Longobardos

Os Longobardos (Langobardi en latín e despois Lombardi por deformación despois do século VIII, agás en Italia meridional, que conserva o nome de langobardi ata o século XII) era un pobo xermánico, chegado do mar Báltico, que pertencía máis especificamente ao grupo dos xermanos do Elba, mais orixinario de Escandinavia meridional segundo a súa propia tradición oral narrada polo seu historiador Paulo Diácono a finais do século VIII. Este pobo, baixo a dirección do seu rei Alboíno, invadiu a Italia do Norte a partir do principio do ano 568.

Orixes e migración

Longobardi
Migración dos longobardos segundo as súas tradicións
Lombard Migration
Outra imaxe das migracións dos longobardos
Lombard state 526
O estado longobardo o ano 526.

Os longobardos (ou máis exactamente, Langobardos) son coñecidos desde había ben tempo polos romanos: en efecto, en 98, o historiador Tácito menciónaos xa na súa obra sobre os xermanos, Germania. Con todo, os longobardos fican varios séculos nas sombras e a súa historia anterior ao século V é moi mal coñecida, por non dicir descoñecida. O pobo longobardo non participa das invasións e migracións bárbaras dos séculos IV e V.

A súa propia tradición oral tardía (a Origo Gentis Langobardorum) describe como os longobardos abandonaron a súa Escandinavia, dirixidos por dous xefes irmáns, Ibor e Axio, e como se estableceron en Europa central. Explica tamén a etimoloxía do seu nome, os «Longas-Barbas»: este último llo daría o deus Wotan á pequena tribo dos Winilli (que significa simplemente os «Guerreiros»), despois de que as mulleres desta tribo lles cortaran os cabelos e que elas os usaran como barbas postizas; a estrataxema, inspirada por Freia, pretendía reforzar o número dos guerreiros da tribo confrontada a unha invasión de guerreiros vándalos, máis numerosos. Os longobardos considerábanse favoritos do deus Odín.

A obra ten como modelo o relato da migración dos godos (feito polo historiador de este pobo, Xordanes) e se cadra tamén relacionada co relato da migración dos anglos, os xutos e os saxóns á illa de Bretaña tal e como se fai na Crónica anglosaxoa. Tamén, o carácter mitolóxico da tradición longobarda obriga a considerar a hipótese da orixe escandinava e da etimoloxía dos longobardos coa máis grande das cautelas.

No século I, os longobardos están establecidos no curso inferior do Elba onde se enfrontan ao emperador Tiberio. No século seguinte, acadan o curso medio do Danubio. Así, en 167, están presentes en Pannonia onde permaneceron varios séculos. Cara a finais do século V, en efecto, obteñen nesta rexión un tratado do emperador Xustiniano, converténdose así en federados de Roma. Numerosos guerreiros longobardos serviron, a partir do ano 551, como mercenarios na Península Italiana contra os ostrogodos.

De Pannonia, destrúen o pequeno reino hérulo sobre o 505 e logo ocupan a provincia romana de Pannonia primeira (se cadra en 527) e finalmente a Pannonia segunda a partir de 547. Tras aliárense cos temíbeis xinetes ávaros, un pobo da estepa, que viña de chegar á rexión, baten aos xépidos, que intentan estender o seu reino (c. 567). Unha parte dos xépidos únense aos longobardos e séguenos a Italia, onde conservaron durante un certo tempo as súas propias leis. A partir de mediados do século VI, parece que algúns longobardos se converteran ao cristianismo, mentres que en paralelo traban coñecemento do arianismo (se cadra, a partir dos ostrogodos de Italia). En todo caso, a inmensa maioría dos longobardos son aínda pagáns.

Segundo as fontes, o seu rei Auboíno fai logo un acordo co khagan ávaro: durante 200 anos, os longobardos poderían retornar a Pannonia e recuperar o seu territorio. O conxunto dos longobardos, acompañados de xépidos, pero tamén de bandas saxoas, héruleas e mesmo ávaras, póñense en camiño para Italia onde a destrución do reino do gran Teodorico creara un verdadeiro baleiro político, militar e mesmo administrativo: preto de 25 anos de loita encarnizada entre bizantinos e ostrogodos arruinaran á rica Italia e a reconquista xustinianea parecía fráxil.

