Lois Peña Novo

Lois Peña Novo, nado en Vilalba o 5 de agosto de 1893 e finado en Robra (Outeiro de Rei) o 24 de xullo de 1967, foi un avogado, político e escritor galego.

Lois Peña Novo
Lois Peña Novo
Nacemento5 de agosto de 1893
 Vilalba
Falecemento24 de xullo de 1967
 Robra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, avogado e escritor
OrganizaciónIrmandades da Fala
Partido Galeguista
CargosGobernador Civil de Sevilla
Gobernador Civil de Cáceres
Gobernador Civil de Valencia
Premiospremio Mouronte (febreiro de 1959)

Traxectoria

Naceu no lugar do Rollo, hoxe unha rúa de Vilalba, o 5 de agosto de 1893, fillo de Vicente Peña Rodríguez e María Novo Pardo. A súa era unha familia labrega, sendo Lois o quinto dos irmáns. Estudou no seminario de Mondoñedo e despois cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1915. No curso seguinte traballou de profesor auxiliar de Lois Porteiro na mesma facultade.

En 1916, ano da fundación da primeira Irmandade da Fala, incorpórase á de Compostela e participa como cofundador na de Vilalba.

I Asemblea Nacionalista, Lugo 17-18 de novembro de 1918, aparecen, entre outros, Antón Losada Diéguez, Antón Villar Ponte, Vicente Risco e Manuel Banet Fontenla
Participantes na I Asemblea Nacionalista.

En 1918 é redactor do Programa das Irmandades da Fala aprobado na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo. Entre outros recollía a petición da autonomía integral de Galicia e a igualdade de dereitos de mulleres e homes.

Lois Peña Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido no concello da Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920[1] -nos que o seu compañeiro de candidatura Antón Villar Ponte quedou fóra-.

En 1921 publica o libro La Mancomunidad Gallega, que será a referencia dos galeguistas á hora de concretar as súas arelas de autogoberno.

Coa chegada da Segunda República foi membro da comisión redactora do Proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia da Federación Republicana Gallega e poñente na presentación e defensa dese proxecto estatutario na asemblea celebrada na Coruña os días 4 e 5 de xuño de 1931. Nela aprobáronse as "Bases para o Estatuto Galego".

O día 8 de maio de 1936 foi un dos asistentes á xuntanza dos deputados e dos compromisarios (para escoller o Presidente da República) elixidos en Galicia, co obxectivo de darlle pulo ao proxecto estatutario nun tempo que se valorou como "conxuntura magnífica para someter a referendo o proxecto de Estatuto Galego". En xuño de 1936 participou activamente na campaña pro-Estatuto de Galicia.

Lois Peña Novo exerceu diversos cargos na II República: gobernador civil de Cáceres (6-5-1932 a 31-8-1932), Sevilla (31-8-1932 a 9-12-1932), Valencia (22-8-1933 a 14-9-1933), e gobernador xeral de Estremadura (nomeado o 7-12-1932). E foi un fiel defensor da mesma na súa caída ante a sublevación militar do 18 de xullo de 1936, mantendo a súa lealdade aos dirixentes democraticamente elixidos e defendendo mentres foi posible o Goberno civil de Lugo.

A súa pertenza ao bando dos perdedores da guerra civil supuxo o comezo das penalidades: foi encarcerado primeiro en Lugo e despois en Baralla. Máis tarde foi deportado á vila de Mallén, en Zaragoza, para retornar como confinado a Vilalba ao remate da guerra.

Desta última etapa da súa vida, só se coñece a súa asistencia, contra o ano 1945, a unha reunión celebrada na Coruña por iniciativa de Ramón Piñeiro. Nela pretendíase iniciar os contactos para a formación dunha fronte democrática opositora ao franquismo. Pero a detención de Ramón Piñeiro dous anos máis tarde deu ao traste con esta pretensión, e puxo punto final á actividade política de Peña Novo.

Dende entón, a súa vida concentrouse no ámbito do privado e no exercicio da avogacía no seu despacho vilalbés. A única excepción constituíuna a obtención do premio Mouronte en febreiro de 1959 polo seu artigo La inversión del ahorro campesino, publicado no xornal La Noche co pseudónimo Luís de Cadaval.

En 1962, cando xa se achegaba aos setenta anos, marcha a Madrid para vivir na casa do seu fillo, o médico Lois Peña López. Retorna a Vilalba todos os veráns ata que, o 24 de xullo de 1967, nunha destas viaxes, un accidente automobilístico segou definitivamente a súa vida e a da súa dona en Robra (Outeiro de Rei).

Pensamento

A Nosa Terra, 1916
Peña Novo publicou n` A Nosa Terra.

