Lombarda

A lombarda[1] ou col lombarda (Brassica oleracea var. capitata f. rubra) é unha coia semellante a un repolo roibo de follas rubias violáceo característico. Esta cor débese á presenza dun pigmento chamado antocianina. A forza desta cor pode depender en gran medida da acidez (pH) do solo, as follas medran máis arroibadas en solo de medio acedo, mentres que nos alcalinos son máis azuis.

Lombarda
Lombarda

Lombarda
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: 'B. oleracea'
Grupo Cultivar

Brassica oleracea Capitata Group

PurpleCabbage
Lombarda pola metade
Indikator-Blaukraut
Cores do zume de lombarda: Á esquerda, solucións acedas; á dereita, alcalinas.

Usos

É propio das cociñas das zonas frías de Europa, normalmente cocida con patacas. En Alemaña e Suecia sóese cocer con compota de mazá e un chisco de vinagre con sabor suave. Pode atoparsa tamén en ensaladas así como na elaboración do mollo Coleslaw. É un prato típico do Nadal en Madrid. Era costume cociñala pola Noiteboa, un chisco antes de ir á misa do Galo e comela coma gornición de peixes (preferentemente ollomol)e adubado con allo, cebola, aceite, mazá, touciño, azucre, sal e pementa).

En Galiza non é un repolo moi tradicional. Porén Juan Cuveiro Piñol en 1876[2] e Eladio Rodríguez[3] xa falaban dela, dicindo que das súas follas se preparaba un xarope empregado contra as catarreiras crónicas ademais do Sauerkraut, especie de preparación culinaria obtida por fermentación, de propiedades antiescorbúticas.

Indicador do pH

A lombarda emprégase coma indicador do pH natural. Férvese o zume, que como xa dixemos contén antocianina, e emprégase coma indicador dos niveis de hidróxeno iónico (pH) nas solucións acuosas.[4] Este pigmento atópase tamén noutras plantas, coma nas petunias.

pH Cor
2 Vermello
4 Lila
6 Violeta azulino
8 Azul
10 Augamariña
12 Verde amarelado (chartreuse)

Composición química da lombarda

Lombarda con manzana
Lombarda con mazá.

Cultivo da lombarda

  • Esixencias e cultivo como as do repolo.

Pragas e enfermidades

  • - Helicoverpa armigera Cadela da verdura, eiruga da coia[5].
  • - Pulgóns.
  • - Vermes cinsentos
  • - Gurgullo das coles.
  • - Hernia da col[5].
  • - Brevicoryne brassicae pulgón da verza[6].
  • - Pieris brassicae bolboreta da col, bolboreta da verza.
  • - Pieris rapae bolboreta pequena da col.

Conservación

A conservación axeitada para manter en perfecto estado a lombarda por dúas ou tres semanas é na gabeta das verduras da neveira envoltas nunha saqueta de plástico furada.

Notas

  1. Nome vulgar galego no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lombarda. (no DRAG posiblemente aparece o texto cortado, que se amosa ó recargar a páxina)
  2. Diccionario Gallego, Barcelona
  3. (1958-1961)Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  4. Michaelis, Leonor; M. P. Schubert, C. V. Smythe (1 de decembro de 1936). "Potentiometric Study of the Flavins". J. Biol. Chem. 116 (2): 587–607. http://www.jbc.org/cgi/reprint/116/2/587. Retrieved 2008-04-25.
  5. 5,0 5,1 Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  6. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alexandre III, papa

Rolando Bandinelli, nado en Siena e finado en Civita Castellana o 3 de agosto de 1181, foi Papa da Igrexa católica desde 1159 co nome de Alexandre III.

Alfa Romeo

Alfa Romeo é unha marca italiana de automóbiles, fundada en 1910 en Milán.

Arquitectura longobarda

A arquitectura longobarda, tamén chamada arquitectura lombarda, constitúe un conxunto de obras arquitectónicas realizadas na península Itálica durante o reinado dos xermánicos longobardos –tamén chamados lombardos– (568-774), cunha permanencia residual na parte meridional da península, a parte chamada Langobardia Minor gobernada por reis e duques longobardos, até os séculos X-XI.

