Lleida

Lleida (en catalán: Lleida, [ˈʎɛjðə], pronunciación local: [ˈʎejðɛ]) é un municipio e cidade do oeste de Cataluña, capital da provincia de Lleida e da comarca do Segrià. Está situada no curso do río Segre, arredor dun outeiro coroado pola antiga catedral, a Seu Vella. Con 139.809 habitantes en 2013 é a segunda capital catalá e a sexta cidade máis poboada da comunidade.

Existen probas de asentamentos na área da cidade de Lleida polo menos dende a Idade de Bronce. Dende o século VI a.C. e ata a conquista romana converteuse na principal cidade dos ilerxetes, un pobo ibero que a denominou Iltirta. A cidade, que os romanos denominaron Ilerda, no século VIII foi invadida polos musulmáns e reconquistada en 1149 polas tropas de Ramon Berenguer IV e Ermengol VI. En 1297 Xaime II fundou o Estudo Xeral, que sería a primeira universidade de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a segunda de España tras a Universidade de Salamanca (cuxo antecedente sitúase na Universidade de Palencia).

Coordenadas: 41°37′12″N 0°37′33″L / 41.62000, -0.62583

Lleida
Flag of Lleida
Escudo de Lérida
Vista panorámica.
O río Segre. Vista da cidade desde a montaña da Seu.
A Seu Vella.
Localización
Lleida en Cataluña

Lleida
Lleida
Lleida en Provincia de Lleida

Lleida
Lleida
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaLleida
ComarcaSegrià
Xeografía
Altitude155 a 300 msnm
Superficie211,7 km²
Demografía
Poboación131.731 hab. (2008)
Densidade622,25 hab./km²
Xentilicioilerdense
Outros datos
Código postal25.001 - 25.008
AlcaldeÀngel Ros i Domingo (PSC)
www.paeria.es

Historia

Lleida-6-1 indibil i mandoni
Monumento a Indíbil (esquerda) e Mandonio (dereita).
Artigo principal: Historia de Lleida.

Iltrida (a Lleida en tempos dos iberos) era a capital dos ilerxetes. Os seus caudillos máis famosos foron Indíbil e Mandonio que estaban aliados cos cartaxineses contra os romanos. O ano 215 AC. foi decisivo. Tivo lugar a Batalla do Ebro, onde Asdrúbal, irmán de Aníbal e comandante do exército cartaxinés cae derrotado fronte aos romanos. Os seus aliados Indíbil e Mandonio serían finalmente dominados o ano 206 AC.

O ano 195 aC. trouxo consigo unha nova e importante insurrección das tribos ilerxetes, lacetanas e ausetanas que foi sufocada polo cónsul Marco Porcio Catón e que supuxo a morte dos caudillos ilerxetes Indíbil e Mandonio.

O final da segunda guerra púnica traería consigo a romanización e asimilación por parte das estruturas indíxenas da cultura romana. Iltirta converteríase en Ilerda. O ano 49 AC. Xulio César librou unha batalla da Guerra Civil Romana contra Pompeio Magno diante das súas murallas. Unha época escura, polos poucos datos que se teñen, foi a da dominación visigoda aproximadamente desde o ano 375 ao 716.

Os musulmáns apoderáronse de Lleida coa mesma facilidade que o fixeron co resto da península, no ano 714. A ocupación produciuse entre o 716 e 719, en que o emir Al-Aahm e despois Al-Hur fixeron capitular á cidade, en tratos que se respectaron. Posteriormente, o magnate aragonés Fortún converteuse ao Islam para manter o poder o que axudaría á submisión do pobo.

O rei franco Ludovico Pío saqueou a cidade no 801, aos poucos días Amrus Al-Leridi recuperouna así como o resto dos territorios entre o 802 e o 809. Estas escaramuzas provocarían o endurecemento do trato cara aos mozárabes, que finalmente tiveron que emigrar.

No século IX os tugibíes constituíron un reino de taifa, aínda que finxindo certa fidelidade ao emir de Córdoba. O último rei de Lleida foi Sulaymán, destronado polos almorábides en 1102. Estes usaron Lleida como base de incursión nos condados cataláns.

