Loita de guerrillas

A loita de guerrillas é unha táctica militar de conflitos armados consistente en hostigar ao inimigo no seu propio terreo con destacamentos irregulares e mediante ataques rápidos e por sorpresa, estoupidos de instalacións, pontes e camiños ou secuestros de armas e provisións. Utilízase con frecuencia en situacións de loita asimétrica. Grazas a súa mobilidade, a súa fácil dispersión en pequenos grupos e a súa habilidade para desaparecer entre a poboación civil, resultan moi difíciles de neutralizar. Algunhas clasificacións de conflitos, como a utilizada polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos, dividen as guerras segundo varios criterios, entre eles, o do tipo do inimigo a combater. Seguindo este criterio, os conflitos armados poden agruparse en Conflitos de Alta Intensidade ou loitas convencionais (aquelas onde o inimigo é outro exército, mellor ou peor armado que o propio, pero exército con cuarteis, centros de mando e territorio que defender), Conflitos de Media Intensidade ou loita de guerrillas (os realizados polos grupos paramilitares sostidos, pobremente armados, pero que controlan certas rexións de difícil acceso e co apoio tácito da poboación directa ou polos poderes electos a través dos seus exércitos) e, por último, os Conflitos de Baixa Intensidade e tamén podería establecerse certo grao de paralelismo cos movementos terroristas (realizada por pequenos grupos que non controlan o territorio e ás veces son apoiados por unha parte da poboación -matanzas indiscriminadas contra a poboación civil- ou polo contrario por unha ampla maioría contra os poderes establecidos, forzas da orde pública etc. ou combinado.

Nos exércitos modernos, estes ataques son chamados "operacións de comandos" se os realizan tropas regulares. O comando é un soldado ou un grupo de soldados adestrados e armados nun exército regular que realiza operacións de comando audaces accións no campo inimigo. Os guerrilleiros tamén poden actuar en relación co exército regular; pero son, normalmente milicias integradas polos civís.

GraffitiMaquis
Un guerrilleiro emboscado agarda á Garda Civil (graffitti de Sallent (Barcelona)

Orixe do termo

O término guerrilla e o término guerrilleiro comezaron a usarse en España durante a invasión de Napoleón Bonaparte, no século XIX. O sufixo -illa, acepta a desigualdade da loita entre civís e un exército regular organizado por un Estado. Pero sen ese nome, esta forma de loita deuse ó longo de toda a historia. Os xudeus conquistaron Canaán, segundo o relato bíblico, mediante ataques por sorpresa; Alexandre Magno debeu enfrontarse ás guerrillas de tribos montañesas durante a súa primeira incursión contra os persas; e Aníbal perdeu varios guerreiros por mor das tribos salasias cando cruzaba os Alpes. Na propia Península Ibérica atópanse exemplos de guerrillas xa durante a invasión romana (Viriato, Corocota) e os primeiros séculos da Idade Media (Paio de Asturias e os seus seareiros contra os musulmáns en Asturias ou os vascóns contra Carlomagno en Roncesvalles). Tamén se usou historiograficamente para tratar aos patriotas na Revolución Americana, que apoiados por Francia e España lograron a Independencia e deixaron de ser colonos para pasar a converterse en cidadáns, sendo a primeira gran vitoria na historia moderna dunha loita de guerrillas.

Pero o término alcanzou a súa consagración durante as campañas napoleónicas en España, destacando Jerónimo Merino, Francisco Abad Moreno "Chaleco", Agustina de Aragón, Juana "La Galana" e Juan Martín Díez; realzado, se se quere, polo propio Napoleón que chegou a considerar a resistencia española como a causa principal da súa derrota; por riba incluso, segundo a súa opinión, das catástrofes en Rusia que, segundo os historiadores, foron moito máis sanguinarias que as españolas.[1]

No Sáhara Occidental (aínda de iure baixo administración española, de facto marroquí 2/3 partes) produciuse por parte da Fronte de Liberación do Sahara Occidental combinada cun Exército e tácticas convencionais a que foi a primeira Loita de Guerrillas a grande escala no deserto, principalmente contra Marrocos, e en menor medida contra Mauritania, España e EUA e Francia que apoian ou apoiaron de algún modo á primeira.