A actividade arquitectónica desenvolvida na Langobardia Maior, a parte setentrional da actual Italia (citada en diante como Italia), chegou até os nosos días moi fragmentada, especialmente por mor das sucesivas reconstrucións dos edificios sacros e profanos feitas durante os séculos VII e VIII. Agás o Tempietto Longobardo de Cividale del Friuli, conservado intacto en grande parte, as edificacións lombardas civís e relixiosas de Pavía, Monza e outras localidades foron refeitas nos séculos vindeiros. Poucos edificios ficaron íntegros, ora por quedaren incluídos en ampliacións, como a igrexa de San Salvatore en Brescia, ora por seren periféricos e de modestas dimensións, como a igrexa de Santa Maria foris portas en Castelseprio.

Porén, é posíbel atopar testemuños fieis ás formas orixinais en Langobardia Minor. En Benevento consérvase a igrexa de Santa Sofia, boa parte dun treito da Muralla e a Roca dei Rettori, único exemplo íntegro de arquitectura militar longobarda, mentres restan outros testemuños menores noutros lugares do Ducado de Benevento e en Spoleto.

As principais mostras arquitectónicas superviventes da época longobarda foron reunidas recentmente nun itinerario. O conxunto forma parte da «Italia Langobardorum. Centri di potere e di culto (568-774)», que comprende sete lugares cheos de restos arquitectónicos, pictóricos e escultóricos da arte longobarda, e cuxa candidatura a Patrimonio da Humanidade da UNESCO foi aceptada en marzo de 2008 e foi inscrita o 26 de xuño de 2011.

Batalla de Legnano

A batalla de Legnano tivo lugar o 29 de maio de 1176, nos arredores da cidade de Legnano, na actual provincia de Milán, rexión histórica da Lombardía, Italia. Tivo unha repercusión crucial na guerra que mantiña o Sacro Imperio Romano Xermánico, dirixido por Federico Barbarroxa, contra as comunas do norte de Italia, que depuxeran as súas rivalidades para unirse na Liga lombarda baixo a dirección do Papa Alexandre III.

Este enfrontamento non era propiamente unha guerra entre Alemaña e Italia, posto que non existían como tales nacións e había alemáns e italianos interesados na vitoria de cada uns dos bandos. Máis ben debe entenderse como parte do prolongado conflito interno entre güelfos e xibelinos, e do aínda máis antigo existente entre os dous poderes universais: Pontificado e Imperio.

O Emperador tentou o emprego da forza para someter ás comunas, e foi vencido polas tropas lombardas, que fixeron bo uso da topografía do terreo e das súas picas contra un exército composto case exclusivamente de cabalaría.

Bieito I, papa

Bieito I, nado en Roma e finado o 30 de xullo de 579, foi un relixioso italiano, Papa nº 62 da Igrexa católica.

Carlo Porta

Carlo Porta, nado o 15 de xuño de 1775 en Milán e finado o 5 de xaneiro de 1821, foi un poeta italiano. Está considerado o autor máis importante en dialecto milanés da lingua lombarda.

Cremona

Cremona (Cremùna no dialecto cremonés) é unha cidade lombarda de 72.415 habitantes (2009), capital da provincia homónima.

Ten lindes cos concellos de Bonemerse, Castelverde, Castelvetro Piacentino (PC), Gadesco-Pieve Delmona, Gerre de' Caprioli, Malagnino, Monticelli d'Ongina (PC), Persico Dosimo, Sesto ed Uniti, Spinadesco, Stagno Lombardo.

Dialecto de Lugano

O dialecto de Lugano é a variedade de lingua lombarda que se fala na zona de Lugano, ao sur do cantón suízo de Tesino. En realidade pódese considerar un subdialecto a medio camiño do dialecto de Tesino e o dialecto de Como, que forman parte do dialecto lombardo occidental.

