Lomas

Lomas ou Lomas de Campos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 51 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°16′0″N 4°33′0″O / 42.26667, -4.55000

Lomas
Flag of None
Coats of arms of None
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaTerra de Campos
Xeografía
Altitude816 msnm
Demografía
Poboación51 hab. (2012)
Outros datos
Código postal34449
AlcaldeAndrés Antolín Castrillo (PP)
Páxina oficial

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antequera

Antequera é un municipio de Andalucía, na Provincia de Málaga, España. A súa poboación é de 44.547 habitantes. Está situado na comarca do mesmo nome, a 45 km de Málaga e a 160 km de Sevilla.

Asunción

Asunción (en guaraní: Paraguay), é a capital do Paraguai, centro industrial e cultural do país, é o seu principal porto con industrias de calzados, téxtiles e de tabacos. A poboación era de 501.000 habitantes en 1992. En 2006 alcanzaba 515.662 habitantes. A súa área metropolitana, denominada Gran Asunción,que inclúe os concellos de San Lorenzo, Lambaré, Fernando de la Mora, Luque, Mariano Roque Alonso, Ñemby, Villa Elisa e San Antonio, comprende unha cifra estimada próxima a 1 700 000 habitantes.

Asunción é unha das máis antigas cidades de América do Sur. O sitio foi descuberto por Juan de Ayolas, mais a cidade, nomeada inicialmente Nuestra Señora de la Asunción, foi fundada o 15 de agosto de 1537 por Juan de Salazar e Gonzalo de Mendoza. En 1731, unha insurrección encabezada par José de Antequera y Castro constituíuse nunha das primeiras rebelións contra os colonos españois. Logo da Guerra da Tripla Alianza (1865-1870), Asunción foi ocupada polas tropas brasileiras até 1876.

Boadilla del Monte

Boadilla del Monte é unha cidade e concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 44.037 habitantes (INE 2012).

Bryn Celli Ddu

Bryn Celli Ddu é un lugar prehitórico da illa galesa de Anglesey, localizado preto de Llanddaniel Fab. O seu nome significa 'o túmulo do bosque escuro'. Foi saqueado en 1699, e as escavacións arqueolóxicas fixéronse entre 1928 e 1929.

Durante o período neolítico, tiña un crómlech e un henge. Do lugar recuperouse unha pequena parte dun recipiente queimado que contiña un oso humano do oído.

A comezos da idade de bronce, as pedras foron removidas para construír unha típica tumba de andadeiro na parte superior do centro do henge. Unha pedra tallada cun deseño en serpentina atopábase orixinalmente no lugar. Dende o seu descubrimento, foi trasladada ó Museo Nacional de Gales e foi substituída por unha réplica colocada a carón da entrada. O túmulo de terra que cobre a tumba é unha restauración do século XX. O orixinal era probablemente meirande.

Norman Lockyer, que publicou en 1906 o primeiro estudo sistemático de astronomía megalítica, sostiña que Bryn Celli Ddu marcaba o solsticio de verán. No seu momento, foi ridiculizado, pero as investigacións de Christopher Knight e Robert Lomas en 1997 e 1998 demostraron que estaba no certo. Knight e Lomas tamén declararon que os aliñamentos do lugar servían como calendario agrícola. Steve Burrow, conservador do Amgueddfa Cymru (Museo Nacional de Gales), sostivo máis recentemente a relación dos aliñamentos co solsticio de verán. O aliñamento relaciona Bryn Celli Ddu con outros llugares, como Maes Howe e Newgrange, que sinalaban o solsticio de inverno.

Campionato do Mundo de Motociclismo de 350 cc

O Campionato do Mundo de Motociclismo de 350cc foi unha das categorías do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Disputouse entre 1949 e 1982, cando desapareceu.

Candela Vetrano

María Candela Vetrano Vega, nada en Lomas de Zamora, Buenos Aires o 9 de agosto de 1991, é unha actriz, modelo e cantaora arxentina, máis coñecida tamén como Candela Vetrano.

Doctor Deseo

Doctor Deseo é un grupo de rock vasco.

Emilio Rodolfo Berisso

Emilio Rodolfo Berisso, nado na Provincia de Buenos Aires o 15 de maio de 1923 e finado en Lomas de Zamora o 28 de decembro de 1972, foi un militar arxentino, asasinado en 1972 polas Fuerzas Armadas Revolucionarias (FAR), durante o goberno militar dirixido polo xeneral Alejandro Agustín Lanusse.

Lingua celtibérica

A lingua celtibera é unha lingua celta paleohispánica falada no centro da Península ibérica ata polo menos o século I da nosa era nas actuais provincias españolas de Zaragoza, Teruel, Soria, Burgos e Palencia polos celtiberos.

