Logres

Logres, tamén coñecido como Logris ou Loegria, é un reino lendario na historia mítica de Gran Bretaña creado por Godofredo de Monmouth a partir de lendas locais. Así pois, Logres sería o reino do Rei Artur na Materia de Bretaña. O nome deriva da forma forma galesa Lloegr, un nome de orixe incerta que significa "Inglaterra".

No contexto da Materia de Bretaña, Logres adoita usarse para describir o territorio dos britanos que aproximadamente coas fronteiras de Inglaterra antes de que fose invadida polos pobos anglosaxóns.[1] De acordo coa crónica pseudohistórica Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, o reino foi nomeado após do rei lendario Locrinus, o fillo máis vello de Brutus de Troia. Na súa Historia, Godofredo usa a palabra Loegria para describir a provincia que contén a maior parte de Inglaterra agás Cornualles e posiblemente Northumberland.

O nome Logres úsase en numerosas obras modernas de fantasía en Gran Bretaña, como en That Hideous Strength de Clive Staples Lewis e Over Sea, Under Stone de Susan Cooper.

Britain.peoples.original.traditional

Notas

  1. Norris J. Lacy, Geoffrey Ashe, Debra N. Mancoff. Logres in The Arthurian Handbook. Garland Reference Library of the Humanities (Book 1920). Routledge; 2nd edition (3 de outubro de 1997) páxina 331. ISBN 0815320817 [1]

Véxase tamén

Outros artigos

  • Albion
  • Prydain
Aerosmith

Aerosmith é unha banda de Hard Rock estadounidense formada por Steven Tyler (voz, teclado e harmónica), Joe Perry (guitarra e coros), Brad Whitford (guitarra), Tom Hamilton (baixo) e Joey Kramer (batería) a principios da década dos anos 70.

Demanda do Santo Graal

A Demanda do Santo Graal é un manuscrito medieval escrito en galego-portugués que se insire nun dos ciclos máis importantes da literatura medieval europea: o chamado Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña. Esta obra constitúe un dos maiores expoñentes da prosa medieval galego-portuguesa. Nela nárranse as aventuras de Galaaz e dos Cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Santo Graal, o lendario cáliz empregado na Última cea e que despois usou Xosé de Arimatea para recoller o sangue de Cristo. Na actualidade, consérvase un manuscrito datado do século XV da Demanda do Santo Graal na Biblioteca Nacional de Viena, catalogado co número 2594.

Esclabor

Esclabor é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É descrito como señor de Babel e pai de Palamedes, Safir e Segwarides. Mentres visitaba Roma, sálvalle a vida ó emperador e logo marcha a Logres, onde salva a vida do rei Pellinore. Finalmente retírase a Camelot.

Lista de libros sobre o rei Artur

Os libros e obras literarias sobre o rei Artur e personaxes relacionados son moi numerosos. A continuación exponse unha lista dos máis importantes ordenados cronoloxicamente e por linguas.

Lista de personaxes artúricos

Nas lendas do Rei Artur aparecen moitos personaxes, entre os que se inclúen os Cabaleiros da Táboa Redonda e os membros da familia do Rei Artur. Os seus nomes adoitan diferir dunha versión a outra e dun idioma a outro. A seguinte é unha listaxe deles coas súas descricións. (Nota: O símbolo "†" indica un cabaleiro da Táboa Redonda.)

Lista de xogos de Dreamcast

Esta é unha lista de xogos da videoconsola Sega Dreamcast

Taliesin

Taliesin, nado contra o ano 534 e finado en 599, foi un poeta britón do período posromano de Britania cuxa obra sobreviviu probabelmente nun manuscrito do galés medio, o Libro de Taliesin. Taliesin foi un bardo de sona que se cre que cantou nas cortes de polo menos tres reis célticos britóns.

Como máximo once dos poemas que se conservan foron datados no século VI, polo que se adscriben ao Taliesin histórico. A maior parte desta obra loa o rei Urien de Rheged e o seu fillo Owain mab Urien, aínda que varios dos poemas indican que tamén serviu como bardo da corte do rei Brochfael Ysgithrog de Powys e o seu sucesor Cynan Garwyn, quer antes quer durante o súa permanencia na corte de Urien. Algúns dos acontecementos aos que se refiren os poemas, tales como a Batalla de Arfderydd (c. 583), aparecen mencionados noutras fontes.

O seu nome, escrito Taliessin nos Idylls of the King de Alfred, Lord Tennyson e nalgunhas obras subsecuentes, significa "cella brillante" en galés medio. na lenda e na poesía medieval galesa aparece mencionado como Taliesin Ben Beirdd ("Taliesin, Xefe de Bardos" ou xefe dos poetas). Aparece mencionado como un dos cinco poetas britóns de renome, xunto con Talhaearn tad Awen ("Talhaearn Pai da Musa"), Aneirin, Blwchfardd, e Cian Gwenith Gwawd ("Cian Trigo de Canción"), na Historia Brittonum, e tamén se menciona na colección de poemas coñecida como Y Gododdin. Taliesin foi moi ben considerado a mediados do século XII como o suposto autor dun gran número de lendas románticas.Segundo a lenda, Taliesin foi adoptado de neno por Elffin, o fillo de Gwyddno Garanhir, e profetizou a morte de Maelgwn Gwynedd pola febre amarela. En historias posteriores converteuse nun heroe mítico, compañeiro de Bran o Bendito e o rei Artur. A súa biografía lendaria atópase en varios documentos tardíos (ver máis abaixo; a narración máis antiga que chegou ata nós está nunha crónica manuscrita da historia do mundo escrita por Elis Gruffydd a mediados do século XVI).

Teo Fabi

Teodorico Fabi (nado o 9 de marzo de 1955 en Milán, Italia), máis coñecido como Teo Fabi, é un ex piloto italiano de carreiras que participou na Fórmula Un e nas carreiras de coches deportivos, logrou a pole position no seu debut nas 500 Millas de Indianápolis. tamén é o irmán maior do ex piloto de Fórmula Un Corrado Fabi.

Principais personaxes
Cabaleiros da Táboa Redonda
Obxectos
Lugares
Nos medios de masas
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.