola mellor ca que conserva o pericarpo seco. Os tratamentos de mergullo en auga da semente aumente e aceleran a xerminación. O loureiro é unha planta pouco esixente en solos, aínda que vai mellor naqueles soltos e frescos. Atura moi ben a poda, de feito é moi común cultivar arboriñas podadas formando bólas en vasos para xardinaxe. É, porén, sensíbel a parasitos que acostuman poboala, algúns dos máis comúns son:

  • Cochinillas son o seu principal inimigo (o 90% dos loureiros pórtanas). Sobre a melaza que secretan estas, aséntase o fungo Tricholoma terreum, que máis que dano fai que perda estética.
  • Sila (Trioza alacris), unha praga que produce síntomas chamativos. As follas aparecen engurradas como consecuencia das picaduras deste pequeno insecto chuchador. É difícil ver o causante pois non fica estático na folla.
  • Pulgóns. Fóra das rexións de clima mediterráneo, é moi sensíbel ás xeadas.

Usos

Uso culinario

As follas de loureiro son usadas como condimento na gastronomía europea, así como en América do Norte e América Central. Estas utilízanse en sopas, guisos e estufados, así como en carnes, peixes e vexetais, incluso en sobremesas coma no arroz con leite. En Galiza cócese o marisco con follas de loureiro, tamén é común cocer patacas cunhas follas.

Uso medicinal

Jakob Auer 001
Dafne transformándose en loureiro por Jakob Auer.

Como planta medicinal, o loureiro é un tónico estomacal (estimulante do apetito, dixestivo, colagogo e carminativo). O aceite esencial obtido dos froitos ("manteiga de loureiro") usábase tradicionalmente para o tratamento de inflamacións osteoarticulares e pediculose. A inxesta de follas de loureiro en grandes cantidades chega ser tóxica.[4]

Outros usos

A madeira de loureiro é moi dura e tense empregado para traballos de marquetaría.[5]

Stater Zeus Lampsacus CdM
Zeus con coroa de loureiros.

O loureiro, incluídas as súas pólas empréganse en ornamentación.

Emprégase coma planta ornamental para crear sebes e coma arboriñas independientes podadas formando bólas e outras formas, xeralmente en vasos de terracota.

Historia e mitoloxía

Julius Caesar Coustou Louvre MR1798
Xulio César coroado con loureiros no museo parisiense do Louvre.

É o obxecto simbólico preferido na astroloxía para o signo do Carneiro.

Ten connotacións simbólicas en certas culturas como a romana e na cristiá.

Segundo a mitoloxía, o loureiro é a transformación da ninfa Dafne (Daphne) que ao ser perseguida por Apolo foi salvada por seu pai, o río Peneo, transformándoa en loureiro; de aí, Apolo cortou dúas pólas e entrenzounas elaborando unhas coroas triunfais que usan os vitoriosos, xenerais e emperadores da antiga Roma[4] e que chegaron até os nosos días coma símbolo da vitoria. Ademais, estas follas foron postas na testa dos atletas Medallistas Olímpicos nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004

Na antigüidade o loureiro protexía contra os raios, Plinio recólleo,[6] así mesmo asegura non coñecer casa plantada con loureiros, que fora alcanzada polos raios dunha treboada.

Etnografía galega

Artigo principal: O loureiro na cultura popular galega.

En Galiza, coma árbore perenne (que non era o normal), asociábase o loureiro con algúns ritos pagáns de inverno. Nalgunhas zonas de Galiza, coma en Mos facíanse no mes de xaneiro unhas cacharelas con ramallos de loureiro mentres os mozos bailaban e cantaba darredor: queimemo-lo loureiro no mes de xaneiro.

O loureiro deu nomes a moitos topónimos galegos: Lourizán, Louredo, Lourido (do latín lauretum que significa sitio abundante de loureiros[7].