Os longobardos en Italia

Mapa da Italia bizantina e longobarda

A principios do ano 568, tras pasar a fronteira do Friúl, máis de 200 000 longobardos e os seus aliados invaden a chaira do Po mais, unha vez na península, chocan logo coas obras defensivas que rodean as cidades así como numerosas fortalezas romano-bizantinas. Tamén, como todo pobo bárbaro, os Longobardos prefiren o campo ás cidades e constrúen residencias rurais na fértil chaira do Po (as salae), postas baixo a dependencia dunha das farae (do xermánico fara: banda). Vivir en comunidade lonxe das cidades debía seguramente impedir unha asimilación rápida entre a numerosa poboación romana e preservar a cohesión nacional longobarda así como as calidades guerreiras dos seus homes.

Teñen lugar numerosos cercos, longos e difíciles tanto para os cercados como para os cercadores, mentres que unha parte da poboación italiana foxe cara o nordeste, a Venecia e cara a costa lígur (rexión de Xénova). Finalmente, os longobardos apodéranse da cidade de Pavía (572) pero Rávena, última capital do imperio de Occidente, mantén a súa resistencia. Algunhas bandas armadas longobardas combatendo máis ou menos pola súa conta, infíltranse igualmente nos Apeninos, no Benevento e ata Provenza, de onde son expulsados polos francos.

Despois dos asasinatos de Alboíno (572) e do seu sucesor Cleph en 574, os longobardos suprimen a realeza -feito único para esta época- e fican sen rei durante dez anos, errando en bandas máis ou menos rivais a través de toda a península que someten a un baño de sangue e lume, dirixidas por trinta e cinco xefes militares, os «Duques». A organización da realeza longobarda en Italia, que ía durar ata a conquista franca de Carlomagno, ten as súas bases probablemente durante este período de anarquía: a coroa foi atribuída polos duques a un de entre eles, por elección.

O reino longobardo de Italia:

Artigo principal: Reino longobardo.

Bizancio, Roma e os longobardos

Un conflito entre tres poderes caracteriza a historia do reino longobardo en Italia: o poder de Roma, sé apostólica; o poder bizantino, reliquia da tentativa de reconquista de Occidente emprendida polo xeneral Belisario baixo o reinado de Xustiniano, e o poder dos reis longobardos. Tamén, a situación política da península nunca foi realmente estábel baixo este últimos.

Contra Bizancio, os longobardos conquistan de primeiras as posesións meridionais que se converten nos ducados de Spoleto e de Benevento en 570 e 571. Despois dunha tímida tentativa de reconquista imperial levada a cabo en 590, os longobardos toman logo Xénova (baixo Rotario, en 650). O exarcado de Rávena (enclave bizantino constituído arredor da última capital do Imperio de Occidente), comunmente chamado Romania, segue a escapar ao seu control ata 751 e este, malia varias tentativas de parte destes últimos. Canto Venecia e a Nápoles, escapan ao xugo longobardo.

Nos séculos VII e VIII, as relacións dos longobardos coa Igrexa católica e, durante un período máis curto, coa aristocracia romana, son pésimas.

Roma, en principio oficialmente vinculada ao exarcado de Rávena e Bizancio, ve como o poder do papa é substituído polo dun emperador afastado e incapaz de intervir sobre a sorte dos seus súbditos peninsulares, mentres que a primacía da sé apostólica romana se afirma cada vez máis sobre os outros bispos da península.

Axilulfo foi o primeiro soberano longobardo a se converter á ortodoxia non sen comportar vivas resistencias ao seo do seu pobo. Os seus sucesores, en efecto, volven logo á herexía ariana e o rei ariano Rotario confisca os bens romanos do seu reino. O rei Ariperto (653661) converteuse ao catolicismo pero decide ligarse á Igrexa de Aquilea que rexeita a autoridade papal sobre o Friúl. O rei Perctarito é o que ao final instala a ortodoxia romana no reino, sen que por iso mellorasen notoriamente as relacións políticas longobardas con Roma. En 698 ten lugar un acercamento baixo o reinado do rei Cuniperto: un concilio pon fin ao cisma de Aquilea e os bens de Roma son restituídos. Liutprando, no seu soño de gobernar toda a península italiana, aproveitouse das diverxencias entre Roma e Bizancio, daquela iconoclasta, para intentar facerse con Rávena.

