Lonxitude

A lonxitude é un concepto métrico definible para entidades xeométricas sobre a que se definiu unha distancia. Máis concretamente, dado un segmento, curva ou liña fina, pódese definir a súa lonxitude a partir da noción de distancia. Con todo, non debe confundirse lonxitude con distancia, xa que para unha curva xeral (non para un segmento recto) a distancia entre dous puntos calquera da mesma é sempre inferior á lonxitude da curva comprendida entre eses dous puntos. Igualmente a noción matemática de lonxitude pode identificarse coa magnitude física determinada pola distancia física.

A lonxitude é unha das magnitudes físicas fundamentais, en tanto que non pode ser definida en termos doutras magnitudes que se poden medir. En moitos sistemas de medida, a lonxitude é unha magnitude fundamental, da cal derivan outras.[1]

A lonxitude é unha medida dunha dimensión (lineal; por exemplo a distancia en m), mentres que a área é unha medida de dúas dimensións (ó cadrado; por exemplo ), e o volume é unha medida de tres dimensións (cúbica; por exemplo ).

Con todo, segundo a teoría especial da relatividade (Albert Einstein, 1905), a lonxitude non é unha propiedade intrínseca de ningún obxecto dado que dous observadores poderían medir o mesmo obxecto e obter resultados diferentes (contracción de Lorentz).[2]

O longo ou lonxitude dimensional dun obxecto é a medida do seu eixo tridimensional y. Esta é a maneira tradicional en que se nomeaba á parte máis longa dun obxecto (en canto á súa base horizontal e non á súa altura vertical). En coordenadas cartesianas bidimensionais, onde só existen os eixos xy non se denomina «longo». Os valores x indican o ancho (eixo horizontal), e os y o alto (eixo vertical).[3]

Paralelepipedo mostrando los nombres de sus medidas
Un paralelepípedo rectangular amosando os nomes das súas dimensións, longo, ancho, e alto ou altura.
Coord planes color
Esquema elemental de posicionamento espacial, consistente nun marco de referencia respecto a unha orixe dada.

Notas

  1. Resnick, 1993, pp. 1-3.
  2. Resnick, 1993, p. 524.
  3. García Prieto, F. J. (2012). Matemáticas 2º E.S.O. Editex. p. 198. ISBN 9788490033340.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Resnick, R.; Haliday, D.; Krane, K. S (1993). Física vol. 1. Título orixinal (en inglés): Physics, Vol. 1; traducido por F. Andión Uz. Compañía Editorial Continental; publicado orixinalmente por John Wiley & Sons Inc. ISBN 968-26-1230-6.
Bibcode

O bibcode é un identificador empregado por numerosas bases de datos astronómicas para citar referencias bibliográficas. O bibcode foi desenvolvido para ser empregado no SIMBAD e a Base de datos de obxectos extragalácticos NASA/IPAC (NED), pero úsase máis amplamente no Sistema de Datos Astrofísicos, tamén da NASA.

Centímetro

O centímetro é unha unidade de lonxitude, equivalente á centésima parte dun metro.

1 cm = 0,01 m = 10-2 mTrátase dunha unidade de lonxitude derivada no Sistema Internacional de Unidades, ao mesmo tempo que é a unidade de lonxitude básica no Sistema Cegesimal de Unidades.

Coordenadas xeográficas

O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra:

A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.

A lonxitude mide o ángulo ao longo do ecuador desde calquera punto da Terra. Acéptase que Greenwich en Londres é a lonxitude 0 na maioría das sociedades modernas. As liñas de lonxitude son círculos máximos que pasan polos polos e chámanse meridianos.O ecuador é un elemento importante deste sistema de coordenadas; representa o cero dos ángulos de latitude e o punto medio entre os polos. É o plano fundamental do sistema de coordenadas xeográficas.

Densidade

A densidade é unha magnitude física derivada que expresa a cantidade de substancia nun mesmo volume (é unha magnitude que expresa unha propiedade intensiva). A fórmula para o seu cálculo é:

onde ρ representa a densidade, m a masa do obxecto en cuestión e V o volume que ocupa.

A súa unidade no SI é o kg/m3.

Por extensión, aplícase a outros tipos de medida que dividen unha unidade fundamental entre unha unidade de lonxitude, superficie ou volume (densidade do campo gravitatorio, eléctrico ou vectorial en xeral, densidade de poboación) e coloquialmente tamén para cando o denominador é o tempo (densidade de corrente ou de fluxo electromagnético).

GeoNames

GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0.

Grao sesaxesimal

Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal.

Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica. Para estabelecer o grao, os babilonios dividiron o círculo en 360 partes iguais, pois esa era a cantidade de días referente ao período dun ano e porque o seu sistema de numeración era de base sesenta. Outra herdanza dos babilonios é a división en minutos e segundos, e así temos o minuto sexaxesimal (′, arcmin), e o segundo sexaxesimal (″), que están definidos do seguinte xeito:

1º = 60′

1′ = 60″

Lonxitude (cartografía)

O termo lonxitude úsase en xeografía e cartografía para indicar, no globo terrestre, a distancia medida en graos de calquera punto da superficie terrestre ata ao Meridiano de Greenwich.

