Lobios

Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. Segundo o padrón municipal de habitantes en 2014 tiña unha poboación de 2.025 persoas (2.584 en 2003).

Coordenadas: 41°52′31″N 8°5′4″O / 41.87528, -8.08444

Lobios
Escudo de Lobios
Concello de Lobios
Casa do concello.
Situacion Lobios
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Baixa Limia
Poboación1.732 hab. (2018)
Área168,4 km²
Densidade10,29 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloLobios
Política (2019[2])
AlcaldesaMaría del Carmen Yáñez Salgado (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Lobios
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes80,38%
Na rede
http://www.lobios.org/

Demografía

Censo Total 1.868 (2016)
Menores de 15 anos 105 (5.62 %)
Entre 15 e 64 anos 1.020 (54.60 %)
Maiores de 65 anos 743 (39.76 %)
Evolución da poboación de Lobios   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.201 4.640 5.221 5.102 2.547 2.259 2.238 2.175 2.130 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Lobios na cultura popular galega

  • Á entrada do Xurés/ perdín o meu cadeado:/ Nosa Señora bendita/ teno no seo gardado [5].
  • Adios, Torneiros do Val,/ despedida de Galicia;/ xa que rilláste-lo nabo/ rillai tamén a nabiza [6].
  • Anque me pintaran de ouro/ como ó San Bartolomeu,/ lugariño de Silvares/ non o esquecería eu [7].
  • Antoniño, se te fores,/ tira un tiro na Portela;/ pra que digan as meniñas:/ Alá vai o rei da terra [8].
  • Antonio foise, foise,/ deu un tiro na Portela;/ quedaron dicindo as mozas:/ Alá vai o rei da terra [9].
  • Aquile que anda no baille,/ aquile que agora entrou,/ ten o beillar apurado,/ nin que fora dos de Grou! [10].
  • As mociñas de Requeixo/ quen che mas dera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar [11].
  • As mociñas de Silvares/ son poucas e moi bonitas:/ parez a cama onde dormen/ o galiñeiro das pitas [12].
  • As mociñas de Valoiro/ son pequeniñas e flacas,/ por eso me dixo Xan:/ Se vas elí non te casas [13].
  • Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás [14].
  • Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive [15].
  • Dónde son ises mociños,/ donde son, donde serán?/ Son do lugar de Xendive,/ veciños do San Xoán [16].
  • Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida [17].
  • Eu hei de irme ó Xurés/ con estas miñas amigas;/ habemos botar un neto/ i habemos mercar sardiñas [18].
  • Eu subín por unha liña/ e baixei por un cordón,/ teño un amor en Ganceiros,/ non me sai do curazón [19].
  • Fai un ano que viñemos,/ un ano non é un mes,/ fai un ano que viñemos/ co pretesto do Xurés [20].
  • Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [21].
  • Había de ir a Xendive,/ mais a Xendive non vou/ que se me caiu a saia/ no San Mamede de Grou [22].
  • Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero [23].
  • Hei de ir ao San Roque a Lobios/ i á Santa Eufemia a Parada,/ que as mociñas de Lubeira/ son as da chave dourada [24].
  • Iste lugar de Silvares/ ninguén me diga mal de ile,/ puxarei pola espada,/ porei a vida por ile [25].
  • Miña Virxe de Xurés/ baixaivos ao areal/ que lle leva o millo a seca/ ás calaceiras do val [26].
  • Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá hei de ir,/ heille de levar un ramo/ que do ceo me ha de vir [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá non vou:/ tiña o diñeiriño xunto/ e non sei quen mo levou [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e carqueixas/ e carballos darredor [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór/ pra lle dar os boenos días/ o domingo do Señor [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ quérena subir arriba;/ as mozas de Vilameá/ choran que parten a vida (Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Refírese a Vilameá, lugar da parroquia de Rio Caldo.</ref>.