Eladio Rodríguez no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano dicía a mediados do século XX que o loureiro aparecía en moitos puntos de Galiza, en pés illados ou formando pequenos arboredos; medra en sebes e hortas e florea pola primavera. Dicía que nas aldeas cren que o loureiro despide efluvios que adozan o ambiente e que ten virtudes protectoras; e así aparece plantado preto de moitas casas campesiñas; e por iso penduran as súas pólas nas cortes, para preservar o gado de desgrazas: e por iso tamén constitúe o anuncio de obriga de tendas e tabernas aldeás, sen dúbida para favorecer ese medio de vida; e polo xera é costume queimar poliñas de loureiro que se benzoara na igrexa o domingo de ramos, supondo que con iso afástase o trono, a treboada e o raio ou chispa. Tense ademais coma purificador; e cando se sospeitar que algunhas cousa entrou na casa, afúmase con loureiro. Como símbolo quizais de triunfo, todos os construtores de vivendas en Galiza colocaban no máis alto das paredes da nova casa varias pólas de loureiro cando rematan de levantar os muros; e disque esta vella práctica encloba tamén o desexo de protección e ventura para o novo lar. As supersticiosas vitudes atribuídas ao loureiro en Galiza, xa foran condenadas no segundo Concilio bracarense, que prohibiu "arrodear as casas con loureiros"[8].

O loureiro converteuse no símbolo dos furanchos.

Cantigueiro

  • A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros. [9].
  • Arrimeime a ti, loureiro,/ coidando que eras calado./ Loureiro, lengoareteiro,/ lévalo lengoaretado.

Taxonomía

Laurus nobilis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 369. 1753.[10]

Citoloxía

Número de cromosomas de Laurus nobilis (Fam. Lauraceae) e táxones infraespecíficos:[11] 2n=48.

Etimoloxía

Laurus: nome xenérico que é nome latino para o loureiro.[12]

nobilis: epíteto latino que significa "notábel".[13]

Sinonimia

Curiosidades

Loureiro é a orixe dos vocábulos galegos "laureado" e "bacharel", este último do latín baccalaureatus, onde aparece laureatus, que recibiu os loureiros do seu título académico.

O loureiro é unha das plantas que con máis frecuencia producen dermatite de contacto e fenómenos de fotosensibilización (en períodos de contacto prolongado).

Cómpre non confundir o loureiro (Laurus nobilis) co loureiro real (Prunus laurocerasus) ao que se asemellada dalgún xeito. Esta última planta é tóxica por inxestión para as persoas.

Nome común

Silvarda, oureiro, lourel, loureite, loureiro romano, loureiro real, loureiro negro, loureiro manso, loureiro gallego, loureiro do país, loureiro de Ramos, loureiro común, loureiro castellano, loureiro bravo, loureiro bendito, loureiro, loureira, lloureiro, laurel, laureiro, garamallo, gamallo e baieira[14].

Galería de imaxes

Laurus nobilis, loureiro

Laurus nobilis.

Folla Loureiro 015eue

Folla de loureiro.

Laurus nobilis g1

Porte da arboriña.

Laurier-spice

Follas secas que se empregan coma adubo.

Laurus nobilis 002

Ramallos.

William-Adolphe Bouguereau (1825-1905) - Laurel Branch (1900)