Resumo histórico

En xeral, a loita de guerrillas é de resistencia a un invasor e está aureolada por motivos patrióticos, revolucionarios ou relixiosos. Os galeses opuxéronse á invasión dos normandos mediante guerrillas de arqueiros certeiros no século XII. A lenda de Robin Hood baséase probablemente na resistencia dos campesiños armados ao reinado de Xoán sen Terra. Durante todo o século XIX, os movementos nacionalistas, como o de Garibaldi, a resistencia post-unitaria de bandidos como Carmine Crocco en Italia ou a loita da independencia dos gregos durante a dominación turca, baseáronse en loitas de grupos civís armados. A loita independentista en Estados Unidos foi acompañada por guerrillas que sorprendían ás tropas inglesas en emboscadas. Tanto os exércitos patriotas como realistas recorreron á táctica de loita de guerrillas durante a Loita de Independencia Hispanoamericana. Os principais focos das guerrillas independentistas foron Nueva España, Venezuela, Colombia, Alto Perú, noroeste arxentino e o centrosur chileno, a mediados do século XIX, a loita de guerrillas tamén foi usada polas tropas mexicanas republicanas ao mando do presidente Benito Juárez durante a Segunda Intervención Francesa en México (1861-1867),que loitaron contra os invasores franceses apoiados polo grupo conservador, os que lograron derrotar e expulsar do territorio mexicano. Durante a Loita dos bóers, na actual Suráfrica, os colonos holandeses utilizaron esa táctica. Tamén os irlandeses crearon un exército de irregulares para oporse aos británicos: o IRA, siglas en inglés de Exército Republicano Irlandés. Lograda a independencia, a guerrilla seguiu realizando ataques terroristas na zona que quedou baixo control británico, o Ulster. Nas primeiras décadas do século XX, o Partido Liberal Mexicano, Francisco Villa e Emiliano Zapata formaron exércitos de campesiños en México e iniciaron unha revolución con métodos de guerrilla, finalmente frustrada. Pola mesma época, os Estados Unidos sufriron o que probablemente é a súa primeira gran derrota militar cando se enfrontaron á loita de guerrillas liderada polo patriota nicaraguano Augusto César Sandino contra a ocupación militar. Aínda que o primeiro país onde se concibiu a loita de guerrillas como táctica militar foi España, onde xa se usaba no ano 400 antes de Cristo.

O británico Lawrence de Arabia utilizou a loita de guerrillas, cos árabes e contra os turcos, con devastadores efectos.

No Rif, nos anos 20 do século XX, Mohammed Abdelkrim al-Jattabi puxo en marcha unha loita de guerrillas contra as tropas coloniais españolas e francesas, a nomeada harka, baseada en gran medida no desgaste producido por francotiradores invisibles aos ollos do enimigo (chamados pacos polos soldados españois). Os fundamentos teóricos desta guerrilla serían estudados anos máis tarde por Ho Chi Minh e Vo Nguyen Giap en Vietnam.

Notas

  1. Manuel Moreno Alonso, O Imperio, un sono imposible, nº 74 de La aventura de la Historia, Arlanza Ediciones, Madrid, decembro de 2004

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

Dili

Dili (en portugués: Díli) é a capital de Timor Leste. Sitúase na costa norte da illa de Timor, a máis oriental das illas do arquipélago malaio. Dili é o principal porto e centro comercial de Timor Leste e tamén posúe un aeroporto usado por voos comerciais e militares. Conta con 277.279 habitantes, segundo o censo de 2015.

Fidel Castro

Fidel Alejandro Castro Ruz ( audio), nado en Birán o 13 de agosto de 1926 e finado na Habana o 25 de novembro de 2016, foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008.

Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.

