Louis Althusser

Louis Althusser, nado en Birmandreis (Alxeria) o 19 de outubro de 1918 e finado o 22 de outubro de 1990, foi un filósofo marxista da liña estruturalista.

Louis Althusser
Louis Althusser sketch (8420987781)
Nacemento16 de outubro de 1918
 Bir Mourad Raïs
Falecemento22 de outubro de 1990
 París
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Normal Superior de Paris
Ocupaciónfilósofo, político e catedrático de universidade
CónxuxeHélène Rytmann
IrmánsGeorgette Althusser

Traxectoria

Trala morte do seu pai, mudouse coa familia a Marsella. En 1937 uniuse ao movemento das xuventudes católicas. Como estudante destacado foi aceptado na prestixiosa École Normale Supérieure en París.

Recrutado na Segunda Guerra Mundial, acabou nun campo de prisioneiros. Pasada a guerra afiliouse ao Partido Comunista Francés e acadou a condición de profesor na mencionada École. Cando Nikita Khrushchev se afastou do stalinismo, Garaudy e outros líderes comunistas entenderon que había que reformular o marxismo. Moitos tentaron recuperar as raíces humanistas de Marx. Althusser fixo unha dura crítica a esa deriva do Partido. A súa posición no Maio do 68 foi ambigua e máis ben distante.

Aqueixado de desequilibrios psiquiátricos, deu morte á súa muller o que supuxo o seu internamento no Hospital Sainte-Anne. Seguiu escribindo, aínda que as súas publicacións foron poucas a partir de entón. Un ataque ao corazón acabou coa súa vida

Pensamento

Tras a superación do stalinismo no XX congreso do PCUS, Althusser amósase contrario a edulcorar o marxismo apelando ao primeiro Marx, o denominado xove Marx dos Manuscritos económico-filosóficos. Para Althusser Marx é un creador de Ciencia igual que Galileo, o descubridor dun novo continente teórico: a historia. O materialismo histórico estuda a estrutura dos procesos de produción explica o cambio duns modelos a outros e constitúe unha auténtica filosofía da ciencia que vai alén da mera crítica a un sistema, neste caso o capitalismo.

Característica do sistema capitalista é a súa opacidade, onde os suxeitos non son conscientes dos mecanismos que subxacen ao sistema, mecanismo que por mor da ideoloxía se reviste cunha aparencia de inevitabilidade. Por iso é necesario un traballo teórico que desenmascare o proceso. Así grazas á teoría podemos coñecer, mediante o concepto de plusvalía, o empresario se queda con parte da riqueza do traballador.

Althusser propón un marxismo puro, científico, sen antropoloxía, e polo tanto sen concesión para os humanismos de diverso signo que quixeron enriquecer o contido ideolóxico da esquerda revolucionaria. A historia non ten suxeito e está animada polas forzas produtivas e a loita de clases que desencadean.

Obras

  • Lire le Capital, 1965
  • Pour Marx, 1965
19 de outubro

O 19 de outubro é o 292º día do ano do calendario gregoriano (293º nos anos bisestos). Quedan 73 días para finalizar o ano.

22 de outubro

O 22 de outubro é o 295º día do ano do calendario gregoriano (296ºnos anos bisestos). Quedan 70 días para finalizar o ano.

Alain Badiou

Alain Badiou, nado en Rabat o 17 de xaneiro de 1937, é un filósofo, dramaturgo e novelista francés de orientación maoísta.

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Escola filosófica

Unha escola filosófica é unha maneira de pensar ou de proceder en relación á filosofía. As escolas filosóficas moitas veces xorden a partir das ensinanzas dun mestre e en oposición a unha escola rival.

Outros nomes para aproximadamente a mesma idea son: escola de pensamento, corrente de pensamento, corrente filosófica, doutrina filosófica e movemento filosófico.

Neste artigo resúmense as principais escolas da filosofía occidental.

Francisco Sampedro

Francisco Antonio Sampedro Ojeda, nado na Coruña en 1956, é un filósofo galego.

Jacques Lacan

Jacques-Marie Émile Lacan, nado en París o 13 de abril de 1901 e finado o 9 de setembro de 1981, foi un psicanalista francés. Partindo das teses de Freud chegou a ser un dos máis influentes psicanalistas do século. Baixo a consigna dun retorno a Freud, revisou os conceptos psicanalíticos a través do estruturalismo e a lingüística. Así mesmo, foron moi importantes para as súas conceptualizacións teóricas as lecturas de Husserl, Nietzsche, Hegel e Heidegger.

Marta Harnecker

Marta Harnecker, nada en Chile en 1937 e finada en Vancouver o 15 de xuño de 2019, foi unha pensadora marxista chilena.

Marxismo

O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.

Porén, o marxismo traspasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas.

O marxismo aséntase sobre 3 grandes eixes: a análise do pasado, a crítica do presente e o proxecto de futuro.[Cómpre referencia]

Materialismo histórico

No marxismo e no estudo da historia, o termo materialismo histórico (ou o que o mesmo Karl Marx chama a concepción materialista da historia) é un marco teórico para explicar desenvolvementos e cambios na historia humana a partir de factores prácticos, tecnolóxicos ou materiais, en especial o modo de produción e as limitacións que este impón ao resto de aspectos organizativos (aspecto económico, xurídico, ideolóxico, político, cultural etc.). Para o materialismo histórico son os cambios tecnolóxicos e do modo de produción os factores principais de cambio social, xurídico e político, e é nos factores materiais dese tipo onde deben buscarse as causas últimas dos cambios.

Paul Ricoeur

Paul Ricoeur, nado en Valence o 27 de febreiro de 1913 e finado en Châtenay-Malabry o 20 de maio de 2005, foi un filósofo e antropólogo francés, coñecido polo seu intento de combinar a descrición fenomenolóxica coa interpretación hermenéutica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.