Gregorio IX, papa

Gregorio IX (nado en Anagni cara o 1170 e falecido en Roma o 22 de agosto de 1241) foi o Papa nº 178 da Igrexa católica.

De nome Ugolino di Conti, era sobriño do papa Inocencio III, que o foi nomeando sucesivamente capelán papal, arcipreste de San Pedro, cardeal diácono de San Eustaquio en 1198, e cardeal bispo de Ostia e Velletri en 1206.

En 1207 Inocencio III enviouno como legado a Alemaña coa misión de mediar na disputa sucesoria que xurdiu a raíz da morte de Henrique VI.

En 1217, baixo o pontificado de Honorio III, exerceu como delegado plenipotenciario para Lombardía e Toscana, onde predicou a Sexta Cruzada.

Elixido papa o 21 de marzo de 1227, tras renunciar á tiara o cardeal Conrado de Urach, elixido como primeira opción, adoptou o nome de Gregorio IX.

Jörg Jarnut

Jörg Jarnut, nado en Weimar o 1 de marzo de 1942, é un historiador alemán, autor de numerosas investigacións sobre a Alta Idade Media, en particular sobre os longobardos.

Liga lombarda

A Liga Lombarda foi unha alianza establecida o 1 de decembro de 1167 entre 26 Cidades Opositoras do Norte de Italia, entre as que salientan Milán, Cremona, Mantua, Bérgamo, Brescia, Piacenza, Boloña, Padua, Treviso, Vicenza, Verona, Lodi , Parma e Venecia. Posteriormente uníronse outras catro cidades máis, ata formar un total de 30.

O propósito inicial da Liga era combater a política de Federico I, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, que naquel momento reclamaba o control total sobre o norte de Italia. Tras deixar claras as súas premisas na Dieta de Rocaglia, Federico I invadiu Italia en 1158 e logo outra vez en 1166. A Liga recibiu o soporte incondicional do Papa Alexandre III e os seus sucesores, desexosos tanto de verse libres da influencia imperial como de aumentar o seu poder na Península Itálica. Na Batalla de Legnano (29 de maio de 1176), as tropas imperiais foron derrotadas e Frederico viuse forzado a asinar unha tregua de seis anos (1177-1183). A situación resolveuse ao finalizar esta, cando ambas partes asinaron o Tratado de Constanza, segundo o cal as cidades italianas recoñecían a soberanía do emperador de Alemaña, pero pola súa vez este se vía obrigado a recoñecer a xurisdición propia de cada cidade sobre si mesma e o seu territorio circundante.

A Liga Lombarda proclamouse de novo en 1198 e 1208. En 1226, a liga mantivo unha cruenta guerra co emperador Frederico II, ao que logrou frear nos seus intentos por poñer Italia baixo a súa completa autoridade. Este gañouse a súa reputación de hábil estratego trala toma de Vicenza e a súa vitoria na Batalla de Cortenuova, e rexeitouse calquera iniciativa da Liga que non fose a rendición incondicional. A resultas diso, Milán (que ofrecera unha forte suma de ouro a cambio da paz, que Frederico rexeitou), Brescia, Boloña e Piacenza ofreceron unha tenaz resistencia. En 1238, a Liga Lombarda conseguiu erguer o asedio imperial sobre Brescia, pero fallou no seu intento de rodear ao emperador e capturalo. Non obstante, conseguiu recuperar unha pequena vantaxe ao gañar o soporte, unha vez máis, do Papado, o que lle permitiu bloquear as accións de Frederico II en Italia ata a morte deste en 1250. Tras este feito, a Liga volveuse a disolver, esta vez de forma definitiva.

En memoria desta asociación, un partido político italiano adoptou o nome de Lega Lombarda en 1984. Esta denominación mantívose ata 1991, cando o nome foi cambiado polo de Liga Norte (Lega Nord).

Lingua lombarda

O lombardo é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de Italia (a maior parte de Lombardía e algunhas áreas das rexións veciñas) e en Suíza (cantón do Tesino). Os idiomas lombardos son linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.

As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto milanés) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos bergamasco e bresciano). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza (CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía).