Fillo dun emigrante galego acomodado, Castro adoptou as ideas antiimperialistas mentres estudaba Dereito na Universidade da Habana. Despois de participar en rebelións contra a ditadura de Rafael Trujillo na República Dominicana e o goberno dereitista colombiano, planeou o derrocamento do ditador cubano Fulgencio Batista lanzando un ataque contra o cuartel Moncada en 1953. O intento fracasou e tras pasar un ano no cárcere, viaxou a México onde formou un grupo revolucionario, o Movemento do 26 de xullo, xunto co seu irmán Raúl Castro e o Che Guevara. De volta en Cuba, Fidel liderou o Movemento nunha guerra de guerrillas contra as forzas de Batista en Sierra Maestra. Despois do derrocamento de Batista, asumiu o poder político e militar como primeiro ministro de Cuba. Os Estados Unidos opuxéronse ao goberno de Castro e tentaron derrocalo mediante intentos de asasinato, bloqueo económico e contrarrevolución, incluído o intento de invasión da illa en Baía de Cochinos. Para contrarrestar estas ameazas, aliñouse coa Unión Soviética, permitíndolle a esta instalar armas nucleares en Cuba en 1962, provocando a Crise dos mísiles, punto álxido da Guerra Fría.

Adoptando un modelo de desenvolvemento marxista-leninista, Fidel converteu Cuba nun Estado socialista de partido único baixo o liderado do Partido Comunista, o único no hemisferio occidental. Introducíronse políticas de economía planificada e expandíronse a sanidade e a educación. No plano internacional, Castro apoiou a diversos grupos revolucionarios antiimperialistas, deu apoio aos gobernos de esquerdas de Chile, Nicaragua e Granada e enviou tropas aos seus aliados nas guerras de Yom Kippur, Ogadén e a guerra civil angolana. Estas accións, xuanto ao liderado de Castro no Movemento de Países Non Aliñados, aumentaron a notoriedade internacional da illa.

Tras a disolución da URSS en 1991, o goberno cubano afrontou unha recesión económica no chamado "Período Especial" e abrazou ideas antiglobalización e a favor do medio ambiente. Na década de 2000, Castro forxou unha alianza coa chamada "marea rosa" latinoamericana (principalmente coa Venezuela de Hugo Chávez) e asinou o ingreso de Cuba na Alianza Bolivariana para as Américas. En 2006, Fidel transferiu os seus poderes ao vicepresidente Raúl Castro, que logo foi elixido presidente do Consello de Estado pola Asemblea Nacional en 2008.

O mandato de Fidel Castro foi o máis longo dun xefe de Estado dos séculos XX e XXI e polarizou a opinión mundial. Os seus partidarios veno como un paladín do socialismo e a causa antiimperialista, cuxo goberno revolucionario levou unha avanzada xustiza social e económica ao país, mentres asegurou a independencia de Cuba do imperialismo estadounidense. Pola outra banda, os seus críticos defíneno como un ditador que perpetrou abusos dos dereitos humanos, o éxodo de milleiros de cubanos e o empobrecemento da economía cubana. Fidel Castro foi condecorado cunha gran cantidade de recoñecementos internacionais e influíu significativamente a persoas e grupos de todo o mundo.

Historia de Afganistán

A historia de Afganistán, (en persa: تاریخ افغانستان, Tārīkh e Afġānistān}} en paxto: د افغانستان تاريخ Da Afġānistān Tārīkh) pode remontarse ó ano 500 a.C. cando a área estaba baixo o contol do Imperio aqueménida, malia que hai probas de culturas urbanas que existiron entre os anos 3000 e 2000 a.C. A civilización do val do Indo ergueuse en partes do norte de Afganistán, da cal se coñecen varios sitios arqueolóxicos. Alexandre o Grande e o seu exército macedonio chegou ó que hoxe se coñece como Afganistán no -330 despois da conquista de Persia durante a batalla de Gaugamela. Dende entón, moitos imperios estabeleceron as súas capitais dentro de Afganistán, incluíndo o Reino grecobactriano, o Imperio Maurya, o Imperio Cuxano, Kabul Shahi, a Dinastía saffarí, a Dinastía samánida, o Imperio gaznávida, a Dinastía gúrida, a Dinastía timúrida, o Imperio mogol, a Dinastía hotaki e o Imperio durrani.

Historia do Sáhara Occidental

O Sahara Occidental nunca formou un estado no sentido moderno da palabra. Aínda que hai achados prehistóricos e houbo colonias fenicias no territorio arredor do século VI a.C., os primeiros habitantes coñecidos do territorio foron tribos bérberes. Coa chegada do Islam no século VIII, chegan tamén os árabes e en especial os Beni Hassan, no século XV, que van acabar mesturados coas tribos bérberes locais para dar orixe á actual poboación saharaui.

