Logroño

Logroño é unha cidade e concello do norte de España, capital da comunidade autónoma e provincia da Rioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.

Bañada polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da Península Ibérica durante a Idade Media. No último século, a cidade experimentou un crecemento demográfico lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión. Foi capital gastronómica española en 2012 e Cidade Europea do Deporte en 2014.

Coordenadas: 42°27′55″N 2°27′0″O / 42.46528, -2.45000

Logroño
Bandera de Logroño
CoA of Logroño
Torres de Santa María la Redonda
Galeriassagasta Logroño - Iglesia de San Bartolome 01
LucernarioscolinaLOG Rioja Forum
AAA 5735-2
De esquerda a dereita: Torres da Concatedral de Santa María de la Redonda, Rúa Sagasta no Casco vello da cidade, Portada Gótica da Igrexa de San Bartolomé, novo Parque do Rei Filipe VI, pazo de congresos Riojaforum e Parque do Ebro coa Casa de las ciencias.
Localización
Logroño en España

Logroño
Logroño
Logroño en A Rioxa

Logroño
Logroño
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaA Rioxa A Rioxa
ProvinciaA Rioxa A Rioxa
ComarcaLogroño
Xeografía
Altitude391 msnm
Superficie79,55 km²
Demografía
Poboación152.650 hab. (INE 2008)
Densidade1.918,92 hab./km²
Xentiliciologroñés, lucroniense
Outros datos
Código postal26001 - 26009
AlcaldeConcepción Gamarra (PP)
www.logroño.org

Etimoloxía

A orixe deste topónimo é, como en moitas outras localidades, descoñecida. O nome Lucronio é nomeado por primeira vez nun documento de 965 polo cal García Sánchez de Pamplona doa o lugar así denominado ao Mosteiro de San Millán. No foro de 1095 aparece baixo o nome de Logronio, agás unha vez na que é denominado illo Gronio. As teses máis aceptadas parecen indicar" que o nome é unha latinización tardía por prefixación do artigo lo/illo ao antigo topónimo Gronio/Gronno,[1] palabra de orixe celta que significa «o vao» ou «o paso». Crese que este nome era debido á frecuente utilización do lugar para atravesar o río Ebro.

Outros historiadores propuxeron teorías alternativas, como unha posible derivación de Lucus Brun/Lucus Beronius ("Lugar sagrado no bosque berón").[2]

Xeografía

O concello de Logroño está situado no norte da Rioxa Media, limitando cos municipios de Fuenmayor, Navarrete, Lardero, Villamediana de Iregua, Murillo de Río Leza e Agoncillo na Rioxa; Laguardia, Lanciego e Oyón en Áraba e Viana en Navarra.

A maior parte da súa superficie municipal e do núcleo urbano aséntase na marxe dereita do río Ebro. A súa altitude, tomando como referencia o céntrico paseo do Espolón, é de 386 m sobre o nivel do mar. Aínda que é unha zona xeograficamente bastante plana pola súa situación en pleno val, existen algunhas elevacións próximas como o outeiro de Cantabria, o do Corvo, o monte da Pila ou o punto máis alto da localidade, Candorras, de 580 metros de altura. É precisamente esta situación a que permite comunicacións adecuadas por estrada e por ferrocarril cara ao leste (Zaragoza) e oeste (Burgos). Non obstante, a serra de Cantabria e o Sistema Ibérico, situados cara ao norte e sur, respectivamente, limitan unha comunicación con vías rápidas nestas direccións.

Clima

Clima Logroño (España)
Climograma de Logroño

A meteoroloxía da cidade vese suavizada pola súa localización no val do Ebro, sendo as súas condicións meteorolóxicas típicas do denominado clima mediterráneo continental. A temperatura media anual é de 13,5 °C. A temperatura pode roldar en inverno os -5 °C; mentres que en verán os termómetros superan os 35 °C. As precipitacións medias anuais son de 400 mm. Os ventos que afectan á cidade son os seguintes: dende o norte, o Cierzo; do sur, o Abrego: do leste, Solano; e do oeste, o Castelán. Os ventos intermedios son, do nordés, o Navarrico; do Noroeste, Rosmón; do sueste, o Burgalés; e do sueste, o Soriano.

Historia

Monumento-al-Fuero-de-Logro-o-en-el-Ayuntamiento
Monumento ao foro outorgado por Afonso VI en 1095.