  • Miña Virxe do Xurés/ eu ben a vi ao sol posto/ cunha rosiña na mau/ i outra na mazá do rostro [27].
  • Miña Virxe do Xurés/ eu iste ano alá non vou/ polo mor dos alborotos, malia quen os armou [28].
  • Miña Virxe do Xurés/ ten o tellado de vidro/ que llo deu un mariñeiro/ que andaba no mar perdido [27].
  • Miña Virxe do Xurés/ ten un xustillo vermello;/ dálle o sol pola ventana,/ relumbra coma un espello [29].
  • Miña Virxe do Xurés/ ten unha ventana nova/ para ver aos portugueses/ como tocan a viola [27].
  • Niste lugar 'de la Vila'/ non hai moza que apareza:/ quedou Rosa da Fachesa/ cun penedo na cabeza [30].
  • Niste lugar 'de la Vila'/ non hai mozas que rondar;/ hai unhas poliñas novas,/ mozos, deixalas criar [31].
  • Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de bogas,/ mais o que as ha de pillar/ ten que gastar catro solas [32].
  • Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de neve;/ eu quixera beber nil,/ meu curazón non se estreve [31].
  • Niste lugar de Requeixo/ no medio quero decer,/ hai un piñeiriño verde/ que alumea sen arder [31].
  • No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar [33].
  • No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira [34].
  • Non quero casar en Crasto,/ que é terra de penedos;/ heime casar en Xendive,/ que é terra de moitos grelos [35].
  • Nosa Virxe do Xurés/ a súa capela cai:/ mozas de Vilameá,/ quitaille a tella, quitai [36].
  • O lugarciño do Corgo/ ó lonxe parece vila/ se non foran os canastros/ que están no lado de riba [37].
  • Río abaixo, río arriba,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás pendangas de Aceredo [38].
  • Río arriba, río abaixo,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás mociñas de Aceredo [39].
  • San Isidro labrador,/ que anda arando no campo,/ a Santa Eufemia bendita/ vaille de diante do gado [40].
  • Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [41].
  • Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios [42].
  • Se vas a San Benitiño/ non vaias a Lantemil,/ que hai outro máis milagreiro,/ á subida do Pacín [43].
  • Señor San Benito novo/ que estás no monte de Grou:/ depárame unha meniña/ que eu en busca dela vou [44].
  • Señor San Roque de Lobios,/ estanqueiro do tabaco,/ dígame, señor San Roque,/ quen o meteu niste trato? [45].
  • Señor San Roque de Lobios,/ santiño moi milagroso,/ pedinlle un rapaz bonito,/ deume un cara de raposo [46].
  • Silvares xa ten a sona,/ Silvares a sona ten/ de bos mozos e boas mozas,/ de cantar e beillar ben [47].
  • Son as mozas de Requeixo/ moi meigas e moi melosas;/ ós mozos volven toliños/ coas súas falas amorosas [48].
  • Son as mozas de Requeixo/ tan boas e cobizosas/ que cando os mozos se enteiran/ pensan: “Non queremos outras” [49].
  • Teño un amor na montaña/ e outro en Cimadevila,/ outro na Vila da Barca/ i outro aínda máis arriba [50].
  • Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [51].
  • Viva o lugar de Requeixo,/ viva, viva coma dantes;/ unhas mozas coma rosas/ us mozos coma xigantes [52].
  • Zabariz e mais Torneiros/ xogaban ó carnaval/ sendo lugares veciños/ é cousa moi natural [53].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Lobios.
Miliarios romanos en Ponte Nova, Lobios, Galiza