En 1149 a cidade rendeuse ás tropas cristiás de Ramón Berenguer IV o Santo e de Ermengol VI de Urgell. Outorgouse a Carta de Poboación á cidade en 1150.

En 1264 o Rei Xaime I "o Conquistador" outorgou á cidade o Privilexio de Concesión da Paeria, que en diante sería a forma do goberno municipal. En 1232 o mesmo monarca, Xaime I, concede á cidade o Privilexio de Concesión da Feira de San Miguel.

O 1297, Xaime II fundou o famoso Estudi General (Studium Generale), grazas a unha bula pontificia de Bonifacio VIII. O Estudi General é, xa que logo, a universidade máis antiga do antigo Reino de Aragón, e permaneceu activa ata 1717, cando Filipe V ordenou o seu peche e a destrución do burgo universitario.

Os séculos seguintes estiveron marcados pola recesión, agravados por guerras e epidemias que culminaron coa (1640-1652). A cidade quedou deteriorada e Felipe V atopou unha Lleida en ruínas. Finalmente, co decreto de Nova Planta (1714) Lleida perdeu os seus foros e a Universidade. A Seu Vella, pechada ao culto desde 1797, converteuse en cuartel militar.

Durante o século XVIII, a cidade recuperou a súa imaxe e dimensión. Baixo o reinado de Carlos III construír a Catedral Nova. As súas novas formulacións ilustradas achegaron figuras, como Blondel e o Barón de Maials, que deron á cidade unha fisionomía urbanística acorde co seu papel de capital da provincia, e a aplicación aos cultivos dos novos estudos de agronomía. A comezo do século XIX, Lleida sufriu unha nova invasión, a napoleónica, no transcurso da Guerra de Independencia. O ferrocarril chegou á cidade en 1860.

Xeografía

A cidade atópase arredor dun outeiro situado xunto ao río Segre. O monte é coñecido como Turó de la Seu, xa que nel atópase a Seu Vella, a 154 metros sobre o nivel do mar. O termo municipal esténdese aos dous lados do Segre, única vía fluvial do concello xunto co Noguerola, sendo o de maior extensión da comarca do Segrià.

Limita ao noroeste cos concellos de Almacelles, Alpicat, Gimenells i el Pla de la Font e Tamarit de Llitera (este último na provincia de Huesca), ao norte con Torrefarrera e Torre-serona, ao nordés con Alcoletge i Corbins, ao leste con Els Alamús e Bell-lloc d'Urgell, ao sueste con Artesa de Lleida e Torregrossa, ao sur con Albatàrrec e Aspa, ao suroeste con Alfés, Montoliu de Lleida i Sudanell, e ao oeste con Alcarràs.

Entidades de poboación

O termo está formado pola cidade de Lleida, 56 partidas e as entidades municipais descentralizadas de Raimat e Sucs. As partidas do concello son:

  • Alpicat
  • Astó
  • Aubarés
  • Balàfia
  • Boixadors
  • Bovà
  • Butsènit
  • Camp-Rodó
  • Canet
  • Caparrella
  • Cunillars
  • El Bou
  • El Fons
  • El Regal de la Casa
  • Empresseguera
  • Fontanet
  • Fontanet lo Curt
  • Grealó
  • Grenyana
  • Guindàvols
  • Jesuset
  • L'Oliverar
  • La Clamor
  • La Cogullada
  • La Copa d'Or
  • La Cort
  • La Femosa
  • La Plana de Lleida
  • La Plana de Sucs
  • Les Canals
  • Les Torres de Sanui
  • Llívia
  • Malgovern
  • Marimunt
  • Mariola
  • Montcada
  • Moredilla
  • Pardinyes altes
  • Pardinyes baixes
  • Pedrós
  • Peixa-Sommès
  • Plana de Gensana
  • Pla de la Cerdera
  • Pla de Lleida
  • Pla de Montsó
  • Pla de Raïmat
  • Pla de Sucs
  • Quatre Pilans
  • Rufea
  • Sant Just
  • Serrallonga
  • Sot de Fontanet
  • Suquets
  • Suquets Baix
  • Terme de Grealó
  • Vallcalent
  • Vinatesa