Logroño foi poboada no ano 905 por Sancho Abarca, rei de Navarra, para garantir o paso do Ebro e o acceso ás terras tomadas aos musulmáns logo da batalla de Clavijo, instalándose novas xentes na beira dereita do río. En 1044, na "Rúa Vieja", arteria principal da localidade, ergueuse un pazo dos monarcas navarros.

En 1095, o rei de León, Afonso VI, apoderouse da Rioxa, e consolida a súa conquista concedendo a Logroño unha carta foral, que garantía a libre circulación pola ponte, o que asegura a prosperidade económica da cidade. O dito foro constituíse en modelo para moitos outros posteriores.

No século XIII, a urbe, que ten varios hospitais, arrodéase de fortificacións. O seu castelo foi derrocado no século XVII.

Desde época medieval Logroño foi unha das etapas do Camiño de Santiago. Os peregrinos atravesaban Logroño pola "Rúa Vieja", onde unha vella mansión do século XVIII foi habilitada polo concello como refuxio dos peregrinos modernos.

Transporte e comunicacións

Estradas

A cidade de Logroño está ben comunicada, nun cruzamento de varias estradas. En dirección oeste-leste, a autoestrada AP-68 une a cidade con Bilbao e Zaragoza, ademais doutras localidades como Haro e Miranda de Ebro en dirección Bilbao e Calahorra e Tudela en dirección Zaragoza. Cara ao nordés parte a autovía A-12 que chega ata Pamplona, pasando por Estella, e que está en construción cara ao oeste en dirección Burgos. Polo momento só está operativa ata Nájera e o resto de traxecto ata a capital burgalesa faise pola N-120, que continúa ata Galicia. Cara ao sur, a cidade está unida con Soria pola N-111. Outras estradas destacables son a N-232, paralela á AP-68, e a LO-20, circunvalación da cidade polo sur.

Ferrocarril

Logroño - Nueva Estacion Adif 19
Fachada principal da nova estación de ferrocarril, en 2013.

Por Logroño pasa a liña que une Castejón (Navarra) con Bilbao. A estación, que estivo situada ata 2008 na Praza de Europa, foi derrubada para dar paso a unha nova estación intermodal soterrada e temporalmente habilitouse unha estación provisional. A nova estación de Logroño está situada na avenida de Colón e foi inaugurada parcialmente o 18 de decembro de 2011. Os traballos na estación culminarán co soterramento das vías na capital e a chegada do tren de alta velocidade.

Dende Logroño hai servizos rexionais a Zaragoza e Valladolid, con paradas intermedias en Calahorra, Haro, Alfaro, Tudela, Castejón, Miranda de Ebro ou Burgos, entre outras. Tamén existen servizos de longa distancia a Madrid, Barcelona, Bilbao ou Galicia, entre outros.

Aeroporto

O Aeroporto de Logroño-Agoncillo foi inaugurado en 2003. Está situado no municipio de Agoncillo, 12 km ao leste da cidade. É un dos aeroportos con menor tráfico de España e actualmente só ten 6 conexións diarias con Madrid-Barajas.

Autobuses

A cidade, dende a Estación Municipal de Autobuses, está conectada coa maioría de puntos da península e tamén coa maioría de localidades da Rioxa con autobuses interurbanos. Ademais, dispón de 11 liñas de autobuses urbanos diarios, e 3 máis búho ou nocturnos, que conectan lugares como La Grajera, Lardero, Villamediana de Iregua ou El Cortijo. O servizo está operado por AULOSA (Autobuses Logroño SA), filial urbana do Grupo Jiménez. Finalmente, dende 2010, Logroño conta cun servizo de autobuses metropolitanos que conectan coas poboacións próximas a capital, con servizos que teñen intervalos de paso entre 25 e 50 minutos.

Lugares de interese

  • Con-Catedral de Santa María de la Redonda
  • Igrexa de San Bartolomé
  • Igrexa de Santiago
  • Igrexa de Palacio
  • Museo de La Rioja
  • Parlamento de La Rioja, localizado na antiga factoría de Tabacalera.
  • Muralla del Revellín
  • Fonte da Gran Vía con representación de reis que estiveron vencellados a Logroño ou A Rioxa.

Notas

  1. I. Rodríguez e R. de Lama, Colección diplomática medieval de La Rioja, vol. I, Logroño 1979, 272-293
  2. El gentilicio Beronés en el topónimo Logroño, Urbano Espinosa

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Rioxa

A Rioxa (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.

Ten o nome do río Oja (na zona norte da comunidade), nomeando así unha extensa comarca que ocupa unha considerábel tramo do marxe dereito do Val do Ebro aos pés do Sistema Ibérico. A Rioxa administrativa e comarcal non coinciden exactamente, xa que a derradeira soleira co País Vasco, e a parte montañesa non sería Rioxa estrita.