A poboación saharaui, ata a chegada dos europeos, organizábase en grupos de familias (fahed) que se agrupaban en cabilas ou tribos, que constituían a unidade social básica dos saharauis, e que ligaba a un grupo unido por un lazo de parentesco patrilineal, que con frecuencia entraban en conflito entre si e que deu orixe a numerosas guerras tribais ata o século XX. A tribo máis importante era a dos Erguibat. Fóra da división tribal quedaban os maalemin (artesáns), iggaugen (trobadores), abid (escravos ) e haratin (libertos).

Humphrey Slater

Humphrey Richard "Hugh" Slater nado en 1906 e finado en 1958, foi un pintor e autor británico.

Loita (homónimos)

A loita é unha disciplina deportiva e un deporte de combate. Hai diversas modalidades de loita:

Loita libre olímpica.

Loita grecorromana.

Loita Tradicional Galega.

Loita canaria.

Loita turca.Aplicado á política podemos referirnos a:

Loita de clases

Loita de guerrillasLoita foi o nome de varias publicacións:

Loita, periódico publicado en Sarria en 1933.

Loita, periódico publicado na Habana en 1939.

Loita, periódico publicado en Cidade de México en 1943.

Loita, periódico publicado en Buenos Aires en 1959.

Nelson Mandela

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e falecido en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013, foi un activista, líder político e filántropo surafricano, presidente do país dende 1994 ata 1999. Foi o primeiro xefe de estado de raza negra do país e o primeiro elixido nunha elección democrática completamente representativa. O seu goberno centrouse na disolución do apartheid procurando combater o racismo institucionalizado e fomentar a reconciliación racial. De ideoloxía nacionalista africana e socialista, presidiu o Congreso Nacional Africano (CNA) dende 1991 ata 1997.

Mandela naceu no seo da familia real tembu do pobo xosa. Estudou dereito na Universidade de Fort Hare e na Universidade de Witwatersrand antes de traballar como avogado en Xohanesburgo. Alí comezou a involucrarse na política nacionalista africana e anticolonialista, uníndose ó CNA en 1943 e cofundando a súa Liga Xuvenil en 1944. O CNA encomendouse á disolución do apartheid, o sistema de segregación racial establecido polo goberno de raza branca minoritaria dominante do Partido Nacional. Mandela foi nomeado presidente da rama de Transvaal do CNA, acadando notoriedade coa súa participación na Campaña de Desafío de 1952 e no Congreso do Pobo de 1955. Foi arrestado en varias ocasións por sedición e xulgado no chamado Xuízo por Traizón de 1956, quedando en liberdade. Influenciado polo marxismo, uniuse en segredo ó Partido Comunista Surafricano (PCS). Malia que inicialmente comprometeuse coa protesta pacífica, cofundou a organización armada Umkhonto we Sizwe en 1961 xunto con outros membros do PCS e liderou unha campaña de sabotaxe contra o goberno. En 1962 foi arrestado por conspirar para derrocar o estado e sentenciado a cadea perpetua no Xuízo de Rivonia.

Pasou os seguintes 27 anos en prisión, primeiro na illa Robben e posteriormente na prisión Pollsmoor e na prisión Victor Verster. Tras unha crecente presión doméstica e internacional e temendo unha guerra civil racial, o presidente F. W. de Klerk liberouno en 1990. Mandela e de Klerk negociaron a fin do apartheid e organizaron as eleccións xerais multirraciais de 1994 nas que Mandela liderou ó CNA para obter a maioría converténdose no presidente do país. Liderando un goberno de coalición que promulgou unha nova constitución, Mandela centrouse na reconciliación entre os grupos raciais do país e creou a Comisión para a Verdade e a Reconciliación para investigar abusos dos dereitos humanos no pasado. Economicamente, a súa administración mantivo o marco liberalista do seu predecesor malia as súas propias crenzas socialistas, introducindo tamén medidas para promover reformas territoriais, combater a pobreza e mellorar a sanidade. No marco internacional actuou como mediador no xuízo do bombardeo do voo 103 de Pan Am e actuou como secretario xeral do Movemento de Países Non Aliñados dende 1998 ata 1999. Rexeitou presentarse de novo ás eleccións do seu país e foi sucedido polo seu adxunto Thabo Mbeki. Mandela converteuse nun home de estado e centrouse en combater a pobreza e a SIDA por medio da súa fundación ata a súa morte no ano 2013 por mor dunha infección respiratoria.