Clima

Taula climatològica de la ciutat de Lleida període 1971-2000
Climograma de Lleida

Lleida ten un clima mediterráneo árido con tendencia continental, que é o propio do Val do Ebro. Os invernos son húmidos e moi fríos e os veráns cálidos, con choivas escasas e seca estival. Non é estraño que ao longo do ano poidan rexistrarse temperaturas dalgúns graos centígrados baixo cero no inverno e de ata 40 °C no verán. É característica a néboa que no inverno adoita ocupar o val do Segre durante días. É por esta última cuestión polo que Lleida foi tida como cidade de castigo en certas épocas históricas. Do mesmo xeito o pendón da bandeira é de cor morada (símbolo de castigo).

Zonas de interese turístico

Iglesia de Sant Joan
Igrexa de Sant Joan
Lleida-14-1 Suda
Castelo de La Suda
  • A Seu Vella ou Catedral Vella: templo do século XIII (1203-1278). O claustro é do século XIV e o campanario do XV.
  • Igrexa de Sant Joan, de estilo neogótico, corresponde ao final do século XIX. Deseño a cargo de Xullo de Saracíbar e Celestí Capmany.
  • A Seu Nova ou Catedral Nova (S.XVIII), de estilo barroco.
  • Igrexa de Sant Llorenç, de estilo románico e gótico.
  • Igrexa románica de Sant Martí (S.XII).
  • O castelo templario de Gardeny (S.XII)
  • Parc de la Mitjana: Un parque natural nos arredores de Lleida, o máis grande da cidade.
  • Els Camps Elisis: é un parque ao estilo francés e ten estatuas con fontes, unha fonte ten ras, outra unha sirena, unha foca e unha muller. Ademais hai fontes sen estatuas que só tiran chorros de auga.
  • Museos:
    • Centre d'Art la Panera: Centro de arte contemporánea situado na antiga lonxa de contratación da cidade, edificio con columnata medieval do século XII e peche perimetral do século XVII.
    • Museo Diocesano e Comarcal
    • Museo de Arte Jaume Morera
    • Sala Sant Joan
  • Sala Cristófol.
  • Salga Mercado do Pla.
  • A Canalización: Comprende a zona lindeira ao Río Segre e os xardíns remodelados dos Campos Elisios. Desde aquí pódese contemplar unha vista marabillosa da Seu Vella.
  • Auditorio Municipal Enric Selectos.
  • Hospital de Santa María, fronte á catedral, un belo exemplo de gótico civil aloxa diversos equipamentos culturais, entre eles o museo arqueolóxico e sede do "Instituto de Estudos Ilerdenses" ("Institut d'Estudis Ilerdencs").
  • La Suda, antigo castelo mudéjar, emprazado detrás da Seu Vella, na mesma outeiro. No seu recinto tivo lugar en 1150 o enlace entre Ramón Berenguer IV e Petronila de Aragón, enlace que supuxo a unión de Cataluña coa Coroa de Aragón. Foi arruinado en parte por dúas explosións, en 1812 e 1936.
  • Varios inmobles modernistas
  • Estatua de Indíbil e Mandonio
  • Palacio da Paeria, sede do concello, edificio románico civil.
  • Zona nova de Pardinyes e Balafia
  • Parque Municipal As Balsas
  • Museo da Ciencia dedicado ao Planeta Terra (estará construído en 2011)
  • Oratorio da Virxe das Dores.