A súa poboación é de 317 501 habitantes, e a súa capital é Logroño, cidade duns 150 000 habitantes. Outras poboacións importantes son: Calahorra, Arnedo, Haro e Alfaro.

A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe estendida tamén polo sur de Áraba.

Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán de la Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en lingua castelá como en lingua vasca.

Aeroporto de Burgos

O Aeroporto de Burgos é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado nunha ampla chaira na zona leste da cidade de Burgos.

En 2011, segundo datos de Aena, deu servizo a 35 447 pasaxeiros (o que supón un incremento do 5,5% con respecto a 2010) con 3 960 operacións de voo, un 11,2% mais que no 2010.

A pesar da súa recente inauguración, en 2011 superou en número de pasaxeiros comerciais anuais a outros aeroportos da contorna, como os de Vitoria ou Logroño, e outros da península, como o de Albacete, Córdoba ou Huesca.

En 2012, propúxose á cidade de Burgos como plataforma multimodal europea, combinando mercancías por estrada, ferrocarril e aviación.

Aeroporto de Logroño-Agoncillo

O Aeroporto de Logroño-Agoncillo é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Agoncillo, 14 km ao leste do centro urbano da cidade de Logroño.

As orixes do aeroporto remóntanse á base militar de Recajo, unha base aérea secundaria construída entre 1924 e 1928. Por entón, o campo de voos era de 1.000 metros de longo e 600 de ancho. O 5 de febreiro de 1932, cámbiase o seu nome polo de Aeródromo de Agoncillo. En 1946 ábrese ao tráfico aéreo civil, con todo, e ata data recente, o seu uso como tal foi bastante moderado, exceptuando as operacións do Aeroclub de Logroño.

En 1996, o Goberno da Rioxa decide impulsar a creación do aeroporto de Logroño. É o 21 de setembro de 1998 cando culminan eses esforzos, declarándose o aeroporto de Logroño-Agoncillo como "aeroporto de interese xeral" e poñendo en marcha os proxectos necesarios para a súa reforma, ata a súa inauguración en maio de 2003, logo dun investimento de 17 930 000 euros.

É un dos aeroportos españois con menor tráfico aéreo, xestionando en 2005 36.560 pasaxeiros e 3.061 operacións. En 2006 houbo 55.469 pasaxeiros, cun incremento con respecto ao ano anterior dun 41,7%, e as operacións foron 3.334, un 8% máis. En 2010, o aeroporto deu servizo a un total de 24.522 pasaxeiros debido á eliminación da ruta a Barcelona. En 2012, só houbo 19.263 pasaxeiros e 2.630 operacións.

Agoncillo

Agoncillo é un concello da Rioxa, España, situado a 14 km de Logroño, a capital provincial. A súa poboación é de 1.164 habitantes (2012). No municipio está localizado o aeroporto de Logroño-Agoncillo, o único da comunidade e con apenas tráfico aéreo.

Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Club Deportivo Logroñés

O Club Deportivo Logroñés foi un club de fútbol español da cidade de Logroño, na (Rioxa). Foi fundouse o 30 de maio de 1940 e actualmente, tras ser excluído do Grupo 16 de Terceira División por unha dobre incomparecencia, non se atopa inscrito en ningunha competición.

Debido a problemas financeiros, o club que xogou nove tempadas en Primeira División foi substituído polo UD Logroñés e SD Logroñés.

Daniel Aranzubia

Daniel Aranzubia Aguado, nado en Logroño o 18 de setembro de 1979, é un ex-futbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Diego Sarmiento de Acuña

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Eskuernaga

Eskuernaga (en castelán: Villabuena de Álava e oficialmente Villabuena de Álava / Eskuernaga) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 306 habitantes.

Limita ao noroeste con Samaniego, ao nordés con Leza, ao oeste con Navaridas e ao sur con Elciego e Mañueta. Atópase a 24 km de Logroño e a 42 km da capital provincial, Vitoria.

Estación de Logroño

A estación de Logroño é unha estación de tren de Adif situada na cidade española de Logroño. Foi inaugurada parcialmente o 18 de decembro de 2011 dentro da primeira fase dun amplo proxecto urbanístico tendente a mellorar a integración do ferrocarril na cidade soterrando gran parte do seu trazado.No ano 2010, os seus servizos de Longa e Media distancia foron utilizados por preto de 170.000 viaxeiros.

