Lombo de porco

O lombo de porco, ou raxo,[1] é cada unha das dúas pezas da carne do porco ao longo do espiñazo e sobre as costelas do animal. Adoita ter unha forma cilíndrica.

RAXO.3
Raxo con patacas e pementos.

Formas de consumilo

É frecuente consumilo como embutido, secado ao aire, ou cociñado de diversas formas, en adobo ou sen el; asado, guisado ou en filetes.

Na cociña castelá e frecuente encontralo en forma de bocadillo pequeno, que se denomina montado de lomo ou montadito de lomo.

Na cociña galega é moi frecuente, e moi popular, cociñado en anacos pequenos en forma de dados, adobado ou sen adobar, e coñecido como raxo por antonomasia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para raxo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Embutido

O embutido é un tipo de alimento que consiste basicamente na conserva de carne dentro dunha tripa animal ou dunha funda de plástico sintética.

Estes son algúns tipos de embutidos:

Androlla

Botelo

Botifarra

Chistorra

Chourizo

Fuet

Haggis

Lombo de porco

Longaínza

Morcilla

Mortadela

Salame

Salchicha

Salchicha vienesa

Salchichón

Salchicha de Zaratán

Salchicha huachana

Feijoada

A feijoada é un dos pratos da gastronomía portuguesa e brasileira. Os seus ingredientes básicos son o arroz, o feixón e a carne de porco.

No Brasil, os días tradicionais da feijoada son o mércores e o sábado. Neses días, os restaurantes serven feijoada nos seus menús, e algunhas familias e grupos de amigos preparan "feijoadas" en reunións familiares. É un prato de preparación relativamente barato, sendo consumida por todas as clases sociais.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Lombo (anatomía)

Denomínase lombo á parte posterior do corpo humano que vai desde os ombros até a cintura, e tamén á parte superior do corpo dos animais cuadrúpedes, que vai desde o pescozo até os cadrís.Nos animais, por extensión, tamén se denomina así a carne desa parte.Esta carne, especialmente a dos gandos vacún e porcino (tamén do cabalar e, nalgúns países, a doutros animais de consumo, como varios antílopes) é moi apreciada gastronomicamente, por ser especialmente suave.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.