Miliarios romanos en Ponte Nova.

Padrendo-Lobios

Padrendo.

Ruta de Padrendo, Lobios. Cabalos

Cabalos na ruta de Padrendo.

Ruta de Padrendo, Lobios

Serra de Santa Eufemia.

Ancient Roman thermae in Lobios, Ourense, Galicia, Spain

Antigas augas termais romanas.

Bliblioteca Municipal de Lobios

Bliblioteca Municipal de Lobios

Lugares de Lobios

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lobios vexa: Lugares de Lobios.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Lobios". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández, 31. Refírese á Nosa Señora do Xurés, cuxo Santuario se atopa na parroquia de Santa María de Río Caldo, concello de Lobios.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández, 31. No orixinal: rillastelo. Torneiros (do Val) é lugar da parroquia de Santa María de Río Caldo, último lugar de Portela do Home camiño de Portugal; de aí que o chame “despedida de Galicia”.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández, 40. No orixinal, nono. Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios. Pode referirse a San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 42). Refírese a Portela do Home, xa na linde con Portugal.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 42.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 44. No orixinal: Áquile. Hai unha parroquia chamada Santa Cruz de Grou, en Lobeira; outra, San Mamede de Grou, en Lobios; e unha terceira, San Martiño de Grou, compartida polos dous concellos.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 48. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 49.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández, 49. O Valoiro é un lugar da parroquia de San Martiño de Grou no concello de Lobios.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 62. Xendive é lugar de San Salvador de Torno, Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 71. No lugar de Xendive hai unha capela dedicada a San Xoán.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 74. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín (hoxe non hai tal no Nomenclátor).
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 81. A Nosa Señora do Xurés, a cuxa romaría alude esta cantiga, levántase no lugar de Vilameá, parroquia de Río Caldo.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández, 84. Ganceiros é un lugar da parroquia de San Salvador de Torno.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 84. Refírese á festa de Nosa Señora do Xurés, o 8 de xullo.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 85. Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, do concello de Lobios.
  22. Xaquín Lorenzo Fernández, 86. Xendive é lugar de San Salvador de Torno; a parroquia de San Mamede de Grou celebra a festa o 7 de agosto.
  23. Xaquín Lorenzo Fernández, 87. No se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou).
  24. Xaquín Lorenzo Fernández, 88. No orixinal: Lovios. Xaquín Lorenzo explica que son as festas de Lobios (aínda que a parroquia está baixo a advocación de San Miguel) e de Parada (do Monte), esta no concello de Lobeira. As festas son o 17 de agosto e o 16 de xullo, respectivamente.
  25. Xaquín Lorenzo Fernández, 90). Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
  26. Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Para implorar pola chuvia báixase a imaxe da Virxe do Xurés á parroquia de Río Caldo, situada no val.
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 27,4 27,5 27,6 Xaquín Lorenzo Fernández, 103.
  28. Xaquín Lorenzo Fernández, 103. No orixinal: alborostos [sic], quénos, armóu. Fai referencia ás frecuentes liortas que tiñan lugar nas festas populares..
  29. Xaquín Lorenzo Fernández, 103. No orixinal: bermello.
  30. Xaquín Lorenzo Fernández, 108. Pode tratarse da Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira (concello de Lobeira), ou da Vila, lugar da parroquia de San Martiño de Araúxo (concello de Lobios); Xaquín Lorenzo non se decanta por ningún dos dous lugares.
  31. 31,0 31,1 31,2 Xaquín Lorenzo Fernández, 108.
  32. Xaquín Lorenzo Fernández, 108. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios.
  33. Xaquín Lorenzo Fernández, 109. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirse esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira e outro a San Mamede de Grou.
  34. Xaquín Lorenzo Fernández, 109. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín.
  35. Xaquín Lorenzo Fernández, 111). Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios.
  36. Xaquín Lorenzo Fernández, 113. No orixinal: sua. Vilameá é lugar da parroquia de Río Caldo, concello de Lobios.
  37. Xaquín Lorenzo Fernández, 119). Corgo é lugar da parroquia de San Mamede de Grou, concello de Lobios.
  38. Xaquín Lorenzo Fernández, 139. O río de Porta é un regato que desauga no río de Pacín, en Entrimo; Aceredo é un lugar da parroquia de San Salvador de Manín, tamén no concello de Lobios.
  39. Xaquín Lorenzo Fernández, 139.
  40. Xaquín Lorenzo Fernández, 141. Hai dúas ermidas dedicadas a estes santos na parroquia de San Salvador de Manín. A suposta muller de San Isidro non foi Santa Eufemia senón Santa María da Cabeza.
  41. Xaquín Lorenzo Fernández, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
  42. Xaquín Lorenzo Fernández, 142. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou.
  43. Xaquín Lorenzo Fernández, 148. Lantemil é un lugar da parroquia de San Lorenzo da Illa no concello de Entrimo. O río Pacín fórmase ó unirse os ríos Illa e Montaña, e desauga no Limia. A ermida de San Bieito está no monte do Grou, no Leboreiro.
  44. Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: de ela.
  45. Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: Lovios, queno.
  46. Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: Lovios, pedínlle.
  47. Xaquín Lorenzo Fernández, 148. Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
  48. Xaquín Lorenzo Fernández, 148. No orixinal: suas. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou.
  49. Xaquín Lorenzo Fernández, 148.
  50. Xaquín Lorenzo Fernández, 151. No orixinal: ainda. Cimadevila é lugar de San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios; Vila da Barca, realmente Ponte da Barca, é unha vila portuguesa na beira do río Limia, a uns 30 km da raia galega.
  51. Xaquín Lorenzo Fernández, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
  52. Xaquín Lorenzo Fernández, 163. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou.
  53. Xaquín Lorenzo Fernández, 165. Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira. Torneiros do Val era lugar da parroquia de Manín, no concello de Lobios.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cela, Lobios

Santa María da Cela é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2010 tiña 16 habitantes, dos cales 10 eran homes e 6 mulleres.

