Lois Carré Alvarellos

Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.

Lois Carré Alvarellos
Lois Carré Alvarellos
Nacemento22 de xaneiro de 1898
 A Coruña
Falecemento26 de abril de 1965
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónetnógrafo e escritor
PaiUxío Carré Aldao
IrmánsGonzalo Carré Alvarellos, Uxío Carré Alvarellos e Leandro Carré Alvarellos

Traxectoria

Fillo de Uxío Carré Aldao, fixo o servizo militar en Madrid, onde se matriculou en Maxisterio pero abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo nunha empresa de electricidade.

Carré fixo algunhas achegas relacionadas coas investigacións etnográficas, breves incursións na novela curta (publicadas co pseudónimo de Luís G. Vicencio), estudos ao abeiro da literatura popular e o ensaio Manuel Curros Enríquez: A súa vida e súa obra, editado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1] e pertenceu como especialista no conto popular á asociación alemá Märchen der europäischen Völker.[2]

Obra

  • O consentimento, 1926 (novela), Lar.[3]
  • Alevamento, 1928 (novela), Lar.[4]
  • Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico, 1953.[5]
  • Romanceiro popular galego de tradizon oral, 1959, Junta de Província do Douro Litoral, Porto.
  • Contos populares da Galiza, 1968.

Galería de imaxes

Uxío Carré cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Eugenio, Luis e Carlos.
Uxío Carré cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Eugenio, Luis e Carlos. 
Romanceiro popular galego de tradizon oral.
Romanceiro popular galego de tradizon oral. 
O consentimento.
O consentimento
Alevantamento.
Alevantamento

Notas

  1. Membros da Academia. Correspondentes
  2. Vilavedra 1995.
  3. Iglesias, Xabier (27/10/2012). "O consentimento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
  4. Iglesias, Xabier (28/4/2013). "Alevamento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
  5. Carré Alvarellos, Luis (1953). Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico. Buenos Aires: Ediciones Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

22 de xaneiro

O 22 de xaneiro é o 22º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 343 días para finalizar o ano, 344 nos anos bisestos.

26 de abril

O 26 de abril é o 116º día do ano do calendario gregoriano (117º nos anos bisestos). Quedan 249 días para finalizar o ano.

Carré Alvarellos

Os apelidos Carré Alvarellos poden referirse a doce irmáns, fillos de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena, entre eles:

Xosé Carré Alvarellos, escritor galego (1884-1904);

Uxío Carré Alvarellos, escritor galego (1885-1967);

Leandro Carré Alvarellos, escritor galego (1888-1976).

Gonzalo Carré Alvarellos, deportista galego (1891-?).

Lois Carré Alvarellos, etnógrafo e escritor galego (1898-1965);

Ediciones Galicia

Ediciones Galicia foi unha editorial galego-arxentina, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Gonzalo Carré Alvarellos

Gonzalo Carré Alvarellos, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1891, foi un deportista e xornalista galego.

Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego..

Leandro Carré Brandariz

Leandro Carré Brandariz, nado en Porto o 15 de febreiro de 1913 e finado o 21 de maio de 1937, foi un escritor, xornalista e militante libertario galego.

María del Pilar Carré

María del Pilar Carré Sánchez, nada na Coruña en 1921 e finada no ano 2000, foi unha escritora galega en lingua castelá, tamén coñecida co pseudónimo de Joanna M. Ribes.

May Carré

María Purificación Carré Sánchez, nada na Coruña en 1922 e finada en Barcelona en 1990, foi unha escritora galega en lingua castelá, máis coñecida como May Carré.

O Irmandiño

O Irmandiño foi unha publicación editada en Montevideo entre 1934 e 1961.

Romanceiro popular galego de tradizon oral

O Romanceiro popular galego de tradizon oral é unha colección de romances galegos recollidos polo etnógrafo Lois Carré Alvarellos, publicada pola Junta de Província do Douro Litoral, Porto, en 1959. Este romanceiro agrupa distintos romances escritos en galego recollidos por toda a xeografía galega. Está composto por 147 romances que abarcan temas moi variados.

Suevia (Santiago de Compostela)

Suevia foi unha revista que se definía como "Revista semanal de literatura y arte", publicada en Santiago de Compostela entre 1917 e 1919.

Uxío Carré Aldao

Uxío Carré Aldao, coñecido no seu tempo como Eugenio Carré Aldao, nado na Coruña o 5 de novembro de 1859 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1932, foi un escritor en linguas castelá e galega, editor e libreiro galego, membro fundador da Real Academia Galega da que foi secretario de 1905 a 1906 e de novo, durante dez anos, de 1909 a 1919. Sucedeu a Andrés Martínez Salazar como Cronista oficial da Coruña.

Uxío Carré Alvarellos

Uxío Carré Alvarellos, nado na Coruña o 5 de setembro de 1885 e finado o 18 de setembro de 1967 na mesma cidade, foi un escritor galego.

Uxío Carré Naya

Uxío Carré Naya, nado na Coruña en 1915 e finado en Elviña o 28 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Árbore xenealóxica Carré

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.