Festas locais

  • Festa Maior de primavera: Coincidindo coa festividade de San Anastasio (patrón da cidade) celébrase a Festa Maior de primavera de Lleida a principios de maio; durante os días que duran as festas hai diversos actos entre os que destacan a Batalla de Mouros e Cristiáns, o Concurso de Fogos artificiais, ou a Batalla de Flores. Unha semana logo desta Festa Maior celébrase o Aplec do Cargol, festa gastronómica por antonomasia na que se degustan entre outros os soados cargols á llauna (caracois) que son un prato moi típico de Lleida. A festa dura tres días (de venres a domingo) e celébrase no Parque dos Campos Elisios onde as "colles" (agrupacións de amigos) montan as súas casetas. Os cidadáns de Lleida están moi implicados nela e considérana unha das súas festas máis importantes. O ano 2004 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
  • Festa Maior de outono: Coincidindo coa festividade de San Miguel celébrase a Festa Maior de outono de Lleida a finais de setembro. Durante a semana celébrase a Feira de San Miguel (Fira de Sant Miquel). É unha das Feiras agrarias máis antigas e importantes de España e ten como sede o "Parque dos Campos Elisios" ("Els Camps Elisis").

Tanto a Festa Maior de primavera como a de outono son presididas simbólicamente por un grupo de 12 xigantes emblemáticos, propiedade da Paeria: dona Violant e o infante Berenguer, Rei Xaime I o Conquistador e Reina dona Leonor, Xigantes Chineses, o Rei Mouro e dona Zobeida, os Faraóns e os emperadores Marco Antonio e Cleopatra, os máis antigos de Cataluña, construídos en 1840. Adoitan saír acompañados por Lo Marraco, monstro totémico da cidade.

  • Aplec del caragol: dúas semanas logo das festas maiores de primavera, toda a cidade reúnese nos "Camps Elisis" para cociñar miles e miles de caracois (especialidade gastronómica local)e organizar unha gran festa recoñecida no ámbito estatal.

Barrios

  • Centro histórico (Centre Històric): é a parte máis antiga da cidade. Pola rúa Cavallers pódese chegar á Seu Vella, que se atopa no alto do cerro que domina a cidade (coñecido como o "Turó da Seu"). Nesta zona entre outras, atópanse a rúa Maior, a rúa San Antonio, a rúa Magdalena e a rúa do Carmen. Destaca o gran número de locais comerciais que albergan, recibindo por iso o nome de "Eix Comercial" (Eixo comercial, un de máis longos de Europa con máis de 4 km de lonxitude, que alberga na praza de "Sant Joan" unha das escaleiras mecánicas máis altas de España).
  • Cappont: xunto con Pardinyes e Balàfia, o barrio que máis está crecendo. Con grandes centros de lecer e o campus universitario da UdL. Está situado na marxe esquerda do río Segre. Conta co parque dos Campos Elisios. Ao final destes atópase o recinto feiral "Fira de Lleida".
  • La Bordeta: situado no arrabalde da cidade, é o barrio máis poboado de Lleida. Entre este barrio e o de Cappont estase executando a zona residencial coñecida como Copa d'or, unha das actuacións urbanísticas máis importante da cidade.
  • Els Magraners: é o barrio de acceso á cidade polo sur (estrada de Tarragona), illado do resto da cidade por zonas industriais "Polígon Industrial dels Frares" (Polígono Industrial dos frades) polo leste e "pol.ind.de Mecanova" polo norte, polo seu oeste está en fase de urbanización, outra grande actuación residencial que sen dúbida renovará o barrio.
Parc de la Mitjana
O Parc de la Mitjana de Pardinyes
  • Pardinyes: situado nunha zona privilexiada rodeado de natureza (Parc da Mitjana) e varias zonas de lecer e de paseo. Barrio historicamente vinculado ao ferrocarril, a estación de Renfe Lleida-Pirineus sepárao do centro histórico. Con amplas rúas e unha rambla que é unha das máis longas de Cataluña. Paralelo ao río Segre estase construíndo o novo palacio de congresos "La Llotja" e á beira unha nova ponte, que do mesmo xeito que o palacio de congresos, terá un deseño moi singular.
  • Balàfia: situado entre os do Secà de Sant Pere e Pardinyes. Está experimentando un gran crecemento residencial sobre todo entre as zonas próximas ao Secà de Sant Pere e a estrada de Torrefarrera (Val de Arán).
  • Secà de Sant Pere: barrio histórico ao norte da cidade fundado por inmigrantes nas décadas de 1950 e 1960, tamén denominado como "El Secà".
  • Zona Alta-Camp d'Esports-Fleming-Ciutat Jardí: barrio onde se alternan grandes edificios residenciais con grandes centros comerciais e casas unifamiliares. O seu nome provén do Camp d'Esports, estadio de fútbol onde xoga o Lleida Esportiu, sito na zona. É a zona do ensanche da cidade.
  • La Mariola: barrio histórico da cidade onde se sitúan numerosos bloques de vivendas de protección oficial construídas durante o franquismo. Actualmente estase executando un proceso de rehabilitación sufragado por Adigsa (Generalitat) e expandíndose cara ao cerro de Gardeny.
  • Ciutat Jardí: barrio residencial, de casas unifamiliares na súa maioría, situado á saída de Lleida pola estrada de Huesca, onde se situará o novo xardín botánico da cidade .