Iekora

Iekora (en éuscaro tamén: Ekora, en castelán: Yécora e oficialmente Yécora/Iekora) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 266 habitantes.

Limita ao norte co concello navarro de Lapoblación, ao sur e ao leste con Oion e ao oeste con Lantziego. Atópase a 13 km de Logroño e a 50 km de Vitoria.

Lardero

Lardero é un municipio da Rioxa situado á poucos quilómetros da súa capital, Logroño.

Lizarra

Lizarra ou Estella (en galego medieval: Estela, en éuscaro: Lizarra, en castelán: Estella, oficialmente Estella-Lizarra), é unha cidade e municipio da zona media da Comunidade Foral de Navarra, en España. É a capital do meiriñado de Estella e da comarca de Tierra Estella ou Lizarrerria, situada a metade de camiño entre as cidades capitais de Pamplona e de Logroño, na Rioxa, nunha zona de unión entre a Montaña e a Ribera Alta de Navarra.

Miranda de Ebro

Miranda de Ebro é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). É a capital da comarca do Ebro. Sitúase no nordeste da provincia, moi próxima ás lindes con Álava e A Rioxa. Ten unha extensión de 101,39 km² e unha poboación de 37.648 habitantes (INE 2013).

É a segunda localidade máis poboada da provincia tras a capital. Goza de notábel carácter industrial, sendo un importante nó de comunicacións, especialmente ferroviario. Nun raio de tan só 80 km de Miranda atopamos as cidades de Bilbao, Burgos, Logroño e Vitoria.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Río Ebro

O río Ebro (en catalán: Ebre) é o río máis caudaloso de España e o segundo da Península Ibérica despois do Douro. É ademais o segundo río máis longo despois do Texo. Discorre na súa totalidade por España, sendo o seu río máis longo, con 910 km, o máis caudaloso e o que ten a maior conca, que chega aos 83 093 km².

Percorre o extremo nororiental da Península Ibérica, a través do val que leva o seu nome. Segue unha dirección noroeste-sueste desde o seu nacemento na Hermandad de Campoo de Suso, en Cantabria, ata o mar Mediterráneo, no que desemboca formando o delta do Ebro, entre os termos municipais de Deltebre e Sant Jaume d'Enveja.

O Ebro atravesa as comunidades autónomas españolas de Cantabria, Castela e León, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña. Ademais, a súa conca hidrográfica tamén alcanza territorios da Comunidade Valenciana (río Bergantes) e do País Vasco (case toda Áraba). Dúas capitais de comunidade autónoma, Logroño e Zaragoza, son bañadas polo río.

Segunda división española 1934/35

A tempada 1934–35 da Segunda División de España foi a 7ª edición deste torneo. Foi o primeiro ano no que se competiu segundo este formato de tres grupos e unha fase final que disputarían os dous primeiros clasificados de cada un deles. O Hércules CF declarouse campión e acadou o ascenso a Primeira División xunto ao CA Osasuna ao tempo que o último clasificado de cada grupo descendeu directamente a Terceira División, neste caso serían o Racing de Ferrol, CD Logroño e Sport La Plana.

Tendo en conta a ampliación de 10 a 24 equipos que sufriu a categoría ascenderon gran número de equipos, porén o ano anterior non se disputara a Terceira División polo que estes clubs foron designados directamente pola Federación Española de Fútbol, agás ao Gimnástico de Valencia, Sport La Plana, Malacitano e Recreativo de Granada que foron os campións e subcampións dos Campionatos Superrexionais Levante e Sur. Así mesmo o Elche CF substituír ao Deportivo Alavés que renunciou á súa praza en Segunda División.

Tudela

Tudela é un municipio e cidade española situada no sur da Comunidade Foral de Navarra, cabeceira da comarca coñecida como La Ribera, así como do partido xudicial e do meiriñado homónimos. É a segunda cidade de Navarra tras Pamplona, con 35.358 habitantes segundo o Padrón Municipal de habitantes de 2012.

Está situada a beiras do caudaloso e estacional río Ebro e na desembocadura do río Queiles que atravesa a cidade.

Dista 94,3 km de Pamplona, a capital da Comunidade Foral de Navarra. A 86 km de Zaragoza, a 99,5 km de Logroño e a 90,1 km de Soria. E está situada a 264 metros de altitude.

Unión Deportiva Logroñés

A Unión Deportiva Logroñés é un club de fútbol español da cidade de Logroño, na Rioxa. Foi fundado o 24 de xuño de 2009, tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea, e na actualidade xoga no Grupo II da Segunda División B.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.