Finalmente, Roma vólvese cada vez máis cara os francos contra os longobardos que eran cada vez máis ameazadores, en principio sen éxito co Papa Gregorio III, en 739740. Con todo, o sucesor deste último, Zacarías, decide apoiar á familia carolinxia cando esta última usurpa a realeza ao último rei franco merovinxio, Khilderico III: este acontecemento maior fai envorcar as relacións entre longobardos e francos. Despois da toma de Rávena polos longobardos (751), en efecto, Aistolfo tenta tomar Roma. O papa Estevo III efectúa daquela unha viaxe á Galia en 754 para demandar a axuda de Pipino o Breve, novo rei dos francos. O rei efectúa entón dúas breves expedicións contra Aistolfo, en 754 e en 756, poñendo así a Roma e ao Papado baixo a súa protección. É probábel que o rei franco evitase debilitar demasiado aos longobardos a fin de os conservar como eventuais aliados.

O último rei dos longobardos foi Desiderius, ou «Desiderio», que reina ata marzo de 774. Este soberano de temperamento indeciso tenta contrerestar a influencia franca acercándose ao ducado de Baviera. En 772, Carlomagno responde á chamada de axuda do papa Estevo II, ameazado por Desiderio, e intervén en Italia na primavera de 773. Toma Pavía en marzo de 774 tras un cerco difícil pero nunha conquista rápida e sen resistencia notábel, poñendo así fin ao reinado de Desiderio e ao dominio longobardo sobre Italia. A falta de cohesión entre os diferentes duques longobardos é unha das principais causas das súas tres derrotas contra os francos.

O xove soberano carolinxio, dada a importancia estratéxica de Italia para Igrexa, toma nesta ocasión o título de «rei dos longobardos», poñendo así a península baixo o seu control directo. Deduce igualmente unha parte do reino dos longobardos para a sé apostólica, acto que está na orixe da creación dos Estados Pontificios, que existiron ata mediados do século XIX. Así, o franco honra a promesa de protexer Roma como fixera seu pai ao Bispo de Roma.

É neste contexto cando o longobardo Paulo Diácono (nome verdadeiro Warnefried) puido participar no Renacemento carolinxio e cando a influencia do mosteiro de Bobbio acadou o reino dos francos.

En canto aos longobardos, conservaron as súas leis nacionais e acomodáronse mal que ben ao poder carolinxio. O nome de «Langobardorum» para designar o vello reino longobardo ficou en vigor ata o ano 817, data na que houbo un movemento para que a península retomase o seu nome de «Italia» para se converter no reino de «Italia» (do Norte).

Lista dos reis longobardos

Nota: ata a súa entrada en Italia, os xefes longobardos son semilendarios; ignórase cal era exactamente o título que levaban ou mesmo se o tiñan, incluso se a tradición longobarda do reino de Italia lles atribúe o título de Duque.

Grandes invasións

Reis míticos.

Reis históricos.

Dinastía letinga:

Reis longobardos de Italia

Véxase tamén

Fontes da historia dos longobardos

A maioría dos nosos coñecementos a propósito da historia mítica e semimítica dos longobardos proveñen da ’Historia dos longobardos («Historia Langobardorum»), escrita arredor do ano 780 polo historiador Paulo Diácono ou dunha tradición oral nacional, posta por escrito a mediados do século VII: a Origo gentis langobardorum.

En fin, as Leges langobardorum, escritas a partir do Edicto de Rotario, foron modificadas e enriquecidas ata o século XI no ducado de Benevento e serviron de modelos para as leis da Idade Media italiana.

Bibliografía

  • Gianluigi Barni, La Conquête de l'Italie par les Lombards, éd. Albin Michel, coll. «le mémorial des peuples», Paris, 1975.
  • François Bougard (introdución e tradución), Paul Diacre, Histoire des Lombards, éd. Brepols, coll. «Miroir du Moyen Âge», Paris, 1998
  • Pedro Herrera (introdución, tradución e notas), Pablo Diácono, Historia de los longobardos, ed. Servicio de publicaciones de la Universidad de Cádiz, Cádiz, 2006

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alboíno

Alboíno é rei dos longobardos máis ou menos desde 563 a 572, sucesor do rei Alduíno, seu pai.

Carlomagno

Carlomagno, ou Carlos, o Grande, ou mesmo Carlos I nas listaxes reais de Francia e Alemaña, nado o 2 de abril do 747 e finado o 28 de xaneiro do ano 814, foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos longobardos (a partir de 774), e tamén o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano (coroado o 25 de decembro do ano 800), restaurando así o antigo Imperio Romano de Occidente.