Lois Peña Novo foi, con varios libros e centos de artigos -publicados en El Pueblo Gallego, Galicia, A Nosa Terra, Acción Coruñesa, Nós, El Ratón-, un dos principais estudosos da realidade socioeconómica galega do primeiro terzo do século XX e das tentativas da súa resolución. Pódese sintetizar o seu pensamento nas seguintes formulacións:

  • Galicia nación, que aspira á autonomía integral, a converterse nun estado dentro da República Federal Española. O seu soporte económico-social é un campesiñado dono das súas terras, organizado en cooperativas e con acceso fácil ao crédito para mellorar a agricultura e a gandería que, xunto coas industrias de transformación, co aproveitamento forestal, a pesca e as industrias derivadas, e a explotación mineral, debían constituír os piares básicos da súa estrutura económica.
  • Negación-oposición ao vello e opresor Estado Español, representado emblematicamente por Castela que, coa súa forma dexenerada representación política -o caciquismo- e o seu sistema arancelario proteccionista, impide o desenvolvemento da nación galega nos seus aspectos políticos e económicos.
  • Integración con Portugal, nación que formara noutrora unha unidade con Galicia, ben puidera ter sido "a Gran Potencia Atlántica, máis forte que Inglaterra", de non impoñérselle a Galicia, cando xa remataba o século XV, a "unidade feita polos Reis Católicos".
  • Analoxía por afinidade étnica con Irlanda, que por aqueles anos (en 1919) independizouse da Gran Bretaña, e por afinidade política con Cataluña e Euskadi, que loitaban fronte ao mesmo inimigo, o centralismo español.

Recoñecemento

Os premios Lois Peña Novo levan o seu nome.

Notas

  1. Ventureira, Rubén (2016). Calendario Histórico A Coruña 2017 (en castelán). Asociación da Prensa da Coruña, Compañía de Tranvías da Coruña. ISBN 978-84-608-9887-0.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

24 de xullo

O 24 de xullo é o 205º día do ano do calendario gregoriano e o 206º nos anos bisestos. Quedan 160 días para finalizar o ano.

5 de agosto

O 5 de agosto é o 217º día do ano do calendario gregoriano e o 218º nos anos bisestos. Quedan 148 días para finalizar o ano.

Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Carlos Varela García

Carlos Varela García, nado no Carballiño o 22 de abril de 1956, é un xurista galego.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

III Asemblea Nacionalista

A III Asemblea Nacionalista celebrouse en Vigo o 16, 17 e 18 de abril de 1921.

Manuel González González

Manuel González González, nado en Beba (Mazaricos) o 25 de outubro de 1951, é catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Premio Lois Peña Novo

Os premios Lois Peña Novo son galardóns concedidos anualmente pola fundación homónima. O obxectivo dos premios é recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas. Levan o nome do político e escritor chairego Lois Peña Novo (1893–1967), que foi elixido concelleiro na Coruña en 1920, e foi secretario dos municipios de Vigo, Sada e Lugo.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Ricardo Gurriarán

Ricardo Gurriarán Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras en 1953, é un historiador galego.

Seminario de Mondoñedo

O Real Seminario Conciliar de Santa Catarina, coñecido tamén como Seminario de Mondoñedo, é un centro de estudos da Igrexa Católica situado en Mondoñedo e adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol, destacado como lugar dinamizador da cultura e o galeguismo (por exemplo, fundamental na fundación do neovirxilianismo poético) dende os séculos XIX e XX. Entre os sacerdotes saídos deste seminario estiveron:

Daniel Pernas Nieto, escritor (1884-1946).

Francisco Fanego Losada, profesor e escritor (1887-1974).

Xosé Crecente Vega, escritor (1896-1948).

Xosé Chao Rego, escritor e teólogo (n. 1932), profesor no Seminario.

José María Rodríguez Díaz, activista (1935-2017), despois secularizado.

Xosé Manuel Carballo Ferreiro, escritor e animador (n. 1944).

Segundo Leonardo Pérez López, historiador e arquiveiro (n. 1948).Con todo, entre os seus egresados tamén figuran segrares:

Luis de Trelles (1819-1891).

Manuel María García Castro, poeta da revista El Agricultor (1873-1949).

Nicomedes Pastor Díaz, escritor e político (1811-1863).

Vicente Álvarez Miranda, poeta e militar (1815-1858).

Patricio Delgado Luaces, escritor (1850-1900).

Manuel Leiras Pulpeiro, escritor (1854-1912).

Antonio Noriega Varela, escritor (1869-1947).

Lois Peña Novo, político (1893-1967).

Xosé Trapero Pardo, escritor e xornalista (1900-1995).

Aquilino Iglesia Alvariño, escritor (1909-1961).

Xosé María Díaz Castro, escritor (1914-1990).

José Martinho Montero Santalha, teólogo e lingüista (n. 1947).

Roberto Vilar (n. 1971).O arquiveiro e cronista oficial de Mondoñedo Eduardo Lence-Santar (1879-1960) centrouse no seminario para a súa obra de 1909 El Seminario de Mondoñedo. O seminario de Mondoñedo tamén aparece na trama do libro Ilustrísima, de Carlos Casares.

Ser (revista)

Ser foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1935 e 1936.

Victorino Gutiérrez

Victorino Gutiérrez Aller, nado en Lalín o 3 de abril de 1937, é un notario e escritor galego.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Xosé Barreiro Prado

Xosé Xoán Barreiro Prado, nado en Foz en 1958, é un maxistrado galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Xosé Manuel Cid

Xosé Manuel Cid Fernández, nado en Morgade (Xinzo de Limia) o 14 de maio de 1957, é un pedagogo galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.