A póla de loureiro (1900), obra de William-Adolphe Bouguereau (1825-1905).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gamallo.
  2. Arroyo-García, R., Martínez-Zapater, J.M., Fernández Prieto, J.A., & Álvarez-Arbesú R. (2001). AFLP evaluation of genetic similarity among laurel populations. Euphytica 122 (1): 155-164.
  3. L. Villar: Laurus nobilis en Castroviejo, S. (coord. gen.), 1986-2012, Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
  4. 4,0 4,1 Dr. Berdonces I Serra. Rhus aromatica. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). pp. 589–590. ISBN 84-305-8496-X.
  5. 05-05/notic1 05-05.htm Revista Digital de la Sierra de Baza - Etnobotánica de la Sierra de Baza - El Laurel[Ligazón morta]
  6. Plinio el viejo Hº Naturalis Libro 2, 146
  7. Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
  8. Eladio Rodríguez González no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano
  9. A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).
  10. "Loureiro". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
  11. Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  12. En Nombre Botánicos
  13. En Epítetos Botánicos
  14. "Loureiro (Laurus nobilis L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 9 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Antonio Devesa Alcaraz.1995.Vegetación y flora de Extremadura. Edit.Universitas.
  • FORMAN, L. & D. BRIDSON (eds.). The herbarium handbook. Royal Botanic Gardens, Kew. 1989. ISBN 0-947643-20-6
  • Franz Eugen Köhler: Köhler's Medizinal-Pflanzen in naturgetreuen Abbildungen mit kurz erläuterndem Texte. Köhler, Gera-Untermhaus 1887
  • G. López (2001) Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares. Mundi-Prensa Libros.
  • Gerhard Orzechowski (Hrsg.), Otto Gessner: Gift- und Arzneipflanzen von Mitteleuropa. 3. Auflage. Winter, Heidelberg 1974, ISBN 3-533-02372-9
  • Sandro Pignatti, Flora d'Italia, Bologna, Edagricole, 1982. ISBN 88-506-2449-2
  • T.G. Tutin, V.H. Heywood et alii, Flora Europea, Cambridge University Press, 1976. ISBN 0-521-08489-X
  • Wolfgang Franke: Nutzpflanzenkunde. Nutzbare Gewächse der gemäßigten Breiten, Subtropen und Tropen. 6. Auflage. Thieme, Stuttgart 1997, ISBN 3-13-530406-X
  • AFPD, 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • Kostermans, A. J. G. H. 1939. Enumeratio Lauracearum Madagascariensium et ex insulis Mascarenis (Revisio Lauracearum VI).. Notul. Syst. (París) 8: 67–128..
  • ORSTOM 1988. List Vasc. Pl. Gabon
  • Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1-2): 1–1331.
  • Flora of China Editorial Committee 2008. Flora of China (Menispermaceae through Capparaceae). Fl. China 7: 1-499.

Outros artigos

Ligazóns externas

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

Arbusto

Un arbusto é un vexetal leñosos de mediano porte, entre as herbáceas e os árbores; é un termo difícil de describir e algunhas especies consideradas arbustos poden acadar tamaño de árbores en boas circunstancias.

A diferenza das árbores, que só teñen un só talo ou toro, considérase que os arbustos ramifican dende o chan, tendo polo tanto varios talos. Os arbustos poden ser miúdos, incluso de tamaños inferiores a moitas herbáceas, tamén son chamados neste caso gamallos (como é o caso das urces); outros poden acadar varios metros de altura, sendo considerados ás veces arboriñas (é o caso da abeleira).

Non todas as plantas lígneas ramificadas dende a base son consideradas arbustos; por exemplo, o tomiño (xénero Thymus) ou o cantroxo (xénero Lavandula) son matos leñosos ou, como tamén se di, subarbustos. Termos coma árbore, arbusto ou gamallo/mato describen biotipos na lingua común e son máis ou menos equivalentes doutros técnicos; os equivalentes botánicos para este concepto son os termos caméfito, nanofanerófito e microfanerófito.

É frecuente que especies que se presentan normalmente coma arbustos crezan coma árbores, ou onde as circunstancias ecolóxicas son distintas, como ocorre co Quercus coccifera no norte de África, ou por un esforzo deliberado no cultivo, como se ve ás veces co loendro (Nerium oleander).

As plantas rubideiras considéranse por algúns coma arbustos gateadores.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Buciños, Carballedo

San Miguel de Buciños é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 163 habitantes (82 mulleres e 81 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes. En 2018 baixou a 156 (80 mulleres e 76 homes).

Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez

Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez, nado o 8 de setembro de 1964 en Montevideo (Uruguai) é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de defensa. Fillo de emigrante galego con catorce anos volveu a Galicia, onde se formou e desenvolveu a súa carreira futbolística.

Figueiroa, Cerdedo-Cotobade

San Martiño de Figueiroa é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 175 habitantes (92 mulleres e 83 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 324 habitantes.

Loureiro, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Loureiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 151 habitantes (65 homes e 86 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 181 habitantes.

Loureiro, O Irixo

Santa Mariña de Loureiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 196 habitantes, deles 87 eran homes e 109 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Loureiro, Samos

Santa María de Loureiro é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 70 habitantes (35 homes e 35 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Loureiro, Sarria

San Martiño de Loureiro é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 104 habitantes (51 homes e 53 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 114 habitantes.

Loureiro, Sofán, Carballo

Loureiro é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 2 homes e 2 mulleres.