Ducado de Benevento

O Ducado de Benevento foi o territorio longobardo situado máis ao sur na Italia medieval. Centrábase na cidade de Benevento. Foi na práctica un territorio independente do Reino dos Longobardos, agás nos reinados de Grimoaldo ata Liutprando.

Ducado de Friúl

O Ducado de Friúl foi un dos grandes ducados da Lombardía. Serviu de 'parachoques' entre Italia e os pobos eslavos, a pesar de que, a miúdo, xunto cos ducados de Spoleto, Benevento e Trento, Friúl intentaba establecer a súa independencia da autoridade real.

A provincia de Friúl foi a primeira de Italia que conquistaron os longobardos guiados por Alboíno o ano 568. Alboíno deixou o goberno da rexión en mans do seu sobriño, Xisulfo I de Friúl, ao cal se lle permitir escoller as familias nobres coas que se quería establecer. O emprazamento orixinal situouse entre os Alpes Cárnicos polo norte e os Alpes Xulianos polo leste, onde o acceso era bastante difícil. Estaba rodeado polo Exarcado de Rávena polo sur, onde non tivo acceso ao mar ata máis adiante, e por unha chaira que conducía a Panonia, un punto de acceso perfecto para os invasores como os croatas, os ávaros, e posteriormente os húngaros. A beira oeste do territorio estivo sen definir ata que posteriores conquistas estableceron o Ducado de Ceneda, situado alén do río Tagliamento. Orixinalmente a capital da provincia foi Aquileia, pero a capital longobarda de Friúl foi Forum Iulii, actualmente Friúl.

O ano 615 conquistouse Concordia (situada na actual Suíza) e o 642 Opitergium (actual Oderzo). De dita forma os duques estenderon a súa autoridade cara ao sur en contra do Exarcado de Rávena. O ano 663, a capital foi conquistada polos ávaros por un breve período de tempo, xa que Grimoaldo I de Benevento non tardou en recuperala. Despois do asedio de Pavía o ano 774, Carlomagno permitiu a Hrodgaud de Friúl conservar o ducado, o cal continuou baixo o poder dos francos ata o ano 828, momento en que se dividiu en condados e desapareceu. Posteriormente volvéronse reunir baixo a Marca de Friúl o ano 846.

Ducado de Spoleto

O ducado de Spoleto foi un territorio longobardo independente fundado aproximadamente no 570 ao sur de Italia.

Ducados longobardos

Os Ducados longobardos foron as principais organizacións políticas creadas polos longobardos en Italia.

Tras a invasión guiada por Alboíno no 568, o territorio conquistado foi repartido segundo criterios principalmente militares e asignado a aqueles nobres que se distinguiran no combate: os duques, precisamente. O cargo non era novo e estaba ligado á institución da fara, unidade básica da estrutura social e militar dos longobardos, pero despois do asentamento en Italia asume novas características.

O primeiro ducado que se constituíu foi, xa no momento da conquista (569), o do Friúl, confiado por Alboíno a Xisulfo. Particular relevo histórico tiveron os dous ducados erixidos na Italia centro-meriodional (a Langobardia Minor), Spoleto e Benevento, que tiveron mesmo unha ampla autonomía dentro do reino longobardo.

Nos primeiros anos do dominio longobardo en Italia, os ducados rexéronse autonomamente durante un decenio, sen que houbese un rei central (Período dos duques, 574-584). A continuación, fronte á ineficiencia e á perigosa febleza militar dunha tal fragmentación, os duques volveron a elixir un rei (Autario), pero as relacións entre o poder central e os ducados ficaron débiles. Só co tempo o aumento do poder real, cando menos na Langobardia Maior (Italia centro-setentrional), prevaleceu sobre os particularismos dos ducados.

O ducado representou para diversos nobres longobardos unha especie de "trampolín de saída" cara ao trono de Pavía (entre moitos exemplos, sobresaen moitos entre os meirandes soberanos longobardos: Autario, Axilulfo, Rotario, Grimoaldo, Ratchis, Aistolfo, Desiderio). Non sempre con todo o golpe remataba ben, e o intento de usurpación culminaba coa morte do duque rebelde (Alahis, Rotarit).

Os ducados longobardos, tanto na Langobardia Maior como na Langobardia Minor, non foron suprimidos á caída do reino (774), senón que ficaron englobados no Imperio carolinxio. Única excepción, o Ducado de Benevento: pronto elevado ao rango de Principado (pero tamén logo debilitado polas secesións), conservou a súa autonomía e, pola contra, desenvolveu un importante papel político ata a chegada dos normandos (século XI).