Transportes

Estacio Lleida-Pirineus
Estación de trens Lleida-Pirineus

As principais vías de acceso á cidade por estrada son a autoestrada AP-2 e a autovía A-2, que a conectan con Madrid, Zaragoza e Barcelona, a N-240, que enlaza a cidade con Tarragona, Reus e Huesca, a N-230 con Francia, a c-13 con Andorra e a C-12, coñecida como Eix de l'Ebre. A medio prazo, dúas novas autovías unirán Lleida con Huesca e Vielha.

Ademais varias liñas de autobuses conectan Lleida con case todos os municipios do Segrià e doutros da súa provincia, Cataluña, resto de España e Europa. En canto á mobilidade interna, a cidade dispón dunha rede municipal de 17 liñas urbanas de autobús, xestionadas pola empresa Autobusos de Lleida, e unha empresa de taxis, Tele Radio Taxi Lleida.

Lleida dispón dunha estación de tren, Lleida-Pirineus, onde Renfe Operadora serve varias liñas rexionais, nacionais e, desde 2003, a alta velocidade (AVE). Doutra banda, FGC opera a liña Lleida-La Pobla de Segur desde 2004.

En 2010 inaugurouse o aeroporto de Lleida-Alguaire, situado 18 km ao norte da cidade.

Lleida, partida polo río Segre en dúas metades, dispón de varias pontes que as unen: Pont Vell (anterior ao século II), Pont Nou (1973), Pont de la Universitat (1993), Pont de Pardinyes (1995), Passarel·la de Blondel (1997), Passarel·la dels Camps Elisis (2003), Pont Príncep de Viana (2010) e Passarel·la dels Maristes (2010).

Cidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Lleida-Alguaire

O Aeroporto de Lleida-Alguaire é un aeroporto xestionado pola empresa Aeroports de Catalunya e inaugurado o 17 de xaneiro de 2010. Está situado no municipio de Alguaire e da servizo á cidade de Lleida, a súa área de influencia e o Principado de Andorra.

A nova infraestrutura ten carácter rexional para tráfico coas proximidades. A Generalitat de Cataluña prevé un tráfico estimado de 395.000 pasaxeiros anuais nun prazo de dez anos e a creación de 60 postos de traballo directos e de 900 indirectos.

Aragón

Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).

O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza, e que se articulan en 32 comarcas e 1 delimitación comarcal. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza, que concentra a metade da poboación da comunidade. O 23 de abril celébrase a festividade de San Xurxo, día de Aragón.

En Aragón fálanse variedades lingüísticas clasificadas dentro de tres idiomas: o castelán, única lingua oficial e maioritaria; o aragonés, lingua orixinal e histórica falada actualmente no norte da comunidade; e o catalán, falada na franxa oriental.

Artesa de Lleida

Artesa de Lleida é un concello español da provincia de Lleida, en Cataluña. Situado ao sueste da capital provincial, pertence á comarca do Segrià.

Calaf

Calaf é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Anoia. É así mesmo a capital da subcomarca coñecida como Alta Segarra ou Segarra calafina e está situado nos chairos de Calaf. Inclúe o núcleo de La Pineda.