Lonxitude de onda

Na física, lonxitude de onda é a distancia entre unidades repetidas dunha onda que se propaga cunha frecuencia determinada. Normalmente desígnase coa letra grega lambda (λ). Exemplos de fenómenos de tipo onda son a luz, ondas acuáticas e ondas sonoras.

Nunha onda, a propiedade varía coa posición. Por exemplo, a propiedade pode ser a presión do aire para unha onda de son, ou a magnitude do campo eléctrico ou magnético para a luz. As lonxitudes de onda audibles para os oídos humanos (20 Hz – 20 kHz) son aproximadamente 17 m e 17 mm respectivamente. As lonxitudes de onda de luz visible van dende o vermello escuro, sobre os 700 nm ata uns 400 nm do violeta. Para máis exemplos, ver espectro electromagnético.

Mar Mediterráneo

O Mediterráneo é un mar interior do Atlántico oriental, comprendido entre Europa, Asia occidental e África setentrional. Con aproximadamente 2,5 millóns de km² e 3.860 km de lonxitude, é o mar interior máis grande do mundo.O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara -pero non o mar Negro- é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao sueste une o Mediterráneo co mar Vermello.

É o mar coas taxas máis elevadas de hidrocarburos e contaminación do mundo.

Metro

O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.

Milímetro

O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm.

1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro.

O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións. Aínda que a chuvia medida corresponde a unha unidade de volume e non de lonxitude, a expresión desta medida baséase na cantidade de chuvia caída nunhna superficie dun metro cadrado. A altura dese volume corresponde á medición da precipitación en milímetros, é dicir, 1 mm de precipitacións significa que nunha superficie dun metro cadrado caíu un litro de auga de chuvia.

Músculo

O músculo (do latín, musculus, diminutivo de mus, "rato") é o tecido contráctil do corpo; deriva da capa mesodérmica de células xerminais embrionarias. En conxunto, son cada un dos órganos carnosos que, con súa contractilidade, son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. O elemento anatómico constitutivo é a fibra muscular, que pode ser lisa ou estriada. E por musculatura enténdese a agrupación de, ora todos os músculos do corpo, ora os dunha parte concreta do corpo (por exemplo, a musculatura facial ou a musculatura cervical).

A súa función debe ser o feito de producir movemento de forza que fai posible a locomoción ou o movemento dentro dos órganos internos; os músculos contráense co obxectivo de desprazar ou mover partes do corpo, e transportar substancias no seu interior. En fisioloxía, o músculo é un dos catro tipos de tecidos. Os outros tres son o epitelio, o tecido conxuntivo e o tecido nervioso.Moitas das contraccións de músculos realízanse sen unha acción consciente, e son accións precisas para a supervivencia, como o é a contracción do corazón, ou o movemento peristáltico, que fai circular o alimento a través do sistema dixestivo. A contracción consiste na capacidade que teñen os músculos de diminuír de lonxitude nunha das dimensións e aumentala noutras. A contracción de músculos voluntarios utilízase para mover o corpo, e pódese controlar minuciosamente, como son os movementos do ollo, ou movementos grandes como o do cuadríceps da coxa. O meirande é o glúteo maior (o cal, xunto co glúteo medio e o glúteo menor serven para erguerse e soster a pelve, por movementos do fémur e da coxa).

Polgada

A polgada é unha medida de lonxitude antropométrica que equivalía á lonxitude dun polgar. En inglés chámase inch.

Pé (medida)

O pé é unha unidade de lonxitude de orixe natural (baseada no pé humano), xa utilizada polas civilizacións antigas.

O pé romano, ou pes, equivalía a 29,57 cm; o pé castelán a 27,6 cm.

Foi substituído en case todo o mundo polas unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI), salvo no uso corrente nos países anglosaxóns.

Quilómetro

Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros.

O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.

O vocábulo está constituído polo prefixo quilo (k), que en grego antigo significaba "mil", e metro, que significaba "medir".

É unha unidade de medida derivada das dimensións da terra e recoñecida polo sistema internacional de unidades que define o patrón de metro. Algúns países, como os EUA, aínda non o adoptaron, preferindo usar outras unidades, como a milla terrestre, que corresponde a 1,60934 km.

Como unidade derivada, úsase o km/h para medir a velocidade.

Radiación ultravioleta

A radiación ultravioleta (UV) é a radiación electromagnética cunha lonxitude de onda menor cá da luz visíbel e maior cá dos raios X, está comprendida aproximadamente entre os 400 nm (4x10−7 m) e os 15 nm (1,5x10−8 m), e presenta enerxías de entre 3 e 124 eV. Aínda que usualmente non é visíbel, baixo certas condicións os nenos e mozos poden ver radiacións ultravioletas de ata lonxitudes de onda de 310 nm aproximadamente. A radiación UV-próxima é visíbel para algúns insectos e paxaros.