Década de 750

A década de 750 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 750 e remata o 31 de decembro de 759.

Exarcado de Rávena

O Exarcado de Rávena foi o centro do poder bizantino en Italia desde finais do século VI ata o ano 751, cando o último exarca foi executado polos longobardos.

Historia Langobardorum

A Historia Langobardorum ou Historia dos longobardos é, como o indica o seu nome, a historia do pobo longobardo redactada entre 787 e 789 polo erudito de orixe longobarda Paulo Diácono.

Esta historia, baseada nas historias orais deste pobo, parte das orixes escandinavas ata a morte do meirande dos reis longobardos, Liutprando (744), facendo unha mestura de mitos e realidade.

Esta obra preciosa, moi lida ao longo da Idade Media, deu chegado ata nós.

Liutprando

Liutprando, nado antes de 690, e fillo e sucesor do rei dos longobardos de Italia Ansprando, duque de Asti, reina de xuño de 712 a 744.

Paulo Diácono

Paulo (o) Diácono (en latín Paulus Diaconus), nado en Cividale del Friuli cara ao 720 e finado na abadía de Monte Cassino o 13 de abril de 800, foi un erudito de orixe longobarda do século VIII.

Pipino o Breve

Pipino III dos Francos, máis coñecido como Pipino o Breve (o seu alias de "O Breve" débese á súa baixa estatura) naceu sobre o 715 en Jupille (preto de Liexa, Bélxica, de onde arrinca unha gran parte da dinastía Merovinxia e Carolinxia) e morreu o 24 de setembro de 768 en Saint-Denis (no norte de Francia). Fillo menor de Carlos Martel e de Rotrude de Tréveris. Os seus cargos foron:

Mordomo de palacio de Neustria (741-751) con Borgoña e Provenza.

Mordomo de palacio de Austrasia (747-751).

Rei dos francos (751-768).

Principado de Capua

O principado de Capua foi un estado autónomo da |Italia meridional xurdido no 900. Ocupaba grosso modo os confíns da provincia napolitana de Terra de Lavoro.

Promissio Carisiaca

A Promissio Carisiaca (en latín Promesa de Quierzy), coñecida tamén como Donatio Carisiaca, doazón de Pipino, tratado de Quierzy ou doazón de Quierzy, tería sido un acto (testemuñado por algunhas fontes, pero dunha existencia incerta) co cal Pipino o Breve no 754 tería prometido ao papa Estevo III a restitución das terras tomadas ao Imperio bizantino polo rei longobardo Aistolfo. O territorio en cuestión correspondía na súa maioría ao Exarcado e á Pentápole.

Os termos do acordo:

Pipino comprometíase a deter coas armas os longobardos e a obrigar ao seu rei a restituir as terras antes pertencentes ao Exarcado de Rávena e ao Ducado romano.

O Papa Estevo III consagraba solemnemente a dinastía carolinxia e concedía a Pipino o título de Patricius Romanorum (protector de Roma).O futuro rei dos francos e o Pontífice xa tiveran anteriormente outros encontros, nun intento de persuadir a Aistolfo a restituír os territorios sen recorrer ás armas. Unha primeira asemblea de grandes notábeis tivera lugar en Braisne-sur-Vesle (nas Ardenas, 1 de marzo de 754) e unha segunda en Quierzy (en Picardía), o 14 de abril, día de Pascua, na cal se decidiu facerlle a guerra cos longobardos.

As terras que foron reconquistadas foron despois efectivamente doadas á Igrexa en 756, sancionando a creación do Estado Pontificio, de facto xa instituído pola doazón de Sutri.

O adxectivo carisiaca deriva do nome latino de Quierzy (Carisium).

Reino longobardo

O reino longobardo sucede ao reino ostrogodo en Italia do Norte durante unha época tardía das Grandes invasións europeas.

A chegada dos longobardos en 571, un pobo xermánico vai deixar o topónimo da rexión italiana; antes deles a Lombardía foi ocupada polos galos, despois polos romanos (século -III), despois dos cales existe un curto reino bárbaro de Italia cuxa capital é Rávena, unha vez que desaparece o Imperio Romano a finais do século V. Invadida por Carlomagno en 774, convértese nunha posesión do Sacro Imperio Romano Xermánico en 952.

Alduíno e a continuación Alboíno reinaron nese territorio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.