Loureiro (homónimos)

O termo loureiro pode referirse a:

Loureiro (laurus nobilis), unha árbore do xénero Laurus, da que hai varias especies:

Loureiro dos Azores (Laurus azorica);

Loureiro de Santo Antón (Epilobium hirsutum L.)

Loureiro real ou loureiro romano (Prunus laurocerasus), do xénero Prunus usada en xardinaxe.

Loendro ou loureiro rosa (Nerium oleander);

Loureiro xaponés, a especie ornamental (Aucuba japonica).

Laurelia sempervirens, chamado tamén loureiro chileno, tihue ou trihue;

Laureliopsis philippiana, moi semellante ao L. sempervirens, tamén chamado huahuán ou tepa.Loureiro é tamén unha variedade de vide galega:

Loureiro tinto;

Loureiro branco;Un loureiro é tamén un furancho, figura a cabalo entre unha adega particular e un establecemento de restauración.

Loureiro, patán, persoa groseira e ignorante.O fitónimo Loureiro pode referirse a:

En Galicia

Loureiro, parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade;

Loureiro, parroquia do concello do Irixo;

Loureiro, parroquia do concello de Samos;

Loureiro, lugar de dita parroquia;

Loureiro, parroquia do concello de Sarria;

Loureiro, lugar de dita parroquia;

Loureiro, lugar da parroquia de Rouzós, no concello de Amoeiro;

Loureiro, lugar da parroquia de Martín, no concello de Baleira;

Loureiro, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Boqueixón;

Loureiro, lugar da parroquia de Bueu, no concello de Bueu;

Loureiro, lugar da parroquia de Sofán, no concello de Carballo;

Loureiro, lugar da parroquia de Figueiroa, no concello de Cerdedo-Cotobade;

Loureiro, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña;

Loureiro, lugar da parroquia de Dúas Igrexas, no concello de Forcarei;

Loureiro, lugar da parroquia de Coiro, no concello de Mazaricos;

Loureiro, lugar da parroquia da Mezquita, no concello da Merca;

Loureiro, lugar da parroquia de Proente, no concello da Merca;

Loureiro, lugar da parroquia de Santa Cruz de Moeche, no concello de Moeche;

Loureiro, lugar da parroquia de Vilar de Cerreda, no concello de Nogueira de Ramuín;

Loureiro, lugar da parroquia de Cando, no concello de Outes;

Loureiro, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Pantón;

Loureiro, lugar da parroquia de Vilaragunte, no concello de Paradela;

Loureiro, lugar da parroquia de Barrantes, no concello de Ribadumia;

Loureiro, lugar da parroquia de Santa Baia de Camba, no concello de Rodeiro;

Loureiro, lugar da parroquia da Picoña, no concello de Salceda de Caselas;

Loureiro, lugar da parroquia de Barbadelo, no concello de Sarria;

Loureiro, lugar da parroquia de Luou, no concello de Teo;

Loureiro, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada;

Loureiro, lugar da parroquia de Rial, no concello de Val do Dubra;

Loureiro, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo;

Loureiro, lugar da parroquia de Cornazo, no concello de Vilagarcía de Arousa;

Loureiro, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro;

O Loureiro, lugar da parroquia de Abegondo, no concello de Abegondo;

O Loureiro, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Abegondo;

O Loureiro, lugar da parroquia de Oubiña, no concello de Cambados;

O Loureiro, lugar da parroquia de Sumio, no concello de Carral;

O Loureiro, lugar da parroquia das Encrobas, no concello de Cerceda;

O Loureiro, lugar da parroquia de Rodís, no concello de Cerceda;

O Loureiro, lugar da parroquia de Marei, no concello do Corgo;

O Loureiro, lugar da parroquia de Campo, no concello de Covelo;

O Loureiro, lugar da parroquia de Nodar, no concello de Friol;

O Loureiro, lugar da parroquia de Chaín, no concello de Gondomar;

O Loureiro, lugar da parroquia de Coiro, no concello da Laracha;

O Loureiro, lugar da parroquia de Erboedo, no concello da Laracha;

O Loureiro, lugar da parroquia de Montemaior, no concello da Laracha;