Lombardía

A Lombardía (en lombardo: Lumbardia, en italiano: Lombardia) é unha das vinte rexións de Italia. Con preto de dez millóns de habitantes é a rexión máis poboada da República. Situada entre os Alpes e o val do Po, limita ao norte con Suíza (cantón Tesino e os Grisóns), ao oeste co Piemonte, ao leste co Véneto e o Trentino-Tirol do Sur e ao sur coa Emilia-Romaña. A súa capital é Milán.

Lugano

Lugano (en lombardo: Lügan) é unha cidade ao sur de Suíza, no cantón italiano-falante de Tesino, que fai fronteira con Italia. A cidade fica ás beiras do Lago Lugano. Os seus cálidos veráns e o incremento do número de celebridades que son atraídas pola vila leváronlle a recibir o nome de "Monte Carlo de Suíza". Con 55.060 habitantes, 130.000 na súa aglomeración urbana, é a novena cidade de Suíza por poboación.

A orixe do nome probablemente proveña do latín Lucus, que significa bosque sagrado, ao igual que a cidade galega de Lugo.

Plateresco

Plateresco, tamén chamado de gótico plateresco, Protorrenacenza, estilo Isabel, estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e estilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), é un estilo artístico, especialmente arquitectónico, que se desenvolveu en España e nos seus territorios no século XVI, caracterizado pola fusión de elementos góticos, mudéxares e renacentistas e pola elaboración e minuciosidade das súas obras. Apareceu entre o último gótico e a Rencenza, xa a finais do século XV, estendéndose durante os dous séculos a seguir.

Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativas mudéxares, do gótico flamexante e Arquitectura románica lombarda, así como temperáns elementos renacentistas de orixe toscana.

Exemplos son a inclusión de escudos e pináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de Carlos I, especialmente en Salamanca, aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da península Ibérica como León e Burgos e no territorio de Nova España que hoxe é México. Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. En Galicia salienta o Hospital Real de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro, hoxe Hostal dos Reis Católicos.

O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros, festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións. A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo. En Nova España o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.No século XIX, co pulo dos historicismos, a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes de estilo Monterrey e estilo español.

Reino de Tesalónica

O Reino de Tesalónica (en grego: Βασίλειο της Θεσσαλονίκης) foi un efémero Estado Cruzado fundado despois da Cuarta Cruzada sobre os conquistados territorios bizantinos. Foi vasalo do Imperio Latino. Despois da caída de Constantinopla polos exércitos da Cuarta Cruzada en 1204, os nobres bizantinos fuxiron e establecéronse tanto en Asia Menor - (Imperio de Nicea, Imperio de Trebisonda), como en Tracia e Epiro no continente grego - (Despotado de Epiro).

O marqués Bonifacio de Montferrato, un dos líderes da cruzada, comprou os dereitos de Venecia sobre Tesalónica, onde se estableceu como rei despois de non ser elixido emperador do novo Imperio latino. Bonifacio estendeu o seu reino cara ao norte para incluír a Macedonia e cara ao sur a Tesalia. Foi sucedido como rei en 1207 polo seu fillo infante Demetrio.Con todo, entre 1215 e 1217, Teodoro Comneno Ducas de Epiro conquistou a maior parte de Macedonia, e logo presionou a Tesalia. Teodoro atacou o Reino de Tesalónica, que fora debilitado pola partida de moitos dos seus cabaleiros que regresaron a Europa occidental. Teodoro entrou na cidade de Tesalónica en decembro de 1224 e depuxo a Demetrio.

Repolo

O repolo (Brassica oleraceae var. capitata) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.

As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.

Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.

Urbano II, papa

Urbano II (de nome Odón de Chantillon), nado en Lagery, Francia, no 1042 e finado en Roma, o 29 de xullo de 1099, foi un papa da Igrexa católica de 1088 a 1099.

É coñecido por predicar a primeira cruzada en Oriente Próximo, aínda que morreu antes da culminación desta coa toma de Xerusalén. Tamén estableceu a Curia romana na súa forma actual.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.