Lorenzo García Vidal

Lorenzo García Vidal, nado en Loureiro (Concello de Cotobade) o 20 de febreiro de 1847 e finado na mesma parroquia o 30 de abril de 1928[1], foi un avogado e político galego.

Lorenzo García Vidal
Nacemento20 de febreiro de 1847
 Loureiro
Falecemento30 de abril de 1928
 Loureiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
FillosJosé García Vidal

Traxectoria

Fillo de Carlos García Vidal e Josefa Vidal Justo. Estudou o bacharelato en Pontevedra, rematando en 1866. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1870. Regresou a Loureiro para exercer a avogacía. En 1872 foi alcalde de Cotobade. Foi escribán de Ponte Caldelas, deputado provincial e avogado de beneficencia. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 6 de marzo de 1899. En 1902 foi gobernador civil de Ourense.

Vida persoal

Foi pai de José García Vidal.

Notas

  1. El Progreso,1-5-1928, p. 3.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amadeo Rodríguez Malvar

Amadeo Rodríguez Malvar foi un mestre e xornalista galego.

Gobernadores civís de Lugo

Esta é unha lista incompleta dos gobernadores civís de Lugo, tomando como punto de arranque a reforma territorial implementada por Javier de Burgos no Real Decreto do 30 de novembro de 1833. O posto de Gobernador civil inicialmente recibiu os nome de Subdelegado de Fomento, Xefe Superior Político e mesmo Gobernador Civil durante os primeiros anos, ata que quedou fixado en 1847 co único nome de Gobernador Civil.

Gobernadores civís de Ourense

Esta é unha lista incompleta dos gobernadores civís de Ourense, tomando como punto de arranque a reforma territorial implementada por Javier de Burgos no Real Decreto do 30 de novembro de 1833. O posto de Gobernador civil inicialmente recibiu os nome de Subdelegado de Fomento, Xefe Superior Político e mesmo Gobernador Civil durante os primeiros anos, ata que quedou fixado en 1847 co único nome de Gobernador Civil.

José García Vidal

José García Vidal, nado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) o 11 de marzo de 1885 e finado en Pontevedra o 29 de xaneiro de 1969, foi un avogado, profesor universitario e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.