O Loureiro, lugar da parroquia de Vilachá, no concello de Monfero;

O Loureiro, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia;

O Loureiro, lugar da parroquia de Barbeiros, no concello de Ordes;

O Loureiro, lugar da parroquia de Loiba, no concello de Ortigueira;

O Loureiro, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol;

O Loureiro, lugar da parroquia de Reboredo, no concello de Oza-Cesuras;

O Loureiro, lugar da parroquia de Salto, no concello de Oza-Cesuras;

O Loureiro, lugar da parroquia de San Pantaleón das Viñas, no concello de Paderne;

O Loureiro, lugar da parroquia de Cruces, no concello de Padrón;

O Loureiro, lugar da parroquia de Osedo, no concello de Sada;

O Loureiro, lugar da parroquia de Fontecada, no concello de Santa Comba;

O Loureiro, lugar da parroquia do Cadramón, no concello do Valadouro;

O Loureiro, lugar da parroquia de Cabral, no concello de Vigo;

O Loureiro, lugar da parroquia de Oia, no concello de Vigo;

O Loureiro, lugar da parroquia do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa;

O Loureiro, lugar da parroquia de Doroña, no concello de Vilarmaior;

O Loureiro, lugar da parroquia do Monte, no concello de Xove;

Loureiro de Abaixo, lugar da parroquia de Portela, no concello de Cuntis;

Loureiro de Abaixo, lugar da parroquia de San Xurxo de Vea, no concello da Estrada;

O Loureiro de Abaixo, lugar da parroquia dos Freires, no concello de Ortigueira;

Loureiro de Arriba, lugar da parroquia de Portela, no concello de Cuntis;

Loureiro de Arriba, lugar da parroquia de San Xurxo de Vea, no concello da Estrada;

O Loureiro de Arriba, lugar da parroquia dos Freires, no concello de Ortigueira;

Loureiro de Baixo, lugar da parroquia de Buciños, no concello de Carballedo;

O Loureiro de Bocixa, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha;

O Loureiro de Borreiros, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha;

Loureiro de Riba, lugar da parroquia de Buciños, no concello de Carballedo;

O Loureiro Pequeno, lugar da parroquia da Riba, no concello da Baña;

Cabanas de Loureiro, lugar da parroquia de Faramontaos, no concello de Merca;En Portugal

Loureiro, freguesía do concello de Oliveira de Azeméis;

Loureiro, freguesía do concello de Peso da Régua.

O Irixo

O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

O Loureiro, Barro, Noia

O Loureiro é un lugar da parroquia de Barro no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 15 habitantes (7 homes e 8 mulleres).

O loureiro na cultura popular galega

Na cultura popular galega, o loureiro ten tres grandes aplicacións: como planta medicinal, como condimento e como protector contra as tormentas, os meigallos e outras desgrazas. Este último aspecto é o que se desenvolve neste artigo.

Tamén é fonte de numerosos topónimos galegos.

Os Freires, Ortigueira

San Paulo dos Freires é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 135 habitantes.

San Xurxo de Vea, A Estrada

San Xurxo de Vea é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 335 habitantes (172 mulleres e 163 homes), distribuídos en 15 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 446 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 398 persoas.

Soandres, A Laracha

San Pedro de Soandres é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 860 habitantes (431 mulleres e 429 homes) distribuídos en 62 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 1.040 habitantes.

Xogos Olímpicos de 2004

Os XXV Xogos Olímpicos de Atenas celebráronse do 13 de agosto ao 29 de agosto de 2004. Durante 17 días xuntaron a delegados de 202 países e máis de 11.000 atletas.

As súas mascotas oficiais foron Atenea (Αθηνα) e Febo (Φοίβος), chamados así en hora da deusa Atenea e do seu irmán Apolo, antigos protectores da cidade.

O símbolo do evento foi a coroa de loureiro, dado o seu significado na Grecia antiga e nos seus primeiros Xogos Olímpicos.

Despois dun difícil período de controversias sobre e capacidade de Grecia de realizar os Xogos, causado polo atraso nas obras planeadas pola organización do evento, Atenas contou cunha popularidade nunca antes observada nos Xogos Olímpicos. Tivo un seguemento masivo a través dos medios de comunicación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.