A Illa, Lobios

San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Lobios, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 28 habitantes (16 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, só unha deles habitable.

Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos dous lugares desta parroquia civil, máis os catro lugares da parroquia homónima do concello de Entrimo.

Amandi, Sober

Santa María de Amandi é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 66 habitantes, 32 eran homes e 34 eran mulleres.

Limita coas parroquias de Doade ao norte e oeste, Lobios e Pinol ao oeste, e con Sacardebois, San Lourenzo de Barxacova, Cristosende e Lumeares ao sur, estas últimas na provincia de Ourense e separadas de Amandi polo río Sil.

Araúxo, Lobios

San Martiño de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 185 habitantes, dos cales 90 eran homes e 95 mulleres.

Baixa Limia - Serra do Xurés

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural e zona especial de conservación (ZEC) que abrangue tres concellos galegos denominado como tal en 1993, con 20 920 hectáreas e que en maio de 2009 foi declarado conxuntamente co parque limítrofe portugués Reserva da Biosfera pola UNESCO . Está situado no Sur da provincia de Ourense, e estende a súa zona de actuación ás montañas dos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños, ata a fronteira con Portugal, limitando co Parque Nacional de Peneda-Gerês. Trátase dunha zona de montaña, na que o material xeolóxico predominante é o granito. Dentro dos seus límites están os circos glaciares situados a menor altitude da Península.

Comarca de Baixa Limia

A comarca de Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

Fábrica

Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios

Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación.

Hai de distintos tipos e tamaños. Actualmente as fábricas van substituíndo a man de obra por tecnoloxía para reducir custos e aumentar a produtividade.

Grou, Lobios

San Mamede de Grou é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 369 habitantes, dos cales 166 eran homes e 203 mulleres.

Lobeira

Lobeira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 807 habitantes (1.225 en 2003).

Lobios, Lobios

San Miguel de Lobios é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 521 habitantes, dos cales 267 eran homes e 254 mulleres.

Lobios, Sober

San Xillao de Lobios é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 102 habitantes, 52 eran homes e 50 eran mulleres.

Manín, Lobios

San Salvador de Manín é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 184 habitantes, dos cales 87 eran homes e 97 mulleres.

Muíños

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

Río Caldo, Lobios

Santa María de Río Caldo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 419 habitantes, dos cales 205 eran homes e 214 mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 457 habitantes.

San Martiño de Grou, Lobeira

San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Lobeira. Segundo o IGE en 2015 tiña 10 habitantes (4 homes e 6 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación, o lugar de Cabaleiros. Este lugar xunto co do Valoiro da parroquia homónima do concello de Lobios, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.

San Martiño de Grou, Lobios

San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Lobios. Segundo o IGE en 2015 tiña 19 habitantes (13 homes e 6 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación, o lugar do Valoiro. Este lugar xunto co de Cabaleiros da parroquia homónima do concello de Lobeira, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.

San Paio de Araúxo, Lobios

San Paio de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 267 habitantes, dos cales 136 eran homes e 131 mulleres.

Serra de Santa Eufemia

A serra de Santa Eufemia é unha cordilleira localizada no sur de Galicia, nas terras de Lobios, na provincia de Ourense. Recibe o dito nome en referencia a Santa Eufemia de Lobios, cuxo corpo apareceu naquel lugar segundo recollen algunhas crónica da época.

Ten unha altitude media de 943 metros sobre o nivel do mar. O seu punto máis alto é o barranco de Cruz de Touro, con 1.222 metros, que é ademais unha zona protexida pertencente ao parque natural da Baixa Limia.

Torno, Lobios

San Salvador de Torno é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 274 habitantes, dos cales 139 eran homes e 135 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.