A radiación ultravioleta atópase nas radiacións solares, tamén é producida polos arcos eléctricos e por algúns tipos de lámpadas especializadas coma as lámpadas de vapor de mercurio, as camas de bronceado e a luz negra. As radiacións ultravioletas con loxitude de onda máis longa carecen da enerxía suficiente para ionizar átomos, mais poden provocar reaccións químicas, e resplandor ou fluorescencia en certas substancias. En consecuencia, os efectos biolóxicos da radiación UV van máis alá do simple efecto calórico, e moitas das aplicacións prácticas da radiación UV derivan desta interacción coas moléculas orgánicas.

O bronceado, as lentixas e as queimaduras da pel son efectos familiares da sobreexposición solar, cun alto risco de causar cancros cutáneos coma o melanoma, o envellecemento prematuro da pel (engurras), cataratas etc. Os seres vivos terrestres veríanse seriamente danados pola radiación ultravioleta do sol se esta non fose filtrada pola atmosfera, en especial pola capa de ozono. As radiacións UV-extremas con lonxitudes de onda curtas por debaixo de 100 nm, e por tanto con máis enerxía, ionizan o osíxeno atómico e molecular e o nitróxeno do aire tan fortemente que son absorbidas a altitudes de entre 100 e 200 km. A radiación UV non só ten efectos prexudiciais para a saúde, por exemplo, é responsábel da formación da vitamina D, necesaria para o fortalecemento dos ósos, na maioría dos vertebrados terrestres, incluídos os humanos.

Sistema de coordenadas

En xeometría, un sistema de coordenadas é un sistema que utiliza un ou máis números ou coordenadas, para determinar de forma única a posición dun punto ou doutro elemento xeométrico. É un conxunto de valores que permiten definir univocamente a posición de calquera punto nun espazo n-dimensional respecto a un punto de referencia chamado orixe de coordenadas. O uso dun sistema de coordenadas permite que determinados problemas en xeometría se traduzan en problemas numéricos e á inversa. Esta é a base da xeometría analítica.

O conxunto de eixos, puntos ou planos que conflúen na orixe, e a partir dos cales se calculan as coordenadas, constitúen o que se denomina sistema de referencia.

UNII

O UNII ou Unique Ingredient Identifier (Identificador de ingrediente único) é un identificador non patentado (non propietario), libre, único e inequívoco, non semántico e alfanumérico vinculado á estrutura molecular dunha substancia química e/ou á información descritiva polo Sistema de Rexistro de Substancias (Substance Registration System, SRS) da FDA norteamericana. Un UNII sempre ten unha lonxitude de dez caracteres e xérase aleatoriamente, para que non conteña ningunha información inherente sobre o momento de entrada ou o tipo de substancia.

O SRS utilízase para xerar identificadores permanentes e únicos para as substancias en produtos regulados, tales como ingredientes de medicamentos. O sistema utiliza a estrutura molecular e a información descritiva para definir unha substancia e xerar un UNII. O principal modo usado para a definición dunha substancia é pola súa estrutura molecular representada nun plano bidimensional. Cando unha estrutura molecular non está dispoñible (por exemplo, produtos botánicos), o UNII defínese a partir da información descritiva.O procedemento e manexo do SRS proporciónao o Consello SRS, que inclúe expertos da FDA e da United States Pharmacopeia (USP).

Vermello

O vermello (do latín vermiculus, "vermiño", a cochinilla) é a cor situada no límite inferior do espectro visíbel luminoso (por baixo desta lonxitude de onda está o infravermello que xa non é perceptíbel pola visión humana). Tamén se coñece como "rubio" ou "encarnado".

Violín

O violín (Etimoloxía: do italiano Violino, diminutivo de viola) é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra. O primeiro violín sitúase á esquerda do mestre.

A palabra violín procede do termo do latín medieval vitula, que significa instrumento de corda. O violín, aínda que ten orixes antigas, adquiriu a meirande parte das súas características modernas na Italia do século XVI, realizándoselle algunhas modificacións nos séculos XVIII e XIX. O violín moderno debe moito ás melloras técnicas dos mestres de Cremona do século XVIII coma Stradivarius e Guarnerius. Tamén son moi valorados os instrumentos fabricados por Gasparo da Salò ou Giovanni Paolo Maggini e a familia Amati en Brescia e Cremona, e os de Jacob Stainer en Austria.

Os violíns clasifícanse de acordo co seu tamaño: o 4/4 ―cunha lonxitude habitual de 35,5 cm, un largo máximo de 20 cm e un alto de 4,5 cm― é o máis grande e é empregado polos adultos; séguenlle os violíns de tamaño menor, destinados a mozos e nenos, denominados 3/4, 2/4 e 1/4. Existe tamén un violín de tamaño 7/8, chamado "Lady", que empregan algunhas mulleres ou varóns adultos de mans pequenas. O tamaño do violín vai de acordo o tamaño (lonxitude) da man.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.