Mandela foi unha figura controvertida durante gran parte da súa vida. Mentres que os críticos da dereita política denunciárono por terrorista comunista, a esquerda radical considerouno demasiado aberto a negociar unha reconciliación cos simpatizantes do apartheid. Porén, acadou a aclamación internacional polo seu activismo e está considerado unha icona da democracia e da xustiza social. Recibiu máis de 250 distincións, incluíndo o premio Nobel da Paz, e pasou a ser unha personalidade de culto. Obtivo un profundo respecto no seu país, onde adoita ser chamado polo seu nome de clan xosa Madiba, sendo descrito en ocasións como o "Pai da Nación".

Partido Comunista de España

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, que xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse á III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Partido Comunista do Brasil

O Partido Comunista do Brasil, coñecido polas siglas PCdoB, é un partido político brasileiro de esquerda, baseado ideoloxicamente nos principios do marxismo. Ao igual que a maioría dos partidos comunistas está identificado coa cor vermella e o seu símbolo é a fouce e martelo.

Foi fundado en 1958 como unha á disidente, aliñada co stalinismo, dentro do Partido Comunista Brasileiro (PCB), que naquela época, apoiaba as reformas defendidas por Nikita Khrushchev no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética en 1956, e que mais tarde serían coñecidas como desestalinización. Lideraban a disidencia Mauricio Grabois, João Amazonas e Pedro Pomar, e decidiuse a escisión do partido despois de que o documento Carta dos cen (asinada por cen militantes en catro Estados do país), fose rexeitada no V Congreso do PCB. Así pois, en 1962, fundouse o Partido Comunista do Brasil (PCdoB).

Desde o seu nacemento, o PCdoB seguiu diversas liñas políticas baseadas en distintas experiencias comunistas polo mundo. Naceu sendo contrário á liña adoptada por Nikita Khrushchev na antiga Unión Soviética e reivindicando o legado de Iosif Stalin. Nos anos 60, adoptou a liña maoísta (aliñándose co Partido Comunista da China) e pasou a practicar a loita de guerrillas (o PCdoB é famoso pola actuación na Guerrilla do Araguaia). En 1978, pasou a reivindicar o comunismo de Albania (hoxhaísmo).Nacionalmente, o PCdoB fixo parte da base de apoio do goberno de Dilma Rousseff e anteriormente do de Lula da Silva.

Edita a publicación A Classe Operária e a revista Princípios, e, internacionalmente, é membro do Foro de São Paulo.No movemento estudantil, organízase na União da Juventude Socialista (UJS) e no sindical faino a través da Central dos Trabalhadores e Trabalhadoras do Brasil (CTB). O partido conta con máis de 390.000 afiliados.

Ramón Mercader

Jaime Ramón Mercader del Río Hernández, nado o 7 de febreiro de 1914 en Barcelona e finado o 18 de outubro de 1978 na Habana, foi un militar e político catalán. Militante do Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) participou na guerra civil española durante a cal ingresou nos Servizos Secretos Soviéticos. Infiltrado nos círculos trotskistas en París, durante o tempo en que Iosif Stalin era gobernante da Unión Soviética, a temida NKVD stalinista asignoulle a misión de asasinar a Lev Trotski previo pago de medio millón de dólares, feito polo que pasaría á historia. Aínda que os arquivos desclasificados demostraron que era un axente soviético algúns seguidores de Stalin seguen a argumentar que era un seguidor de Trotski desgustado.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Óscar Fernández Mel

Óscar Fernández Mel, ás veces escrito Óscar Fernández Mell, nado o 24 de marzo de 1931 en Colón, e finado o 23 de xuño de 2019 na Habana foi un médico, guerrilleiro e político cubano, de orixe galega.

Gran amigo do Che Guevara, combatiu xunto a el en Sierra Maestra e no Congo. Foi alcalde da Habana durante dez anos e embaixador cubano en Londres e Helsinqui.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.