Loña do Monte, Esgos

San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 65 habitantes (26 homes e 39 mulleres) asentados nunha única entidade de poboación[2].

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos 6 lugares da parroquia homónima do concello de Nogueira de Ramuín, forma a parroquia eclesiástica de Loña do Monte.

Coordenadas: 42°22′14″N 07°42′01″O / 42.37056, -7.70028

Loña do Monte
ConcelloEsgos
Poboación65 hab. (2015)
Entidades de poboación1

Notas

  1. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2015. Busca por entidades".
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".

Lugares e parroquias

Parroquias de Esgos

Véxase tamén

Outros artigos

Gomariz, Loña do Monte, Esgos

Gomariz é un lugar da parroquia de Loña do Monte no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Tiña 65 habitantes no ano 2015 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 26 eran homes e 39 mulleres. Isto supón un descenso de 7 habitantes con respecto a 2011, cando tiña 72 habitantes.

Loña do Monte

San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado dos Milagres da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Nogueira de Ramuín e o de Esgos. No ano 2015 tiña 199 habitantes (91 homes e 108 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 91 habitantes en relación ao ano 2000.

As aldeas da Eirexa, Fondo de Vila, As Raposas, Requeixo, Souto e Vilouriz pertencen ao concello de Nogueira de Ramuín; e a de Gomariz ao concello de Esgos.

Loña do Monte, Nogueira de Ramuín

San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 134 habitantes (65 homes e 69 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Gomariz (en Loña do Monte, Esgos), forma a parroquia eclesiástica de Loña do Monte.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.