De entre as linguas célticas continentais, o celtibero está peor documentado có galo, pero mellor có lepóntico e o gálata. Á parte de moitas moedas inscritas, foron sobre todo os bronces de Botorrita (ver máis adiante) os que posibilitaron a reconstrución da lingua. Ademais, como en todas as linguas paleohispánicas, existen outras pequenas inscricións e abundantes teónimos, antropónimos e topónimos.

Mallory (1989, p. 106) clasifica o celtibero como unha lingua "celta Q" (coma o goidélico) e non como unha lingua "celta P" (coma o galés). A diferenza baseábase na conservación ou evolución a /p/ do fonema labiovelar xordo /kw/ do indoeuropeo. Actualmente a maioría dos lingüistas refugan esta clasificación.

O celtibero presenta un pronome relativo ios case completamente declinado, que non se conserva en ningunha das outras linguas célticas, e as partículas kue “e”, nekue “nin”, ue “ou”. Coma no galés, existe un subxuntivo en s, gabiseti (antigo irlandés gabid), robiseti, auseti (comparar co umbro ferest).

Lori Meyers

Lori Meyers é un grupo de indie español, orixinal de Loja (Granada).

Formouse en 1998 e segue en activo. Os seus membros son Antonio López (Noni) (voz e guitarra), Alejandro Méndez (voz e guitarra), Alfredo Núñez (batería), Miguel López (baixo e coros), Antonio Lomas (percusión) e Miguel Martin (guitarra, teclados).

Luis Barragán

Luis Barragán, nado en Guadalaxara o 9 de marzo do 1902 e finado na Cidade de México o 22 de novembro de 1988, foi un dos máis importantes arquitectos mexicanos do século XX.

Pablo Cavallero

Pablo Cavallero (Lomas de Zamora, 13 de abril de 1974) é un ex-futbolista arxentino. Xogaba como porteiro.

Xogou para varios clubs incluíndo Club Atlético Vélez Sarsfield, Unión de Santa Fe, Reial Club Deportiu Espanyol e o Real Club Celta de Vigo, co que gañou o Trofeo Zamora no ano 2003, Levante UD e rematando a súa carreira deportiva no Club Atlético Peñarol

Cavallero xogou na selección arxentina e participou nas Olimpiadas de 1986 e os mundiais de 1998 e 2002.

Ricote

Ricote é un municipio español da Rexión de Murcia, pertencente á comarca do Valle de Ricote.

En 2014 tiña unha poboación de 1.398 habitantes, distribuídos na capital municipal e varias pedanías: La Bermeja, Berrandino, La Cuerda, Charrara, Ainás, Mahoma e Las Lomas.

Poboada dende a Prehistoria, a constancia escrita da súa existencia ven do século VIII, coa invasión musulmá da antiga Cora de Todmir.

Siero

Siero é un concello do Principado de Asturias. Limita ao norte con Xixón, ao leste con Villaviciosa, Sariegu, Nava, e Bimenes, ao sur cos concellos de Langreu e Samartín del Rei Aurelio, e polo oeste con Oviedo e Llanera. A súa extensión total é de 209,32 km2, e a súa poboación actual é de 50.233 habitantes, sendo A Pola, Lugones, Urbanización a Fresneda e O Berrón os seus núcleos de poboación. Inclúe no seu territorio o concello de Noreña.

Dado o seu carácter centralizado conta cunha importante e extensa rede comunicativa, tanto por vía ferroviaria como por estrada. Así son de destacar as autoestradas A-66, que une Oviedo, Xixón e Avilés, e a A-8, a nacional N-634, ou a famosa estrada carboeira, estando en fase de terminación a autovía mineira, que enlaza as concas con Xixón e que tamén atravesará o municipio sierense. Da súa rede ferroviaria hai que dicir que Siero conta no seu territorio coas dúas liñas que operan no norte do país, é dicir a FEVE e a RENFE.

Desde o punto de vista xeolóxico a maior parte do chan de Siero é cretáceo con arenitas, pudingas e margas, aínda que tamén hai terreo aluvial nas proximidades dos ríos Nora e Noreña e terreo carbonífero na zona suroriental.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

URBA Top 12

O Torneo da URBA é o campionato de rugby máis antigo e importante da Arxentina, organizado pola Unión de Rugby de Bos Aires dende 1899.

Zuera

Zuera é un concello español situado na provincia de Zaragoza, en Aragón. Atópase a 25 km ao norte da cidade de Zaragoza, en dirección Huesca. En 2016 tiña 7978 habitantes.

Águilas

Águilas é un municipio da costa na Rexión de Murcia. Pertence á comarca do Alto Guadalentín. Ten 34.101 habitantes (INE 2008).

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.