Cervera

Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.

Club Lleida Esportiu

O Club Lleida Esportiu é un club de fútbol de España da cidade de Lleida, Cataluña. Foi fundado en 2011 e xoga na Segunda División B.

Comarcas de Cataluña

As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.

Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, foi reanudada en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.

Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.

Estación de Barcelona-Sants

Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

Estación de Lleida-Pirineus

Lleida–Pirineus é a estación de ferrocarril de Adif da cidade de Lleida. É un importante eixo de comunicación entre o interior da Península Ibérica e as grandes cidades do Corredor Mediterráneo e a fronteira francesa.

A estación consta de dous edificios, o antigo e o anexo recentemente construído para a chegada do tren de alta velocidade. Ademais dispón dun cambiador de ancho para material de Talgo actualmente sen uso.

Ponts, Lleida

Ponts é un concello español da provincia de Lleida, en Cataluña. Atópase no leste da comarca da Noguera, nun eixo importante de comunicacións entre a montaña, a chaira de Lleida e a Cataluña Central.

Importante na época do condado de Urgell, tiña unha poboación de 2.622 habitantes en 2017.

Provincia de Barcelona

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

Provincia de Huesca

Huesca (en aragónes e cooficial: Uesca; en catalán: Osca) é unha provincia do norte de España, na parte norte da comunidade autónoma de Aragón. Limita coas provincias de Lleida, Zaragoza e Navarra, e tamén con Francia (cos departamentos Pireneos Atlánticos, Altos Pireneos e Alto Garona).

A súa superficie é de 15.626 km². A súa poboación é 228.566 hab. (2010), e a súa densidade de poboación é 14,62 habitantes/km². Está formada por 202 concellos. A súa capital é a cidade de Huesca, onde vive cerca dunha cuarta parte da poboación. Nesta provincia encóntrase o Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido.

Provincia de Lleida

A provincia de Lleida (en aranés: Lhèida) é a máis occidental das catro provincias da Comunidade Autónoma de Cataluña, a súa capital é a cidade homónima de Lleida.

A provincia ten 399.439 habitantes, dos que aproximadamente un 30% vive na capital provincial. A superficie da provincia acada 12.150 km2.

Provincia de Xirona

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.

Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.

A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xirona (en catalán Girona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.

Provincia de Zaragoza

A provincia de Zaragoza (en aragonés: Zaragoza, en catalán: Saragossa) está situada no norte de España e no centro da comunidade autónoma de Aragón. Abarca unha superficie de 17.274 km². Limita coas provincia de Huesca ao nordés, coas de Lleida e Tarragona ao leste, Teruel e Guadalaxara ao sur, Soria e A Rioxa ao oeste e Navarra ao noroeste.

A cidade de Zaragoza é ao mesmo tempo capital da provincia homónima e da Comunidade Autónoma de Aragón.

En 2005 a poboación era de 912.072 habitantes e a densidad de poboación de 52,96 habitantes/km².

Segunda división B española de fútbol

A Segunda División B, coñecida habitualmente como Segunda B, é a terceira división xerárquica da Liga española de fútbol. Foi introducida en 1977 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Terceira División. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. A pesar de non estar integrada na LFP a práctica totalidade dos clubs son profesionais.

Sort

Sort é un concello da provincia de Lleida, Cataluña, España. Foi capital do condado de Pallars, e hoxe é a capital da comarca do Pallars Sobirà. Está situada a beiras do río Noguera Pallaresa, afluente do Segre.

Unió Esportiva Lleida

A Unió Esportiva Lleida foi un club de fútbol español da cidade de Lleida, en Cataluña. Fundouse en 1939 e desapareceu en 2011.

Nos últimos anos, a entidade tivo graves problemas económicos, que a levaron a declarar o seu concurso de acredores en xullo de 2010. A débeda da UE Lleida ascendía a 28 millóns de euros e non existían posibilidades de rebaixala, polo que se decretou a súa desaparición e a venda da súa praza en Segunda B. O seu substituto é o Club Lleida Esportiu.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.